Rede de Mulleres Veciñais Contra Os Malos Tratos


Asociación REDE de Mulleres Veciñais Contra Os Malos Tratos
Dende o ano 1997, a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información ás mulleres en materia de violencia de xénero.

O traballo que ímos desenrolando, sempre realizado dende unha perspectiva de xénero, enmárcase en catro eidos:

o A sensibilización e prevención, difundindo os valores de igualdade entre as persoas, coa realización de obradoiros en centros de ensino fomentando a coeducación.
o Reincorporación social, promovendo o benestar e a mellora da calidade de vida das mulleres, a través de proxectos que abarcan a área psicolóxica, física e social.
o A asistencia e o acompañamento a mulleres que sufren violencia de xénero fortalecendo a rede asistencial dos servizos sociais municipais.
o A formación en materia de violencia de xénero, promovendo foros e debates de discusión.

Contacto
redemediadorasvigo@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS

VIDEOFÓRUM
A rede organiza o 1º Videofórum no Centro de Documentación Feminista o día 25 de maio ás 18:00h.


En conmemoración do día das mulleres anti-militaristas

Película: "AS TARTARUGAS TAMÉN VOAN"
Director: Bahman Ghobadi
Tema:
Fronteira entre Irán e Turquía. Os seus habitantes sobreviven recollendo as minas antipersoas e pendentes do inicio da guerra entre Iraq e Estados Unidos...


Centro de Documentación Feminista
Biblioteca Pública Central
Rúa Joaquín Yáñez, 6-2ºAndar.
VIGO

Colabora: Concellería de Igualdade de Concello de Vigo.



Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 21-05-2010 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 21-05-2010 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ENCONTRO NACIONAL
VENRES 23
18.00 CHEGADA A PANXÓN
18.30 INAUGURACIÓN DO ENCONTRO
19.00 PRESENTACIÓN DO ENCOENTRO E DOS COLECTIVOS PARTICIPANTES
20.30 CEA

SÁBADO 24
10.30 RELATORA MÓNICA BAR CENDÓN
"FEMINISMOS: PASADO E PRESENTE"
FILÓLOGA INVESTIGADORA FEMINISTA E AUTORA DO LIBRO FEMINISTAS GALEGAS, CLAVES DUNHA REVOLUCIÓN EN MARCHA

11.15 DEBATE
12.00 DESCANSO
12.15 RELATORA AMADA TRABA DÍAZ
"RELACIÓN AFECTIVO - SEXUAL"
LICENCIADA EN CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIOLOXÍA POLA UNIVERSIDADE COMPLUTENSE DE MADRID. ACTUALMENTE PROFESORA ASOCIADA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

13.00
DEBATE E PREPARACIÓN DOS GRUPOS PARA OBRADOIROS

14.00 XANTAR

TEMÁTICAS DOS OBRADOIROS

SAÚDE AFECTIVO -SEXUAL
VIOLENCIA DE XÉNERO
FEMINISMOS

LUGAR DE REALIZACIÓN: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
INSCRIPCIÓN E ESTANCIA GRATUITAS
PRAZAS LIMITADAS
INSCRIPCIÓN POR ORDE DE CHEGADA
+ INFO 670.45.34.31 / 986.22.23.28
Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 23-03-2010 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CURSO MEDIADORAS 2010

CURSO DE FORMACIÓN DE MEDIADORAS 2010


LUGAR DE REALIZACIÓN: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO, R/ OLIVA, 12. Fronte a Colexiata.

HORARIO: 18:00 - 21:00


+INFO NOS TELS. 986 22 23 28 / 670 45 34 31



Primeiro ciclo:

Adicado a coñecer a labor que realizan os/as diferentes profesionais que atenden ás mulleres vítimas de violencia de xénero e estará aberta a todas as persoas que estén interesadas. O horario será de 18.00 a 21.00 h.



- Día 6 de abril: este día os e as ponentes serán representantes das forzas de seguridade como a Garda Civil, o Corpo Nacional de Policía, a Policía Local de Vigo e a Autonómica.



- Día 7 de abril: as ponencias correrán a cargo de profesionais que exercen a súa actividade nos Xulgado de Violencia de Xénero de Vigo: médica forense, avogada, fiscal e xuíz de violencia.



- Día 8 de abril: o último día da primeira fase do curso as ponentes serán unha técnica da Secretaría Xeral de Igualdade e tres traballadoras do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller: a psicóloga, a avogada e a traballadora social.



2º Ciclo: días 13, 14 e 15 de abril, destinada soamente ás mulleres interesadas en participar como voluntarias na Rede, e a ponente será unha psicóloga clínica que impartirá todas as sesións para a formación específica das futuras mediadoras.





AGRADECEMOS DIFUSIÓN







Organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO



Subvenciona: CONCELLERÍA DE IGUALDADE - CONCELLO DE VIGO



Colabora: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - CONCELLO DE VIGO
Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 23-03-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Benvid@s ó 2010
A Rede quere darvos a benvida a este novo ano 2010, esperando dende aquí, que veña cargado de paz, felicidade e que a igualdade deixe de ser unha esperanza e se convirta nunha realidade.

Feliz 2010!!
Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 11-01-2010 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONCENTRACIÓNS MENSUAIS
Dende o ano 2000, a Rede deu un importante paso, conseguir, que un día o mes se sinta na rúa a voz das mulleres en contra da violencia de xénero. O último xoves de cada mes, a Rede, en coordinación coas demáis mulleres do Estado, convoca publicamente a súa concentración mensual no centro da cidade.Nela, dáse a coñecer a realidade das mulleres maltratadas, e denúncianse os asasinatos por malos tratos e as agresións a mulleres froito da violencia de xénero.
Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 24-11-2009 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MESAS INFORMATIVAS
A realización de Mesas Informativas da campaña contra a violencia, do Concello de Vigo e a Rede, na cidade, estanse levando a cabo dende os días 13 e 14, así como os días 20 e 21 de Novembro, e tamén haberá o próximo día 12 de Decembro, en diferentes puntos da cidade.

Estas mesas acercan á cidadanía a problemática da violencia de xénero, ofrecendo información sobre os aspectos máis importantes que se producen no maltrato, visibilizando o traballo que está a Rede, as actividades que estamos levando a cabo e ofrecendo unha guía de recursos e de servizos para unha información cercana e unha participación activa de toda a cidadanía.
Comentarios (0) - Categoría: REDE - Publicado o 23-11-2009 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal