Retrouso :: Beilladores de Cela. Grupos de baile, gaita, canto e pandeireta, acordeón e Coro de Cela


A Asociación Cultural Retrouso traballa desde o 1996 para a dinamización cultural e o enxalzamento do baile e da música tradicional galega no Morrazo.



..:Retrouso:..
retrouso@gmail.com
 ARRÍSCATE...
 FOTORETROUSOTECA
 SECCIÓNS
 PASADO DE MODA
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Retrouso en Estremadura
retrouso, extremadura, actuacions, viaxes, estremadura
Tarde e con poucas fotos (eu teño o vídeo da actuación do día 2, pero ningunha foto máis alá do primeiro día...) subín algunhas imaxes ao novo Flickr de Retrouso (será por ferramentas web, jejeje).

Podedes miralas aquí.
Cotilleos (2) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 12-10-2010 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Horarios das Escolas Retrouso 2010/2011
Martes
18-19h: Acordeón. Xuvenil. Andrea Gómez Navarrete
19-20h: Acordeón. Infantil. Andrea Gómez Navarrete
20-21h: Acordeón. Adultos Grupo 1. Andrea Gómez Navarrete
21-22h: Acordeón. Adultos Grupo 2. Andrea Gómez Navarrete
20.30-22h: Coro. Carme Pereira

Mércores
20-21-30h: Baile. Iniciación adultos. Débora Pena

Xoves
16-17.30h: Baile. Iniciación infantil. Débora Pena
17.30-19h: Baile. Perfeccionamento infantil. Débora Pena
20-21h: Percusión. Iniciación. Alberto Costas
21-22h: Percusión. Perfeccionamento. Alberto Costas

Venres
18-19h: Canto e pandeireta. Iniciación infantil. Tania G. Ruibal
19-20h: Canto e pandeireta. Iniciación adultos. Tania G. Ruibal
19-20.30h: Canto e pandeireta. Perfeccionamento infantil. Guillerme Ignacio.
20.30-22h: canto e pandeireta. Perfeccionamento adultos. Guillerme Ignacio.

Sábado
10-12h: Baile. Perfeccionamento adultos. Miguel Sotelo
11-12h: Gaita. Iniciación. Cristóbal Prieto.
12-13h: Gaita. Perfeccionamento. Cristóbal Prieto

As actividades desenvolveranse no Complexo Cultural de Cela (Bueu).
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 04-10-2010 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Andrea Gómez, nova profesora de acordeón de Retrouso
andrea gomez navarrete, andrea vigo, andrea gomez, retrouso, cantareiras do berbes, vai de baile,
Andrea Gómez Navarrete (Vigo, 1969). Arxentina de nacemento, leva moitos anos en Galicia e vencellada de xeito moi forte á música tradicional da nosa terra. Foi acordeonista no grupo "Cantareiras do Berbés", deu clase de acordeón no Fiadeiro e actualmente na AAVV de Castrelos, en Vigo. Tamén toca na charanga "Vai de Baile" do popular programa da TVG, Luar. Ten unha amplísima formación musical en piano e experiencia en musicoterapia.

Encargarase da escola de acordeóns "Mª Teresa Pedrouso", os martes á tarde, en Cela.
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 04-10-2010 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Miguel Sotelo, novo profesor de baile de Retrouso
miguel sotelo, meche, meche lembranzas, miguel lembranzas, lembranzas da ria, baile, retrouso,
Miguel Sotelo (Cangas do Morrazo, 1983) é, a pesar da súa xuventude un dos mestres máis punteiros no eido tradicional en Galicia. Vencellado a Lembranzas da Ría desde hai anos, participou en ambiciosos proxectos de baile como GS21 e, na actualidade, o Proxecto Trepia (premiado repetidamente pola súa mestura de música, baile e videocreacións).

Despois de pasar o mes de outubro dando clase de baile en grupos galegos no exterior, arrincará en novembro a súa nova aventura en Retrouso.
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 04-10-2010 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Arrinca o novo curso Retrouso
retrouso, blog, grupo, baile galego, baile tradicional, os cochenos, trebellos do morrazo,
A Asociación Cultural Retrouso inicia esta semana o curso 2010/2011 das Escolas Retrouso, cunha ampla oferta de actividades vinculadas á cultura tradicional. Mantense o forte volume de clases programadas, xestionando nada menos que 17 grupos de alumnos e alumnas cada semana.

As actividades son baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral. Todas elas con espazos reservados para iniciación ou perfeccionamento e algunhas consegmentación por idades.

As principais novidades deste curso son a incorporación de Miguel Sotelo como responsableda área de baile, en substitución da viguesa Margarita Pérez; e de Andrea Gómez Navarrete como directora da Escola de acordeóns "Mª Teresa Pedrouso", que desde o falecemento da buenense Mª Teresa Pedrouso o pasado novembro viña sendo xestionada por Manuel Olegario Rodríguez.

Polo demais, Retrouso fixo un enorme esforzo por manter o potente cadro de profesores cos que conta: Guillerme Ignacio (Quempallou, Tear de Llerena) como mestre de canto e pandeireta; Alberto Costas (Os Carunchos) en percusión; Cristóbal Prieto (Tebras do Hío, Pumar e Prieto...) como mestre de gaita e Carme Pereira (Quodlibet) como responsable do Coro de Cela. Tania G. Ruibal dará as clases de iniciación de canto e pandeireta e Débora Pena as de baile.

Todas as actividades se celebran no Complexo Cultural de Cela (Bueu). Ata o de agora o número de matriculados ascende a 125 persoas de toda a península do Morrazo.Os interesados poden achegarse ata as clases nos horarios indicados, escribir a retrouso@gmail.com ou chamar a estes teléfonos: 626 913 849 (Lorena) - 647 607 467(Débora).
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 04-10-2010 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Escolas Retrouso 2010/2011
retrouso, escolas, musica, baile, gaita, percusion, acordeon
Cartel de lanzamento das escolas musicais Retrouso 210/11.

As principais novidades son a incorporación de Miguel Sotelo como profesor de baile e de Andrea Gómez Navarrete como profesora de acordeón.
Cotilleos (0) - Sección: Noticias - Arghallado a golpe de 18-09-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Retrouso participa no 29º Festival de la Sierra, en Estremadura
festisierra, cartel, fregenal de la sierra, retrouso,
O grupo folclórico Retrouso de Cela sairá a madrugada do xoves para o venres, 6 de agosto, cara a localidade de Fregenal de la Sierra, ao sur de Badajoz, en Estremadura. Vai participar nun dos festivais folclóricos históricos a nivel español, a 29º edición do Festival de la Sierra, un evento de relevancia nacional, organizado pola Asociación Los Jateros, membro histórico da Federación Española de Folclore.

Retrouso será o único grupo de baile galego nun festival no que intervirán grupos doutras comunidades españolas como Catalunya (grupo Esbart Fontcoberta de Banyoles), Castela e León (Grupo de Danzas de Cañizal), Castela A Mancha (Coros y Danzas Nazarín de Miguelturra e Agrupación Cristo de la Veracruz de Mora), Andalucía (Coros y Danzas de Peligros) e Estremadura (Coros y Danzas La Serra de Piornal).

Tamén intervirán grupos doutros países como a Illa Martinica (Agrupación Pomme Cannelle), Rusia (Conxunto de danzas e úsica Krasnogorsk), Romanía (Fir de Dor), Turquía (Istambul Folklor Gençlik), México (Ollin Mumpa), Ucraína (Yunist Podillya Folk Dance Group) e a Illa de Pascua (Manavai).

No marco do Festival de la Sierra no que vai participar Retrouso esta fin de semana tamén se celebra unha serie de concertos de música folk e flamenca, con grupos como Matamá Ensemble (Galicia), Arbayá Folk (Estremadura), Rastakeltia (Madrid), Metal Cambra (Valencia) e Aliara (Andalucía).

Retrouso chegará o venres pola mañá a Badajoz. Pola noite realizará un pasarrúas no que amosará a música e a vestimenta propia do Morrazo. O sábado ao mediodía realizará no escenario principal unha actuación de 45 minutos e o domingo ofrecerá para os outros grupos e visitantes un obradoiro de baile tradicional galego.
Festisierra
Cotilleos (3) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 04-08-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Número gañador da rifa
O número gañador da rifa do IX Festival Retrouso foi o 3.659. Rifa verde, para máis señas.

A ver se hai sorte...
Cotilleos (0) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 12-07-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
IX Festival Retrouso
retrouso festival cela bueu o morrazo gaita baile grupo banda
Este sábado, 10 de xullo, a partir das 20.30h, no eirado de Cela (Bueu), actuarán o grupo de gaitas Retrouso, Cravos e Rosas (Portugal), Vai de Roda (Rianxo), o grupo de baile Retrouso e dous grupos folk: o dúo Pumar e Prieto e o cuarteto Os Cochenos.Actuarán o grupo de gaitas Retrouso, Cravos e Rosas (Portugal), Vai de Roda (Rianxo), o grupo de baile Retrouso e dous grupos folk: o dúo Pumar e Prieto e o cuarteto Os Cochenos.
Cotilleos (1) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 06-07-2010 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cuartetos tradicionais en Marín
O Cuarteto Dos Trebellos do Morrazo composto por Cristian Salgado e Álvaro Estevez nas gaitas, no tambor Ivan Estevez é ao bombo Raul Juncal estarán na clausura da VI Mostra de Curtetos Tradicionais de Marin no cal interpretarán pezas do Mestre Landin.

Todos eles compoñentes da A.C.RETROUSO...

Será ás 20.00h este sabado 30/01/10, entrada de balde, no Museo Manuel Torres de Marín.
Cotilleos (0) - Sección: Actuacións - Arghallado a golpe de 28-01-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
free web counter

Vámonos d'aquí pra Cela,
miña cariña de rosa,
vámonos d'aquí pra Cela
qu'esta terra non é nosa