| Don't worry, be happy |
|
Ó longo do día pódensenos presentar situacións que ós nosos ollos poden parecer moi vergonzosas, sen embargo os ollos dos demais son tremendamente tranquilizadoras, xa que isto demostra que todos nós somos perfectamente imperfectos.
Animámosvos a compartir esas vivenzas que converten a vida cotiá en algo insólito, para sacarlle a importancia desmesurada que lle damos e aprender a rirnos dun mesmo. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Por fin podo gritar... |
|
Sabedes? Síntome como se por fin me desfisexe dunha pesada carga, como se houbese algo que comprimise o meu peito e non me deisaxe respirar e agora por fin xa podo, por fin son eu outra vez… Sabedes? Son Feliz. Síntome moi feliz e quero gritarllo ó mundo enteiro con tanta forza que retumbe en tódolos recunchos e contaxiar a tódolos seres que os habitan pra facer deste un mundo mellor.
Había meses nos que me intentaba enganar a min mesma dicíndome que estaba ben por que pensaba que desa maneira, nalgún momento volvería sorrir de verdade… e así foi.
Son feliz e non me vou cansar de repetilo, quero que ti tamén o sexas, quero que todos o sexan, quero que esa alegría recorra cada centímetro do teu corpo. Son Feliz, porque o certo e que non teño ningún motivo pra non selo. Teño unha familia estupenda, uns amigos ós que quero moitísimo, e moitas ganas de non volver a sentirme mal.
Levaba varios meses nos que choraba un día tras outro, nos que só quería estar deitada na cama e que ninguén me molestase, a pequena forza interior que me quedaba era a que me obrigaba a seguir camiñando, pero non era fácil. O motivo ou motivos non é que foran tan relevantes senón que chegaron nun momento non moi apropiado. Hai cinco meses o meu mozo deixoume (así soa fatal, pero non atopo outra palabra), un mes máis tarde quedei sen traballo e todo isto xunto foi unha bomba para min.
Pasei por varias fases:
- Cando me deixou sentín como se alguén moi cercano a min morrera e non o foxe volver ver máis, a sensación de perdida foi aterradora. Todo me recordaba a el: un cheiro, unha canción, un lugar, unha prenda, unha cor, un momento…
- Despois a sensación de que todo se pode solucionar e que todo pode voltar ser como antes.
- Mentras intentase asumir a perda coa crenza de que polo menos seremos amigos e que non é para tanto, sen embargo, inda tiña que pasar o máis difícil, e era a sensación de que o tempo xuntos non tivese valido para nada. Pois era como se da noite para a mañá deisaxe eu de existir. A sensación de formar parte do esquecemento, cecáis foi o peor para min. Foi a peor fase.
- Unido a isto a búsqueda de traballo, fase horrible. Porque empeza a traballar o subconsciente. E a culpa é dos requisitos solicitados polas ofertas de traballo (que si a formación, que se os idiomas, que se experiencia.. que se…). Empezas a sentir que non vales para nada. Comparándoa con tódalas fases anteriores… creo que esta foi… sen palabras… non hai adxetivo que a califique…
- Entón chega o momento de querer saber do outro, e uns meses despois, toca poñerse en contacto. Colle o telefono iso é un bo sinal… non hai rencor… pero tamén hai moitos silencios, non foi unha boa idea.
- Unha vez que se cre superado todo, xorde un último intento por manter o contacto e intento quedar con el… a resposta foi o que determinou que ese día chorase como nunca o fixera e decatarme de que el non valía a pena. O día seguinte sentíame liberada… xa non pensaba nel, xa non sentía dor ó recordalo… e dende aquel día non se me volveu pasar pola cabeza chamalo, ou escribirlle, ou volver chorar por alguén que realmente non o merecía, nada… Só necesitaba saber ,e ese día descubrín o que andaba buscando. E púseno no lugar que se merecía.
- O do traballo sigue aí, pero con ánimos renovados todo se leva mellor.
Quedarse cos bos momentos, esquecer os malos e camiñar para diante. Tódolos días tropezamos con persoas que nos deixan un pouco de si en nós. É como esa pizquiña de sal que lle votamos ás comidas para que o seu sabor sexa mellor, ese pouco pode converterse en algo moi importante e fundamental, xa que en defecto quedaría soso e en exceso sería perigoso para a saúde. E con iso me quedo. Quédome con esa pizquiña, porque sen ela estaría incompleta.
|
|
|
|
|
| A profundidade |
|
Estou eiquí, sentada nunha enorme pedra mentres espero. Ó meu redor hai cinco camiños, cada un deles está indicado perfectamente, nalgúns a entrada require dun permiso previo e noutros a entrada e totalmente libre. Todos eles están perfectamente delimitados e separados entre si por enormes árbores. Detrás de min hai un fermoso lago onde se pode ver a tranquilidade da auga mentres é acariciada polo sol. E sigo esperando. Qué camiño debo elixir?
O certo é que non quero camiñar… só quero esa tranquilidade, esa quietude que podo ver reflectida no lago. Sen pensar, levántome e diríxome cara el, que fica quedo diante de min. Mirámonos. Unha enerxía procedente do lago faime adentrarme ata os xeonllos, non me decato. A auga parece abrazarme con tal harmonía que só me fai sentir máis de preto a súa chamada. Algo me detén. E desvío a miña ollada que ata entón penetraba ó infinito. Agáchome. Hai algo que me chama a atención, a calma que inspira o lago está sendo perturbada ós meus pes e quero saber porqué. Non son quen de verme reflectida na auga, porque a imaxe vexe desfigurada a causa desa perturbación. Qué é o que pasa? Agora máis de preto, cando o meu rostro está a piques de tocala auga, vexo o que acontece… a miña imaxe está chorando, toco as miñas meixelas pra comprobalo pero non hai humidade, están totalmente secas, dos meus ollos non saen bágoas... a miña imaxe chora e son as súas bágoas as que perturban a auga que me rodea. Non entendo. Porqué choras?
|
|
|
|
|
| o labirinto dos recordos |
|
É incrible como un arrecendo te pode transportar a través do labirinto dos recordos ata atopar un que xa crías esquecido. Ese tipo de recordos que te trasladan a un tempo anterior, namentres se esboza un sorriso, e te sentes observador dun feito do que xa foras protagonista.
Pois iso mesmo me pasou hoxe a min. Estaba eu na da miña avoa buscando algo que ela me pedira, nun mobre algo esquecido, cando o abrir o caixón do mesmo percibin un arrecendo que me trasladou a infancia. Estaba alí diante, tiña uns dez anos e estaba buscando no mesmo caixón unha libreta. Tanto miña irmá coma min tiñamos unha libreta nese caixón e sempre que iamos visitar a miña avoa adicabámonos a escribir, pintar ou o que nese momento se nos pasaxe pola imaxinación. Por un momento esquecinme do que realmente estaba a buscar e púxenme na procura desa libreta... coa mesma devoción con que un pirata busca un tesouro escondido... finalmente non a atopei, pero estaba igual de feliz.
O mapa foi un arrecendo e o tesouro foi o recordo. E como todo tesouro a recompensa foi un momento de felicidade. |
|
|
|
|
| A NOITE |
|
Hai xa días que o día é noite. Xa non recordo cando foi a última vez que vin a luz do día. Foi un sábado ou cecáis un martes, o certo é que iso da igual, un día espertei e dende aquela sempre vin a negrura da noite. Podería ser que estivese vivindo sempre nun mismo tempo e nun mismo espazo, pero a lúa debuxa o seu baile monótono e constante demostrandome, desgraciadamente, que a noite tan prolongada que vivo e distinta a cada paso. Espertei se cadra un domingo, se cadra un mércores, que máis da, xa todo da igual. Só quero volver vela claridade, para ver os raios do sol reflectíndose sobre o mar, para ver o verde follaxe das árbores,... Hoxe quero espertar e que todo sexa diferente... Oxala tivera nas miñas mans a posibilidade de cambialo todo.
Teño medo. A noite nunca me gustou. Todo está oscuro e só escoito os meus pensamentos, intento cantar, imaxinar historias para non escoitalos..., CALA!!! Hoxe quero espertar e que todo sexa diferente...
Sei que o podo facer, pero teño medo, non vexo nada e non sei o camiño e se me perdo non poderei voltar xamais. Eu só quero que isto sexa un mal soño, sei que un día espertarei, levantareime e poderei ver como se esperta o día e se adormece a noite... |
|
|
|
|
| Non teñas medo Antía, fai o teu propio camiño |
|
Abro a porta porque espero verte, xiro o pomo, co corazón a piques de estoupar en miles de pedaciños... abro a porta e todo fica quedo,inmóvil, baleiro, entón o meu corazón deixa de latir por un intre ó mesmo tempo que a respiración o acompaña... abro a porta e non estás.
Estou diante da porta aberta e non sei que facer, xa sabía o que me ía topar e inda así fico alí parada, quero avanzar, pero non sei cal é o camiño correcto.. seguir esperando?, marchar e buscar novas lides nas que perderme? entrar? Sigo de pé, queda, como se o tempo se conxelase... estou cansa.
Non sei cómo, vinme transportada a outro lugar, non o recoñecía, pero era fermosísimo. Respirábase calma, tranquilidade,..., non daba crédito a tal cúmulo de sensacións que dun tempo cara aquí fora esquecendo... rexurdían en min con tanta forza que non era quen de reprimilas... comecei a gritar... tiña que dar saída a toda esa forza que me invadía... sentíame ben, era libre.. Enton vin alí no centro daquela arboreda unha fonte de pedra, curioso.., alí, no medio de ningurés unha fonte. Acerqueime e puiden observar que non brotaba auga das sus entrañas. Que peculiar, unha fonte e sen auga naquel lugar, qué sentido tiña todo aquilo? Entón decateime de que nela había unha inscripción: "non teñas medo Antía fai o teu propio camiño"
Cómo era posible? Aquela fonte tiña escrito o meu nome, acerqueime máis... e vin como de repente comezaba a brotar do seu interior un sinfin de cores que o pintaban todo o meu redor... unha árbore azul, outra laranxa... a herba de rosa... e de repente esa ráfaga de cor envolveume suabemente e coa súa calidez e tenrura tal como faría unha nai co seu meniño pousoume na miña realidade.
Seguía diante da porta, pero agora xa sabía o que tiña que facer. Entrei, escribin unha nota e marchei en busca de novos lugares onde perderme para sempre.
|
|
|
|
|
| Xaime, o amigo invisible |
|
Sabedes...?, o outro día atopeime con Xaime... a este bo mozo pasáballe algo moi curioso... o certo é que inda hoxe se sorprende de terme coñecido, e eu dígolle que con esa mirada tan doce que posúe, quen non se pararía... o miraría fixamente e lle diría: que o universo estaría triste se non se pudera ver reflectido neses bonitos ollos... Pois así o coñecín... cando as nosas miradas se cruzaron..
O certo e que coa vida axetreada que levamos xa ninguén te saúda cando camiñas pola rúa, nin cando debido as presas tropezas por accidente con outra persoa te paras a vela e pedir desculpas... somos como máquinas.. só falta que algún día nos esquezamos de sentir... entón xa nada nos diferenciará delas...
Pois así se sentía Xaime... invisible... cualidade que a moitos lle gustaría ter debido a que esas abraiantes películas de ciencia ficción lles amosan o que poderían facer tendo tal don... pero a caso amosan que é o que non podes facer sendo invisible??? O pobre falábame do triste que se sentía pois inda tendo amigos, e estando rodeado de xente continuamente... era invisible pra todos eles... O colmo de todo foi cando unha tarde nunha manifestación (de qué é o menos importante)viu como unha moza o arrollaba sen compaisón como se non estivese alí, isto pasaríalle desapercibido se non fose que un tras outro facían o mesmo... o máis raro era que ninguén se viraba pra pedir desculpas pq máis que arrollalo tráspasabano como se fose un espectro... foi cando se decatou que a invisibilidade acababa de chegar o seu culme máis elevado... pero non sempre era invisible... nin sabía cando esa cualidade odiosa pra el, voltaría a facerlle a vida imposible...
Por que inda que vos pareza un don estupendo... non o é tanto cando son os demáis os que non te ven, cando son os demais os que non te escoitan, cando son os demais os que te fan invisible...
Eu fun a moza que tropezou con el,..., e non porque non o vira, senón pq unha abalancha humana me empurraba como a forza da auga baixa polo río sen posibilidade de ficar estática e volver cara arriba..., porque o importante nesta vida e chegar o primeiro a onde sexa... da igual...; pois unha vez liberada como troita no rio fun en dirección oposta ata atopalo e mireille os ollos e ... o resto xa o sabedes...
Espero que a partir de hoxe.. vos deteñades... cerredes os ollos un segundo... e cando os volvades abrir vexades... a Xaime... a todos que como el somos invisibles nalgún momento da vida... |
|
|
|
|
| 2 ª Entrega: Miiiiiiiiiii tesoooooooooooro |
|
Tal e como sucede nas “boas” películas de terror termináronse separando en dous grupos pra explorar e perderse na tranquilidade que lles ofrecía aquel lugar... as máis cautelosas decidiron non arriscar as súas significantes vidas (sobre todo pensando no benestar emocional daqueles que máis as queren) e optaron por seguir o camiño máis sinxelo, aquel que non supoñía escalar, nin gabear, nin .... sen embargo, as outras dúas... que non ven perigos... decidiron ir por aquel lugar que entrañaba a máis inexplicable dificultade... e así pasaron as cousas que pasaron... pero que sería desta insignificante (por duración, que non por intensidade) vida, senón existiran estas persoas...
Unha delas, abraiada pola máxica visión da poderosa forza da auga daquela fervenza, quíxoo compartir coas máis cautelosas e optou por utilizalo móbil como instrumento reconciliador do grupo, pois pra que ía gritar polos seus nomes como facían os nosos antergos e esquecerse por un intre deses artiluxios do século XXI que fan enmascarar as relacións persoais detrás dun aparato...
Entón a natureza quisollo facer pagar..., e mentres ela ía ensimesmada buscando o número dunha delas, esvarou no verdello que “maxicamente” xurde polo efecto da auga ó estancarse momentaneamente na suave pedra..., e nesa caída o móbil saíu rodando cara o río que con gran furia baixaba por aquela montaña, pero non importaba a dor, nin os arañazos,... arrastrouse ata conseguir salvalo seu máis prezado ben (por que pra moitos pode ser un simple aparello pra comunicarse, sen embargo, pra outros supón unha vida enteira, aquí atopámonos co segundo caso...). Ninguén foi testemuña desa impresionante caída, pro a que estivo máis perto dese feito... non poderá esquecelo durante o que lle queda de vida...
O certo e que daba mágoa vela, toda cheíña de verdello e co brazo estralado, pero así e todo ela non sentía dor... e permanecía enteira... según as súas propias palabras todo iso debíase a que pode controlar a dor, mentres non supere un determindo límite... que chegou máis ou menos as 21.00 horas cando as rapazas, xa cansadas dunha longa viaxe, se dirixían ó seu fogar...
E podedes pensar que isto lle pasa a calquera, pero non, só a aqueles que non manteñen os ollos abertos, pois a natureza e fermosa... pro tamén moi traicioneira...
|
|
|
|
|
| Mi Tesoooooooorooooo....!!!! (estilo Golum) |
|
Isto sucedeu no derradeiro domingo de inverno cando a primaveira quería comezar a darse a coñecer, inda que visto o visto debeu coller vergoña e esconderse durante uns días máis.
Cando catro mociñas decidiron dar un paseiño, inda que con moito pesar por deixar a un dos eixos máis importantes do grupo que por motivos "laborais" ficou atrás..., pero este non é a historia que vos quero contar...
A historia vaise desenvolver nun lugar moi fermoso chamado as "Fervenzas da Fábrica da Luz" sito en Caldas de Reis (creo, pra máis seguridade... recoméndovos que utilicedes buscadores de internés). Estas catro rapazas logo dunha interesante viaxe en coche, e despois de discusións sobre que cruce sería o sinalado pra ver esta maravilla de lugar, atoparon un carreiro que as conduciu a un paraxe virxe que as deixaría abraiadas co seu esplendor pro resto do día...
FIN DA PRIMEIRA PARTE, a próxima entrega cando os redactores estean libres... collede silla... e tende paciencia...
firmado o todo armonioso |
|
|
|
|
|
|