|
|
|
|
| HOXE MONUMENTAL SARDIÑADA E LUMES DE ARTIFICIO |
|
Como remate das festas patronais, que non das festas deo verán, hoxe Sada convertirase na capital gastronómica de Galicia coa celebración da Sardiñada, festa declarada de interés turístico nacional.
A asado das sardiñas comenzará las 17:00 horas no Curruncho e a festa estará amenizada pola agrupación Queiroa.
Mentras, na plaza Irmáns Suarez Picallo, a verbena de hoxe, estará amenizada pola orquesta Xente Nova a partir das 22:30 horas.
Será a partir das 00:00 horas cando os lumes de artificio iluminen toda a vila de Sada para pechar as festas patronais. |
|
|
|
|
| A FESTAS DOS MAIORES DESBORDOU TODAS AS PREVISIÓNS |
|
A festa dos Maiores organizada polo Concello de Sada dentro do programa de festas 2009, estivo amenizada polo Coro Agra das Arcas e pola Banda Municipal, dirixida nesta ocasión pola directora novel sadense Sandra Outón.
A carpa instalada no Paseo Marítimo con mesas e sillas para trescentas persoas quedouse pequena, xa que para sorpresa dos organizadores, duplicouse o númeo de asistentes con relación con edicións anteriores
Os asistentes deron boa conta de todas as viandas, postres e bebidas refescantes que a organización tiña reservadas e que a avalancha de asistentes fixo que se esgotaran todas as existencias.
O Alcalde manifestoulles aos sasistentes a súa sorpresa agradable diante de tanta afluencia, que a enmarcou dentro do éxito de público que este ano están a ter todas as actividades festivas programadas polo Concello, e anunciou que , en vista do éxito da convocatoria, o ano que ven aumentarán o aforo.
O Alcalde, na súa alocucción, animou a todas as persoas asistentes a pasalo ben, a divertirse, a coidarse e a disfrutar de Sada.
A Concelleira de Cultura, Gabriela Castro que tamén asistíu ao acto, agradeceu a colaboración das Empresas GADISA e INTEGA na realización deste evento |
|
|
|
|
| GRAN CEREMONIA DE INAUGURACIÓN DAS FESTAS DE SADA´09 |
|
O Porto de Sada é o lugar escollido para unha particular ceremonia de inauguración dos días grandes das festas de Sada. A praza do edificio de Urbanismo será o escenario onde se congregará un grupo de estrañas persoaxes que representarán squetchs para entretenemento do público. O acto comezará ás 21:30h. e chegará ó punto culminante cun mariñeiro que lerá un pregón e intentará cortar a cinta protocolaria para inaugurar as Festas de Sada. Os propios Lugrís Freire e os irmáns Suárez Picallo acudirán para presencialo. Pero todo pode torcerse nunha ceremonia na que participarán xigantes, cabezudos, malabaristas, músicos e outras personaxes sorprendentes. As xentes de Sada e todos os que nos visiten estos días, están invitados a compartir esta rampa de lanzamento das festas.
Un espectáculo “feito a medida” de Sada, coa participación das personalidades máis sinaladas da súa historia. A compañía Quinquilláns adaptou a representación de mañá á nosa vila, convocando a personaxes mariñeiros e a grandes persoeiros como Lugrís Freire e os irmáns Suárez Picallo, que, como bos sadenses, non poden perderse unha cita tan festeira.
A música, os malabaristas, os zancudos e toda a súa troupe continuarán a festa polas rúas con destino á praza da festa, onde se abrirá a porta ós festexos que comezarán o día 15 e rematarán o 18 coa gran sardiñada.
|
|
|
|
|
| SADACADABRA! |
|
A maxia foi a protagonista da tarde do xoves na Praza de San Roque de Sada. Por arte de maxia apareceron unhas 350 persoas que escolleron refrescarse cos trucos que o Mago Marttyn foi sacando diante dos seus abraiados ollos.
Os nenos subiron ó escenario para colaborar co mago, e disfrutaron dunha tarde de ilusión na que todo parecía posible: aparicións e desaparicións, trucos imposibles, mesas que levitaban... fixeron que máis de un e máis de unha quedara coa boca aberta.
Ó final quedou un bo sabor de boca refrendado polo aplauso cerrado do público asistente. O ilusionismo dará paso á ilusión de comezar os días grandes das festas para os que todo está xa preparado e só queda esperar que por arte de m |
|
|
|
|
| RISOTERAPIA COMO ALTERNATIVA Á PRAIA |
|
A xente de Sada puido rir na tarde do mércores cun espectáculo de malabarismos, clown e música. A praza de San Roque, convertida nos últimos días en escenario de diversas artes escénicas de rúa, serviu para poñer mellor cara e recibir con risas estos raros días de sol e bo tempo. A alternativa á praia foi unha sesión de “risoterapia” cun espectáculo de Pista Catro, os fundadores do chamado “Novo Circo Galego”. Mesturando música en directo con orixinais malabares nun formato de clown, conseguiron darse un baño de aplausos e risas dun público que abarrotou o improvisado auditorio da Praza de San Roque.
Uns 300 espectadores, na súa maior parte nenos, asistiron á representación de “Ringorrango”, co que puideron comprobar de primeira man a boa saúde do circo de rúa. Formados en diferentes artes escénicas, este grupo, impulsor do festival “De Gorra” en Santiago de Compostela, divertiu e convenceu, dando un tono festivo á rúa para quentar a chegada dos días grandes das festas de Sada.
A Praza de San Roque prepárase de novo para acoller hoxe xoves outro espectáculo. Esta vez será a maxia a que intentará abraiar a nenos e maiores da man do Mago Martyn. A cita será ás 20:00h., e servirá para darlle o testigo á zona do porto como escenario festivo. Será alí onde terá lugar, o venres 14, unha orixinal “ceremonia de inauguración” dos días grandes das Festas de Sada, preparada para a ocasión pola compañía Quinquilláns.
|
|
|
|
|
| CHEGA O ESPECTACULO |
|
 A compañía PISTA CATRO mostrounos na Praza de San Roque “Ringorrango”, un espectáculo de circo, ritmo, música, malabares e moito humor.
Unha actuación que conseguirá que o público se sinta protagonista e participe, se sorprenda, se ilusione e ría sen parar. |
|
|
|
|
| ESPACTÁCULO DE MARIONETAS NA PLAZA DE SAN ROQUE |
|
 O pasado martes 11 de agosto na Praza de San Roque, tivo lugar una espectáculo de TÍTERES a cargo da compañía “CACHIRULO” coa obra “TÍPICO TÓPICO”.
O espectáculo de marionetas combinou a música e humor e trasladaounos a diversos escearios incribles: unha praza de touros, un tablao flamenco, un grupo de turistas japoneses.
Moitos foron os sadenses que se achegaron a rir coa parodia dos costumes máis típicos e tópicos. |
|
|
|
|
| PROGRAMACIÓN FESTAS DE SADA 2009 |
|
MARTES 11 AGOSTO:
- Na Praza de San Roque, ás 20:30 h. TÍTERES a cargo da Cía. “CACHIRULO” coa obra “TÍPICO TÓPICO”.
MÉRCORES 12:
- Na praza de San Roque a partir das 20:30 h. PISTA CATRO presenta o espectáculo “Ringorrango”,
unha actuación con circo, ritmo, música, malabares e moito humor que conseguirá que o
público se sinta protagonista e participe, se sorprenda, se ilusione e ría sen parar.
XOVES 13:
- Na Praza de San Roque, a partir das 20:00 h. A volve a maxia da man do Mago Martyn cun espectáculo que deixará abraiados a todos os que se acheguen a esta cita.
VENRES 14:
- No porto de Sada, a partir das 21:30 h. TEATRO DE RÚA coa Compañía Os “QUINQUILLÁNS”. Animación e festa cun espectáculo de rúa de calidade,
unha invasión de creatividade que fará as delicias de nenos e maiores.
SEMANA GRANDE
SÁBADO 15:
FESTAS EN HONOR A SANTA MARÍA.
· 11:00h. Alboradas a cargo da asociación San Martiño de Meirás.
· 12:30h. Misa Cantada en honor a Santa María a cargo do Coro da Sociedade de Sada. Igrexa Nova de Sada.
· 20:00h. Pregón na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” a cargo do actor sadense Fernando Morán.
· 20:30h. Encontro de Habaneras na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” coas Corais de:
Sociedade de Sada.
Agra das Arcas.
Coral de Veigue.
Coral de San Martín de Meirás.
Coral da Lembranza.
· 22:30h. Verbena a cargo da Orquestra “VERSALLES”, na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.
DOMINGO 16:
FESTAS EN HONOR A SAN ROQUE.
. 10.00h. CONCURSO INFANTIL DE PESCA (DE 7 A 17 ANOS)
No dique de abrigo do Porto de Sada, Concurso de Pesca . Inscripcións en PESCAMAR SADA na Avda. do porto nº16 ou chamando ao Tfno. 981 622 380.
· 11:00h. Pasarrúas a cargo do grupo da MEDA DO CASTRO.
· 12:30h. Misa cantada ao cargo do Coro Municipal “Agra das Arcas”.
· 13:00h. Procesión.
· 17:00h. e ata as 23:00h. achegarase a Sada un trailer co Roadshow “Vivamos como galegos!”, no que todos e todas os que se acheguen
poderán participar na grabación dunha escea publicitaria e levarse algúns agasallos veraniegos. Espectáculo patrocinado por GADISA
· 18:00h. Campeonato de Petanca. Trofeo Cidade de Sada nas Pistas Deportivas Municipais (Paseo Marítimo).
· 19:00h. Festa dos Maiores:
Dentro desta festa adicada os maiores do municipio actuación as 19:30 horas da Banda Municipal de Música e as 20:30 horas do Coro Municipal “Agra das Arcas”.
· 22:30h. Verbena a cargo da orquestra OLYMPUS na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.
LUNS 17:
FESTAS EN HONOR A SAN MAMEDE.
· 11:00h. Pasarrúas a cargo da banda de gaitas da Asociación San Martiño de Meirás.
· 12:30h. Misa cantada a cargo do coro parroquial.
· 17:00h. Festa infantil con hinchables e Festa da Escuma no Paseo Marítimo de Sada.
· 20:00h. Actuación da Banda Municipal de Música de Sada.
· 22:30h. Verbena a cargo da orquestra PARÍS DE NOIA na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.
MARTES 18:
DÍA DA SARDIÑADA.
· 11:00h. Pasarrúas a cargo do grupo da Asociación A MEDA DO CASTRO.
· 17:00h. Sardiñada no Curruncho acompañada polos sons das gaitas.
19:00h. Música a cargo da agrupación Queiroa.
· 22:30h. Verbena a cargo da orquestra XENTE NOVA na Praza dos Irmáns Suárez Picallo.
· 00:00h. Sesión de lumes de artificio.
MÉRCORES 19 DE AGOSTO:
FESTA DA CERVEXA
No Curruncho, dende as 13:00h. celebrarase esta nova edición que encherá a zona de alegría e música a cargo de grupos locais.
Haberá churrasco e sardiñas para pasar o día, e, por suposto, moita cervexa para aguantar as calores do verán.
DOMINGO 23 AGOSTO:
VII FESTA GASTRONÓMICA BRANQUIAZUL
· 12:00 PARTIDO DE FÚTBOL ENTRE A “SELECCIÓN DE SADA” E O “DEPORTIVO B”.
· 14:00 FESTA GASTRONÓMICA NO CURRUNCHO:
Haberá CHURRASCADA, MEXILLONADA e ACTUACIÓNS MUSICAIS. PREGÓN A CARGO DE JOSÉ LUIS RIBERA |
|
|
|
|
|