|
|
|
|
| FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DE ASEM GALICIA NO SALASON |
|
VENRES 21 DE NOVEMBRO: “FESTIVAL BENÉFICO A FAVOR DE ASEM GALICIA” JAZZ
HORA: 22:30 h.
ENTRADA: 5 € (a beneficio de ASEM)
Será un festival cheo de jazz nos súas múltiples concepcións. Contaremos coas propostas de:
Jazz 4 fun
Carlos Salgueiro e Plácido Montenegro (guitarras)
Ángeles Solá (piano)
HORA: 22.30 h (ollo!! empezamos media hora antes que de costume)
COLABORACIÓN CON ASEM: 5 €
A totalidade da recadación deste concerto irá a ASEM (Asociación galega contra as enfermedades neuromusculares). Neste enlace tedes máis información sobre a Asociación:
http://www.asemgalicia.com/galego/index.html
|
|
|
|
|
| DE ZAPAL NO SALASON |
|
VENRES 14 DE NOVEMBRO ÁS 23:00 H
ENTRADA 3 €
Actuación do grupo folc “DE ZAPAL”. Canción galega de autor (voces masculinas e feminina) acompañada de guitarras, percusión, frautas,etc. De Zapal é un grupo que xorde en Sabarigo, na península do Morrazo. Fai música de raíz con referencias ao jazz. Neste concerto presentarán o seu último traballo: "Ponte de Lus".
Unha proposta radicalmente diferente actuación do venres anterior, pois trátase dunha música tranquila, acústica, que poderíamos asociar aos cantautores folc cun marcado sabor galego.
|
|
|
|
|
| POR PLACER NO SALASON |
|
VENRES 7 DE NOVEMBRO ÁS 22:30 H
ENTRADA 4 €
A base de súa proposta e fundamentalmente un pop/rock que ten algo que contar, cada canción e unha historia, unha experiencia, e móstranse así no directo, empatizando co público pola mistura entre canción de autor e pop urbano con tentes rock, unha mistura moi persoal con vida propia que está en continua evolución… Na actualidade o grupo está presentando o seu primeiro traballo de estudio, un resumen que consta de 10 cancións onde reflexa o seu estilo, as súas intencións, inquietudes e as súas historias…por placer!!!
|
|
|
|
|
| HELLS BELLS NO SALASON |
|
HELLS BELLS
VENRES 17 DE OUTUBRO ÁS 23:00 H
ENTRADA 4 €
Unha banda de folc escocés liderada polo guitarrista Chick Macauley (guitarra con afinación DADGAD) e Paddy Duncan (violín), que se completa cun segundo violín, mandolina, frauta e bhodram. A súas actuacións soen ser animadas e informais, traendo unha boa mostra do ambiente dos pubs da Escocia. Estarán de xira durante unha semana por Galicia e comezan, precisamente, en SalaSon.
|
|
|
|
|
| CIA. TEATRO DAS NANAS NO SALASON |
|
Venres 10 de Outubro ás 23:30 h
Entrada 4 €
A compañía Teatro das Nanas tráenos a obra “Outro Mundo”: a visión da Guerra dende a perspectiva de diferentes personaxes que a viven de preto.
|
|
|
|
|
| CAPITÁN FURILO NO SALASON |
|
VENRES 3 DE OUTUBRO ÁS 23:00 H
ENTRADA: 3 €
Capitan Furilo presenta o seu primeiro Ep POP? Tras algo máis dun ano dende o nacemento do grupo, Capitan Furilo autoedita o seu primeiro EP. Baixo o título de POP?, o grupo desarrolla o seu pop directo e sen complexos que supon a consolidación do grupo e a definición do seu propio sonido. Pop? é un traballo composto por cinco temas que foi grabado o pasado mes de Outubro de 2.007 nos estudios Océano de Nigrán i está autoeditado polo grupo co fin de garantizar a difusión das suas cancións.
Capitan Furilo formouse a finais do ano 2.006 tras o encontro prometedor e casual en Dublin de Mikel (guitarra) e Oscar T (bateria), o gusto común polo pop enerxético e as míticas series televisivas dos oitenta fixeron que unha simple noite de troula se convertera na posta en escena dun novo proxecto musical que agora se consolida. O debut en directo da banda tivo lugar no mítico Iguana Club de Vigo o 1 de Junio de 2.007, tras diversas réplicas en directo, o grupo queda finalista o pasado mes de setembro no primeiro concurso N´saio organizado pola Conselleria de Xuventude condición que terá como consecuencia a participación nun disco colectivo de todos os finalistas do concurso. A pesar da súa breve existencia Capitan Furilo publicou unha maqueta de catro temas o pasado ano e ten participado en proxectos de difusión da música feita en galego como o disco recopilación Escolma. Cunha filosofía clara de libre difusión das súas cancións, o grupo publica os seus temas a través de internet en www.myspace.com/capitanfurilo e nas páxinas Komunikando ou A regueifa. Capitan Furilo son:
Oscar T. bateria e percusións
Mikel P. guitarra e voz
Monkel S. baixo e voz
Ronchi M. guitarra e voz
|
|
|
|
|
| FOLIADA NO SALASON |
|
VENRES 26 DE SETEMBRO, a partir das 23.00 h.
ENTRADA DE BALDE
Coma sempre, o último venres de cada mes tócalle o turno a músicos e bailaríns do “país”, xa sabes a música tradicional no seu estado máis puro, gaiteir@s, tamboriler@s, bombeir@s, requintistas, pandereteir@s e algún que outro clarinetista perdido…
|
|
|
|
|
| SONS PARA LUARA. CONCERTO BENÉFICO |
|
VENRES 19 DE SETEMBRO ÁS 23:00 H
ENTRADA Á VONTADE
Este Venres 19 organizamos un concerto solidario de carácter benéfico en favor da nena de tres anos “Luara”, que padece o mal de Miller-killer e precisa varias operacións moi custosas para mellorar a súa calidade de vida. A recadación da entrada será entregada á familia da nena.
O programa da actuación é variado:
- escoitaremos ás irmás Sara e María Carrasco ao contrabaixo e violoncello respectivamente.
- O pianista Geraint Lloyd Davies interpretando dúas sonatas de John White.
- “El niño del Gran Sol”, dúo de guitarra e voz formado por Pablo e Javi de Bueu.
- A charanga de “Lembranzas da Ría” poñendo o sabor da tradición musical galega.
Achégate a SalaSon e déixate levar pola música ao tempo que axudas a Luara.
|
|
|
|
|
| FOLIADA DO VERÁN NO SALASON |
|
XOVES 21 DE AGOSTO A PARTIR DAS 23:00 H
ENTRADA DE BALDE
Non te perdas esta foliada, pásate co teu instrumento, ganas de baillar ou simplemente escoitar e disfrutar dunha festa tradicional.
|
|
|
|
|
| "DANI HERMELO" NO SALASON |
|
VENRES 1 DE AGOSTO A PARTIR DAS 00:00 H
ENTRADA DE BALDE
Dani Hermelo é un creador que xa participou no programa electroxove 07 e participará tamén na edición deste ano.
Para escoitar a sua música pica no seu myspace. |
|
|
|
|
|
|
|