Rincon do absurdo
<language>ga</language> 
Revelación
   <description><![CDATA[Onte estaba por Pontevedra, ía conducindo cando de repente tiven unha revelación, nada que ver con movementos espasmódicos, nin co embranquecemento dos ollos... senón mais que unha revelación tivera sido unha viaxe o máis alá, e seguramente sen retorno...
Como fago dende que teño coche novo e a radio funciona correctamente, ía escoitando música cando de repente, sen unha explicación aparete, o volumen da radio subiu, e non de forma escalonada... pero o máis curioso non foi iso, pois que ten de especial que o volumen da radio suba de repente sen unha explicación aparente?? O máis impactante foi o que dicía a canción,a mensaxe que transmitía:
"quiero vivir, quiero gritar, quiero sentir el universo sobre mi....., quiero encontrar mi sitio, solo encontrar mi sitio..." Despois dicía algo así como "muñecos rotos"... algo dunha vela... pero esa mensaxe seguro que iba dirixido a outra persoa. Unha que no é nada egoísta e que sabe que non é a única que está algo perdida nesta caduca vida...
Últimamente intento topar o meu lugar no mundo, pero creo que estou demasiado cega pra atopalo... ó da vela (da canción) non creo que esté mellor ca min... Por iso digo que era una revelación...
Paz e amor meus pequenos e disfrutade de todo o que vos rodea... pois non se sabe ata cando todo permanecerá do mesmo seito...
Batalla de verán
   <description><![CDATA[Estabamos disfrutando dunha boa tarde de verán cando nos vimos sorprendidas e logo atacadas por un contixente de increible volume e ben armado. 
Atacaban por tódalas bandas non deixando oco para uha fuxida honrosa. Loitaban tanto grandes coma pequenos pra intentar botarnos fora dos seus dominios. 
Nós só eramos tres e non tiñamos armas pra semellantes rivais. Eramos as invasoras, elas só trataban de defender o seu territorio (poderíades pensar que sufrimos do síndrome de Estocolmo, pero seguide lendo, non todo é o que parece...). 
Pero o vernos atacadas só quedaba unha opción: unha boa defensa. O problema eiquí e que cada unha de nós actuaba pola súa conta, non tiñamos unha líder e o ataque foi tan inminente que non houbo lugar para votacións... tivemos que pasar a acción e actuar da mellor ou peor forma posible.
Cada quén utilizou as súas propias defensas: 
    - A inmutabilidade: consistiu no acto de non defenderse, permanecer sen realizar ningún tipo de movemento. A finalidade de esta arte defensoria e intentar desconcertar o enemigo. Pero foi en balde.
     - A combulsionabilidade: consistiu en realizar moventos rápidos tal como se se estivese convulsionando. A finalidade de este movemento era intentar que o medo invadise as liñas enemigas por mor de que poidesen contaxiarse dunha enfermidade peligrosa. A intención era fragmentar as nosas atacantes. Pero tamén foi en balde.
     - O secuestro: técnica que consistiu en quedar de forma amistosa cun dos nosos enemigos pra facerlle entrar en razón. Pra o que se utilizaron técnicas depuradas de conversación nun intento pra que visualizara os efectos adversos que podía sufrir a súa comunidade. Tamén foi en balde, o secuestrado non transmitiu o súa mensaxe, ou si, porque algo máis raviosas si que estaban.
     - A nosa última técnica foi: emplear a forza bruta. Tratamos de esmagalas, emplemaos toda a nosa enerxía pra golpealas, lanzar patadas... Pero tamén foi en balde a súas armaduras facíanas invencibles.
Non nos quedou outra que rendirnos e fuxir, finalmente as pulgas de mar conquistaron a súa praia e nos fumos perdoadas coa condición de que non volveramos a perturabar a súa paz...]]></description>
Unha tarde de principios de agosto
   <description><![CDATA[Tódolos días, bueno..., ou case todos... dende que nos levantamos ata que nos deitamos podemos cruzarnos con centos de persoas, a menos que vos gusten os paseos ó atardecer polo monte xa que gustades da búsqueda da tranquilidade e apaciguamento espíritual... porque aquí a lista póde disminuir considerablemente. 
Pois de entre todas elas unha gran parte serán descoñecidos e uns poucos pero non menos importantes serán amigos, familiares, coñecidos (aqueles cos que temos menos roce e que inda non se ganaron a condición de amigos) ou aqueles que por ternos tropezado algunha vez podémolos distinguir de entre unha marabunda de persoas (xa me gustaría englobalos nunha única palabra... pero... non a dei atopado).
Pois de entre esa inxente cantidade de persoas... moitas fostes os que vos acordastes de min nun día de principios de agosto onde a climatoloxía acompañaba pra pasar unha tarde na praia sen o agobio incesante dos turistas. Pois a todos vós moitas gracias por non esquecerme e terme rescatado, inda que foxe por un día, de entre ese conglomerado de xente que forman as vosas vidas.
A todos vós, a parte feminina do todo armonioso envíavos un abrazo vibrador e un bicaso moi forte, inda que logo do abrazo e da transmisión de enerxía, o bico pareceravos unha simple caricia...
GRACIAS.
Como podedes ver na foto, que inda non está... pero estará..., esa tarde de principios de agosto non me sentou tan mal... e o que diga o contrario queda sin abrazo vibrador... e o do bico terémolo que negociar...]]></description>
Longa Noite de Verán
   <description><![CDATA[As 8:00 da mañá. 
Podería ser calquer cousa: hora de comezo da xornada laboral, hora do almorzo con alguén especial, hora de deitarse (pra alguén que eu me sei)... calquer cousa.
Pois esa foi a hora a que hoxe almorcei. Sí, un domingo as 8:00 da mañán, e non, non madrugei... máis ben teño que dicir que almorcei antes de irme deitar. Foi unha noite tan intensa que había que recuperar enerxías.
Inda que quisera non sería quen de transmitir a extrema sensación que hoxe me rodea, pero se alguén me puido ver logo de ir a Asturias... seméllaselle moito. BUFFFFF. 
Saímos para Pontevedra despois de dar voltas no coche decidindo qué facer. O principio iba ser un paseo polas peregrinas e logo transformouse nunha noite distinta. Foi curioso ver como todo se ía enlazando de tal maneira que cobraba sentido. 
Todo comezou por mor dunha botella de auga e un pis (todas elas necesidades humanas e indispensables para a supervivencia). O que nos levou a tropezar cun bar totalmente descoñecido, por ser o que nos quedaba a mán nese momento de auténtica necesidade. Alí entablamos conversación con dous camareiros que nos convidaron a licor café e a acompañalos a outro local (el clan cavaret)pois eles estaban cerrando... De repente vímonos envoltas nun grupo de novos amigos e rotando de local, no que nos atopamos a unha amiga que tamén coñecía ós nosos novos amigos (que pequeno é o mundo...). Se o final todos somos un...
Pero o que máis valoro desta noite tan larga é que coñecín xente que merecía realmente a pena, mágoa que as veces non teña o valor suficiente para ser eu a que da o primeiro paso.  
De vez en cando...
   <description><![CDATA[Bágoas baixan lentamente polas miñas meixelas, os ollos cérranse pra non deixalas escapar, pero non poden retelas porque elas loitan por saír a toda costa... 
Non hai motivo, ou quizais si... intento mostrarlles a fermosura ó meu redor, pra intentar contelas... pero sucede o contrario do que procuro e faise incotrolable...
Recollo unha co dedo índice e fícoa directamente, para preguntarlle o porqué da súa fuxida, pero en lugar de responderme sigue esvarando ata chegar a palma da miña man terminando por desaparecer.
Será mellor deixalas saír, nalgún momento sairán todas e todo permanecerá en calma…, ou quizais non… Porque hoxe é probable que se despidan de min, pero ninguén me asegura que non volvan a saír outra vez…
Pero todo pasa, como a fermosura e a xuventude, finalmente a vida… todo pasa, só tempo…  só fai falla tempo…
Sei que pode soar triste, pero hoxe púxenme a escribir e só me saía isto. Pero meus pequenos mortais non vos tendes que preocupar por min, eu son harmonía, e o equilibrio voltará a min e non a tardar moito… así que tremede porque podo voltar máis forte ca nunca
Un pequeno malentendido
   <description><![CDATA[Violeta: Mira, poderíasme facer un favor?
Eu: (sen tempo pra pensar a resposta)
Violeta: Poderíasme vixiar o coche??
Eu: (pero esta tía veume con cara de ser garda xurado??!!)
(Nese momento case estiven a punto de cerrar o puño, levantalo antebrazo e ver se saía a típica bola muscular... pero recuei ante a posibilidade de estar facendo o ridículo...)
¿Como? E que chego tarde...
Violeta: é que aparcou este camión tan pegado a min que non son capaz de ver se veñen ou non coches, poderías ver se veñen coches mentras saco o meu??
Eu: ahhhhh..., claro que si... (risa interior)
Non sabía que ese "sí" podía retrasarme tanto, a caso co bo tempo que fai a xente non pode deixar o coche e adicarse a pasear e ir a praia como prácticamente tódolos seres humanos?? Pois non!, estiven agardando alí un bo anaco, ata que de repente deixaron de pasar coches, e eu como boa cidadá comecei a facerlle sináis a simpática señora pra que sacase o seu....
O que eu non imaxinaba e que poidese ser tan lenta...!!! e pra cando ela sacou o coche xa se formara unha boa carabana de cores detrás dela... 
E podía ver como os rostros deses seres humanos se torraban o sol, mentres me miraban agradecidos por esa terapia de raios uva..., creo que estiveron a punto de sair dos seus vehículos pra agradecermo e todo...
Pero non quisen esperar a sabelo, e como chegaba tarde as miñas clases..., pois seguín camiñando... 
Unha serie de catastróficos acontecementos...
   <description><![CDATA[Pois sí, desde que el está na miña vida, podo asegurarvos que unhas cantas cousas cambiaro. Non sei se podería afirmar que son máis feliz, pero si que intento que non saía da miña vida polo menos por agora, porque o necesito moitisimo, sen el eu non sería ninguén. Inda que de vez en cando me fai algunha que outra faena, eu tampouco podo asegurar ó cen por cen que sexa quen el se merece...
Bueno, chegado ata aquí, supoño que xa saberedes de quen non estou a falar, pois a súa estructura metalizada, a súa idade madura, a súa tez avermellada, o doce roncar da súa gorxa,..., son características exclusivas de Talbot, o coche da miña avoa, pero que por circunstancias da vida agora teñoo eu en préstamo.
Pois teño que confesar que gracias a este amigo deixei de ser invisible, a súa cor vermella e a súa avanzada idade fai que non sexa capaz de pasar inadvertida, agora síntome observada alí por onde paso... 
Pero se cadra iso non é o peor, a radio só sintoniza unha emisora, bueno, se a iso que fai se lle pode chamar sintonizar..., por iso se cadra, e sobre todo por manter os meus nevios en calma... non a prendo...
Isto podería ser suficiente, pero non, descubrín recentemente que a goma do limpaparabrisas estaba un pouco deteriorada, pero en fin, supoñía que non ía chover moito. Porque serei tan ilusa?, chover... noooon!! ... estes últimos días diluviou!!, e tiña que ser xustamente o limpaparabrisas do lado do conductor o que tiña que estar nese estado... e penso, as cousas poderían ir a peor...?? pois siiiiii!!!!
Pensando que lle facía un favor, por isto da operación bikini, intentei poñelo a dieta, e creo que forcei un pouco o asunto, porque o desagradecido decidiu deixarme tirada. O doutor díxome que a bomba gástrica fallara, pero que a culpable fora eu. Arrepentinme tanto, que decidín non volver facerllo pasar mal.
Despois deste feito, pensei que xa estabamos en paz, que xa firmaramos unha tregua... eu sorportaba os seus pequenos defectos e el non tomaba en serio a falta de alimento o que o sometera... pero será vengativo o desgraciado!!?, que decidiu un maqueavélico plan pra facerme a vida imposible!!
Pois cóntovos, resulta que o sinvergonza decidiu acumular toda a auga de chuva que puido no seu interior, pra que se descargara sobre min cando volvese coller o coche. Hoxe cando sain do coche xa estaba mollada, a chuva do exterior en comparación coa ducha do interior do meu queridisimo amigo era unha minucia...
E ixo foi hoxe, medo me da a que maña decida cortarse os circuitos e supoña que a miña vida xa non merece a pena...
Ohh agraciado Toyota, ti que estás en todas partes, por favor, aparécete e faime feliz, non sei por canto tempo poderei agantar... creo que a miña vida corre perigo...
Un anaco de todo...
   <description><![CDATA[Hoxe pra evitar a eses vampiros ávidos de chupar toda a información necesaria ata deixarte lánguida e falta de autonomía, pra despois de arrincada de mala maneira tratala ó seu antollo e transformala en malas faladorías orixinadas pola envexa e excesivo tempo libre do que dispón este clan. Pra evitar que me convertisen nun ser semellante a un morto vivinte ou incluso peor, en un membro do seu clan. Pois, decidín que o mellor era encamiñarme ata un lugar tranquilo, un lugar que non soen transitar.. porque por eses lares non pasa ninguén... e sen información caen na loucura e de moitos é sabido que incluso perden a vida... por simple aburrimento...
Un lugar tranquilo, cheo de paz, seres vivos en armonía e respeto co seu entorno... non, non estaba nun cementerio (hai que ver... en que cousas pensades)funme de paseo polo monte seguindo eses sendeiros, algúns un pouco esquecidos outros con aspecto de ser transitados nalgún momento da súa existencia, deixeime levar polo seu decorrer sin perder detalle do movemento elegante das follas, do cheiro a herba e a silveiras, do son, do murmurar da auga en consonancia co canto dos paxaros,..., a imaxe era tan perfecta que tiña medo a que de repente se esfumase como un deses bonitos soños, que en canto te espertas, esbaece.
Pero iso non pasou, e a natureza acolleume como se fose unha máis... e o mellor de todo, non me atopei con ningún vampiro deses... o mellor vai ser que vos tamén o experimentedes]]></description>
Outra vez non
   <description><![CDATA[Xa estou farta, porqué non me deixas en paz?!, que fixen eu pra merecer este tipo de acoso?! Xa non podo máis, que podo facer ou dicir pra que me deixes respirar?!
Cando penso que xa non me cruzarei contigo, que xa todo segue como eu desexo, atópote de frente. 
Fasme dano, e o peor de todo e que me deixas marca. A dor chega a desaparecer pero a cicatriz que me deixas tarda moito tempo en borrarse, e esa marca recórdame que podes volver aparecer en calquer momento.
Creo que xa o probei todo pra tratar de facerte desaparecer, ou polo menos de tratar que te esquezas de min, pero ningún remedio funciona contigo. Que máis podo facer?
Con tantas persoas que hai polo universo e sempre tes que tropezar comigo...
Chegando a este punto pido axuda a todos aqueles que como a min, día si e día tamén, teñen que lidiar con este tipo de cousas desagradables, sí, sei que sabedes que estou falando deste maldito herpe que me saiu no beizo outra vez. E mira que doe... e inda non hai dous meses que tivera outro... jooo]]></description>
Un fragmento do pensamento pasado
   <description><![CDATA[O outro día atopei unha libreta destas que de vez en cando levo no bolso... e nela había algo escrito... algo que eu escribira hai tempo e fíxome recordar o momento no que estaba e o estado no que me atopaba... e non quero que forme parte do esquecemento... porque todo sucede nun momento determinado por algo... e de nos depende interpretalo... non deixamos de ser actores que mediante un guión propio ou axeno trata de facelo seu camiño; aquí vos vai:
"Hoxe percorren un sinfín de sensacións polo meu interior e non sei  como describilas. Escoita o meu corazón e ti sabia natureza dime que é o que teño. Desfragmenta cada unha delas para saber que é o que se esconde debaixo de todas elas. Non sei se estou triste, feliz, airosa, ..., no sei nada. Escoitame ti que podes, porque eu non entendo o que quero dicir. Todo se atopa desordeado, nada ten sentido..."
Atopábame na praia... escoitando o bater das ondas, como se elas me conprendesen... canto tempo... ]]></description>