Retrouso :: Beilladores de Cela. Grupos de baile, gaita, canto e pandeireta, acordeón e Coro de Cela


A Asociación Cultural Retrouso traballa desde o 1996 para a dinamización cultural e o enxalzamento do baile e da música tradicional galega no Morrazo.



..:Retrouso:..
retrouso@gmail.com
 ARRÍSCATE...
 FOTORETROUSOTECA
 SECCIÓNS
 PASADO DE MODA
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cuartetos tradicionais en Marín
O Cuarteto Dos Trebellos do Morrazo composto por Cristian Salgado e Álvaro Estevez nas gaitas, no tambor Ivan Estevez é ao bombo Raul Juncal estarán na clausura da VI Mostra de Curtetos Tradicionais de Marin no cal interpretarán pezas do Mestre Landin.

Todos eles compoñentes da A.C.RETROUSO...

Será ás 20.00h este sabado 30/01/10, entrada de balde, no Museo Manuel Torres de Marín.
Cotilleos (0) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 28-01-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Actividades de Nadal
Tras a cea deste sábado, as actividades previstas son:

Xoves 24, sobre as 16.30h: Cantar das Navidades, polas casas.

Venres 25, desde as 10h: Cantar das Navidades, na igrexa e polas casas.

Sábado 26, ás 20h: Coro de Cela no Concerto de Panxoliñas da Asociación Española contra o cancro no Centro Social do Mar en Bueu.

Domingo 27, ás 20h: V Concerto de Nadal, na igrexa de Cela
Cotilleos (0) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 20-12-2009 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Foliada dos Cativos en Bueu
foliada cativos retrouso bueu
Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu.

Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.

Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.

O Concello de Bueu colabora coa iniciativa, inserida no marco das Festas de San Martiño.
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 30-10-2009 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Magosto en Matamá
Este sábado 24 actúan Os Trebellos do Morrazo no magosto de Matamá!


Día 24 de outubro 09 no torreiro da festa de Matamá (Vigo)

PROGRAMACION

16.00h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s
Percorrido por Matamá . Polo camiño actuará o contacontos SAÚL. (A saída será dende o torreiro de Matamá. Se chove faranse actividades na carpa).

18.30h "CODIA E MIOLO" Espectáculo de animación para nen@s

19.30h Reparto de castañas. (Cunha consumición castañas gratis).

20.00h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de instrumentos musicais, xogos tradicionais, maquillaxe para nenos...

22.00h "OS TREBELLOS DO MORRAZO" grupo de música tradicional.


23.00h SERAN POPULAR trae o teu instrumento e participa.

0.00h QUEIMADA
Cotilleos (0) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 22-10-2009 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Horarios Actividades Retrouso 2009/2010
Estes son os horarios confirmados ata o momento.

Renovados a día 10/10/09:

Luns

Salón de actos de Cela
21.15h-23.00h. Coro. Salón de actos de Cela. Carme Pereira

Martes

Escola de Ardán
16.30h-18.00h. Baile Iniciación Ardán. Rubén Bastón.

Escola de Cela
18.15h-19.45h. Baile Iniciación Cela. Rubén Bastón.
20.00h-21.30h. Baile Grupo Maiores. Rubén Bastón.

Salón de actos de Cela
18.00h-19.00h. Acordeón Adultos 1. Teresa Pedrouso.
19.00h-20.00h. Acordeón Adultos 2. Teresa Pedrouso
21.00h-22-00h. Acordeón Adultos 3. Teresa Pedrouso.

Mércores

Salón de actos de Cela
16.00h-17.00h. Acordeón Medianos. Teresa Pedrouso.
17.00h-18.00h. Solfa. Teresa Pedrouso
18.00h-19.00h. Acordeón Pequenos. Teresa Pedrouso.


Xoves



Salón de actos
20.00h-22.00h. Percusión. Alberto Costas.

Venres

Biblioteca de Cela
18.30h-20.00h. Canto Iniciación Infantil. Tania G. Ruibal.

Salón de actos de Cela
18.30h-20.00h. Canto Perfeccionamento I. Guillerme Ignacio.
20.00h-21.30h. Canto Perfeccioanmento II. Guillerme Ignacio.

Sábado

Pavillón de Bueu
10.00h-12.00h. Baile Grupo Maiores. Margarita Pérez.

Salón de actos de Cela
11.00h-12.30h. Gaita Iniciación. Cristóbal Prieto.
12.00h-14.00h. Gaita Grupo. Cristóbal Prieto.

Escola de Cela
16.00h-18.00h. Baile Medianos. Débora Pena.
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 29-09-2009 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Retrouso presenta as súas Escolas Musicais 2009/2010
retrouso, escolas, maria casaleiro, tania garcia, ruben baston
A Asociación Cultural Retrouso estivo esta fin de semana pendurando os carteis da súa planificación de Escolas Musicais para o novo curso 2009/2010.

Retrouso logra manter a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.

Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos. Tania García Ruibal encargarase da iniciación de canto e pandeireta, tanto de adultos, coma o ano pasado, coma de rapaces. Tamén, de xuntarse un número mínimo de alumnos, María Casaleiro estrearase como profesora de iniciación ao baile tradicional para adultos.

O plantel de profesores de Retrouso complétase co gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto, como mestre de gaita; o tamborileiro vigués Alberto Costas, que é o responsable de percusión; Guillerme Ignacio, como docente de canto e pandeireta; a veciña de Beluso Teresa Pedrouso continúa a dar as clases de acordeón e solfa (linguaxe musical), Margarita Pérez e Débora Pena son as responsables das áreas de perfeccionamento de baile; e Carme Pereira continúa como directora do Coro de Cela.

Os horarios repártense de luns a sábado, con horarios máis temperáns para as actividades infantís (entre as 16 e as 19h) e máis adaptados ao horario laboral para as de adultos (a partir das 20h):

Luns: Coro ás 21h
Martes: Iniciación infantil de baile, iniciación adultos de canto, acordeón adultos.
Mércores: Acordeón nenos, solfa, iniciación adultos de baile, perfeccionamento adultos de baile
Xoves: percusión ás 20h
Venres: perfeccionamento infantil de baile, iniciación e perfeccionamento infantil de canto, perfeccionamento adultos de canto
Sábado: gaita, perfeccionamento adultos de baile.

(Cando estean marcados ao 100% os horarios, detallareinos).

As actividades desenvolveranse maioritariamente no Complexo Cultural de Cela, aínda que tamén haberá clases de baile en Ardán (Marín).

As actividades arrincan no mes de outubro.

Para apuntarse, os interesados poden achegarse ás clases, contactar con calquera membro da Asociación, ou chamar aos teléfonos 686 440 108 (Rubén) ou 647 607 467 (Débora).
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 28-09-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tristura por unha morte en Bueu
Desde a Asociación Cultural Retrouso queremos darlle o noso máis sentido pésame á familia do mozo de Bueu, Jacobo, que faleceu este venres á tarde dunha insuficiencia cardíaca. O noso pésame á súa familia, aos seus compañeiros de Manxadoira e aos seus amigos e coñecidos todos.

Tiña tamén en Retrouso moi bos amigos. Sentímolo profundamente.

Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 12-09-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 04-09-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pandeireteiras no Festival no Eirado


As mozas de Perfeccionamento I de canto e pandeireta interpretan unha muiñeira e un pasodobre no Festival no Eirado, o 30 de agosto de 2009 en Cela (Bueu)
Cotilleos (0) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 04-09-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Grupo de pandeiretas Retrouso


O grupo de Perfeccionamento II de canto tradicional de Retrouso fai unha mostra do que aprendeu ao longo do curso con Guillerme Ignacio, cun canto, xota, muiñeira da zona de seráns.
Cotilleos (1) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 31-08-2009 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
free web counter

Vámonos d'aquí pra Cela,
miña cariña de rosa,
vámonos d'aquí pra Cela
qu'esta terra non é nosa