SalaSon


SalaSon R/ Lirio nº 30 Cangas do Morrazo (Pontevedra)
SalaSon pretende ser o referente do gran
fervideiro multidisciplinar latente no noso
entorno: música, concertos, exposicións
itinerantes, teatro, danza, charlas-coloquio,
proxeccións,... SalaSon nace ademais, coa
idea de ser catalizador, e dalgunha forma,
marco de presentación, dun amplo criadeiro
de vocacións creativas no morrazo.



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"QUICO CADAVAL" NO SALASON
“QUICO CADAVAL”
(Contacontos)
Venres 3 de xullo ás 00:30 h
Entrada 2 €

XXVI MOSTRA DE TEATRO CÓMICO E FESTIVO DE CANGAS

Actor, director e adaptador teatral, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na décadados noventa. Comezou na interpretación teatral a fins dos setenta no Centro

Dramático Galego, para, a mediados dos oitenta, fundar a súa propia compañía,“O Moucho Clerc”. Traballou en diferentes producións da televisión autonómica galega, así como en curtas e longametraxes. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionista. Foi profesor de interpretación de "Operação Triunfo" (Portugal, 2003).

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2009 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"TEATRO QUE RI" NO SALASON
“Teatro que ri” presenta
Os noivos da Torre Eiffel
Domingo 28 de xuño ás 21:30 h
Entrada 2 €

(a recadación é integramente para a compañía de teatro)

A escena sitúase na primeira plataforma da Torre Eiffel.Dúas actrices , no papel de fonógrafos, comenta na peza nun diálogo distendido. Máis que unha historia completa, sobre a escena desenvólvese unha sucesión de escenas: unha avestruz que fuxe dun cazador,un fotógrafo que non consegue realizarse, unha sucesión de espellismos, unha voda, unha nena que masacra á súa familia… A idea do circo e o cinema mudo combínanse nesta comedia bufa que bebe do teatro surrealista e do dadaísmo e na que arte, a guerra e as relacións atopan tamén unha crítica de fondo.


O GRUPO
O grupo « Teatro que ri » nace ligado ao IES As Barxas de Moaña en 2007. Actualmente o equipo está formado por 18 intérpretes dirixidos por Vanesa Sotelo. Despois da estrea de A historia máis friqui xamais contada, de Nerea Piñeiro o pasado ano, Os noivos da torre Eiffel é o segundo traballo do colectivo.


FICHA ARTÍSTICA
GRUPO: TEATRO QUE RI
OBRA: Os noivos da Torre Eiffel (1923)
AUTOR: Jean Cocteau
DIRECCIÓN: Vanesa Sotelo
DURACIÓN: 30 min.

Agradecementos: IES As Barxas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2009 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"FOLIADA" NO SALASON
“FOLIADA”
Venres 26 de xuño ás 23:30 h
Entrada de balde

Unha vez remate o concerto da charanga de Lembranzas
seguiremos a festa coa Foliada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2009 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"CHARANGA DE LEMBRANZAS DA RÍA" NO SALASON
CHARANGA DE LEMBRANZAS DA RÍA
Venres 26 de xuño ás 22:30 h
Entrada de balde

A charanga nace a finais do ano 2002 no seo da Asociación Cultural Lembranzas da Ría, dentro da sección de acompañamento músicoinstrumental.
Ata ese momento a música corría a cargo do cuarteto tradicional. Nun comezo adícanse só a acompañar á formación de baile, pero co paso do tempo son numerosas as festas e festivais que requiren a súa presenza para tocar. É así como se
vai consolidando o cuarteto e, sobre todo, a charanga.
O seu repertorio cubre unha hora de actuación.
O director é Roberto Sotelo, gaiteiro formado dentro da asociación dende o ano 1989 de xeito autodidacta.
Para elaborar o seu repertorio nútrese das melodías recollidas, de cancioneiros ou incluso de pezas de autor.
O cuarteto tradicional está formado por dúas gaitas, tamboril e bombo, mentres que a charanga está formada por dúas ou tres gaitas, clarinete, acordeón, tamboril, bombo-chaston e pandeireta, así como o acompañamento de voces co grupo de pandereteiras nas pezas que así o requiran.
COMPOÑENTES:
- Roberto: Gaita / pandeireta / bombo
- Alba: Clarinete
- Bea: Gaita
- Lauren: Gaita
- Manolo: Bombo Chaston
- Nébeda: Acordeón
- Sandro: Tambor
Páxina de Lembranzas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"THE SOUL JACKET" NO SALASON
“THE SOUL JACKET”
Sábado 20 de xuño ás 22:30 h
Entrada 4 €
(Rock, blues, soul)
THE SOUL JACKET veñen practicando rock & roll dende o ano 2004, cando sendo tan só uns
mozos comezan a ensaiar versións dos seus grupos favoritos. Algúns anos pasaron dende entonces e tras varias metamorfoses (lixeiros cambios de formación incluídos), maquetas, festivais, quilómetros de estrada e litros de licor;
a finais do verán de 2008 gravan o seu último traballo no que finalmente mostran a súa cara máis rockera e dan renda solta a esa pequena parcela do seu corazón soul. Co novo traballo aínda fumeante nas súas mans é hora de defendelo no escenario onde THE SOUL JACKET abre a caixa dos tronos con un directo endiabladamente rítmico, cheo de forza e vitalidade que non deixa indiferente a ninguén. THE SOUL JACKET
telonearon a grandes grupos como Tito y Tarántula
o os británicos Letz Zep, e desgastaron o backline de numerosos festivais, salas, locais, garitos e tugurios de toda índole, e teñen pisado o escenario de destacados concursos como FESTICHAN 2006, finalistas no VILLA DE SAN ADRIÁN
(Navarra) en 2007, finalistas en el JACK DANIEL’S
BACKSTAGE 07, Segundos clasificados no certame
MUSICALIA! de Vigo, finalistas en el DOLOROCK 2007, PENELA ROCK ..08, 00 FEST, etc
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2009 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"BARNI GAMBEL" NO SALASON
“Barni Gambel”
Sábado 13 de xuño ás 22:00 h
Entrada 3 €

Barni Gambel fórmase no Morrazo no verán do
2006. Non lles gusta encasillarse nun estilo, cada membro da banda aporta o seu gusto en cada tema.
Iso fai un concerto moi dinámico. Fusionan reegae, rock, Funk, pop... o que capta un abanico de xente bastante estenso. Acaban de sacar o seu primeiro traballo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
V Xornadas Interculturais no SalaSon
V Xornadas Interculturais
“Crecendo na diversidade”
Xoves 11 de xuño ás 22:30 h
Entrada de balde


“OS NENOS E NENAS DO BARRIO VERMELLO”
Dirección: Ross Kaufman e
Zana Briski.
Países: India e USA.
Ano: 2004.
Duración: 85 min.
Xénero: Documental.
Producción: Ross Kaufman e
Zana Briski.
Música: John McDowell.
Fotografía: Ross Kaufman e
Zana Briski.
Montaxe: Nancy Baker e Ross
Kaufman.
"Los niños del Barrio Rojo" marca o debut na dirección
de Zana Briski e Ross Kaufman, os documentalistas
que fan unha crónica do tempo que pasaron
en Sonagchi (Calcuta) e das relacións que estableceron
cos fillos e fillas das prostitutas dun dos barrios
máis importantes da cidade: o Barrio Vermello.
Briski, unha fotógrafa profesional, introduce aos pequenos
e pequenas no mundo da fotografía e proporciónalles
as cámaras, coas que comenzan a desenvolver
o seu inxenio artístico latente. A fotografía
convertirase na súa válvula de escape e posiblemente
na única salida dese mundo sórdido cheo de
miseria.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cangas e SalaSon
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2009 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ARRÁS!! NO SALASON
Arrás!!” (novo folk galego)
Sábado 6 de xuño ás 22:00 h
Entrada 4 €


Asumindo riscos, novo folk galego

O grupo Arrás!! conta xa cun primeiro traballo discográfico. O título escollido é unha auténtica declaración de principios desta nova formación: Asumindo Riscos.
Sen medo á convivencia dos instrumentos tradicionais galegos con outros máis contemporáneos nin ás fusións e mesturas de diferentes estilos musicais, Arrás!! traballa colectivamente cada peza do seu repertorio cunha absoluta liberdade creativa, que é un dos principais sinais de identidade do grupo.
A formación está composta por Rocío Jiménez (voz), David Bellas (gaitas, saxo soprano e tenor, uillean pipe e whistles), Daniel Díaz (batería e percusión), Pablo Gómez (piano, teclados, voz), Michel Rivadulla (guitarra eléctrica e acústica) e Manuel Abraldes (baixo eléctrico).
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2009 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"HARRY NAVISSON BAND" NO SALASON
“Harry Navisson Band”
Venres 5 de xuño ás 23:00 h
Entrada 3 €
Estilo/s: Rock - Rock, blues, swing, dixie

A finais do 2007, xúntanse Óscar, Cabe, e Miguel Lamas á batería. A marcha está asegurada. Todo o mundo queda sorprendido por dúas razóns, a primeira que o artista Navisson non aparece no club, e a segunda, que presenciaron un interesante concerto, dun estilo antes descoñecido, o country, o blues, o funk e o dixie, entre outros estilos. Visto o éxito, deciden programar unha xira ao longo de toda España como trío, tocando nos máis importantes festivais, e nos clubs máis famosos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2009 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
"V XORNADAS INTERCULTURAIS" NO SALASON
V Xornadas Interculturais
“Crecendo na diversidade”
Xoves 4 de xuño ás 22:30 h
Entrada de balde


“NO MUNDO A CADA RATO”
Dirección: Patricia Ferreira (El secreto Mejor guardado), Pere Joan Ventura (La vida efímera), Chus Gutiérrez (Las siete alcantarillas), Javier Corcuera (Hijas de Belén) e Javier Fesser (Binta y la gran idea).
País: España.
Ano: 2004.
Duración: 116 min.
Xénero: Documental.

Componse de cinco historias que abordan as cinco prioridades de UNICEF: a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a protección contra a violencia, a explotación, e a discriminación. Os títulos das cinco historias son: O segredo mellor gardado, A vida efímera, As sete alcantarillas, Fillas de Belén e Binta e a gran idea.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cangas e SalaSon.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2009 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal