Este blogue pretende ser un recurso para os pais/nais e especialmente para os nenos de primeiro e segundo de primaria. Nel atoparedes unha ampla selección de recursos educativos para imprimir e para xogar online.
Ademais na entrada de "AXENDA..." atoparedes exercicios especificos sobre a materia que estamos a dar en 1º de primaria.
Título original: La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol
Año: 2010
Duración: 85 minutos
País: España
Género: Animación
Estudio: Alta Films
O día que Mumu descubre un blanquísimo rebaño de ovellas pastando no parque donde ela xoga cos seus amigos Milo, Rita, Talalo, Alfred y Olga, non pode evitar comparar o seu níveo aspecto co deles, A Tropa de Trapo, confeccionados con telas de moi diferentes estampados (seguramente pasados de moda ), co montóns de manchas de todolos cores de xogar no campo e nos charcos.
No mundo de Da´Kara reina o misterio, a incerteza, o imposible. Todo está gobernado por un ser superior, un mago que fai e desfao ao seu antollo en compañía dos seus lacaios. A variedade de efectos máxicos é total. Dende múltiples aparicións e desaparicións de persoas, ata números de alto risco ou unha poesía visual composta como homenaxe a un dos máis grandes magos de Galicia.
"Los animales de don Baltasar", conta a historia dun home que atopa un gato que ruxe, un can que miaña, unha vaca que fai cuá-cuá e un pato que ladra.
Un espectáculo sen palabras onde as onomatopeas, as imaxes e a música son protagonistas.
Un espectáculo pensado para nenos de tres a seis anos onde nos somerxemos nas temáticas que lles atraen, o mundo dos animais, os medios de transportes, as cores, as letras, todo nun marco cheo de humor e de xogo.
Falaremos da comunicación e das mil maneiras de facer vínculos. De como, ante a ausencia dun idioma común, podemos, igual, chegar ao corazón do outro.
A cantidade de horas de sono que un neno en idade preescolar necesita por noite, entre 10 e 12 horas, é fundamental para o seu rendemento escolar. Unha soa hora de déficit de sono impacta negativamente nas súas capacidades cognitivas e de conduta, o cal o afectará ao momento de ingresar a escola de nivel primario. Vexamos cales son algúns dos aspectos que nos explican como o sono afecta o rendemento escolar.
Problemas de atención
A falta de descanso axeitado produce no preescolar dificultade para atender a instrucións e actividades específicas e para reaccionar ante unha pregunta. Así como a alteración da capacidade de incorporar información.
Función cognitiva reducida
Cando un neno non dorme o suficiente presenta dificultades para contar o que fixo no día, desenvolver a súa creatividade verbal e os inicios do pensamento abstracto. Tambien vese afectada a capacidade de tomar a iniciativa para facer relatos orais.
Memoria debilitada
O bo sono é o responsable de poder reter información no cerebro. Cando o neno non dorme ben e non alcanza a etapa de REM, non soña axeitadamente. Os sonos xogan un rol primordial no proceso de solidificación da memoria.
IMPORTANTE!!!
Todos os materiais aquí expostos teñen propósito educativo, e están elaborados sen ánimo de lucro. Se algún deles inclúe recursos alleos, só foi para proceder á realización deste material. Os propietarios destes recursos que se sintan perxudicados pola súa inclusión, non dubiden en poñerse en contacto connosco para proceder á súa rectificación.