|
|
|
|
| Os mais pequenos de Retrouso |
|
 Beillando a muiñeira os máis pequenos no adro de Ardán (Marín), o 8 de xuño de 2008.
Rubén e Carmen no primeiro plano. |
|
|
|
|
| O camiño dos noivos |
|
 Os noivos pasaron un corredor de música na súa honra. Os convidados uníronse e houbo momentos moi festeiros.
(Acabamos tocando o Asturiaaas paatria queridaaaa...)
Grupo de gaitas Retrouso en Baiona, o 07/06/08. |
|
|
|
|
| Pandeireteiras Retrouso no Corpus de Ardán |
|
 Moita calor e vento. Ardán (Marín). 8 de xuño de 2008.
Irene, Vanesa, Iria P. e Patri. |
|
|
|
|
| Gaita de estudio Retrouso |
|
A finais de maio o artesán e casualmente profesor de gaita Retrouso Cristóbal Prieto entregounos a gaita de estudio que lle encargamos para o grupo.
É de pau violeta, con ronqueta; en Do.
Está destinada a facilitar a aprendizaxe dos alumnos e das alumnas de gaita que aínda non teñan unha de seu.
PD: A colcha non vai incluída, :). |
|
|
|
|
| Retrouso: Maneo en Ardán |
|
 Sacando punto.
Luís, Raúl, Alba e Alexandra no primeiro plano.
Corpus de Ardán, 08/06/08. |
|
|
|
|
| Retrouso: co acordeón no Rocamar |
|
 Kiti, Álvaro, Iván, Fofi e Irene iniciaron a actuación no Restaurante Rocamar, o 7 de xuño de 2008, en Baiona. |
|
|
|
|
| Retrouso coas Cíes ao fondo |
|
 No aparcadoiro do Rocamar, coas illas Cíes de fondo.
07/06/08. Baiona. Grupo de gaitas Retrouso. |
|
|
|
|
| Trío de promesas en Baiona |
|
 Os máis novos do ghrupo, ;). En Baiona, o 7 de xuño de 2008 |
|
|
|
|
| De foliada no Salasón |
|
 Velaí todo o grupo de Perfeccionamento II de canto tradicional, de foliada no Salasón, en Cangas.
Con Guillerme Ignacio, profesor, incluído.
30 de maio de 2008. |
|
|
|
|
| Alberto Coya en Lorient |
|
O gaiteiro do Hío Alberto Coya quedou segundo este ano no XXIII Trofeo McCrimmon de gaita, un dos premios máis recoñecidos a nivel internacional, onde participan gaiteiros de todas as consideradas nacións celtas: Galicia, Asturies, Bretaña, Irlanda, Gales e Escocia.
Esta é a súa actuación.
Primeiro quedou o tamén galego Pablo Devigo (ourensán, malia o apelido... chiste malo) e terceiro o asturiano Pablo Carreira.
Máis información: Malmequer. |
|
|
|
|
|
|
|