|
|
|
APLICACIÓNS VARIADAS |
|
O AZAR E A PROBABILIDADE
Aplicación para traballar o azar e a probabilidade con nenos dos primeiros ciclos de primaria.
MAteMáTiCaS_ PRIMARIA
No seguinte enlace atoparedes unha ampla variedade de actividades de matemáticas para traballar os números, a xeometría, o cálculo,...
PROBLEMÁTICAS
Problemáticas Primaria é unha aplicación adicada ás Matemáticas. Preséntanos unha ampla galería de actividades que axudarán ós alumnos a fomentar aspectos formativos tales como: razoamento; capacidade de acción simbólica; curiosidade; creatividade, perseverancia e exhaustividade.
XOGANDO COAS REGRETAS CUISENAIRE
Aplicación educativa e interactiva para aprender matemáticas coas regletas. Unha nova forma de aprender e divertirse coas regretas dixitais.
"LA DECENA"
Esta aplicación pódese descargar do seguinte enlace, trátase dun archivo zip onde se presentan dez actividades sobre os conceptos fundamentais de numeración e operacións para o primeiro ciclo de primaria.
As actividades abarcan dende contar ata a resta levando.
|
|
|
|
RECURSOS RELACIONADOS CÓ AUGA |
|
Boa aplicación interactiva para aprender e xogar có ciclo do auga.
Interesante video educativo "Historia del ciclo del agua":
No seguinte enlace atoparás varios xogos sinxelos para arender a aforrar enerxia, pintar, reciclar e aforrar auga na casa. Está dirixida aos nenos do primeiro ciclo de primaria:
Na páxina web de discoverykids atoparedes moitos xogos divertidos para nenos de tódalas idades. |
|
|
|
FONDO LECTOR |
|

Esta aplicación informática está deseñada por un mestre de primaria có obxectivo de reforzar e motivar aos alumnos na lectura; traballa a formación de frases, ordear secuencias de frases, a comprensión lectora, os sinónimos, os antónimos e as familias de palabras.
|
|
|
|
MI MUNDO EN PALABRAS |
|
Neste enlace atoparedes unha aplicación didáctica interactiva para o aprendizaxe de vocabulario. Está estruturada en módulos de actividades, dirixidas a nenos de entre 7 e 9 anos, que traballan o léxico en contextos infantís: a escola, o parque, a familia, os xogos, a casa, os animais...
|
|
|
|
A OCA MATEMÁTICA |
|
É unha aplicación na que os alumnos poden mellorar o coñecemento e a axilidade nas operacións de multiplicación.
|
|
|
|
XOGA CON TICA E TACO |
|
Aplicación protagonizada por dúas mascotas, a galiña Tica e o cadelo Tapo, que invitan aos nenos a resolver sinxelos problemas matemáticos formulados a partir da suma ou resta de elementos como ovos, grans, ósos, ovellas...
Ponse o acento na perfecta compresión dos problemas formulados antes de proceder á súa resolución. Tras as dúas seccións protagonizadas, respectivamente, por cada un dos personaxes, ofrécese un apartado,
«Xogar con Tica e Tapo», que inclúe xogos para realizar na pantalla (localizar diferenzas) ou con papel.
|
|
|
|
|
|
|