| Blog do alumnado de Técnicas de Expresión Escrita do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco |
|
Regueifeiros hainos e hóuboos, e de moita sona, en toda a comarca bergantiñá e algúns célebres tamén no noso concello. Xogando con esta palabra "regueifeiros" e mudándolle o f polo z traendo ao nome a forma Galiza, creamos este reGueiZeiros co que bautizamos o noso blog, ao que lle agoiramos longa e intensa vida. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| O tren que nunca collín |
|
Xa estaba aí o tren. Alá abaixo asomando da nave de ferro e vidro da estación de ferrocarril víanse on vagóns parados. Era hora de tomar a miña decisión, subir ou non subir, deixar a miña desgrazada vida ou voltar ao de sempre. Agarrei a maleta e coas bágoas asomando nos ollos quedei parada.
A xente subía ao tren, pero eu non me podía mover, estaba paralizada. Pola miña mente pasaban tantas cousas que non podía reaccionar. Os minutos pasaban e o meu tempo rematábase.
Quedei en branco e cando quixen recordar, o tren xa se ía afastando; tireime ao chan chorando e berrando, non podía facer nada. Aquel tren xa pasara, non podía cambiar a miña vida, todo seguiría igual…
Noemí Echegaray Suárez (4º B) |
|
|
|
|
| VIVIR NAS NUBES!! |
|
Era unha mañá coma outra calquera; tocou o espertador ás 7 e media, apagueino e quedei 5 minutos máis na cama que se converteron en 45 minutos, xa eran as 8 e cuarto, levanteime apurada, pensando que perdería o autobús, ducheime, vestinme e almorcei rápido, marchei correndo para a parada do autobús e chego xusto para collelo. Un día máis agóbiome ao ir no autobús, todo repleto de xente, e como hai tanto tráfico sígome agobiando porque vou chegar tarde de novo ao traballo. O meu tempo estaba xusto, cheguei e collín o ascensor para ir á oficina, pero, algo raro ocorreu, o ascensor non parou no meu andar, seguiu ata as nubes. Ao chegar, abraiada, saín fóra e vin que alí todo ía con calma, non existía o tempo, todos podían facer o que quixeran e chegar á hora que quixeran. Este foi o motivo polo que quedei a vivir alí e nunca volvín a chegar tarde ao traballo.
Yasmina Castiñeiras Blanco 4º B |
|
|
|
|
| Unha casa abandonada |
|
Daniel ía camiñando por un bosque, e de súpeto, encontrou unha casa abandonada. Aquela casa estaba descoidada, coa pintura toda caída, as xanelas case oxidadas, a porta era de madeira, tiña dúas chemineas, pero era pequena.
Daniel achegouse a ela e probou a abrir a porta para entrar. Estaba desfechada. Entrou e quedou detido por uns instantes observando ata onde alcanzaba a súa vista, nese instante sentiu como se alguén o estivera a mirar…
Decidiu adentrarse e mirar aquela casa abandonada. Entrou no que supostamente era o salón e púxose a mirar un armario que había alí. Atopou unhas cartas de amor que estaban dirixidas a Verónica Sánchez Pastoriza. Estaban todas escritas cunha letra moi deitada e mal feita e case non se entendía o que poñía. Daniel liunas e o que poñía nelas, el tamén o sentía pola súa namorada. Na carta había unha data, o 03/04/05. Ese data era xusto cando el empezou a saír coa súa noiva. Quedou sorprendido,inquieto e pensativo. Gardou as cartas e seguiu observando aquela casa tan misteriosa.
Na cociña non encontrou nada, pero nun dormitorio, viu sobre a cama unha rosa, como se levara moitos anos naquel dormitorio e nada lle pasara. Deixouna ali, nin sequera a colleu, e púxose a mirar a cómoda. Nun dos caixóns encontrou un diario. Nel poñía o que pasara nesa casa no ano 1998. Liuno e asustouse, alí foi onde morrera súa avoa, contáranlle sempre que súa avoa morrera cando el nacera. Pero el estaba seguro de que naquela casa morrera súa avoa.
Cando liu todo o diario e todas as cartas, descubriu que el nacera alí, que súa avoa se chamaba Verónica, aínda que para el se chamara sempre Carmen, e que súa avoa se casara co seu primo. El pensou que por iso, súa nai lle ocultara a súa existencia.
Daniel xa non sabía que facer ante o que acababa de descubrir, pois el, tamén estaba saíndo cunha noiva que era súa prima, e chamábase Verónica…
Ana Fernández Pensado (4ºB)
|
|
|
|
|
| A miña infancia |
|
Tan só teño quince anos pero cambiaron moitas cousas dende que eu era pequena ata agora.
Teño moi bos recordos da miña infancia cos meus amigos, coa miña familia e coa xente que quero.
Agora penso que os rapaces pequenos non o pasan tan ben como en épocas anteriores o pasamos nos.
Por un momento gustaríame volver a ser pequena gozar da vida como facía antes, era unha maneira moi natural de pasalo ben. Cun simple coleiro das verzas faciamos un pau de golf e cunha pelota pequena xogabamos toda a tarde nunha leira preto da casa.
Tamén con carozos das espigas faciamos trasnadas como por exemplo poñelos nos escapes dos coches e cando estes arrancaran, os carozos sairían disparados facendo ruído. Isto mesmo podiámolo facer con varias cousas como pelotas pequenas, pedras,etc.
Xogabamos a moitos xogos: ás canicas, á mariola, ás agachadas, ás carreiras, ao baloncesto, ao fútbol, ao tenis, ao voleibol, a saltar a Comba, ao frontón, ao brilé, etc.
Todos os xogos eran moi naturais porque aproveitabamos calquera cousa que tivésemos a man para xogar. Por exemplo, para xogar ao baloncesto colliamos un caldeiro vello, serrabámoslle o cu e cunhas puntas cravabamolo na parede e facía de canastra; para xogar ao fútbol colliamos catro estacas e espetabámolas na leira e aí tiñamos as porterías; para xogar ao voleibol colliamos dous varais e atabámoslle unha corda e tamén as espetabamos nunha leira e xa tiñamos a rede.
A min nunca me gustaron as bonecas, parecíanme unha "maricallada" e a cada boneca que me daban arrincáballe a cabeza ou agasalláballas ás miñas amigas, veciñas ou primas. Sempre me gustaron máis os “xogos de rapaces”, que non sei porque eran considerados así, como o fútbol, que me gustaba moitísimo e sempre tiña o corpo todo cheo de negróns porque levaba moitos balonazos, tirábame en calquera lugar con tal de atrapar a pelota.
Este afán polo fútbol pode ser que me veña por varias razóns: 1- Porque fun criada entre rapaces, estaba en todo momento con meus primos, que son da miña idade algúns e outros algo máis vellos, e tamén con veciños. Preto de onde eu vivo había rapazas, pero as que eran da miña idade estaban encerradas na casa xogando ás bonecas e as outras eran moito máis vellas ca min e non quería estar con elas.
2- Porque a meu pai tamén dende pequeno lle gustou moito o fútbol e ata xogou nun equipo, o Nantón, que aínda segue habendo equipo e agora xogan algúns primos meus nel.
3-Porque é un deporte fácil de practicar e é moi fácil de xogar. Eu realmente non sei xogar ben pero sei as bases do fútbol: marcar e evitar que marquen.
O que lembro tamén da miña infancia é que todo era máis barato coas pesetas que cos euros. Antes con vinte pesos comprabas vinte ou máis chicles e agora cun euro apenas compras algo. Os futbolíns funcionaban con cinco pesos e agora en case todos os bares funcionan cun euro, aínda que tamén hai algún que funciona con cincuenta céntimos.
Eu de pequena era, agora xa non, unha rapaza moi traste, inquieta e, como me dicía miña avoa, "non me paraba o cu no niño". Todos os días me poñía como unha porquiña por andar polo chan, por xogar na lama, etc.
Miña nai non ganaba para roupa comigo. Sempre rompía algún pantalón ou algunha camiseta e por suposto as saias. Na miña casa sempre lle gustaba que eu andivese de saias pero nunca me levei de todo ben con esa prenda de vestir. Penso que non hai veciño ningún que non soubese que bragas tiña cada día. Non o digo por cousa mala pero e que se vas en bicicleta con saia é como se lavaras o aire acondicionado a todo dar e iso na saia fai que esta se levante.
Gústame moito ver fotos que teño de cando era pequena aínda que a verdade é que non teño moitas... debe ser porque rompía as cámaras todas e diso que antes era máis guapiña ca agora e tiña uns rizos dourados e unha cara de anxiño que cando me miro o espello digo: Todo o que fomos e o pouco que somos, carallo!
Cada vez que miro as fotos da comuñón de miña irmá venme a risa. Ese día foi o 17 de agosto do 97, é dicir, hai dez anos.
A culpa de que eu rompese toda a roupa que levaba posta é de miña nai. Eu xa lle dicía que non me encontraba a gusto coa roupa pero tívena que levar igual. Cando saquei a foto con miña irmá tiña a chaqueta posta pero na seguinte que aparezo con meus pais e con ela xa estou sen chaqueta. No restaurante, polo que me acordo e polo que me contan na casa, rompín a saia toda e acababa de estrear a roupa. A min picábame esa saia, era incómoda.
Os nenos de agora nacen e xa están coa play station na man ou coa game boy e non saben outra cousa máis que estar coas novas tecnoloxías. Non vés a ninguén pola rúa saltando a comba, xogando ás carreiras nin nada.
Cambiou todo moitísimo, incluída eu!!
Ana Mouro Rial (4ºC) |
|
|
|
|
| Castellanos de Castilla por Juan Pose |
|
Castellanos de Castilla,
mirade de redor,
mulleres guapiñas
témolas nós.
Cando pase unha galega,
Disimulade un pouco,
En vez de babexar por ela,
Contádelle un conto.
Cando pasen galegos,
Estade calados,
Non debedes ter medo
Pero tampouco provocalos.
Se vos metedes cun compadre
Que sexa de Boiro,
O máis probable
É que quededes en coiros.
Se son unhas nenas
E son de Camariñas,
igual as lapadas
volas dan súas tías.
Fóra do territorio,
Por exemplo en Ponferrada,
Entenden o galego,
Incluso hai quen o fala.
Se te metes cos galegos,
Anda con coidado,
Collémoste polos pelos
E o que dixeches, trágalo.
Pódese falar en galego
E tamén en castelán,
O que conta é empregar
Os dous por igual.
No caso do galego,
Coma no do catalán,
Cando saes do territorio
Múdalo polo castelán.
Mentras estás no territorio
Que nin se che ocorra dubidar,
o idioma propio
haino que conservar.
Tampouco fagas caso
De ditos deste tipo:
"Os idiomas de labregos
Non son idiomas dignos".
Creste o máximo
Por falar en castelán?
Ensínoche eu galego,
Quérelo falar?
Queda tranquilo,
Non cho penso ensinar,
Unha lingua como a túa
Non o pode catar.
Se queres aprender
Un idioma polivalente
Aprende galego
Que é suficiente.
Temos unha bandeira,
Temos un himno,
Quen di que ser de Galiza
Non é algo digno?
Nós só queremos
Unha oportunidade,
O que nós pedimos
É igualdade.
En que se basean
para criticar o galego,
podémoslle contestar
pero odiamos facelo.
Eu prefiro escribir en galego
Rimas a moreas,
Se non che gusta o meu idioma
Rabearás cando as leas.
Atrévete a plaxiar
Estas rimas que compuxen,
En galego non é fácil
E en castelán non as fixen.
Se tentas cambiar
O meu punto de vista
Tiradeira en galego,
Sabes ó que te arriscas?
Mellor que o saibas
E non se che olvide,
Como a teña que compoñer
Oirase ata en Melide.
Ata tres xeracións,
Mencionarei nunha liña,
Toda a túa familia
Sentirase ofendida.
Invítote a ti
A continuar estas rimas,
Se non sabes que poñer
Por que non miras,
Naqueles recordos
Que che fan sentir morriña,
De tempos mellores
nos que na túa lingua todo o decías?
POR:
Juan Pose Pose |
|
|
|
|
| Mil razóns polo galego para mil primaveras máis |
|
Co motivo da convocatoria para a manifestación de onte en Santiago para reclamarmos o noso dereito a vivir en galego, o alumnado do centro recollemos algunhas das nosas razóns para apoiar o manifesto e engadir algunhas propias. Aí van.
Podedes seguir engadindo razóns escribindo algún comentario.
1. Porque é a miña lingua
2. Pola memoria dos devanceiros que nola cederon como legado.
3. Para gozarmos da poesía de Rosalía, Cabanillas ou Celso Emilio Ferreiro.
4. Porque eu nunca serei yo.
5. Porque nos permite comunicarmos con millóns de persoas sen dificultade ningunha desde o Brasil até Cabo Verde ou Portugal.
6. Porque son galega.
7. Porque me gusta
8. Porque é amazing
9. Porque é o que falan meus avós
10. Porque me sinto identificada con el
11. Porque é o noso idioma.
12. Porque me sinto distinta falando galego
13. Porque é o meu idioma materno
14. Porque se non, a ver como entendes a Rianxeira, ou a de "E vai e vén" ou a do Piripimpim!!
15.Porque é meu,e tampouco esquezas que é teu.
16.Porque Galicia sen galego non sería nada.
17.Porque o galego é tan importante coma outra lingua.
18.Porque a festa sen galego non ten diversión.
19.Porque Galicia é Galicia e hai que falar galego.
20..... |
|
|
|
|
| Ponte ao meu lado |
|
Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués.
Aquí tes a letra da canción e podes ver un fragmento dela na ligazón que tes abaixo:
PONTE DO MEU LADO
A ponte serve para atravessar
A ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
A ponte serve para nos juntar
A língua serve para falar
A língua serve para beijar
Quem nos fala ao coração
E nos segura a mão
A língua serve para nos juntar
Refrão:
Ponte deste lado,
A ponte que me leva aí
Põe-te ao meu lado
E fico pertinho de ti
Dentro de pouco haberá até versión karaoke!!!
|
|
|
|
|
| Unidade didáctica de Álvarez Blázquez |
|
 Tedes aquí unha unidade didáctica sobre Álvarez Blázquez para coñecer un pouco da vida e da obra do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Preme na ligazón de abaixo e tenta facer as actividades. |
|
|
|
|
| Contacontos de Celso Fernández Sanmartín |
|
O xoves andou polo centro un contador de historias ben gracioso e animado, Celso Fernández Sanmartín. Chegou das terras de Lalín para nos contar unha chea de historias herdadas da súa avoa e doutros maiores que tanta sabedoría teñen para transmitirnos.
Estivemos encantados con el. Os de 1º e 2º non nos moviamos das cadeiras nada máis que para aplaudir. E os do segundo ciclo igual. Que entretidas as súas historias de meios-pitos que lle reclaman diñeiro ao rei, de lobos que se queren enfrontar aos homes, de ladróns aos que lles mexa Antoniño por riba e nin se decatan, ou do home que morreu por non querer comer menos de dous ovos!!
Quedamos con ganas de máis, así que a ver cando nos volve visitar!! |
|
|
|
|
| I Campionato Escolar de Trivial.Gz |
|
A ASPG organiza este primeiro campionato de Trivial GZ no que se poderán matricular todos os alumnos e alumnas da ESO matriculados en calquera centro escolar de Galiza. Deben cubrir os datos que se recollen na ficha. Para calquera dúbida pode contactar coa organización neste correo trivial.gz@as-pg.com.
O gañador ou gañadora será o que ocupe o 1º posto con máis puntos na calsificación.
O campionato desenvolverase entre o 15 e o 22 de maio e non se permitirán máis de 10 partidas diarias.
Para se inscribir poden facelo entre o 7 e o 14 de maio.
Estabeleceranse 4 premios de 90, 60, 30 e 20 €.
Premede na ligazón de baixo para accederdes ao Trivial gz |
|
|
|
|
|
|
|
|
|