Un ano máis os Trebellos do Morrazo fomos de foliada a festa do Tinta Femia de Cela,,,
Mañan Sabado voltaremos a facer máis festa,,
Por certo estrenamos Acordeon,,como soa.
Do 3 o 11 de xullo vai ter lugar a XXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo en Cangas
Dentro do programa da Mostra o domingo 5 de xullo Teatro de Ningures vai representar, abrindo esta mostra, a obra "Desembarco dos Turcos. María Soliño", combinando música, teatro, danza e loita escénica. Comenzará as 22:30 hs no peirao, e se desenvolverá polas rúas do casco vello da vila.
A música orixinal é de Xosé Pumar, e os músicos que participan son:
Os Chichisos, con enderezo en Rúa Riestra 6, 36001 Pontevedra, con CIF G36555191, e inscritos no Rexistro de asociacións da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co número2007/010692-1.
Como cada ano cando chega o verán, a nosa terra énchese de festas e romarías, e con elas o son das gaitas volve soar por camiños, corredoiras, adros, prazas e rueiros. Non hai acto festivo que se digne de selo que non conte co seu respectivo grupo de gaiteiros. E como cado ano, volveremos presenciar exemplos de tratos indignos, de menosprezos e de fallas de respecto cara a aqueles que son depositarios e transmisores da nosa música máis tradicional e auténtica, contra aqueles valedores da música da alma do pobo galego. Por iso, como cada ano, cómpre lembra-lo chamamento pola dignidade dos gaiteiros que o grupo de música tradicional Os Chichisos fixo no seu día. Así que velaí vai ese chamamento gaiteiro: que rule, que se difunda, que sirva para algo e lembrade Non sen o noso nome!!
Os Chichisos FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS E DOS MÚSICOS TRADICIONAIS:
¡ NON SEN O NOSO NOME !
Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma.
Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen.
Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros.
Rematemos co anonimato no país das gaitas. Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparece-lo dos gaiteiros; e se non, non tocamos.
Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome.
Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON.
NON sen o respecto que merece todo músico tradicional.
NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música.
NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra.
NON tocaremos se non figuramos no cartel. Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo:
Os Trebellos do Morrazo, estuvemos un ano mais invitados a comida das Amas de Casa de Catoira,é xa van catro..gracias a todas en especial á Presi..Merchi..
O SABADO 27 DE XUÑO AS 18 HORAS FESTIVAL FOLCLORICO
-AGRUPACION CULTURAL E XUVENIL AILOLA (BOTOS LALIN)
-BANDA DE GAITAS ESTIVADA (CALO-TEO)
-O GRUPO DE PANDERETEIRAS VAL DE MAÍA (AMES)
-AGRUPACION CULTURAL O PEDRÓN (PADRON)