EXCURSIÓN Ó PARQUE DO GERÊS –LAMAS DE MOURO
por Rocío Lusquiños
Excursión ó Parque Do Gêres...¿Como a poderiamos describir? Foi tan divertida que resulta difícil atopar as palabras axeitadas...
Ben á primeira hora da mañá saímos do instituto no bus que nos levaría a Portugal. Os escollidos nesta ocasión eramos alumnos de 3º do Eso, e os de 1º do ciclo formativo de deportes e dous profesores, Paqui e Víctor. A pesar de que as viaxes adoitan ser bastante aburridas, esta non o foi en absoluto. Estivemos a cantar toda a viaxe e tamén contando chistes,... Foi unha viaxe moi colectiva, quero decir, na que todos compartimos xogos, cancións, risas…..
Ó chegar ó Parque Do Gêres comezamos a nosa longa pero divertida camiñada. Ó comezo percorremos un pequeno camiño no que nos atopamos vacas, cabalos, ovellas...Ese camiño foi o que nos levou ata un pequeno regato desde o que se vía unha montaña relativamente alta.
"Bah, se soamente hai que subir iso, o camiño non será para tanto!"-pensamos.
Así que dispuxémonos a subir pola aba da montaña. Ó chegar o cume, albiscamos a seguinte, que xa presentaba un pouco máis de dificultade cá anterior. Despois desa había outra, e outra, e outra máis. Despois de todas esas montañas case todos estabamos xa coa lingua caéndonos da boca. Os máis e os menos estabamos cansos, pero iso si, todos iamos cun sorriso na cara. Estabamos a rir todo o tempo, case a cada momento, e iso facía o noso camiño máis levadeiro.
Pódese decir que xa notabamos o cansazo, e o radiante sol que ía ese día non nos axudaba moito...Pero.. ¡¡por fin chegamos a unha baixada!! ¡Pero non vos confundades co termo "baixada"! Cando digo "baixada", refírome a unha leve inclinación un descenso de apenas 20 metros... Despois diso, xa case recuperarámos o alento, a pesar de que por algures aínda se escoitaban moitos bufares...
Como é normal, despois desta leve depresión do terreo (como se di en Sociais), tocabanos outra subida máis. Esta non foi tan mala de levar, ¡pero xa lle chegaba ben! despois de subir, e subiir, e subir, chegamos ó cumio definitivo . estabamos a 1200 metros e un vento xeado refrescaba a toda a tropa que viña chea de calor. (¡Que ben!) Xa desde ben atrás víase un profesor (non do noso grupo) sobre unha rocha, e xa levaba bo tempo alí, así que pensamos:
-"¡Xa rematamos! ¡Chegamos por fin!"
Pero ó estar arriba na chaira á que chegaramos con tanto esforzo, démonos conta de que alí ían facer un parque eólico e aquel profe estaba para sinalar ós sendeiristas por onde continuaba o camiño.
O percorrido non chegara ó seu fin ... As nosas esperanzas derrubáronse e a luz liscou dos nosos ollos tan rapidiño como viñera.
Pero, a verdade é que o seguinte tramo non estivo tan mal. Chegamos a unhas rochas onde descansamos un pouquechiño, e rápidamente vimos o que se aveciñaba á nosa fronte. ¡¡Todo baixada!!
Debuxóusenos na cara un fermoso sorrisiño de alivio...Non era para menos...
Baixamos tooooda a montaña (que xa era bastante camiño). Tiramos moitísimas fotos. ¡¡Ata cos profesores!! (Pouco fotoxénicos, por certo..Jaja).
Percorremos varios camiños ata chegar á estrada. Fomos cantando cancións típicas de Galiza e tamén algunhas que sabiamos en portugués para honrar o país que estabamos a visitar.
E... Por fin chegamos ó noso destino.
Foi chegar e encher. Déronnos unha botelliña de auga (bastante quente, pero no hai que pór pegas aínda por riba), unha mazá e un bocadillo ¡delicioso! de leituga e pavo. Moi rico e nutritivo. Sentamos todos a comer no fermoso parque chamado Lamas de Mouro. Estábase xenial. Un sol de ferver, unha brisiña de aire fresco e risas cos amigos mentres descansabamos do noso "paseíño".
Os profesores deixáronnos ó noso aire e nós xogamos ás cartas, mollámonos coa auga... Acabamos empapados (sorte que xa todos levaramos bañador (ou bikini) e roupa de cambio). Alí tamén podiamos divertirnos doutras formas. Había organizados diversos xogos populares como a petanca, etc.
No sitio onde estabamos tamén había un pequeno río, pero a súa profundidade non era suficiente como para bañarnos nel (malia as nosas ganas). Tamén había unha tenda onde podiamos mercar xeados e otras cousas.
Pero todo o bó remata, e nós tiñamos que irnos. Salvada unha ínfima distancia desde o parque ata o bus iniciamos a volta á casa.
Todos iamos cantando e vendo pola ventá a bonita paixase que deixabamos atrás.
A verdade é que esta experiencia serviunos a todos de moito. Nesta viaxe non había "grupiños" como hai sempre no instituto. Cadaquen ía con quen quería. Algúns (ou/e algunhas) afastábanse un pouco e falaban das súas cousas, outros quedaban todos en pelota xogando... Esta actividade valeuse para que todos reforzaramos máis a nosas amizades.
Así que ademais de ser unha excursión didáctica e lúdica, foi tamén unha excursión que nos permitiu mellorar as nosas amizades.
O certo é que por moito que nos queixaramos, pasamolo de marabilla, e o percorrido non foi para tanto. Eu creo que a maioría repetiriamolo.
Foi unha experiencia que, espero, ningún xamáis olvidaremos.
FIN |