SALVEMOS SANXENXO


Salvemos Sanxenxo nace desde ó afan dunha persoa en denunciar todos os delitos urbanísticos de Sanxenxo.

Contacto
 Indice
 Ligazóns
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A páxina principal
A páxina principal de Salvemos Sanxexo é a seguinte:
http://salvemossanxenxo.blogspot.com/
Desculpen as molestias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2006 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ando moi indignado
Ando moi indignado, porque cústame asimilar e resístome a comprender que o que está ocorrendo en Sanxenxo sexa algo tan vergonzoso, tan clamoroso, tan escuro, tan penoso, que me corroe as entrañas.

Por unha banda anda o partido de goberno, facendo e desfacendo ao seu antoxo, xogando con este pobo e os seus veciños, coma se dun xoguete se tratara e co cinismo de vendernos as súas artimañas como calidade de vida. De dar explicacións, nada. De ir pola verdade por diante, menos. E iso sen entrar nos asuntos turbios, ou mellor, pantanosos.

¿De verdade pensa o Sr. Telmo, como repite en ocasións e coa boca chea, que é o alcalde de todos? Pois non, se traballase realmente por Sanxenxo e os seus veciños, si o sería; pero se o seu traballo exclusivamente consiste no seu propio enriquecemento e en comprar o seu asento para estar oito anos no sillón logo fuxir a Pontevedra, pois non. Para nada.

Estamos os cidadáns, que de acordo que non temos que render contas porque non temos responsabilidade política algunha; pero temos uns principios e unha corresponsabilidade para connosco mesmos e coa nosa terra.

¿Podemos mirar para outro lado sen máis, coñecendo as canto menos escuras manobras do noso goberno?. Podemos criticar canto se nos antoxo, tanto a uns como a outros, pero ¿xa está?.

¿Podemos calar só porque os nosos intereses persoais andan en xogo?; pero non son os nosos intereses persoais, son os nosos dereitos, andan repartindo unha migallas e levándose un gran pastel a cambio; non nola regalan, estánnolas cobrando e moi caras por certo.

Chega un momento en que comprendes que as cousas van permanecer así, se alguén non fai algo por cambialas, e mentres uns e outros andan enredados por intereses particulares, ti pensas: ¿e eu que?; pero de súpeto ves, que hai un grupo de persoas que teñen as mesmas inquietudes, a mesma meta: ver crecer a Sanxenxo, pero de verdade, non de escaparate, senón traballando sobre as necesidades reais que existen aquí. E que traballan dun xeito totalmente desinteresada, con seriedade, con entrega, con tesón, con forza, en liberdade e sobre todo con esperanza, moita ESPERANZA.

Entón é a hora de tomar unha decisión.
Comentarios (2) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 22-10-2006 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Discusións con un amigo:
-Ser construtor é alcalde, eso é bo para o concello de Sanxenxo....
- Eso da corrupción que dis ti, pasa en todos os lados...A vida é así se queres ganar cartos construíndo tes que arrimarte o poderoso...Ti defendes eso da ecoloxía por que aínda eres moi novo...
-Ti non sabes nada de iso...Eu gano moitos cartos grazas a coñecer a certas persoas.
- Sanxenxo grazas o Pxom de Telmo Martín ,o concello logrou uns dos presupostos mais grandes da historia.

Hai sectores económicos nos que a corrupción é o compoñente esencial da política das empresas e as persoas:as obras públicas, os transportes colectivos, os suministros, a licenzas e contratas das Administracións Públicas. Pero en ningún prodúcense casos tan flagrantes delitos como no os da organización do territorio e o urbanismo en mans municipais. A forma particular de perversión que caracteriza a corrupción urbanística non consiste só en violar as normas destinadas a protexer o interese xeral, senón en substituír a lealdade xurídica e persoal cara á comunidade pola total identificación cos intereses persoais dun xefe ou un grupo dominante. O determinante non son as prestacións que se intercambian, senón a estrutura de lazos sociais e vínculos de dependencia que xera, a aceptación como normal da conduta dominante convertida no eixe central do sistema que impera nos negocios.
O peor é cando estes modos de operar chéganse a considerar ..."comúns". Cando se volven tan usuais que, a xente chega a crerse que bo, que as cousas "son así neste negocio...!!
Todo comeza co desvío da lei en beneficio dos amigos; continúa co nepotismo e a aceptación de obsequios, retribucións ou cargos futuros; prospera co beneficio persoal que as autoridades obteñen das súas decisións a través de negocios complementarios(Empresas Propias , Sociedades) ; desemboca na aceptación de subornos e o cobro de comisións e, finalmente, queda rematado coa tolerancia oficial cara ao delito organizado a cambio de compensacións: é o buraco negro da democracia.

Nese marco hai que situar o concello de Sanxenxo.No que se pode visualizar unha trama urbanística de corrupción entre uns cantos amigos construtores ( Aínda que non se poda demostrar nos tribunais).
O problema da corrupción é moi grande; é un problema de primeira orde: Porque afecta negativamente a todos os cidadáns dun modo outro.
Na miña opinión o problema esixe unha revolución educativa en dous termos:
1ºOxalá sexa o principio da necesaria mentalización dos políticos achega da súa responsabilidade á hora de cegar a principal fonte de financiamento dos seus partidos e o máis caudaloso manancial do seu medro persoal.
2º É unha cuestión de moral (ou ética) como se queira chamar. Mentres non se inculquen principios de honestidade, de respecto á lei...., a xente, desgraciadamente máis cada día ....venderá a súa alma ao diaño por moedas de prata..... : Triste
Comentarios (2) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 22-10-2006 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Reflexión sobre as infracciós urbanísticas
Penso que vamos de camiño a unha "marea ladrilleira" sin remedio, os alcaldes das nosas bisbarras están en xeral carentes da formación urbanística e arquitectónica mínima para afrontar as responsabilidades que teñen asignadas nesta materia, en xeral siguen nas coarenta de pensar que afogando os concellos con contruccións ao prezo que sexa estan facendo un xigantesco favor a os veciños, si xa temos casos como o concello de Vigo, Ourense ... donde as aberracións urbanisticas non teñen limite, agora lles toca as pequenas vilas.

Vouvos contar un pesadelo que tiven o outro día, hai que ver o que son os soños (dende logo e un soño e a súa coincidencia coa realidade e pura casualidade, como din os telefilms americanos).

No soño eu era o alcalde do pobo, e como vexo que a burocracia e tan lenta, eu podo dar as licencias urbanísticas que me pete a gosto do construtor de turno, (eso si a cambio dun bon feixe de cartos por baixo a mesa, ainda que teña informe xurídico desfavorable do secretario do concello), a obra escomenza, e normalmente ninguén di nada xa que a xente da calle non ten nin idea de urbanismo nin de arquitectura, pero sempre pode haber algun cabrón que denuncie, si e o caso os organismos da XUNTA veñen mais tarde que pronto (sempre din que son poucos e estan moi ocupados), fan a sua proposta de informe que lles leva de 6 meses 1 ano, despois informe en firme con o que me achegan requerimento de paralizacion das obras e derribo, por suposto eu como alcalde do concello non fago nin puto caso (quen carallo é a Xunta para decirme o que teño que facer no meu feudo), polo tanto a obra segue a construirse e eu sigo a dar outras licencias ilegales e nulas de pleno dereito, e de paso a encher ben os petos, a C.O.T.O.P ante as miñas maneiras escomeza o proceso por via contenzoso-administrativa, temos para outros 2-4-6... anos, o concello recurre, desde logo xa fai tempo que os promotores venderon os pisos e a xente que non tiña nin idea do que pasaba xa viven neles, pasa o tempo e o xuiz do contencioso administrativo e o tribunal superior de xustiza de Galicia sacan a sentenza definitiva de construcción ilegal e orden de derribo, pero xa van 10 anos dende a denuncia, neste momento lles mandan aos propietarios dos pisos a orden de desaloxo, (e aqui e donde empeza o alucine xeneralizado, ¡eu non sabia nada! ¡onde vou ir aos meus 69 anos!.... Eu como alcalde que ainda ando polo concello, xa que teño mais cara que dios, lles digo, "nos vos preocupedes que tirar non tiran nada". Pasan os anos con recursos e mais recursos, cartos e mais cartos dos nosos impostos hasta que chega xa o final, "orden inmediata de derribo de las construcciones sin ningún tipo de recurso", e xa levamos 15 anos dende a denuncia, e agora e cando queda o acto final, eu como alcalde alego "inejecución de la sentencia por estar los pisos ocupados".

Os camiños que quedan ata aquí son claros, os promotores xa voaron fai tanto tempo cos millóns que xa nin existe nin a sociedade promotora no rexistro (ainda vin fai pouco a un deles en Punta Cana), eu como alcalde levo 15 anos non concello chupando do bote público o meu medio quiliño ao mes máis “os extras por baixo da mesa”, sigo aquí polo meu piquiño, que eso si, teño un piquiño de ouro, e os tontiños do pobo cada catro anos caen na mesma, e se non, sempre hay algun “tránsfuga” disposto a rechear petos por metelo na merenda. A verdade e que as veces penso un pouco como a Xunta esta jodendo aos donos dos pisos dicindolles que son ilegais, eles viven nun pesadelo dende fai un lote de anos, outros vecinos (os que me queren mal) non fan mais que amolarme decindo que o edificio e unha aberracion urbanística (non o entendo que máis ten que teña sete plantas cando o plan autoriza duas), que si lles quitou as vistas a sua casa, o sol, ou que lles reventou a casa colindante durante as obras.... Como sigan asi vanme a joder o posto, teño que pensar en pagarlles as festas do pobo, total como non me sale do peto.

Estame a preocupar si o caso vai pola via penal, aínda que non vos quero decir o que vai durar máis, segundo o Codigo Penal do 1995, eu como prevaricador nato que son, xa que dou licencias como me peta, teño unha condena de 6 meses a 3 anos de prision e 7 a 10 anos de inhabilitacion. Pero resulta que cando empezei a facer estas cafradas tiña 50 e tantos anos e ahora que xa pasaron mais de 15 anos chupando do bote xa teño 70 anos, polo que non me meten na prisión xa que as leis din que e “inhumano” para un vello como eu, resulta que ademais teño unha multa de 1 millon de euros, pero o único patrimonio que teño e a miña mísera pensión máxima de 2100 € ao mes gracias ao que cotizei polo concello, (a fortuna recibida por debaxo da mesa e negro, e a teño baixo do colchon do chaletazo que teño en Marina d'ouro a nome da miña muller), o concello como responsable civil subsidiario xa se fará cargo das multimillonarias sancións e das indenizacións no suposto de que tiren o edificio.

Ao final do sono estaba inaugurando unha estatua que me fixeron os do partido co apoyo dos veciños incondicionais, por facer tanto por este pobo, pero nese momento sonou o despertador.

Despois de analizar este sono co sequiatra especializado en Alcaldes que temos pola S.S, dime que non me preocupe, que non ten importancia, que el leva tratando a compañeiros meus durante os últimos 40 anos e que e un sono moi repetido, que cando teña dolor de cachola tome “dos nolotiles”.

Eu sigo preocupado xa que este pesadelo se repite cada vez máis a meudo, xa casi empezo a pensar que e a realidade.

Despois de contarvos o meu soño a min tamen me queda a dúbida de si e un soño ou a realidade, por eso con todo repeto lle digo a D. Maria Xose Caride, conselleira de política territorial da Xunta de Galicia, lle fago a siguiente pregunta: ¿non seria mellor aforrarnos os cartos dos novos vehículos, persoal e oficinas para perseguir as infraccions urbanísticas polo camiño que leva esto agora?, se ao final os que vamos a pagar sempre somos os mismos dunha maneira ou outra “LOS CONTRIBUYENTES”, e as aberracions urbanísticas siguen no sitio.

A unica maneira, e repito a UNICA MANEIRA de frear as infraccions urbanísticas e quitandolle aos concellos as atribucions para facer planeamentos a medida e dar licencias de construcción a discreccion, ou como eso non e doado o minimo esixible cando existe unha denuncia, e visita da inspección, es se comproba que existe unha infraccion tan salvaxe como as que se incluen nestas paxinas, CERREN ELES DE INMEDIATO AS OBRAS, non como ahora que “se lo solicitan al señor alcalde”, E IMPENSABLE QUE O QUE FAI O DELITO VAIA SER O QUE PARE A OBRA, o paradóxico desto dos delitos urbanísticos e que una construcción e unha actividad que leva anos executar, xa que e evidente que un edificio non se fai da noite a mañan, é cando menos unha burla indecente que non se paren inmediatamente as obras cando hay infraccions graves ou moi graves. E logo que recurran os infractores o que queiran, que despois de 15 anos de pagar abogados do seu peto, si teñen razon xa lles pagaremos indemnizacións, entón si que veriamos como os edificios se facian dacordo cas normativas.

Finalmente penso que non hay vontade política real para frear esto e cortalo de raíz, no fondo parece que a administración pensa que o importante e o Producto Interior Bruto P.I.B, por encima de calquer consideración de repeto ao medio e aos cidadans.
Comentarios (2) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
* Axentes urbanizadores en Galicia: leis totalitarias para corrixir os "comportamentos inadecuados" dos propietarios (e cidadáns)


En ocasións aparecen noticias preocupantes polo que significan e, sobre todo, por que pasan totalmente inadvertidas entre a poboación, malia que poden afectar seriamente aos dereitos de todos. Onte sucedeu un deses casos que demostran o pouco que os nosos gobernantes cren na liberdade individual e no noso sistema político (a democracia) e económico (capitalismo de mercado). Ben ao contrario, noticias deste tipo recordan a réximes totalitarios con economías planificadas onde o estado toma as decisións polo ben do pobo, por suposto sen contar cos desexos e a opinión dos seus cidadáns.

Refírome á chegada a Galicia da posibilidade de realizar expropiacións de propiedades privadas por un suposto interese común. Este tipo de leis xeraron considerable polémica en España e EEUU. Primeiro por que supeditan os dereitos individuais aos colectivos e segundo por que o seu efecto foi limitado por non dicir nulo ou ata perverso (xerando maiores burbullas e especulación, efectos que pretenden deter). Estes modelos intervencionistas, pouco respectuosos cos cidadáns que por desgraza son propietarios dunha "zona de interese xeral", xa xeraron conflitos no Mediterráneo español (o caso valenciano chegou á Unión Europea) e en EEUU co caso Kelo vs New London. Recordemos que neste último caso, a lexislación norteamericana deu pé a unha sentenza xudicial que permitía a expropiación dunha propiedade privada urbana para que se puidese construír un gran centro comercial que se consideraba tería un efecto positivo sobre a comunidade.

Fai un tempo comentaba este e outros temas relacionados co desenvolvemento urbanístico con dúas ideas básicas: a necesidade de protexer estritamente os dereitos individuais e a existencia de mecanismos alternativos (e respectuosos coa liberdade individual) para evitar procesos especulativos.

Onte na Voz de Galicia publicouse a noticia de que os axentes urbanizadores chegan a Galicia (A Xunta cre que expropiar para urbanizacións privadas mitigará a falta de chan):

Os responsables urbanísticos da Xunta apoian a expropiación de leiras e vivendas para a construción de grandes urbanizacións privadas. Así o expresan o director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, e o director do Instituto Galego dá Vivenda e Só (IGVS), Daniel Piñeiro. En opinión de ambos urbanistas, a aplicación da expropiación, a través do denominado axente urbanizador (un promotor privado escollido polo concello), «permitirá desbloquear a falta de chan urbanizable en Galicia».

Nótese que a "falta de chan urbanizable" é unha escaseza legal, non real. En Galicia, como no resto de España, existe abundante chan susceptible de ser urbanizado, pero as regulacións limitan severamente esta posibilidade creando unha escaseza artificial (con consecuencias legais e ilegais para o financiamento municipal que son ben coñecidas).

Logo de aclarar que esta figura legal do axente urbanizador xa se creou polo anterior goberno galego e de comentar os problemas que xerou en Valencia, o artigo recolle máis declaracións preocupantes dos mesmos cargos públicos. Parece que en Galicia non se van a producir problemas por que os responsables públicos son "bos por natureza" e só van pensar no ben común cando apliquen o seu poder absoluto (por suposto, os políticos valencianos se son malos). Preocupante unha lei que vale para o bo e para o malo dependendo da vontade do político de quenda:

«Na Comunidade Valenciana o problema está nas recalificacións de chan que se produciron. Aquí estamos lonxe diso porque non aceptaremos outro modelo que o do desenvolvemento sostenible e sensato», asegura o responsable de Urbanismo da Xunta. Con todo, os máis de 70 plans urbanísticos que tramitan os concellos costeiros galegos prevén a edificación de 600.000 novas vivendas, máis en que en toda a Costa do Sol (Marbella incluída). As recalificacións en marcha aumentarán en máis dun 80% a edificabilidade da franxa litoral.

Esta é a explicación, que convén ler con calma, de que é e que fai un axente urbanizador:

O axente urbanizador, que a lei galega denomina concesionario de obra pública, xa está en vigor. Trátase dun promotor inmobiliario, escollido por cada concello mediante un concurso, para construír edificios ou chalés nunha ampla zona urbanizable. Unha vez comprobada a súa solvencia, calculado o prezo dos solares trala recalificación e presentado o proxecto de urbanización, o axente ha de esperar dous anos (durante os que debe negociar compras cos propietarios das leiras) antes de poder expropiar.
Dous anos logo de obter a adxudicación dunha urbanización, o citado axente ten potestade para expropiar leiras e casas, con ou sen o acordo dos propietarios. A cambio, o promotor ten a obrigación de abonar unha indemnización -o prezo calculado para cada propiedade- a cada particular, quen terá facultade para escoller se cobra en metálico ou mediante unha parte da obra que se realice.

Un axente privado con poderes propios dun xestor público. Un monopolio en lugar dun mercado. Un promotor con poder absoluto sobre un territorio e sobre os seus ocupantes e propietarios legais.

O artigo da Voz de Galicia acompáñase das opinións de varios expertos. Dous delas son especialmente interesantes. O xurista experto en urbanismo Enroque Sánchez Goyanes avísanos dalgúns dos evidentes perigos:

... a polémica sobre a implantación en Galicia do axente urbanizador «é unha polémica internacional que se debate ata en EE.UU.: o que se discute é ata onde debe chegar o dereito a expropiar». Director da primeira revista española de dereito urbanístico, Sánchez Goyanes explica que «o máis polémico da nova lei galega é o debilitamento da figura do propietario e iso é o que denunciou o Parlamento Europeo en Valencia».

Pola contra, un dos pais do "axente urbanizador galego", como poñente da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, Javier Jiménez reflicte a mentalidade totalitaria (e receosa da capacidade dos cidadáns para actuar correctamente) que impregna esta figura legal:

... defende a figura do axente urbanizador e asegura que permitirá romper a cadea de especulación do chan dos donos de leiras. ... «Os propietarios o que queren é especular. É natural. Gañar do 225% ao 1.000%, porque canto máis tempo pase máis vale a súa leira»

Realmente preocupante que este tipo de ideas sexan as que "iluminen" as nosas leis. Os seus ideólogos deberían aclarar algunhas cuestións: ¿son os cidadáns malos por natureza ou se fan malos cando se converten en propietarios?. ¿Consideran que desexar un beneficio é especular?, e, se isto é así: ¿é malo especular?.

Podo imaxinar facilmente as respostas que darán a estas preguntas os políticos (de todos os partidos) e expertos que crean estas leis. Pero, se non cren no noso sistema político e económico, deberían buscar alternativas reais e non resignarse a ir colocando parches. Non se deben enganar, o axente urbanizador só é un remendo parcial e chapuceiro aos problemas que xera a democracia, a liberdade e o capitalismo. ¿Por que non ir máis aló?. Exemplos que lles inspiren non faltan. Eu propoñeríalles dous: Corea do Norte ou Cuba.
Comentarios (2) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
* A responsabilidade patrimonial da administración en materia urbanística
Teresa Saintgermain
06-12-2004
A responsabilidade patrimonial da Administración establécese no noso ordenamento na Constitución, na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e no Regulamento dos Procedementos das Administracións Públicas en Materia de Responsabilidade Patrimonial e na Lei de Expropiación Forzosa.

Corresponde agora entrar no punto 6) dos seguintes que integran a monografía sobre os erros máis comúns de interpretación e aplicación do ordenamento urbanístico no concernente ás urbanizacións de iniciativa privada:

1) Distinción do chan "urbano" e "urbanizable"

2) A "vixencia indefinida dos plans"

3) O principio do "ius variandi"

4) As "cesións obrigatorias e gratuítas"

5) Os "estándares urbanísticos" cuxa infracción determina a nulidade dos plans

6) A "responsabilidade patrimonial da Administración"

7) "A iniciativa pública ou privada dos plans"

8) A "titularidade" do chan, e

9) O papel do "promotor" nas urbanizacións privadas.

A responsabilidade patrimonial da Administración establécese no noso ordenamento na Constitución, na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e no Regulamento dos Procedementos das Administracións Públicas en Materia de Responsabilidade Patrimonial e na Lei de Expropiación Forzosa.

De acordo con esta normativa, toda lesión antixurídica que os particulares sufran nos seus bens e dereitos dará lugar a indemnización sempre que sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos salvo nos casos de forza maior ou de danos que o particular teña o deber xurídico de soportar de acordo coa Lei.

Do mesmo xeito que nos demais aspectos do ordenamento urbanístico, tampouco o da responsabilidade patrimonial da Administración escapa á sombra que sobre todos eles proxecta a inxustificada preponderancia que a práctica imperante outorga ao "ius variandi" no noso País, por iso é polo que o seu estudo debamos acometelo en concorrencia con este principio para delimitar os seus efectos de acordo coa norma e non co uso; Así mesmo, no contexto das urbanizacións de iniciativa privada, habemos de analizar a responsabilidade patrimonial da Administración desde a perspectiva do plan como dereito e compromiso formal entre a Administración e os particulares, deixando claro que cando falamos de plan referímosnos a aqueles que configuran e determinan dereitos para os particulares, isto é, os plans parciais de iniciativa privada sobre os que se centra a presente monografía.

Só existen dúas situacións para as que a práctica xurídica vén recoñecendo de forma xeral o dereito a indemnización: a anulación de licenzas e a redución de edificabilidade en chan urbano consolidado.

Se tal como está xeralmente asumido o Plan é o obxecto definidor do contido normal do dereito de propiedade, unha vez establecido este dereito coa súa aprobación definitiva, calquera alteración de devandito plan supón a alteración do dereito, que unha vez consolidado, ha devenido nun dereito subxectivo. A alteración poderá entón ser lexítima e necesaria pero dado que o dereito existe e dando por certo que o propietario asumiu todas as cargas que lle foron impostas para alcanzalo, ha de ser indemnizado.

Cando a iniciativa privada asume as cargas impostas pola Administración para obter a aprobación do plan, a aprobación do contido deste plan pola Administración non é outra cousa que un acto de recoñecemento de dereitos que vincula á Administración a respectalo durante o mesmo período indefinido no que foron asumidas as cargas e cesións de chan, de modo que en tanto as cesións impostas non revertan ao colectivo que as aportou, a Administración estará vinculada á existencia de tal dereito. A existencia deste dereito non limita o "ius variandi" pero activa a responsabilidade patrimonial da Administración se decide exercitalo. Esta formulación adquire máis forza cando as cargas esixidas para aprobar o plan superaron as establecidas pola lei do Chan.

Parece pois indiscutible que a aprobación definitiva do plan, dá orixe á creación de dereitos cuxo obxecto é precisamente o contido do propio plan. O plan ha de considerarse entón en se mesmo como un dereito para aqueles propietarios que asumiron as súas cargas e en virtude do tracto sucesivo, aos propietarios que lles sucedan. A controversia polo tanto non está en se estes dereitos prevalecen sobre o ius variandi da Administración para acometer posteriores alteracións de devandito plan, senón na existencia de tales dereitos e, posto que tales dereitos existen, se a alteración do plan supón a súa lesión, e esta non ha de limitarse á diminución do aproveitamento senón ao dano ou lesión calquera que este sexa entre os que a lesión medioambiental ocupa lugar preeminente no caso das urbanizacións residenciais, haberán de ser indemnizados.

É práctica común singularizar o prexuízo (tamén o beneficio) consecuencia das alteracións do plan sobre o propietario da parcela ou parcelas recalificadas. Nun polígono executado por un colectivo de propietarios actuando como Xunta de Compensación, non é posible singularizar o prexuízo (nin o beneficio) orixinado por unha alteración do plan sobre unha parcela concreta no ámbito do polígono, xa que os beneficios da urbanización van vinculados ás cotas de participación nas cargas correspondentes a cada parcela en función da súa superficie e edificabilidade (se non se houbesen cuantificado para cada parcela nos correspondentes estatutos da xunta, comunidade, entidade ou asociación).

Tamén é frecuente considerar a responsabilidade patrimonial da Administración fronte aos cambios de planeamento en función dos preceptos que neste sentido recolle a propia Lei do Chan e os seus Regulamentos, no entanto as normas que regulan a responsabilidade patrimonial han de aplicarse en bloque, porque os preceptos da lexislación urbanística non contemplan todos os supostos en que a actividade administrativa urbanística pode orixinar unha lesión indemnizable. De entendelo así quedarían fóra da protección garantizadora, accións lesivas derivadas por exemplo do atraso, da inactividade da Administración ou da adopción de acordos ilegais.

O noso parecer achega da cualificación e do número de supostos é que todos os supostos tipificados nos artigos 87.2 -modificación e revisión anticipada do planeamento-, 27.4 relativo á suspensión de licenzas para a formación e aprobación dos plans e 232 sobre a anulación de licenzas, todos eles do Texto Refundido, constitúen meras precisións ao réxime xeral da responsabilidade pola anulación de actos de recoñecemento de dereitos. Habemos de remitirnos en consecuencia á lexislación xeral sobre responsabilidade que ha de aplicarse en bloque, en forma taxativa por mandato do Artigo 106.2 da Constitución.

O texto refundido pouco ou nada recolle a este respecto, dificultade a engadir ao feito de que estamos mais afeitos contemplar o concepto de lesión desde unha perspectiva positiva e non desde unha perspectiva negativa, máis difícil aínda, ao engadirse a esta a falta total de costume de valorar o dano ocasionado ao propietario que contribúo á formación da urbanización, cando ao colindante benefíciaselle singularmente cunha alteración do plan que lle permite, poñamos por caso, duplicar a edificabilidade, cando a ambos lles correspondía por dereito un idéntico índice de aproveitamento. Trátase no entanto dunha lesión por agravio comparativo ou por perda de calidade ambiental, que no caso dunha urbanización residencial hoxe habemos de considerar valor prevalente.

En definitiva, o dereito a ser indemnizado xorde do efectivo cumprimento das obrigacións que o planeamento impón e dun feito físico: o da urbanización efectivamente executada.

Teresa Saintgermain
Especialista en Urbanismo e Medio Ambiente
Comentarios (3) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¡Ah, da terra da “autoconstrución”!
Sempre lembro un comentario dun profesor universitario catalán que coñecín nunha viaxe. Cando xurdiu a típica pregunta de ónde es e eu lle dixen que era galego, el comentou: ¡Ah, da terra da “autoconstrución”! Eu quedei como a cadros, pois nunca definiría a miña terra así; pero tamén, penso que ten, como se di por aquí, “tiña máis razón que un santo”.
Galicia está feita polas construtoras. Costa crer que fose ata non hai moito unha sociedade conservadora, porque o que se di conservar… non se conservou nada. Debe ser que no fondo da nosa alma, se esta existe, hai un arquitecto a punto de saír, porque é tomar as estradas e ver como “autoconstruímos” Galicia. Aínda así, nos quedan folgos para seguir dicindo: ¡Qué bonita é Galicia! E o é; pero o sería aínda máis se a coidaramos, se a quixeramos; non como patriotas, senón como persoas que imos de tránsito e que o que nós fagamos será o que leguen os que veñen detrás. E a arquitectura, de tódalas artes, é a que máis dura (aínda que supoño que coa calidade que se constrúe hoxe, isto en 100 anos todos calvos e asunto arranxado). Pero parece que non nos decatamos dese tempo, que obramos co cerebro posto no peto e á hora de analizar o urbanismo, o altisonante colócase en se tal actuación é legal ou non. ¡Pero qué coño me importa a min se é legal! O peor é que teño que soportala, que ver ese enxendro día si, día tamén.
Así que o que eu lle pediría á clase política, sería amor polo noso terruño; pero non deses amores que sempre rematan en hostias. Un amor dos bos, dos que se comparten.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"El urbanismo ideal es la proyección no conflictiva en el espacio de la jerarquía "
El urbanismo es el conjunto de técnicas que tienen por objeto la transformación de las ciudades en centros de acumulación de capital. Hace posible la posesión por parte de la burguesía del espacio social, que se recompone según las normas que dicta su dominio. De acuerdo con este punto de vista, el urbanismo es simple destrucción acumulada. Ciñéndonos al caso español, dividiremos el fenómeno de la urbanización en tres periodos según el grado de destrucción del medio urbano alcanzado: el del urbanismo burgués (1830-1950), el del urbanismo desarrollista (1950-1980) y el del urbanismo totalitario (a partir de los ochenta).

La larga duración del primer periodo, el de la contrarrevolución urbana, indica que la conversión del espacio en capital y la subsiguiente aparición del mercado del suelo y de la vivienda fue un proceso lento, cuyos efectos destructores fueron paliados por la tardía aparición de las fábricas, dado el carácter predominantemente agrario de la burguesía y la resistencia campesina a la proletarización. Hasta 1848 las ciudades se concibieron como núcleos fortificados. A partir de entonces se publican ordenanzas sobre alineaciones de calles. La división territorial en provincias y la construcción de carreteras reactivaron muchas ciudades convertidas en capitales, y la Desamortización de los bienes de la Iglesia liberó suficiente suelo como para que la ciudad pudiera crecer sin sobrepasar sus límites, salvo en casos dinámicos como Barcelona y Madrid. Allí aparecieron por primera vez los "ensanches", división del suelo en cuadrículas, sin límites ni centro. La cuadrícula era la forma mejor adaptada al capital; con la parcela cuadrada u octogonal se obtenía el máximo beneficio, independientemente de los usos o las necesidades sociales, y a la vez se hacía de la urbanización un proceso interminable incitando a la prolongación ilimitada de la ciudad. El ensanche, conectado con la ciudad a través de "grandes vías", refleja la alianza entre la geometría y el dinero que conforma la ciudad como imagen urbana del capitalismo. Los ensanches fueron los primeros barrios residenciales específicamente burgueses, ilustrando los primeros efectos de la contrarrevolución urbanística, a saber, primero, la conversión de un sector de la ciudad en un no lugar, en espacio en donde las relaciones humanas se reducían al mínimo; segundo, la división de la ciudad en diversos barrios según las actividades o el nivel económico de sus habitantes, la "zonificación". La vecindad no es una virtud para el uso clasista del espacio. Las clases se separaban a menudo por amplias avenidas o calles rectas que servían a un tiempo de frontera y de vía de penetración de las fuerzas del orden en caso de motín. Los primeros intentos de planificación urbanística se acometen para controlar las revueltas populares. El urbanismo nace como instrumento de control que asegura el orden burgués, igual que las cárceles modelo y el código civil, y sobre todo, igual que la policía, cuerpo que aparece al mismo tiempo y se organiza por "distritos", es decir, se "zonifica".

El ensanche tiene su contrapartida en el tugurio, la devaluación extrema del barrio y de la vivienda. En una primera fase la presencia de las murallas obligó a un crecimiento vertical de la ciudad y a una división de las casas en espacios lo más reducidos posible, mal abastecidas de agua y sin alcantarillado. Las "casas de alquiler" donde se hacinaban los jornaleros pobres que acudían a la ciudad en busca de trabajo son otra de las invenciones burguesas. Las murallas, invalidada su función defensiva por el desarrollo de la artillería, adquiría la función de contención y mantenimiento de la pobreza por el desarrollo de la explotación económica del espacio. Por eso su derribo fue considerado un acto de liberación. El urbanismo, al crear barrios burgueses, había creado al mismo tiempo barrios obreros; al segregar la miseria la había vuelto visible; al concentrarla, la había vuelto peligrosa y postulado la necesidad de un poder capaz de tenerla a raya, capaz de echarla de la calle. Esa fue la función del tráfico. El movimiento de los carruajes se extendía para dificultar el movimiento de las clases segregadas, para eliminar la calle como lugar de encuentro, espacio de la comunicación y empleo del tiempo.

Si la segregación es una de las características del urbanismo naciente, la otra es el predominio de la circulación, del vehículo privado, imagen del predominio del interés individual. Gracias a la movilidad el individuo fue expropiado del espacio ciudadano. La ciudad se sacrificaba al tráfico. El movimiento alteraba la vida urbana y suprimía la calle para el habitante. Por su parte, los cinturones de ronda y las avenidas o bulevares conectaban la ciudad con el exterior, eran un medio de escape del tugurio y un medio de penetración de la mercancía. La avenida, al superponerse a los antiguos caminos, condujo al suburbio y escindió la ciudad en centro y periferia. Se puede decir que el suburbio creó el concepto de centro. El proceso fue acelerado con la llegada del tren. El ferrocarril fue la principal causa del desorden territorial: situó y borró del mapa a un sinnúmero de pequeñas ciudades y pueblos, concediendo a unos una decadencia apacible y condenando a otros una expansión infame. La estación del tren fue la puerta por donde entró realmente el capitalismo en las ciudades. Y el proletariado: entre 1900 y 1940 tres millones de personas abandonaron el campo para convertirse en "emigrantes interiores". Con todo, el país seguía siendo eminentemente agrario.

El paréntesis de la guerra civil marca un punto de inflexión en el programa urbanista. Las barricadas del 19 de julio fueron la única revolución urbana habida en este país. La crítica libertaria pudo avanzar algunas propuestas revolucionarias como la supresión de la propiedad urbana y la municipalización de la vivienda y del suelo, pero la derrota sentenció cualquier medida emancipatoria. A partir de entonces el urbanismo, en manos del Estado, se hace terrorista y multiplica las destrucciones. El urbanismo es entonces un disfraz del Estado. El desorden urbano es el aspecto más "edificante" del orden represor de la etapa desarrollista (1950-80). El franquismo fue una dictadura industrializadora y edificadora, una dictadura urbanista.

La morfología de las ciudades ha sido obra del desarrollismo de la dictadura. La actual trama urbana de las ciudades se conformó a partir de los años cincuenta, con las reconstrucciones de la posguerra, el crecimiento industrial y la emigración masiva. El 70% de los edificios fue construido a partir de aquellos años. Las grandes empresas constructoras se desarrollaron en la década de los sesenta. Entre 1962 y 1972 la construcción de pisos absorbió el 50’2 % de la formación bruta de capital fijo, negocio en el que participaron ampliamente los bancos (el capital financiero dio un salto espectacular y conquistó la hegemonía durante la etapa franquista). La incipiente mecanización del campo, la expansión del sistema fabril y la aparición del turismo arrojó a la ciudad a miles de campesinos y trabajadores agrícolas, alterándose profundamente la estructura social de la clase obrera. Ésta fue alojada en el extrarradio, primero en chabolas, después en viviendas pobres construidas a lo largo de las carreteras o cerca de las industrias en parcelas aisladas, y finalmente en ciudades "satélite". Aquello era la no ciudad, el desarraigo total, la aniquilación misma del lugar, del espacio en el que el individuo entiende su condición histórica.

La oposición centro-periferia y la zonificación fueron llevadas al límite. Alrededor de un centro administrativo, repleto de oficinas y sedes oficiales levantadas según los cánones de la arquitectura fascista, se distribuían zonas residenciales, barrios dormitorio, islotes populares, centros comerciales, polígonos industriales, viviendas para militares, etc. La construcción de viviendas y carreteras tomó prioridad sobre el planeamiento al que obligaba una Ley del Suelo que quedó sin efecto. La especulación determinó el diseño de la ciudad. El resultado fue una ciudad urbanizada a saltos, caótica, fragmentada, discontinua, donde reinaban los intereses inmobiliarios. Los bloques de pisos obedecieron la pauta de un máximo de personas en un mínimo de espacio. Los grupos de bloques o de naves industriales en medio de la nada se convirtieron en el elemento principal del paisaje urbano. Formas frías sin identidad, sin referencias, sin posibilidad alguna de vida comunitaria, atrapadas por las autovías y las circunvalaciones, en las que se fraguó un proletariado sin historia, masificado, con una conciencia de clase epitelial, demasiado permeable a la influencia de "curas obreros" y de dirigentes verticales, cuando no adicto al fútbol y al coche, vulnerable por igual al consumismo y al discurso demagógico del sindicalismo integrador. La televisión y el militantismo católico o estalinista fueron traídos por la misma cigüeña.

A partir de los sesenta el automóvil hizo su aparición y transformó las ciudades en un cáncer. El ruido, la polución atmosférica y los residuos agravaron el mal. Las calles se fueron llenando de vehículos y en poco tiempo llegaron a ser gigantescos aparcamientos. Las vías rápidas fueron entonces el principal agente de la ordenación del territorio. La ciudad perdió sus límites y la población pobre fue centrifugada por el extrarradio a través de desvíos, variantes, cinturones de ronda y autopistas. La plaga de la motorización, el transporte privado, fue el instrumento que no solo posibilitó la separación entre lugar de trabajo y hábitat proletarizando aún más la vida del trabajador, sino que fue la principal causa de la destrucción del entorno rural y natural de las ciudades, al contribuir a la contaminación, al facilitar la frecuentación masiva y al comunicar la cada vez más insoportable conurbación con las segundas residencias y los apartamentos playeros. El coche acarreó el despilfarro del espacio y la destrucción total de la ciudad como lugar a la medida humana, siendo uno de los factores que alumbraron la sociedad de masas, entendiendo por masas esas vastas capas de población neutra incapaces de acceder a la conciencia de intereses comunes.

El urbanismo faraónico y "logístico" que tomó el relevo del desarrollismo indicaba las nuevas estructuras de poder y el nuevo tipo de sociedad que advenía. La clase dominante, una burguesía nacional empresarial tutelada por una dictadura militar, había evolucionado hacia un conglomerado políticofinanciero conectado con los flujos económicos internacionales. La ciudad era más que nunca el instrumento de la formación del capital. El carácter totalitario del nuevo poder se dejó sentir en su voluntad de no dejar nada a salvo de la planificación, ni la más mínima porción de territorio, ni el menor aspecto de la vida cotidiana de sus habitantes. Para que la ciudad llegase a ser el espacio de la economía sin trabas, el derecho a urbanizar hubo de superar al derecho de propiedad y a cualquier otro derecho (ver la ley sobre Régimen del Suelo y Valoraciones de 1998) y las técnicas de vigilancia y control hubieron de alcanzar alturas jamás holladas. En adelante ningún barrio podía alegar ser un "hecho urbano" aparte, al margen de los intereses que destruían el resto de la ciudad, ni ninguna manifestación podía sentirse protegida por el carácter justo de su causa. Las políticas de tábula rasa con el territorio y de tolerancia cero con la protesta definen el nuevo arte de gobernar. Si la ciudad desarrollista fue un abceso, la que le ha sucedido es una cárcel.

El urbanismo totalitario arranca entre 1975-85 con el boom de la suburbanización y la crisis industrial, que consagrarán el predominio de la actividad terciaria, principalmente de la construcción y el turismo. No es casualidad si ese fue el periodo final de la lucha de clases. La mundialización trajo consigo la disolución de la vieja clase obrera y la formación a partir de su derrota de nuevas elites. Nacidas de la fusión de la administración, la política y las finanzas requerían un nuevo modelo de ciudad, uniformizado, alimentándose del área metropolitana, con el centro museificado y los lugares públicos festivalizados, con "aperturas al mar", fetiches tecnológicos, trenes de alta velocidad, torres gigantes, megapuertos y aeropuertos. Una ciudad de dirigentes en perpetuo movimiento, puesto una característica de los miembros de la nueva clase es que éstos sólo están en su sitio cuando circulan. Una ciudad de automovilistas, de hombres de negocios, de compradores y de jubilados, en la que cada ciudadano se ha de sentir visitante, cliente o pasajero. Una ciudad imagen que se ofrece como una mercancía, que trata de atraer a los turistas, de atrapar a los capitales y de seducir a los ejecutivos. Y como la movilidad es el elemento en el que se desenvuelven estos especímenes hay que garantizarla con una gigantesca red de infraestructuras.

Las elites emergentes se consolidan gracias a dichas infraestructuras que incorporan el "sector privado" a la construcción, financiación, gestión y explotación de las mismas, aunque aparentemente sean un "servicio público". En el idioma de los dirigentes las palabras suelen significar lo contrario de lo que nombran, así pues, se habla de ciudad, sostenibilidad, ecología urbana, equilibrio territorial o vertebración, cuando en realidad sería cuestión de no ciudad, especulación, corrupción, urbanismo carcelario, destrucción del territorio o desarticulación. Antaño el urbanismo desarrollista borró las últimas huellas de los combates que sostuvieron los antiguos habitantes contra las clases que les oprimían. Ahora el urbanismo totalitario ha de organizar la invisibilidad de los habitantes modernos, por un lado, dando prioridad a la exposición de la mercancía, según la lógica del centro comercial, y por el otro, suprimiendo los restos existentes de espacio social, incluso los no lugares susceptibles de un uso social. Por lo tanto ha de recurrir a la dispersión y al control. La excusa de la inseguridad ciudadana sirve como coartada para los planes de vigilancia policial que normalmente acompañan las proezas urbanísticas de la dominación. Si la ciudad ha dejado de existir, el ciudadano también. Y también los barrios: los "movimientos vecinales" se denominan así por antifrase. Si alguien se considera, pongamos por caso, de "Triana" de toda la vida, significa que habita en algún edificio impersonal de un conjunto todavía más impersonal situado en lugar de la conurbación "Sevilla" donde antes hubo en efecto un barrio llamado así. Las nuevas edificaciones, a fuer de encontrarse en todas partes constituyendo no lugares, no tienen el poder de evocación de los viejos y venerables nombres, pero en cambio fijan la identidad del poder global, mostrando su barbarie tecnológicamente equipada por todo el planeta. Es la única identidad que puede poseer la no ciudad, que definiremos indistintamente como forma de organización del olvido, paisaje exclusivo de la ausencia histórica, experiencia de soledad e individuación extremas, albergue del espectáculo o espacio de la alienación.

Para terminar, sacaremos a colación la antigua designación del urbanismo como medicina de las ciudades, medicina de la clase que mata a los pacientes. A decir verdad el urbanismo se retrata mejor por las enfermedades que ha provocado a lo largo de su historia. Si la tuberculosis fue la enfermedad emblemática del urbanismo burgués y el cáncer la del urbanismo desarrollista, la que mejor define al urbanismo totalitario es la locura. La contrarrevolución urbana en sus dos primeras etapas creó condiciones cada vez más inhóspitas para los cuerpos. En la tercera mató el alma.

Miguel Amorós

Conferencia del 20 de diciembre de 2003 en l’Ateneu Llibertari de El Cabanyal, Valencia.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
No show de Truman :SENTIDIÑO
A OFERTA galega para ocio, residencia e lecer debera dar un salto non só cuantitativo, senón sobre todo cualitativo. Procesos urbanísticos como os de Sanxenxo, Baiona, ... e tantos outros ata A Mariña luguesa, supoñen unha ocupación intensa, pseudourbana e despersoalizada do noso litoral que foi da man do abandono do rural e da paisaxe. O rexional e autóctono quedou reducido ao folklore dun rosario de festas gastronómicas donde a conxestión e a masificación están garantidas. Moita movida si, mais pouco que fotografiar ou conservar no feito nos últimos 40 anos. Mentres tanto caen muros de pedra, as silvas papan aldeas enteiras e fermosos barrios históricos esmorecen no abandono.

O monte Tegra ou as illas Cíes -dous destinos fixos para os nosos visitantes- inzados de eucaliptos ou acacias, con construcións deleznables, son exemplos dun erro categórico. Claro que como no noso privilexiado litoral temos ducias de espacios naturais singulares (hoxe na rede europea Natura 2000) a cultura da présa, da chapuza e do beneficio a curto prazo poden -con vías rápidas, corredores, autopistas e AVE- esnaquizar co que queda.

En Irlanda ou Escocia gastan fondos europeos para recuperar as lindes de pedra, valoran como se merece a cuberta de brezais ou toxos, rehabilitan as vellas casas, lugares e aldeas (ou replícanas con xeitosas copias)... mesmo usan como reclamo turístico na prensa española unhas ovellas nuns cantís. De texto escriben: « ¿Problemas para coller o sono? Conta con nós ». E así consiguen «só» de tres a dez veces máis turistas estranxeiros que Galicia, e sen apenas sol nin praia. Na outra beira do Atlántico, en Nova Inglaterra (EE.?UU.), as cores do outono, as follas das árbores, a ocupación urbanística con sentidiño son quen de facturar millóns de dólares de negocio turístico.

A escolleita nos dous casos é: réplicas a escala de Marina D'O r ou o Mosteiro de Oia convertido nun complexo termal-residencial mergullado e armonioso coa paisaxe. Pasteleo de novo rico ou non, esa é a cuestión. Quero pensar que aínda estamos a tempo de recuperar o entorno rural do noso litoral -e do interior- cunha expansiva oferta residencial que se alimente do mellor da nosa cultura e estilo de vida, da nosa mellor arquitectura (dos pazos ás aldeas) e das nosas costumes (en festas, ritos, gastronomía, artes, música e historia), augas (termais, para beber, para o deporte, ...), ou da nosa cambiante paisaxe (soutos, fragas, viñas, lameiros, cerdeiras ...).

Mais, para eso van facer falla moitas e urxentes Directrices de Ordenación do Territorio, moito sentidiño en Urbanismo, pouco medo en Medio Ambiente, menos man polo lombo en Vicepresidencia, Presidencia ou Patrimonio, e moita imaxinación en Cultura e Turismo. Suma e segue: promotores e construtores innovadores, arquitectos non fotocopiados, moita máis pedra que cemento... e clientes informados. ¿Será moito pedir?

(ALBINO PRADA BLANCO)La Voz de Galicia-13 de Decembro de 2005
Comentarios (2) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A defensa da beiramar
Comezou o derrubo das casetas de Vilarrube. Son unhas cincuenta as que van desaparecer, o dobre das que en abril do 1996 foron eliminadas por Costas na praia da Frouxeira. No verán do 2002 tocáralle tamén a un bloque de apartamentos na costa de Foz. O aviso das demoliciós que por encargo da Demarcación de Costas de Galicia acaba de comeza-la empresa Tragsa, é xa do mes de outono, pola situación de ilegalidade que, según as autoridades, se dá nas construcciós que agardan ter eliminadas antes de Nadal. Agora ven o grave, xentes que teñen que levanta-las súas pertenzas e que terán de buscaren un novo lar. “Romperon as portas, reventaron todo”, comentaba Francisco Romero, mentres unha pá destruía o cerre da finca e os sebes alí prantados. Outros veciños comentan que non creían o que estaban mirando, que incluso o concello viña cobrando a correspondente contribución urbá, insólito se realmente non existía licencia de obra. Parece como se, no fondo, neste como noutros casos sabidos, se dera unha situación de burla e desamparo, falta de sentido a nivel municipal, de inhibición ou desconocemento á hora de aplica-la Lei. Hai clamor social certo, porque a actuación parece desproporcionada, aínda que sexa legal, procedente.
Coincidindo coestes acontecementos, Touriño fixo un chamamento en demanda da colaboración de todo-los concellos de Galicia, para evita-la marbellización da nosa costa. Política Territorial propón unha nova modificación da Lei do Solo, agárdase que en sintonía coa Lei de Costas, de cuio comprimento tense feito moitas veces deixación de funciós a nivel municipal. E no debate entra novamente o chamado feísmo urbanístico, os excesos de Corcubión, Raxó ou Sanxenxo; a invasión, nalgún caso, da zona de protección litoral. Pero a ver se Costas ou Medio Ambiente chegan realmente a poñer orde en certos feudos, nos que se supón que que os propietarios teñen un maior poder adquisitivo que os veciños de Vilarrube, en Valdoviño, e que, dun ou doutro xeito poden sortea-la execución de sentencias dictadas hai xa tempo. E facendo lectura dunha serie de opiniós en relación co debate sobre sí se deben restrinxi-los permisos prá construir no litoral, aparecen comunicados cheos de retranca, de desconfianza. Piden uns restricciós, falan outros de prostitución do litoral, de arraso coa ocupación dun espacio que é ben común, ou de que se debe reparar todo o mal feito, poñer fin cos desmáns, con todos, e non só cos das xentes de Vilarrube e outras, por falta de planificación, caso no que habería que pensar nunha posible responsabilidade política.



Avisan algús de operaciós especulativas na Mariña lucense e na praia de Carnota, conocida polo Prestige, presuntamente na axenda de promotoras matritenses. Outro opinante, lacónicamente, dí: “Demasiado tarde por demasiados intereses”. Pero en xeral hai unha certa concienciación no sentido de que sí debemos limita-la construcción, a 200 metros da costa nas praias, a 100 nos acantilados. Coido que Touriño ten ante sí un gran reto pró que farán falta moitos anos de política restauradora, porque a súa idea rexeneracionista, mesmo a creación dunha Axencia pra esponxa-lo litoral, poden ter diante súa o potencial económico que conlevaría unha paisaxe mellorada e a conseguinte maior capacidade de atracción turística. A proba do algodón, de saber ata ónde vai chegar esta Xunta co apoio da Administración central sería a eliminación de certo edificio oficial, un dos atrancos que impiden abrir Vigo ó mar. En clave optimista, podemos pensar que estamos na arrancada dun certo proceso sancionador que inclúe, tamén, a revisión do Plan Sectorial das Prantas de Tecnoloxía Alimentaria (piscifactorías). Que as obras de Rinlo permanezan paradas por decisión xudicial, pode ser positivo. Pero veremos ónde chega a Xunta, que algo lenta vai neste asunto.
No que parece que patina a consellería de Medio Ambiente é no tema da EDAR dos Praceres, máis ilegal que as casetas de Vilarrube e que non ten título habilitante. A cuestión do saneamento de Pontevedra e Marín é algo que hai que repensar. En contra do previsto na Constitución, as xentes de Lourizán-Praceres, seguen a sofriren un verdadeiro ataque ó seu medio ambiente. E a memoria histórica das agresiós ás marismas non se limita á dictadura. Continúan as actuaciós involucionistas (ferrocarril, EDAR), intentan xustificaren o que non se pode admitir. E xa non estamos a falar do réxime franquista senón doutros protagonistas, corresponsables con el no deterioro da ría. Se queremos findar co horror aquí instalado, a Xunta deberá restaurar ese espacio. E facelo con rigor.

por Xesús López Fernández
Comentarios (5) - Categoría: Artigos e Opinión - Publicado o 29-09-2006 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal