Retrouso :: Beilladores de Cela. Grupos de baile, gaita, canto e pandeireta, acordeón e Coro de Cela


A Asociación Cultural Retrouso traballa desde o 1996 para a dinamización cultural e o enxalzamento do baile e da música tradicional galega no Morrazo.



..:Retrouso:..
retrouso@gmail.com
 ARRÍSCATE...
 FOTORETROUSOTECA
 SECCIÓNS
 PASADO DE MODA
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Foliada dos Cativos en Bueu
foliada cativos retrouso bueu
Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu.

Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.

Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.

O Concello de Bueu colabora coa iniciativa, inserida no marco das Festas de San Martiño.
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 30-10-2009 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Deixa o teu cotilleo
Nome:
Correo electrónico: (Tranqui, non aparecerá publicado)
A túa páxina: (Ponlle antes o http://)
Cotilleo:
 
Ligazóns dende outras páxinas
© by Abertal
free web counter

Vámonos d'aquí pra Cela,
miña cariña de rosa,
vámonos d'aquí pra Cela
qu'esta terra non é nosa