| Un coruñés de Monte Alto |
|
| Neste meu curruncho, non te esquezas dunha cousa: Sé ti mesmo e sé feliz. Aquí atoparás cousas graciosas (e non tanto), de amistad, de vida... Os meus pensamentos positivos para sorrir. Agardo que vos guste. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Efecto Cardús |
|
Cando deixaremos de ser os "reis dos chorons"?.
Refirome como non, a Fernando Alonso. Como e posible, que sempre diga que os outros son os favoritos, que sempre parte en desvantaxe, que todo esta na sua contra..... e que o mundo enteiro esta en contra de él??? iso chamase egocentrismo, non creo que sexa tan importante como para que él sexa o centro de atención, e ademais cousas mais importantes.
Estos comentarios inda por riba, son fomentados polo "gran comentarista" de Tele5, ou millor dito "o felpudo de Alonso". Este individuo fomenta cos seus comentarios (non se decata de que hai uns cantos millons de persoas atentos as carreiras) a antipatia cara a Alonso, xa que ademais de non mostrar moitos coñecementos nesta materia, o único que fai é dicir que todo o mundo engaña, que todos os coches son millores, e dicir que temos a un superheroe entre nos. Enton como describiriamos a Hamilton?????
Seguimos inmersos no efecto Cardus, que o longo dos ultimos anos fomentaron xente como Gibernau, Sainz, etc... Todos estan en contra miña, e so gaño eu, SEN AXUDA DE NINGUÉN.
Que pena de xente como Aspar, Criville ... que si asumian os seus erros.
O que mais me fastidia e que eu sempre fun seguidor de McLaren. |
|
|
|
|
| 18 - ABR - 07 |
|
| El ambicioso es un esclavo de lo mucho que desea: el hombre libre es el que nada desea. - Edward Young |
|
|
|
|
| 17 - ABR - 07 |
|
| Al vencer sin obstáculos se triunfa sin gloria. - Corneille |
|
|
|
|
| Que foi de.... |
|
Se poñemos o noso cerebro en funcionamento, seguro que lembraremos a mais dunha canción que oimos mais de 200 veces, que nos encantaba, que nos facía vibrar, e seguro que tamén esquecemos pronto a ese artista. Nunca vos pasou? Cantos grupos ou solistas coñecemos que fixeron un gran éxito, que marcou un verán, un outono, incluso un ano enteiro, e logo nunca mais soubemos de él?
Pois eu vou a comezar con un das miñas cancións favoritas de pequeno, e que nunca mais volvín a saber de él.
Sguro que nos trae moitos recordos, e algunha que outra risa vendo algún video e algunha daquelas modas.
Agardo que vos gusten estes recordos (para os que habiades nacido) |
|
|
|
|
| E agora qué? |
|
Grazas a Deus (ou a ineptitude dos xogadores), xa non hai ningún equipo español na pelexa pola Copa de Europa de futbol.
Con isto non quero dicir, que estou en contra dos equipos nacionais, senón que sigo farto do fútbol.
Alédome porque desexo que os canais de televisión, e os medios de comunicación en xeral se decaten de que neste país, somos destacados deportistas en todo-los deportes, agás no fútbol, nembargantes non deixamos de mercar e transmitir todo tipo de eventos relacionados con este deporte, xogue quen xogue, e sexa o partido que sexa.
Aínda por riba, estos clubes deportivos teñen debedas millonarias, que pretenden que paguemos os cidadáns que na maioría dos casos nin están nin queren estar involucrados neste mundo, mentres eles seguense lucrando e aumentando as débedas, seguros de que algunha artimaña política, seguirá permitindo que non deixen de ingresar e aumentar a sua fortuna.
Pero iso parece non importar, xa que hai xa moitos anos, que se fala disto, e non se toma ningún tipo de medida, que non sexa a de volta-la cabeza e mirar cara outro lado. Os xogadores seguen endiosados, os directivos seguen millonarios, as cadeas de televisión seguen fomentando este deporte cada día mais parecido a un circo, o que ocorre é que no circo se pasa mellor, e sae mais barato. E ó final os únicos perxudicados son os cidadáns traballadores e honrados que lles dan de comer a todo este elenco de persoas, que na maioría dos casos non son nen sequera agradecidos.
E agora que? Non hai ningun equipo que nos represente, acabamos de gañar 5 ou 6 medallas no mundial de ximnasia, outro titulo en baloncesto... seguiremos colleitando titulos alá por onde vaiamos, pero nembargantes seguiremos emitindo futbol na televisión, e o mais grave, e que a xente o seguirá vendo.
Por certo, todos aqueles periodistas que a principios de tempada, endiosaban a liga española como a mais grande, cos mellores futbolistas, a mais potente e favorita para gañar todos os titulos posibeis, onte á noite nun alarde de intelixencia e de coherencia cos seus pensamentos, dicían que a xa avisaban hai tempo de que a Liga Inglesa era a mais potente do mundo. Que sinxelo e dicir iso agora que tres dos catro mellores equipos son ingleses, co o dirían eles mesmos, ELEMENTAL QUERIDO WATSON!
Agora a seguir emitindo futbol, que a final four de baloncesto será o próximo exito do noso deporte que teremos que seguir por Teledeporte, ou outro canal de pago. |
|
|
|
|
| 10 - ABR - 07 |
|
| Debo confesar que nací a una edad muy temprana. - Groucho Marx |
|
|
|
|
| mmmMusicas |
|
Seguindo unha iniciativa de a randeeira, e promovida por Casatlantica. Vou a colaborar cunha pequna lista de cancións para face-lo amor (ou para foder como din eles :-)).
Agardo que vos guste a miña selección, e non repetir algunha das que xa puxeron algúns dos "blogotecos", nunha iniciativa que está a resultar moi concurrida e con grandes descubrimentos musicais.
Sen dubida son tres grandísimas cancións, ainda que non as miñas preferidas. Tentarei segui ampriando esta sección pouco a pouco.
|
|
|
|
|
| 03 - ABR - 07 |
|
| He pasado una noche estupenda. Pero no ha sido esta. - Groucho Marx |
|
|
|
|
| ¿Quen decide a programación? |
|
Non hai dereito. Cando deixaran de emitir tanto fútbol na TV?. Non existe outra cousa neste país? Acaso non somos campións do mundo en baloncesto, balonman, waterpolo, ciclismo, tenis, hockey, motor ... e no 90% dos deportes AGÁS EN FUTBOL. E que temos que premiar á xente que non nos da ledicias, e castigar os que nos proporcionan intres de placer e felicidade?
Hoxe á noitiña, dous equipos españois enfrentánse nos cuartos de final da Liga Europea de basket, o que garantiza a presencia dun deles na Final Four, e temos a outro representante español que parte co factor campo a favor nesta eliminatoria, e é un dos favoritos para alzarse có titulo europeo. Nembargantes ningua cadea PUBLICA emite este partido, pero sí emiten o MILAN - BAYERN no que xogan ..... 0 españois, NINGUN representante do noso país. E dicir que temos tres equipos entre os oito millores de Europa, un deles seguro na Final Four, PERO NA TV PUBLICA BOTAN UN PARTIDO DE FUTBOL ENTRE ESTRANXEIROS.
Porque seguimos premiando a este deporte, que non nos proporciona ningua ledicia? Non sería millor cambiar as nosas preferencias ou polo menos igualalas? Non hai sitio para todos neste país? Para que existe un ente publico? Non debería de ser para emitir os exitos dos nosos representantes sexa do deporte que sexa, ou e que nos divertimos cos nosos fracasos e os éxitos dos demais?
O único que parece obvio, é que non hai criterio. |
|
|
|
|
| 30 - MAR - 07 |
|
| Hablar oscuramente lo sabe hacer cualquiera, con claridad lo hacen muy pocos - Galileo Galilei |
|
|
|
|
|
|
|
|
|