Blogue de Primeiro A e B da Cia. de María Ferrol
Este blogue pretende ser un recurso para os pais/nais e especialmente para os nenos de primeiro e segundo de primaria. Nel atoparedes unha ampla selección de recursos educativos para imprimir e para xogar online.
Ademais na entrada de "AXENDA..." atoparedes exercicios especificos sobre a materia que estamos a dar en 1º de primaria.

Silvia e Consuelo
 CONTIDOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OPERA INFANTIL: A PEQUENA FRAUTA MÁXICA NO TEATRO JOFRE O 26 DE DECEMBRO
A Pequena Frauta Máxica é unha adaptación que a compañía Ópera Divertimento realizou sobre a ópera de Mozart para facer chegar a música clásica ao público familiar.


Data: 26/12/2012 ás 20:30

Comentarios (0) - Categoría: OCIO NA COMARCA - Publicado o 04-12-2012 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO NO JOFRE: A BONECA PELONA, NO TEATRO JOFRE O 23 DE DECEMBRO
Nun carro cheo de cachivaches vive o Boneco Pelona. O Boneco séntese distinta dos demais porque non ten pelo e iso impulsaraa a iniciar unha viaxe en busca de cabelo. Encontrarase personaxes como Garbancito, o Caracol Col Col, o Xigante Azul, o Sol Solecito ou a Lúa Lunera, que lle mostrarán as súas particularidades, aquilo que os fai especiais. Un canto á tolerancia e á aceptación das diferenzas entre os individuos.

Data: 23/12/2012 ás 13:00.
Prezo: 3-3 ?
Duración: 1 hora.
A partír dos 3 anos.


Comentarios (0) - Categoría: OCIO NA COMARCA - Publicado o 04-12-2012 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
MUSICAL NO CONCELLO DE NARÓN: NAVIDAD MÁGICA EN CONCERTO
O Nadal está á volta da esquina e os agasallos xa comezarón a chegar! Nenos e nenas: Fúchedes todos bos? Ben, é hora de sentarse con Papá Noel e os seus amigos Caillou, Pocoyo e Winx para disfrutar do espírito do Nadal cantando e bailando.

Será unha viaxe onde Papá Noel levaranos a algúns dos mellores monentos das actuacións en vivo dos nosos amigos, nun espectáculo máxico. Poderedes recordar algunhas das vosas cancións favoritas como "P-A-T-O" de Pocoyó, "Única" de las Wix e "Soy" de Caillou. Disfrutar das cancións tradicionais do Nadal cantando no "karaoke" de Papá Noel.

O escenario terá un "feeling" de nadal, será un espazo onde os nosos amigos visitarannos e contarán ó público un pouco dos seus universos individuais. O deseño xeral do escenario é un salón típico do Nadal cunha cheminea (Entrada dos bonecos), a árbore de Nadal, calcetíns, agasallos, etc... A proxección do video ofrecerá un telón de fondo para mellorar o ambente de "Karaoke".

No pazo da cultura de Narón: 30/12/2012 ás 16:30 h. / 19:00 h.
Prezo: 23 ? Patio de butacas / 20 ? anfiteatros
Duración: 30 minutos/ 20 minutos descanso/ 30 minutos.

Comentarios (0) - Categoría: OCIO NA COMARCA - Publicado o 04-12-2012 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
?Depornadal Solidario 2012? no Concello de Narón
Celebraráse en Narón os días 26, 27 e 28 de decembro de 2012 e o 2 e 3 de xaneiro de 2013.

Trátase dun programa municipal dirixido a nenos/as entre 6 e 12 anos de idade, empadroados en Narón, e de carácter gratuito. Os inscritos poderán practicar dúas actividades diarias de unha hora e media de duración (en horario de 10:00-11:30 e de 11:30- 13:00 horas, e de 16:00- 17:30 e de 17:30-19:00 horas) sempre en función do número de inscritos.

En función das actividades elexidas, os deportes practicaranse no Polideportivo da Gándara, no Pavillón da Mocidade, no School Padel Center de Río do Pozo, e no San Mateo Centro de Padel.

As inscricións poderán realizarse do 10 ó 18 de decembro (ambos incluidos) no Complexo Polideportivo da Gándara, polas mañás nas oficinas (de 9:00 a 13:00 horas) e polas tardes na conserxería (de 15:15 a 23:00 horas).

A relación de actividades propostas é a seguinte: Tenis de mesa, Tiro con arco, Natación (imprescindible saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas), Judo, Balonmán, Voleibol, Fútbol-sala, Baloncesto e Padel. Os participantes deberán traer ropa axeitada para a práctica deportiva (tenis, chandal, ?).

Cada día realizaranse dúas actividades diferentes. Os grupos e reparto de actividades poderanse consultar na páxina web do Concello de Narón e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón, a partir do 19 de decembro. O xoves día 3 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 horas, realizarase a actividade de Padel no School Padel Center e no San Mateo Centro de Padel.


Comentarios (0) - Categoría: OCIO NA COMARCA - Publicado o 04-12-2012 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
PARA SER UN BUEN LECTOR
Comentarios (1) - Categoría: LINGUA CASTELÁ - Publicado o 03-12-2012 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

IMPORTANTE!!!
Todos os materiais aquí expostos teñen propósito educativo, e están elaborados sen ánimo de lucro. Se algún deles inclúe recursos alleos, só foi para proceder á realización deste material. Os propietarios destes recursos que se sintan perxudicados pola súa inclusión, non dubiden en poñerse en contacto connosco para proceder á súa rectificación.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0