|
|
|
|
| Todas as fotos das Festas de Sada 2008 |
|
 O pasado día 18 de agosto remataron oficialmente as festas de Sada 2008. Durante todos estes dias de festa fumos recollendo imaxes de case todas as actividades que desenvolvimos.
Así que desde esta web, podes ver ou descargar todas as imaxes das festas de Sada 2008. Polo de agora xa colocamos as fotos da actuación do Mago Romarís nas Brañas de Sada, as fotos da II edición do Sadautor celebrada no Corruncho, a III edición do Concurso de Cans Mestizos organizada pola Asociación Gatocan, a Casa do Poeta na Praza de San Roque, Os Títeres na Praza de San Roque a cargo de Teatro Tempo que interpretaron "Os tres porquiños e algún outro", o espectáculo do malabarista Fredi na Praza de San Roque, da actuación dos Quinquilláns e o seu espectáculo de teatro de rúa no porto de Sada, os concertos de rock na rúa de Louvelless Cousins e Les Bastardes, a II Edición do Festival Rock nas Mariñas e o Festival Hip Hop, da exposición sobre a vida dos irmáns Suárez Picallo na Praza de San Roque, da Gala Lévame, Lévame da Asociación de Danza e Música Tradicional Queiroa, os concertos na praia das Delicias de Sondeseu, Capitan Morgan e Sexmuseum e a Vargas Blues Band. Tamén subimos as fotos da semana grande das festas. Podes visualizar ou descargar a actuación da Asociación A Meda do Castro na Praza de San Roque, das verbenas na Praza dos irmáns Suarez Picallo, do Encontro de Habaneras na Praza de San Roque, da Festa dos maiores e da festa infantil no Paseo Marítimo, da actuación da Banda Municipal de Música de Sada e da Sardiñada celebrada no Corruncho. |
|
|
|
|
| Concerto da Vargas Blues Band na praia de Sada |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes do Concerto da Vargas Blues Band o pasado 14 de agosto na praia de Sada
|
|
|
|
|
| Concerto de Sondeseu na praia de Sada |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes do Concerto que ofreceu o grupo Sondeseu na praia de Sada o pasado 12 de agosto.
|
|
|
|
|
| Actuación da Banda Municipal de Música de Sada |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes da actuación da Banda Municipal de Música de Sada na carpa instalada no paseo marítimo o pasado 17 de agosto. A actuación inicialmente estaba prevista na Praza de San Roque, pero trasladouse a este lugar polo risco de chuvia.
|
|
|
|
|
| A Festa dos Maiores |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes da Festa dos Maiores celebrada no Paseo Marítimo o pasado día 16 de agosto.
|
|
|
|
|
| A Sardiñada |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes da tradicional Sardiñada no Corruncho celebrada o pasado día 18 de agosto e que contou ademais coas actuacións de Pablo Carpintero e os Tumbalobos Orquestra.
|
|
|
|
|
| As verbenas na Praza dos Irmáns Suárez Picallo |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes das verbenas que se celebraron os dias 15, 16, 17 e 18 de agosto na Praza dos Irmáns Suárez Picallo, e que contou coas actuacións das Orquestras Armonía Show, Los Satelites, Capitol e Los Trovadores.
|
|
|
|
|
| Encontro de Habaneras na Praza de San Roque |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes do encontro de Habaneras celebrado na Praza de San Roque o pasado 15 de agosto e que contou coas actuacións das corais da Sociedade de Sada e San Martiño de Meirás.
|
|
|
|
|
| Festival Rock nas Mariñas e Festival Hip Hop |
|
Aquí podes ver algunhas fotos do II Festival Rock nas Mariñas no que actuaron os grupos Shine, Fainoti, Grasa e Nothink o día 9 de agosto no paseo marítimo de Sada. Tamén podes ver imaxes do Festival Hip Hop celebrado no mesmo lugar o día 10 de agosto.
|
|
|
|
|
| Concerto de Capitan Morgan e Sexmuseum na praia de Sada |
|
Aquí podes ver algunhas imaxes do Concerto de Capitan Morgan e Sexmuseum na praia de Sada celebrado o pasado 13 de agosto.
|
|
|
|
|
|
|
|