Dende o ano 1997, a Rede de Mulleres ven traballando na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos, así como na formación e información sobre xénero.
O traballo realizado dende unha perspectiva de xénero, enmárcase en catro eidos:
- Sensibilización e prevención, difundindo os valores de igualdade entre as persoas.
- Reincorporación social, promovendo benestar e a mellora da calidade de vida das mulleres.
- Asistencia e acompañamento a mulleres que sufren violencia de xénero.
- Formación en materia de xénero.
|
|
| Contacto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| MULLERES ASASINADAS NO ANO 2010 |
|
o número de mulleres asasinadas recollidas pola Rede foi de 114
o número de asasinatos recollidos oficialmente é de 75.
esta diferenza se debe a que a Rede tamén contabiliza o asasinato de menores, en casos por exemplo de pederastia, ou de mulleres que están exercendo a prostitución.
a gráfica representa os países de orixen das mulleres asasinadas. |
|
|
|
|
| VIDEOFÓRUMS |
|
MARTES 25 DE XANEIRO
“LA TETA ASUSTADA”
DIRECCIÓN E GUIÓN: Claudia Llosa
MÚSICA: Selma Mutal
FOTOGRAFÍA: Natasha Brier
REPARTO: Magaly Solier, Susi Sánchez, Efraín Solís, Marino Ballón, Antolín Prieto
Fausta (Magaly Solier) padece de "La teta asustada", unha enfermidade que se transmite polo leite materno de mulleres maltratadas durante a época do terrorismo no Perú. Os infectados nacen sen alma, porque do susto escondeuse na terra, e cargan un terror atávico que lles illa por completo. Pero Fausta esconde algo máis; garda un segredo que non quere revelar, ata que a súbita morte da súa nai desencadeará feitos inesperados que transformarán a súa vida e a doutros.
XOVES 17 DE FEBREIRO
“TIERRA DE MUJERES. Mujeres indígenas en Chiapas”
O PAPEL DAS MULLERES É CLAVE EN TODAS AS LUITAS SOCIAIS
Documental Tierra de Mujeres
Dirección: Adriana Estrada
Fotografía de Noé Pineda, Adriana Estrada, Sergio Franco y Ana Hernández
Guión de Adriana, Carlos y Noé
Edición de Noé Pineda y Adriana Estrada
Esta iniciativa pretende achegar á cidadanía a realidade das mulleres desde unha dobre vertente. Unha, a feminización da pobreza, é dicir, as mulleres como principais vítimas de situacións de desigualdade, inxustiza, pobreza extrema e vulneración dos dereitos máis básicos. A segunda, a feminización do desenvolvemento, destacando o papel que desempeña a muller no proceso de desenvolvemento das comunidades nas que habita.
MÉRCORES 9 DE MARZO
“EL NIÑO PEZ”
DURACIÓN 96 min.
PAÍS Arxentina
DIRECTORA Lucía Puenzo
REPARTO Inés Efron, Mariela Vitale, Carlos Bardem, Arnaldo André, Pep Munné, Diego Velázquez, Sandra Guida, Julián Doregger
SINOPSE Lala, unha adolescente que vive no barrio máis exclusivo de Buenos Aires, está namorada da Guayi, a criada paraguaia que traballa na súa casa. Soñan con irse a vivir xuntas a Paraguai, a beiras do lago Ypoá. O asasinato do pai de Lala apura os seus plans. Este é o punto de partida que apura a fuxida na ruta que une o norte de Buenos Aires con Paraguai.
|
|
|
|
|
| BoAs FeStAs!!! |
|
 |
|
|
|
|
| CONCENTRACIÓN |
|
LIBERTADE PARA SARA!!!!!
a Rede ven acompañando e traballando neste caso dende fai anos,
Agardamos que acudades á concentración.
para calqueira consulta sobre o caso podedes contactar coa Rede ou consultar a seguinte páxina:
http://www.violencia-iecs.blogspot.com/
data concentración: domingo 26 de decembro
hora: 17.30 h.
lugar: Museo Marco.
|
|
|
|
|
| RUTA ROSALIANA |
|
DENDE A REDE QUEREMOS CONVIDAROS A REALIZAR CONNOSCO A RUTA ROSALIANA
Data Sábado 18 de Decembro do 2010.
aberto á participación de todas as persoas que queiran participar.
unha viaxe a través das paisaxes que coñeceu Rosalía de Castro, a través dos seus poemas, e conmemorar que se cumplen 125 anos da morte de Rosalía.
iremos acompañadas/os dunha guía especializada.
ITINERARIO.
DE MAÑÁN
Saída : ás 10.15, dirección a Padrón.
Chegada a Padrón ás 11:30 horas // Visita a Casa Museo de Rosalía.
A Casa Museo de Rosalía e despois percorrido polas rúas de Padrón e puntos emblemáticos relacionados coa poetisa.
Xantar ás 14:30 nun restaurante en Padrón
DE TARDE.
Iniciamos percorrido en autobús ás 16:00 dirección .
San Xulían de Bastavales .
Visita o Panteón Dos Galegos Ilustres no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela ofrenda florar e leitura de poemas.
Regreso ás 19:00 chegada a Praza da Príncesa ás 20.30.
INSCRICIÓN NA REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS
TEL. 986 22 23 28 / 670 45 34 31
PREZO TOTAL: 6 EUROS
|
|
|
|
|
| VIDEOFÓRUM |
|
XXY
XOVES 16 DE DECEMBRO DO 2010
18:00h.
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN FEMINISTA (Joaquín Yáñez, 6 - 2º. biblioteca pública central. casco vello)
Alex é unha adolescente de 15 anos que esconde un segredo. Pouco tempo despois do seu nacemento os seus pais decidiron instalarse nunha cabana illada nos arredores de Piriápolis. A historia comeza coa chegada dunha parella de amigos que veñen desde Buenos Aires co seu fillo adolescente Álvaro.
http://www.puenzo.com/xxylapelicula/main.html
|
|
|
|
|
| CONCENTRACIÓN |
|
Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 28 de outubro, ás 20:00 h. na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.
Desta vez unha persoa representante da Asociación MULLERES PROGRESISTAS lerá o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres vítimas da violencia de xénero.
Lembramos que as mulleres asasinadas no que levamos de ano xa son 80.
Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.
Agradecemos a súa difusión e a vosa asistencia.
|
|
|
|
|
| VIDEOFÓRUM!! |
|
Fucking Åmål
Fucking Åmål (1998) é unha película sueca de temática lésbica de baixo orzamento, escrita e dirixida polo cineasta sueco Lukas Moodysson (a súa primeira longametraxe), e protagonizada por Alexandra Dahlström (Elin) e Rebecka Liljeberg (Agnes). Estreada o 23 de outubro de 1998, foi gañadora de catro Escaravellos Dourados (equivalente sueco do Óscar) nos Premios Suecos de Cinema en 1999. Gañou tamén varios premios internacionais, entre eles o premio Teddy no Festival de Cinema de Berlín en 1999.
DATA: 20/10/2010
HORA: 18.00H.
LUGAR: CENTRO DE DOCUMENTACIÓN FEMINISTA, na Biblioteca Central de Vigo, na rúa Joaquín Yáñez, 6-2º andar |
|
|
|
|
| OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO PARA PROFESIONAIS |
|
DENTRO DO PROGRAMA CAMIÑOS Ó BO TRATO convocamos agora ós e ás PROFESIONAIS que traballan en ámbitos relacionados coa atención ás mulleres ou á poboación en xeral, para asistir ó obradoiro sobre formación en xénero e máis específicamente en violencia de xénero.
DÍA: 27 DE OUTUBRO
LUGAR: Centro Cívico Casco Vello
HORARIO: de 18:00 a 21:00H.
PODEDES FACER A INSCRICIÓN NO TELÉFONO:
986 22 23 28
AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!! |
|
|
|
|
| PROGRAMA CAMIÑOS Ó BO TRATO |
|
A situación en relación á violencia contra as mulleres é moi complexa, xa que cada día espertamos con algunha nova sobre agresións e asasinatos, polo que cremos que temos que camiñar xuntas e co compromiso dos homes nesta loita polos dereitos humanos. Para elo a Rede pon en funcionamento “CAMIÑOS Ó BO TRATO” un novo proxecto, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, sobre formación en violencia de xénero.
As temáticas serían as seguintes:
. FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO:
- Estereotipos sociais e culturais.
- Evolución da personalidade. Identidade feminina e masculina.
- Malos Tratos: vínculo e ciclos.
- Persoa maltratadora perfil e estratexias de violencia.
- Nenas/os, mozas como vítimas de violencia.
- Detección temperá.
Os obradoiros serán de 3 horas de duración en horario de 18:00 a 21:00., no Centro Cívico Casco Vello, ou nun local designado polo colectivo que solicite o curso. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|