|
|
|
|
| No museo do Prado |
|
Na sección de galería de fotos titulada "No Museo do Prado" tes unha serie de cadros. Trátase de que lembres o seu autor e o seu título.
Envía un comentario coas túas solucións.
Se queres, tamén podes opinar sobre estas obras de arte. |
|
|
|
|
| Comentarios despois da viaxe a Madrid |
|
¿Que tal esa viaxe a Madrid?
¿Que foi o que máis vos gustou?
Este tamén é o momento de expoñer as vosas queixas e suxestións. Serán útiles para que a visita se mellore en anos sucesivos. |
|
|
|
|
| Excursión a MADRID |
|
Este é o itinerario da saída escolar de fin de primaria do curso: 2006-07.
-Día 28:Ferrol-Madrid. Aloxamento no Hostal Galicia.-Día 29:Visita ó Zoo de Madrid pola mañá e ó Museo do Prado pola tarde.
-Día 30:Visita a Radio Nacional e asistencia ó programa "El trolebús", que presenta Olga Viza. Pola tarde, visita ó estadio Santiago Bernabeu e á estación de Atocha.
-Día 31:Visita ó Parque Warner (de 10:30 a 20:00). A continuación, viaxe de regreso, con parada a cear polo camiño.
En comentarios podedes escribir o que vos parece esta viaxe e como estades na espera da data de saída. |
|
|
|
|
| A miña futura familia |
|
O día de mañá, ¿gustaríache fundar unha familia? ¿Como a imaxinas? |
|
|
|
|
| Despois da película |
|
Despois de ver a película seremos capaces de contestar as seguintes preguntas, ¿verdade?
a) ¿Que pretende contarnos a película?
b) ¿Que clase de persoa era Dave Douglas? ¿Como era a relación coa súa familia?
C) ¿Por que Josh lle mentía ó seu pai?
d) ¿Estades de acordo coas ideas ecoloxistas de Carly?
e) ¿Que cambios experimentou Dave ao converterse en can?
f) ¿Que clase de persoa era o doutor Kozak?
g) ¿Que supuxo para a familia Douglas a aparición nas súas vidas do incrible Shaggy?
Elixe algunha delas e dános a túa opinión. |
|
|
|
|
| CINENSINO |
|
Dentro do programa de Prevención de Drogodependencias, o xoves, 12 de abril, temos unha sesión de cine (no Duplex) para ver a película: "The shaggy dog". Correspondente ó módulo: a importancia da familia.
Este é un resumo da película que ides a ver:
O axudante do fiscal Dave Douglas, un adicto ao traballo, empeza a investigar un caso relacionado cun laboratorio de animais. Pero cando Dave se infecta por accidente cun soro de mutación xenética de alto segredo, todo o que cría saber sobre el mesmo e a súa familia cambia bruscamente. Así, grazas ás súas orellas afiadas e ao seu asento de primeira fila na alfombra da casa, Dave terá unha perspectiva completamente nova dos soños e dos segredos da súa familia.
|
|
|
|
|
| Programa de acollida no IES |
|
O martes, 20 de marzo, visitamos o IES Carballo Calero.
Podería ser unha boa ocasión para que os vosos pais e nais escribisen algún comentario da nova etapa educativa que estades a punto de comezar.
Facede click en album de fotos e poderedes ver as instalacións do instituto. |
|
|
|
|
| O Camiño de Santiago |
|
Dado o éxito do anterior "conto viaxeiro" propoñémosvos un novo reto. Trátase do Camiño Francés, a ruta que moitísimos peregrinos de toda Europa percorreron e percorren para chegar a Santiago. Nesta ocasión serás un peregrino e vivirás moitas aventuras.
Se queres conseguir información dos lugares polos que pasas pica aquí |
|
|
|
|
| A hora das respostas |
|
Moitas preguntas foron inventadas e... agora toca contestalas.
Elixe as preguntas feitas por un compañeiro/a e envía a túa resposta a través do apartado de comentarios.
Lembra que debes indicar a quen lle estás contestando. El ou ela encargaranse de comprobar a veracidade da túa resposta. |
|
|
|
|
| A quenlla GASTÓN |
|
Naceu en Cidade do Cabo(África), no 1996. Apresárono e mandárono para o Aquarium Finisterrae.
As quenllas touro son depredadores voraces, aliméntanse de peixes, cefalópodos e crustáceos. Son os únicos que saen á superficie tomar aire, sérvelles para aboiar. Viven preto da costa e cazan no solpor.
Imos escribir entre todos/as unha historia; tedes que continuar o inicio que xa está en comentarios, cada un/unha escribirá un parágrafo.
Se queredes ver fotos do acuario, debaixo da foto tedes unha ligazón. |
|
|
|
|
|
|
|