A casa de Rufiño


Eu son Rufiño

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

NOVO CURSO, NOVOS PROXECTOS


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2009 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A VOLTA DE RUFIÑO
Ola nenos e nenas!
Xa estou aquí outra vez.

Para celebrar a miña volta regálovos esta canción:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-09-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O CONTO VIAXEIRO.CURSO 2008-09
O noso cole en colaboración con outros coles da provincia de Pontevedra comezamos o conto viaxeiro neste mes de Novembro.
As clases de educación infantil xa inventamos os personaxes do noso conto e o título.Neste intre estamos a inventar o inicio do conto.
Queredes saber cal é o título?

" A PRINCESA E O ELEFANTE "


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2008 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OLIMPÍADAS DO SABER DE RUFIÑO
OLIMPÍADAS DO SABER DE RUFIÑO

A nosa mascota da biblio, RUFIÑO, xunto co equipo de normalización, propón a partir do 14 de Novembro, unha pregunta, ( palabra polisémica en galego ), e os nenos/as xunto coas familias traerán de casa a resposta, que consistirá nun traballiño para expoñer nos corredores do cole.

Condicións do traballo:

Os traballos poden ser realizados utilizando diversas técnicas plásticas ou escritos ilustrados polos nenos/as ( con textos, ilustracións , debuxos,etc )
Pódense engadir fotos ou debuxos relacionados co término.
Rufiño non pon un soporte máximo. Da liberdade. Así poden ser traballos plásticos con volumen,etc.

Entrega de medallas :

Por cada traballo presentado polos alumnos/as nas datas previstas de entrega, o neno/a gañará unha medalla dunha cor cada mes que se entregará ó final do mesmo, así ata completar as 5 medallas.
Modelo de medalla :

PRIMEIRA PREGUNTA:
CRUCEIRO...?

Todos aqueles/as que o remate do curso teñan as 5 medallas obterán un DIPLOMA DA BIBLIOTECA.
Datas previstas :

Do 15 de Novembro ó 15 de Decembro… Medalla cor vermella
Do 15 de Xaneiro ó 15 de Febreiro… Medalla cor verde
Do 15 de Febreiro ó 15 de Marzo…Medalla cor amarela
Do 15 de Marzo ó 15 de Abril... Medalla cor rosa
Do 15 de Abril ó 15 de Maio... Medalla cor azul.

RUFIÑO ESPERA A VOSA COLABORACIÓN , GRAZAS E SAUDIÑOS.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2008 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
POESÍA DE RUFIÑO
Os nenos/as da clase de 1º de primaria cando se enteraron do nome do pitiño escribíronlle esta poesía.


O MEU POLO
CHÁMASE RUFIÑO.
TEN UN PICO MOI COLORADIÑO,
CANTA O PÍO, PÍO,
GÚSTANLLE AS LETRAS
É O REI DA BIBLIOTECA
CANDO VAI AO CORRAL
CONTA CONTOS SEN PARAR.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BENVIDOS/AS Á CASA DE RUFIÑO.
Ola a todos e a todas. Benvidos á casa de Rufiño.Comezamos unha nova experiencia dende a biblioteca do CEIP PARADA CAMPAÑÓ coa creación do noso blog no que poñemos moitísima ilusión.
Na nosa biblioteca vive... sabedes quen?,un pitiño chamado... RUFIÑO que é a nosa mascota e que nos acompañará ao longo do noso traballo e das nosas experiencias onde estamos toda a comunidade educativa involucrados.
Queredes ver a RUFIÑO...?
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2008 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal