San Fiz de Navío o balcón do Ribeiro

http://gifgifs.com


Libro de visitas de www.CheNico.com















Nombre:
Direccion E-mail:
como llegaste hasta esta pagina?
Tus comentatios:





Santi López
lopezrodriguezsanti@gmail.com
 CATEGORÍAS.
 GALERÍA DE FOTOS.
 ARQUIVOS.
 ARTIGOS DESTACADOS.
 AS MIÑAS WEBS.

Petroglifo do "Penedo Redondo"

Esta finde tocoulle a visita o Petroglifo do Penedo Redondo, que figura no Catálogo do Plan Básico Autonómico. Atópase nos montes do San Amaro, concretamente entre Os Cotos e a Cerrada da Xino, xa limítrofe coa Parroquia de Anllo.
Como sempre vou co tempo contado, non puden identificar o Petroglifo completo, destapei algunha cazoleta, que vos amoso na foto e como curiosidade a existencia dunhas canles que unen as coviñas mais grandes e profundas.
Haberá que consultar a algún arqueólogo pois, ou ben son simples cazoletas ou receptáculos de libacións ou de sacrificios, xa que se encontra nun penedo alto donde se domina toda a contorna.
O que mais dificulta a identificación destes bens patrimoniais, en toda esa zona e a abundante pegada de traballos de cantería son innumerábeis os penedos e laxas que están coas marcas das cuñas dos canteiros. Ahora recordo cando me decían un ancián de San Fiz que as pedras dalgunhas casas viñeran das canteiras de Anllo.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Patrimonio histórico - 14-12-2021 17:03
O bandoleiro Andrés López de Sandulces.
Cando escribes sobre temas que honran a persóas ou pobos, falo dunha maneira cómoda e entusiasmada, pero cando tes que sacar a luz episodios escuros da historia negra, sentes certos atrancos a hora de plasmalos. Este e o caso dun célebre bandoleiro deste Concello. Chamábase Andrés López, era fillo de Andrés López e Benita Domínguez, era taberneiro en San Fiz de Navío, e nacera en Sandulces, a principios do siglo XIX.
Pertenecía a unha "gavilla" do Carballiño, por certo moi nómade, movíase por toda a provincia e incluso por pobos da limítrofe Pontevedra.
Pois ben, no libro que escribiu Beatriz López Morán, titulado: " El bandolerismo Gallego en la 1ª mitad del siglo XIX, sae este personaxe.
EPÍLOGO: se queremos construir un futuro mellor e mais seguro non podemos olvidar un pasado escuro e turbio, para así non caer nos mesmos erros.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. A miña bitácora - 08-12-2021 13:25
Sandulces ; un antes e un despois.
Se no artigo anterior salientábamos dous lugares abandonados, neste imos ver como un lugar da nosa parroquia, en só un século e medio queda case baleiro; trátase de Sandulces.
Coñecíamos que no Coto de Sandulces había unha tenencia donde se cobraban os impostos da parroquia. Tamén sabíamos que aquel Coto estaba señoreado polos Toubes da Touza. Pero o que moitos descoñecíamos, polo menos eu, e que un lugar tan pequeno, na actualidade, a punto de quedar vacío , habitaban 23 familias, que estaban formadas por 71 membros.
A documentación que adxunto o lado das fotos así o confirman. Non a transcribo porque a lectura neste caso e moi doada, enténdese ben, o contrario doutros documentos da mesma data.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Arquitectura civil - 08-12-2021 13:22
Calve e Souto de Faixo.

Fai xa bastante tempo pedironme que escribira algo sobre os pobos desaparecidos de San Fiz. E despois de rebuscar arquivos e mais arquivos, consultando o Catastro de Martín de Garay atopei as familias que alí habitaban no ano 1824, paso a nombralas:
En CALVE vivían un total de sete familias, con dezasete membros.
.- Rosa Pérez ......... xornaleira.
.- María Pérez.
.- Jacobo Vázquez....... xornaleiro. Casado con Manuela González.
.- Manuel Vázquez ........ xornaleiro.
.- Antonio Vázquez ...... xornaleiro.
.- Alberte Pérez ..... xornaleiro. Casado con Francisca Rodríguez.
Fillos : - José Benito Pérez.
- María Pérez.
- Antonia Pérez.
- Gregorio Pérez.
.- José Muradás. Casado con: Rosalía de la Iglesia.
Fillos: - José Muradás.
_ Teresa Muradás.
- Rosa Muradás.
En SOUTO DE FAIXO vivían dúas familias, con cinco membros.
.- José Ferro ...... xornaleiro. viúvo.
Fillas: - Juana Ferro.
- Bernarda Ferro.
Polo momento só puden rescatar esto, cando teña mais datos colgareinos na páxina .
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. A toponimia na parroquia - 28-11-2021 12:44
Novebro de 1947.Chega a electricidade San Fiz.
Prender a luz, por a radio ou botar a andar a lavadora son xestos sinxelos e rutinarios que, sen embargo esconden, en algúns dos casos, sacrificios e penurias. Este e o caso dos nosos pais, avós ou bisavós de San Fiz de Navío, que no ano 1947 decidiron traer a electricidade a todas as Parroquias.
Despois dun primeiro intento que fracasou, firmaron un contrato coa Compañía Hidroeléctrica do Arenteiro do Carballiño a chamada : CHEDA. Firmaron un contrato, que vos poño na foto, nada mais nin nada menos que por valor de 30.000 pesetas, xa vos podedes imaxinar o que daquela suporía esa cantidade.
Os abaixo firmantes do contrato son ben recoñecidos por todos os veciños da Parroquia. E como " de ben nacidos e ser agradecidos" quero que este artigo sirva de homenaxe a esta xente que converteu aquel gran sacrificio nun actúal xesto cotián.
O pobo enteiro estaba de acordo e unidos, e firmaron:
.-Rogelio Vázquez Vázquez. .-Felix Vázquez Ferreiroa. .-Manuel Fernández Dominguez. .-Manuel Vázquez González. .-Delfín Montero Soto. .-Gumersindo Bello Bóveda. .-Alfredo López González. .-Claudino López González. .-Argemiro Novoa Alén. José López González. .-Manuel Albarado García.
Esta documentación fíxoma chegar: Adolfo Otero Loureiro, a quen agradezo este detalle.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Etimoloxía e Historia - 17-11-2021 17:57
Pergamiño do ano 1489 de Sergude, San Fiz de Navío.
Seguendo con esta xeira de documentos antigos que se atopan no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, hoxe tócalle a outro pergamiño con data 10 de Xaneiro do ano 1489. Trátase dun foro no cal o Mosteiro de Santa María de Sobrado afora a Lopo de Sergude o Casal de Sergude, na fregresía de San Fiz de Navío.
O estado de conservación e: bo, ainda que presenta leves perdas na marxe central e dereita.
O descriptor xeográfico: Sergude ( lugar de San Fiz de Navío)
San Amaro.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Patrimonio histórico - 28-10-2021 16:55
Nomes que fan referencia a monumentos Megalíticos.
Unha das pistas mais importantes cando buscamos lugares que poden ou puderon ser monumentos megalíticos de calquer tipo, sin dúbida e o nome do lugar, o topónimo , cómo se chama a leira, monte, penedo, etc . Por exemplo: a Xunta de Galiza ten a lo menos dúas páxinas Webs. Unha e "Nomenclátor de Galicia" e a outra "Toponimia e Galicia", esta dispón dun visor de topónimos.
Fai tempo había un buscador de topónimos que ofrecía o actúal e antigo. Por exemplo en Anllo hay un penedo que antigamente se chamaba "A laxa dos ovos" e na actualidade recolleo co nome de "Pena dos enamorados".
A todo esto, fai unhos días o amigo Francisco Javier Torres Goberna, que desto sabe un montón, enumeroume unha serie de nomes que todos fan referencia a estes monumentos megalíticos, paso a nomealos : ANTA - ANTELA - ARCA - ARQUIÑA - CABANA - CAMPA - COTARELA - COTORELO - COUTO - CHOUSA - CASIÑA - COVA DA MOURA - CAPELA DOS MOUROS - CASA DOS MOUROS - CELERO DOS MOUROS - CORTELLOS DOS MOUROS - FORNA - FORNALLA - FORNELO - FORNO DOS MOUROS - MÁMOA - MADORRA - MEDORRA - MEDORNA - MADRÓA - MAMUELA - MAMOELA - MODIA - MONTILLÓN - PEDRA FITA - PARDANTELA - TOMBA - ETC. ETC. E ainda queda por ahí algún que outro.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Patrimonio histórico - 28-10-2021 16:53
Un desertor do "batallón de voluntarios do Ribeiro
Buscando documentación da rebelión de Galiza na invasión francesa de 1809, atopei un documento da "Lexión de voluntarios do ribeiro", que como sabedes foi unha forza de homes, alistados polo capitán Bernardo González o "Cachamuíña", todos eles desta zona, e pra loitar contra a "francesada".
Pois ben, trátase dun documento de deserción levada a cabo dentro do batallón. O desertor chámase: Domingo López Rodríguez, fillo de Benito e Rosario. Según dice o documento: "fue aprendido por los individuos de la partida". Xa sabedes que o batallón dividíase en Cuadrillas e Partidas.
Segue poñendo que era natural de San Amaro, Xurisdición de Roucos, obispado de Ourense, Reino de Galicia. Só se me resistiu a Fregresía que por mais documentos que leo da época, nos sei de que fregresía se trata ??? Se alguen se atreve que dé pistas ......
A continuación dí que era habitante de Oporto ( lugar de escapada mais próximo a nosa terra), describe tamén a edade, estatura, relixión, etc etc. Mostra todo luxo de datalles.
Por último decir que, o firmante, José Benito Munín era o Comisionado para recoller desertores e mozos galegos en Portugal. José Benito foi unha peza clave na loita contra a "francesada" e ademais tiña un dobre parentesco con Bernardo González "Cachamuiña".
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Etimoloxía e Historia - 18-10-2021 17:13
A Madorna, Medorna, Medorra, Medoña....
A raiz do artigo de onte, e seguindo co tema da Medorna, que e o nome que aparece no documento de aprobación definitiva da Xunta, debo de recoñecer que unha vez localizado na zona de asentamento o término " medorna " debeu ser " medorra " que por unha pequena deformación lingüística foise convertendo en madorna.
O que si sabemos todos e que unha medorra, anta, medoña ou mámoa e un amoreamento artificial de terrra e, ou, pedras. Polo xeral en forma circular, que aparecen de forma brusca sobre o terreo e que sinalan ou conteñen un ou varios enterramentos.
Pois ben, a unhos 30 metros do petroglifo referido, atopei unha morea de pedras dispostas en círculo, e encima delas, unha metade do que podía ser a "pena cuberta" do dolmen ou anta, neste caso, sería a estructura. Este sería o motivo polo que a toda esa ampla zona de monte chámanlle a " Madorna". Non hay lugar en Galiza no que apareza ese nome e non haxa unha mámoa, ou un dolmen.
Deixovos esta foto que fixen, ainda que non se distinga moito o lugar.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Arqueoloxía - 12-10-2021 11:29
Petroglifo da Medorna ?

Esta finde pasada por fin, despois de tanto tempo confinado, puden acercarme a San Amaro, pero co tempo xusto pra visitar o lugar donde presuntamente se atopa a mámoa da Medorna. Fáltame contrastar os meus datos cos do Plan Básico Autonómico, e estudar as posibles variacións nas coordenadas.
Nunha laxa dunhos dous metros aparecen unha serie de cazoletas, non puden destapar todas, a ordenación e un pouco caótica, e na foto, a pleno sol, non se ve ben. Tamén se aprecia otras marcas ilexibles.
Por todo esto, non quero adiantarme, pois na zona hay moito traballo de canteiros, pero si para siguinte visita podo confirmalo xa o fago.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Arqueoloxía - 12-10-2021 11:27
30 de Setembro, aniversario do nacemento de D. Urbano Ferreiroa Millán.
Hoxe que para min iba ser un gran día, pois había conseguido unha fotografía de D. Urbano, que moi amablemente me mandou unha persoa, para min admirábel e que aprecio moito, familiar deste ancestro veciño noso. Tamén tiña preparada unha pequena biografía, que vos amoso na siguinte publicación, sacada do traballo que fixen fai anos, e dicir; copiada do traballo só que resumida.
Pois ben, unha vez rematada mirei dónde podía editala e buscando revistas atopei unha, perdoade por non poñer nomes, hay xente no medio moi querida e apreciada por min. Esa revista nace co afán de fomentar, orientar e coordinar a labor investigadora nas diferentes ciencias, técnicas, artes, etc, así como en todas as manifestacións que se relacionen co ( nome da vila) e coa súa comarca ( Sacado do Artigo 2 dos Estatutos da Asociación que realiza a revista).
Púxenme en contacto con ela, e a resposta foi que só publicaban traballos inéditos. Quizás foi a miña torpeza de ter colgado na rede, na páxina de San Fiz de Navío, o PDF, non hay outro traballo editado sobre D. Urbano que non séa o meu, levo dende 2009 pateando internet e só se encontran mencións e listados dos seus libros, xunto con alguha opinión.
Como galego e desconfiado que son, pregúntome : será que o final do traballo figura o meu nome e o de empresario ? e a revista só admite que poña Profesor Emerito de tal Universidade ?
Será porque o traballo carece de rigor científico ? pois lendo algún artigo, dos moitos que teño desa revista, atopo grandes historiadores a nivel galego, que din que a labra que hay na fachada da Igrexa de San Fiz e dos Lemos ... i este pequeno empresario e as xentes mayores do pobo saben que e dos Sarmiento ....ónde está o rigor científico ? Ou certo artigo que fala sobre as Igrexas do Concello, e cando describe a de San Martiño de Beariz, amosan unha imaxe da Igrexa de San Fiz. Todos somos humanos, e temos erros, pero hay que aprender a enmendalos.
Entón o día tornou a nubrado, volveuse mais escuro i eu mais decepcionado.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Fillos ilustres - 07-10-2021 16:57
Cumpreanos centenario de Alfonso Rodríguez Mosquera.

Felicidades Alfonso. Outro veciño mais que cumpre os 100, e xa son unhos cantos que pasan a formar parte desa lista centenaria.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Retrospectivas - 07-10-2021 16:54
¿ Trátase do mesmo mestre escultor ?

Unha vez lido o traballo que sobre a Igrexa de San Fiz fixo Rafael Tobío Cendón, e dado que el mesmo deixaba ver o parecido que había en certas construccións entre a Igrexa de Serantes e a de San Fiz, ben podía tratarse do mesmo mestre canteiro ou dalgún alumno diste.
Pois ben, se nos fixamos detidamente nos tímpanos, son casi idénticos. Presiden o tímpano unha cruz flordelisada flanqueada nos extremos por duas árbores; representando o árbore da vida e o do coñecemento do ben e do mal. Tamén nos dous casos o tímpano e monolítico montado en sendas mochetas. Nos brazos da cruz aparecen dúas aves afrontadas.
Convén dicir que no caso de Serantes tamén flanquean a cruz dúas figuras, que pro autor do traballo representan a María e a San Xoán Evanxelista. No caso de San Fiz son dúas figuras que nos se aprecian ben, polo desgaste do tímpano, poden ser dúas aves .
Na cinta que bordéa o tímpano, encóntrase a inscripción que dice : FUNDATA EST - ISTA ECCLESIA - SUB ERA : MCCVIII.
Exactamente iguais nas dúas Igrexas.
Despois disto non creo que sea moi atrevido afirmar que nas dúas Igrexas traballuo o mesmo mestre escultor ou na de San Fiz, un alumno da mesma escola.
Quedan moitas comparación pendentes de estudo xa que tamén hay gran parecido na de Santa María de Mesego, San Martín de Nogueira de Petán e na casa oratorio de Santiago de Partovia.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Arquitectura Relixiosa - 07-10-2021 16:43
Faladoiros a carón da porta.
Esta costume que había entre os nosos pais e avós, de sentarse a porta da casa nas sestas ou noitiñas do verán, a charlar amigablemente cos veciños mais achegados as nosas casas, acabouse.
Matáronna a televisión, o radio, o móbil e demais aparellos, que permiten illarnos nunha sala e non lles sacar a vista de encima unha tarde enteira.
Pois ben, esta costume pasada, non era unha mera forma de criticar ou murmuriar sobre aqueles veciños ou veciñas mais malqueridos, ainda que algún trapo sucio sairía a relucir.
Estes faladoiros forman parte do Patrimonio Inmaterial dos Pobos, agora que se está traballando dende as Asociacións sobre o objectivo de posta en valor deste tipo de Patrimonio Inmaterial, debemos defender esta maneira de socialización. Incluso en algún pobo de Andalucía andan intentando facelo: Patrímonio da Humanidade.
Por eso, lexos de tachalo de charlatanería, e unha maneira mais de facer " pobo", de chegar esa desexada unidade de toda a veciñanza. Se un pobo quere chegar lonxe, ten que ser subidos o tren da unidade.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Patrimonio histórico - 07-10-2021 16:40
"O Coto da Forca"
Moi cerca do límite dos Concellos de San Amaro e Cenlle, no lugar chamado Corredoira, nun alto de 450 metros, erguíase o chamado " Coto da Forca". Este era un lugar de xusticia da Xurisdicción de Roucos. Se buscades por Galiza adiante hay unhos sete cotos da forca semellantes espallados polas catro provincias.
Estes eran espazos donde se axusticiaba os reos despois de ser condenados polos tribunais mediante o método do aforcamento, empregado para a "xente común", ou sexa, todos os que non eran nobres.
Un exemplo moi bo pra explicar a ubicación destes lugares e o da Corredoira, que como todos e un lugar de tránsito, cruce de camiños e cercano a cadéa, que por aqueles anos, a cárcel da Xurisdicción de Roucos estaba en San Amaro de Montes, igual que a Casa da Audiencia de Roucos, tamén no San Amaro. Fáltame por investigar en dónde se atopaba a cadea , a Casa da Audiencia coido que pudo ser unha casa que hay en fronte da farmacia, que posúe un escudo dos Sarmiento na fachada.
Para tranquilidade de moitos hay que dicir que as penas capitáis de aforcamento eran moi pouco frecuentes, principalmente eran para delitos de sangue, ou salteadores de camiños.


SACADO DUNHA PUBLICACIÓN DE PRADO Y ULLOA DO BLOG ARQUEO+LOGOS
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Etimoloxía e Historia - 07-10-2021 16:33
A Brea.
Ou topónimo Brea , procede do latín " vereda " co significado literal de " levar carros de carga " e dicir , camiño de carros . Resulta ser un claro indicio de que polo lugar pasaba un antigo camiño de carros que non caso dá Brea , tratábase dun importante camiño medieval que unía San Clodio con Ourense pasando por os Chaos de Castela e Barbantes .
Deixa un comentario (2) - CATEGORÍA. A toponimia na parroquia - 06-10-2021 17:10
Ruperto García, mestre escultor de San Fiz de Navío.
Nun artigo anterior xa vimos as obras que fixo na Igrexa de San Fiz así como varias figuras dos retablos, entre elas a talla de Santa Bárbara.
Neste artigo quero destacar un documento do Arquivo Diocesano de Ourense, do libro de fábrica da Igrexa de San Fiz, na caixa 14.9.7. folio 9r. Este documento certifica a obra do retablo que fixo pra Igrexa, con todos os gastos e abonos.
Tamén e curioso que o retablo mayor antigo, daquela con San Xoan e San Lorenzo foi pra Igrexa das Neves de Grixoa, e os retablos colaterales foron para a Touza, para a capilla que Don Francisco de Toubes tiña no seu pazo.
Firmado este documento o 17 de Febreiro de 1748.
Deixa un comentario (1) - CATEGORÍA. Arquitectura civil - 05-10-2021 13:01
Ano 1487, visita Pastoral a San Fiz de Navío.

Como ben sabedes, estas visitas pastorales realizabas o bispo da Diócesis Auriense cada cinco anos, neste caso o Arcedianato de Castela, e entre as Igrexas a visitar figura a de San Fiz de Navío, por error pon San Fiz de Labio. Pois ben, ditas visitas non eran tan ben recibidas como pensamos, a lo menos hasta o Concilio de Trento, que foi cando realmente se regularon. Digo esto porque ésta foi realizada no ano 1487, e según podemos ver , era coma unha inspección de Facenda.
Xunto o bispo iba un notario que anotaba todo o de valor que na Igrexa había, caso de faltar algo, como vemos en Gomariz, obligaban a pagalo, polas boas ou polas malas, véxase senón en San Andrés de Erbedelo : " El conde de Rivadavia llevaba por fuerza doce maravedíes " . Mesmamente en San Fiz, Fernando Mosqueyra: " Unha seara da Igrexa e non paga dela nada " daqui que o Mosteiro de Sobrado dos Monxes tivera leiras en San Fiz, que mais tarde afora a veciños do pobo.
Ademais de todo que vimos, recibían o " dereito de procuración" que eran unhos honorarios que consistían no cobro de certa cantidade, que variaba en función do número de actas. Estes honorarios recibíanos da Fábrica da Igrexa, dos mordomos, das cofrarías ou dos padroados.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Etimoloxía e Historia - 05-10-2021 12:56
Unha escritura de foro e outra de doazón.

Os documentos mais antigos, polo de agora, nos que figura un lugar da parroquia de San Fiz, son: unha escritura dun foro e unha escritura de doazón.
A escritura de doazón, con fecha 29 de Abril do ano 987, atópase no Cartulario do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, e trátase dun escrito rubricado por Sismando a favor da súa muller Eldontia. O texto e en Latín e mostra a fórmula visigótica de entrega de dotes, enumera todos os pobos que lle entrega na dote e entre eles figura " Sandurci" que como sabedes trátase de Sandulces.
O segundo e un foro do 20 de Marzo do ano 974, atópase na Colección Diplomática do Mosteiro de Celanova, no cal, o Conde Don Rodrigo Velasquez chamado " o dux " cambiou co abade de San Pedro de Antealtares varias vilas na terra de Baroncelle pola de "Sandulces".... in terra Castellae inter Pastouria et Osamu ( en tierra de Castela entre Partovia y Osmo ).
Aquí xa figura Sadulces como villa, non coñezo os anos que permaneceu como "vila", pero unha cita no libro: " Ribadavia y sus alrededores " do Padre Samuel Eiján dice que Sandulces pertenece a Xurisdición de San Andrés de Camporredondo e sitúo dentro de Castela xunto con Vila de Juvencos e vila de Daconi.
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Etimoloxía e Historia - 05-10-2021 12:54
120 Aniversario da morte de D.Urbano Ferreiroa Millán.

O lus día 22 deste mes, fai 120 anos que nos deixou D. Urbano Ferreiroa Millán. O artigo que escribo a continuación, son algunhas das moitas frases que dixo del a crítica contemporánea, polo de mais, sobran as palabras.
" Historiador de vasta erudición y cultura, orador elocuente, publicista de altos vuelos y apologista insigne" " El Sr. Ferreiroa deja en sus obras, fruto de su profundo talento y asidua laboriosidad, un magnífico pedestal a la perdurable memoria de su fama" " En Roma, en Valencia, en Valladolid y en la Corte de Madrid, en donde ha desempeñado altos puestos eclesiásticos, era apreciadísimo por sus virtudes y preclaras dotes de sabio" " Ha llegado al puesto que ocupa por propios y no ajenos méritos, así es que no hace antesalas, ni apetece honores, ni busca padrinazgos, ni solicita posiciones" " Puede en honor a la verdad mirar alto y marchar tranquilo sin que los favores le motejen de favoritismo, ni la gente de levita de ser uno de los recomendados" " Nadie puede ufanarse de haberle empujado en sus ascensos, a nadie es deudor de gracias indebidas" " El despacho de Ferreiroa es modesto en mobiliario pero no en libros" " Ha menester encerrarse en el gabinete y pasar la vida entre los libros" " En la vivienda del Sr. Ferreiroa, el confort ha dejado paso libre a la colocación de los libros y el mobiliario va retirándose a medida que avanza la librería" " Este sacerdote ourensano, maestro en erudición, doctor en Ciencias Eclesiásticas, historiador del Pontificado, propagandista de Galicia" " Urbano es uno de los publicistas eclesiásticos más sabios de la España contemporánea" " Los trabajos del eminente sacerdote gallego Sr.Ferreiroa obtienen el aplauso de la crítica y la felicitación de los oradores" " El notable hijo de esta provincia de Ourense" " La muerte de tan benemérito e ilustradísimo hijo de Galicia, ha sido muy sentida en todas partes y todos reconocen que élla significa un duro golpe para las letras patrias y particularmente para las letras gallegas" " ¡ Que Dios haya acogido en su Santa Gloria, el alma del Sr. Ferreiroa, decidido y esforzado campeón de la verdad y de la justicia! "
Deixa un comentario (0) - CATEGORÍA. Fillos ilustres - 19-02-2021 16:37
© by Abertal



Santi López Rodríguez

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0