RUTAS SAUDABLES: Camiña pola túa saúde
PR-G 142 Ruta das Férvedas
Saíndo do núcleo de Carballo, en dirección sur e despois de superar o val do río de Bergantiños (o río Anllóns) e o do seu afluente Rosende, entramos de cheo nun dos accidentes xeográficos mais importantes de Galicia: a depresión Meridiana. Esta fondeira percorre de norte a sur Galicia e por ela pasaron antigas vías de comunicación romanas.
En Carballo, a faia que forma esta depresión divide as parroquias de Rus e Entrecruces en dúas partes, as denominadas ‘Alta’ e ‘Baixa’. Pero o máis significativo desta faia é que forma dous saltos de auga de gran fermosura, a Férveda de Rus, no rego da Férveda, e a máis importante, a denominada Férveda de Entrecruces, na que o río Outón ten que salvar uns 50 metros de desnivel.
A ruta comenza no lugar de A Brea, para seguidamente descender e cruzar o Río de Rosende. A continuación comenza unha pequena ascensión ata Carracedo, para de seguido introducirse o sendeiro nunha zona de bosque de parcelaria, ata chegar á primeira derivación da ruta, que levará o sendeiro ata a aldea de Vivente, onde se encontra a Capela de Nosa Sra. Dos Remedios. Moi preto, e fora do sendeiro sinalizado atopase a Igrexa de Santa María de Ardaña, e o Cruceiro, que data do 1797.
De novo na ruta principal o sendeiro diríxese agora á aldea de A Pena, a uns 200 m. antes de entrar na aldea deixamos á dereita a variante do sendeiro, a chamada “Variante da Peniqueira”, a cal bordea o Monte da Peniqueira e pasa pola aldea de Gastrar, xuntándose coa ruta principal moi preto da aldea de Betrís.
Desde A Pena comenza unha leve ascención que levará ao cruce do Coto do Castro, donde sae a segunda derivación que leva ao Coto do Castro, un Castro todavía sen escavar, pero no que se poden observar os muros defensivos e a forma do Castro. Continuando coa derivacion o camiño descende cara una estrada, e desde alí (opcionalmente) pódese chegar ao Pazo de Vilar de Francos (o Pazo máis importante do Concello de Carballo) que se encontra a pouco máis de 1 Km.
Retornando ao sendeiro principal, comenza o descenso ata chegar á Variante da Peniqueira. Seguidamente e entre bosques chégase á estrada de Ramil, onde se encontra a terceira derivación que vai ata a Férveda de Ramil. É unha boa opción e ben vale a pena a súa visita.
Voltando de novo a ruta, o camiño ascende e cruza o Rego da Férveda. Pouco a pouco vai gañando altura e chega ata o lugar de A Férveda, desde alí descenderá de novo ao Rego da Férveda onde se encontran ao carón do sendeiro o Muíño e a Fonte das Varelas. A ruta segue por bosques de piñeiros e chega as inmediacións de Casal de Perros, onde unha frecha indica a presenza da Igrexa de Santa María de Rus (fora do sendeiro sinalizado), construída entre os séculos XVII e XVIII. De traza barroca, presenta na súa fachada trazas do neoclasicismo imperante ao seu remate, no século XIX. As obras foron dirixidas por Tomás del Río, quen tamén participou na construción da catedral de Santiago de Compostela. No seu interior sobresaen especialmente a imaxe da Asunción, atribuída a Rodeiro, e a impoñente cruz parroquial de prata, dun metro de altura.
De novo no sendeiro, crúzase o Rego de Casal de Perros por uns pasos de pedras, e de novo volta ao bosque. Agora o sendeiro lévanos a aldea de Pazos, para chegar a Entrecruces, terra de cesteiros, aínda quedan algúns artesáns que venden os seus productos na Feira de Carballo. Alí pódese contemplar o cruceiro e a Igrexa de S. Xens de Entrecruces, do século XVIII. Ten planta basilical, á que se lle engadiros dous corpos laterais. A fachada principal ten forma pentagonal na que se abre unha porta rectangular enmarcada con dúas columnas e rematada nunha cornisa con dous pináculos nos extremos. No vértice superior levántase o campanario de base cuadrangular, sobre o que se asenta o corpo das campas rematado en cúpula. No seu interior destaca o retablo maior de estilo Barroco.
O roteiro continúa polos lugares de A Altiboa, Outeiriños, A Charrúa e A Redonda, onde comenza un ascenso para introducirse no monte de Merelle, para descender de novo e atravesar ó lugar de Férveda, onde se crúza o Río de Outón pola Ponte Grande.
Os poucos metros, o roteiro chega á cuarta derivación que levará ó viaxeiro ata a Férveda de Entrecruces, a máis importante da Comarca. Esa derivación vai pola beira do río Outón. É posible observar o típico bosque de ribeira, nel abundan os ameneiros, salgueiros, freixos, estripos, abeleiros e loureiros, entre outras especies. Nas proximidades da fervenza aínda poden verse os restos de antigos muíños de auga e, incluso, dunha pequena central hidroeléctrica que abasteceu ao Concello tempo atrás, a partir de 1915. E por fin chégase a contemplar un dos espectáculos máis fermosos que a natureza lle regalou á Comarca, o abondoso caudal do río Outón. Especialmente no inverno e na primavera, precipítase dende unha altura de máis de corenta metros. Forma así un cachón de escuma e auga que, antes de chegar ao fondo, rompe en dous para abrazar a rocha negra do leito do río. Durante algunhas épocas do ano -especialmente coas enchentes do inverno- é aconsellable o uso de botas. Este salto pode verse dende a estrada que une Carballo con Santiago, no ascenso á coñecida como costa de Anxeriz. Está rodeado dunha espesa vexetación que lle confire un gran valor paisaxístico e ecolóxico.
Andaina de Cances ó Monte Nemio
DATOS TECNICOS:
DESNIVEL:  386 ASC./ 330 DESC
LONXITUDE: 11.500 M.
HORARIO: 3,5  HORAS
DIFICULTAD: MEDIO
PORCENTAJE DE ASFALTO: 10 %
PUNTO DE PARTIDA: VILANOVA- CANCES (100 m.)
PUNTO DE CHEGADA: CANCES GRANDE
ITINERARIO: Densde Vilanova pasando por la Igrexa de S. Martiño de Cances dirixímonos a Cances Grande para atacar a subida ó Monte Nemio (386 m.), dificultade maior da ruta co premio das impactantes vistas costeiras dende Laxe ata Ferrol e das terras de interior de Ponteceso ou Carballo.
Por outra banda o Monte Nemio aloxou “a eira das meigas” do que quedan mínimos restos e unha explotacion mineira de wolframio dunha grande importancia.
Na parroquia de Cances destaca a igrexa da parroquia de San Martiño e numerosa construccións civís de gran calidade na súa canteiría.
Roteiro Camiños de Oza e lema
O domingo día 20 de stembro podedes participar no roteiro "Camiños de Oza e Lema", que transcorrirán entre as dúas parroquias carballesas cun percorrido de 12 km.
A saída será ás 9:00 dende a praza do concello.
É necesrio confirmar asistencia ata o venres ás 14:00 nas oficinas de deportes do Concello de Carballo
RUTAS SAUDABLES
Rutas saudables longas
INSCRIBETE EN FAMILIA
ACTIVIDADES ASEQUIBLES A TÓDALAS IDADES E NIVEIS DE CONDICIÓN FÍSICA
¿Quen pode participar?
Tódolos veciños/as do Concello de Carballo de tódalas idades, que no presenten contraindicación absoluta para facer exercicio físico.
¿Onde me informarán?
No concello de Carballo:
No Padroado Deportivo Municipal
Nos teléfonos: 981 704 100/ 981 702 109
¿Cándo?
Saídas domingos ás 9:00 da praza do concello
Calendario con datas
Domingo, 20 de setembro
Roteiro Alta de Rus e Férvedas
Domingo, 4 de Outubro
Roteiro Camiños de Cances
Domingo, 18 de Outubro
Roteiro Cabo Vilán-Camariñas
Domingo, 1 de Novembro
Organiza: Concello de Carballo
Praza do Concello s/n