As miñas webs.




"Se queres deixar unha mensaxe"

San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro



lopezrodriguezsanti@gmail.com


Santi López
 Categorías.
 Galería de fotos
 Arquivos

O " Coto de Outeiro"

O lugar de Outeiro da parroquia de San Fiz, noutrora fregresía de San Fiz de Navío e pertenecente a xurisdición de Roucos, gozaba dun estatus distinto o resto dos lugares da parroquia. En primeiro lugar a finales do século XVI, según un estudo do profesor Frutos Fernández González chamado : O padrón de San Clodio ano 1580, aparece a Granxa de San Fiz de Navío dentro do padrón das Pousas que San Clodio posuia na comarca do Ribeiro, esta granxa estaba situada no lugar de Outeir. Pertenecía a xurisdición de San Clodio e estaba composta por varias fincas adicadas oa viñedo, entre elas: As Pombeiras, a Almuiña e o Penso. Destas viñas partían carros cheos de pelexos de viño hacia o Mosteiro e logo dende alí a través do "camiño dos arrieiros" e do "camiño miñoto" acababan embarcadas no porto da Coruña e noutros destinos.
Xa a mediados do século XVIII aparece no Catastro de Ensenada de 1761, como "Coto de Outeiro" cuxo dono era D. Felipe Antonio de Toubes Villamarín, que vivia neste lugar co seu pai D.Francisco Vázquez de Toubes, e mais tarde casaría con Dña Leonor María Ordóñez y Mosquera. Pois ben, a fregresía de San Fiz de Navío pertenecía e tributaba o señorío e dominios dos Condes de Ribadavia e nembargantes o Coto de Outeiro tributaba a Felipe Antonio de Toubes .
Deixa un comentario (0) - Categorías Lugares de San Fiz - Publicado o 01-08-2020 12:06
O " Casal de Sergude " ano 1489.

Na colección de documentos en pergamiño do Arquivo Histórico do Reino de Galicia, atopei un pergamiño de 46,5 X 33,5 cm que leva a signatura 428 , na parte treseira, figuran ademaís varias referencias, entre elas unha que pon : 19 do Primeiro Caderno de Gomariz. Este documento titúlase : O Mosteiro de Santa María de Sobrado afora a Lopo de Sergude o "Casal de sergude" na fregresía de San Fiz de Navío. Data Xaneiro de 1489.
A forma do ingreso de dito documento no arquivo foi coma unha donación . Como dí o título trátase dun aforo que o Mosteiro de Sobrado dos Monxes fai a Lopo de Sergude, veciño deste lugar que aparece noutros foros e doacións, dun casal no lugar de Sergude e un determinado número de fincas que compoñen dito casal.
Como podemos comprobar o peso da agricultura deste lugar dentro da parroquia, foi sempre moi grande e ven de antigo. O cultivo da vide, sobre todo, que se colleitaba nesas terras e logo iba a parar, en forma de viño, as moitas mesas de Galicia e algunhas do resto de España. Recordemos que o Mosteiro de San Clodio posuía grandes viñedos nesta parroquia así como o Mosteiro de Melón, por eso e fácil de adiviñar que algún tamén iba a parar a Sobrado dos Monxes, como propietario dos viñedos aforados.
Tendo en conta que por San Félix do Varón e Partovia sube o "camiño dos arrieiros" posiblemente desde Sergude tamén se trasegaba hacia ese camiño gran parte dos carros de viño que saían dos seus viñedos.
Deixa un comentario (0) - Categorías Lugares de San Fiz - Publicado o 13-10-2018 18:43
Lugares perdidos de San Fiz.

Cimadevila: No ano 1258 cando estaba o frente do Mosteiro de San Clodio o abade Fernando Gutierrez, realiza a compra do lugar de Cimadevila, en San Fiz de Navío, do que eran propietarios Pedro Dieguez e a súa irmá polo prezo de un soldo anual.
Arousa e Dorasón: No ano 1451, Fray Jerónimo Centeo, abade de San Paio de Antealtares, afora a Jerónimo de Chapa e a súa muller Elvira de Sandulces o lugar de Arousa e Dorasón en San Fiz de Navío, por cinco ferrados de Centeo.
Puzas de Val de Obregón: Aparece en alguns legajos, foros e permutas desta parroquia. Está situado na carretera que vai hacia a Corredoira e na actualidade o lugar chámaselle As Puzas.
Cabodevila: No ano 1499 fray García de Astudillo, abade de San Pedro Pinario, afora a Alonso de Cabodevila, o lugar de Cabodevila, parte da actual A Quintá, en San Fiz de Navío, por unha renda de seis fanegas de centeo.
Souto de Faixo: Lugar despoboado na actualidade pero que anos atrás estaba habitado,proba diso témola nun documento do ano 1633 que se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, no cal fala dunhos veciños de Souto de Faixo, Bartolomé Alvarez e Constanza Rodríguez.
Sancedo: Trátase dunhos prados e pasteiros que había en Ventoselo, moi preto de alí hay un lugar chamado a Fonte dos bois, lugar de paso dos arrieiros que subían carradas de viño, polo camiño real, desde as viñas de San Fiz hasta terras de Castela.
Deixa un comentario (0) - Categorías Lugares de San Fiz - Publicado o 15-11-2015 13:02
Lugares de San Fiz
Deixa un comentario (0) - Categorías Lugares de San Fiz - Publicado o 25-05-2010 16:09
© by Abertal



Santi López Rodríguez