Blogue de Primeiro A e B da Cia. de María Ferrol |
|
Este blogue pretende ser un recurso para os pais/nais e especialmente para os nenos de primeiro e segundo de primaria. Nel atoparedes unha ampla selección de recursos educativos para imprimir e para xogar online.
Ademais na entrada de "AXENDA..." atoparedes exercicios especificos sobre a materia que estamos a dar en 1º de primaria.
|
|

|
Silvia e Consuelo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EN POCAS PALABRAS |
|
Palabras para xogar, palabras para aprender, para escribir e ler: unha Lingua en que soñar. Esa é a idea en torno á que xiran os contidos deste recurso educativo, que plantexa interaccións para traballar a comunicación oral, a lectura, a expresión escrita e a reflexión sobre a lingua, nun contexto habitado por signos icónicos habituais na vida diaria dós alumnos. Podedes acceder á aplicación pinchando na imaxe:
|
|
|
|
O CORPO HUMANO |
|
Esta aplicación didáctica está dirixida ao primeiro ciclo de primaria. Contén explicacións interactivas, xogos e actividades. Resulta moi útil de cara ó reforzo na casa, presenta os contidos dunha maneira amena e divertida.
Os obxectivos que se pretenden son que os nenos e nenas sexan capaces de:
- Coñecer as partes do corpo en forma global e segmentaria.
- Explorar as posibilidades de movemento do propio corpo.
|
|
|
|
EXPERIMENTOS DIVERTIDOS E SINXELOS |
|
CURIOSIDKIDS
Neste enlace atoparedes unha morea de experimentos sinxelos con material de uso cotidián, están pensados para que os fagan os nenos, como xa ben sabedes deben ser supervisados por un adulto.
Este recurso educativo ten por obxectivo axudar a descubrir aos nen@s o mundo da ciencia e da tecnoloxía, e incentivar o uso constructivo do tempo libre.
Estructúrase en oito bloques de contidos, contando con 400 experimentos realizables nas casas.
EXPERIMENTOS DIVERTIDOS
Os experimentos que presentamos neste caderno pequeno son produto dun proxecto que desenvolvemos, para educación básica, con nenos de diversas comunidades rurais afastadas e dispersas.
Temos a certeza de que estes exercicios favorecen o desenvolvemento de competencias para espertar a curiosidade, o desafío, o interese e o pracer por descubrir, comprender e explicar algúns fenómenos naturais.
O noso obxectivo é que os alumnos atopen atractivo o estudo de carreiras afi nes á ciencia e á tecnoloxía. Isto require da vontade, o entusiasmo e o apoio das institucións, mestres e sociedade en xeral.
Cautivar aos estudantes de todos os estratos sociais coa aprendizaxe da ciencia e a tecnoloxía, de maneira amena, sinxela e divertida é unha necesidade e un reto.
Experimentos Divertidos para Primaria
|
|
|
|
|
|