BOTAZZ O SWING DO JAZZ
Público: Nenos/as a partir de 3 anos
Duración: 55 minutos
Botazz é un can cheo de pulgas que vive feliz ata o día que perde o seu maior tesouro: o seu óso, que foille roubado por Toz e Moko, dou gatos pícaros. A sorte de Toz e Moko cambiará cando Botazz e Timo se coñezan e decidan urdir un plan para darlles unha boa lección.
Botazz é un espectáculo que emprega a técnica de luz negra e muppets fluorescentes creado co fin de iniciar aos máis pequenos no mundo do Jazz. Para elo,, Botazz! valese duhna narrativa inspirada nos debuxos animados de Tom e Jerry (anos 60), a cal dialoga coa música en vivo executada polo cuarteto de Jazz (Baixo, guitarra, trompeta/saxofón e batería).
A cada personaxe da historia lle corresponde un estilo de jazz e un tema musical (compoesto orixinalmente para o espectáculo), seguindo a xenial intuición e intención de Sergei Prokofiev con Pedro e o lobo (1936) de cultivar en nos/as nenos/as o gusto pola música dende os primeros anos.

 |
ROSALÍA, A PULGA QUE ESCRIBÍA
Xénero: Teatro de monicreques
Duración do espectáculo: 50'
Público preferente: Infantil de 3 a 7 anos
Galitoon
Autora: Andrea Bayer
Dirección: Santiago Alonso, Andrea Bayer, Luis Miguel Rodríguez
Escenografía: Santiago Alonso, Begoña Paz
Iluminación: Daniel Abalo
Sonido: Daniel Abalo
Vestiario: Lola Gómez
Música: Diego Paz, Elena Paz
Elenco: Raquel Queizás, Óscar Ferreira
Había unha vez unha pulga, que se chamaba Rosalía. Rosalía escribía unha carta cada día e logo chamaba a Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, que se encarga de levala ao seu destinatario e lerlla: á Sr.a Topa porque non ve, a Rafa, a Xirafa porque perdeu os seus lentes, á Srta. Ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés. A carta di: "Martes 3, ás 10, unha festa na casa de Rosalía,". Todos reciben unha carta, todos menos Bruno Por que?

 |