Blogue de Primeiro A e B da Cia. de María Ferrol
Este blogue pretende ser un recurso para os pais/nais e especialmente para os nenos de primeiro e segundo de primaria. Nel atoparedes unha ampla selección de recursos educativos para imprimir e para xogar online.
Ademais na entrada de "AXENDA..." atoparedes exercicios especificos sobre a materia que estamos a dar en 1º de primaria.

Silvia e Consuelo
 CONTIDOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

?Depornadal Solidario 2012? no Concello de Narón
Celebraráse en Narón os días 26, 27 e 28 de decembro de 2012 e o 2 e 3 de xaneiro de 2013.

Trátase dun programa municipal dirixido a nenos/as entre 6 e 12 anos de idade, empadroados en Narón, e de carácter gratuito. Os inscritos poderán practicar dúas actividades diarias de unha hora e media de duración (en horario de 10:00-11:30 e de 11:30- 13:00 horas, e de 16:00- 17:30 e de 17:30-19:00 horas) sempre en función do número de inscritos.

En función das actividades elexidas, os deportes practicaranse no Polideportivo da Gándara, no Pavillón da Mocidade, no School Padel Center de Río do Pozo, e no San Mateo Centro de Padel.

As inscricións poderán realizarse do 10 ó 18 de decembro (ambos incluidos) no Complexo Polideportivo da Gándara, polas mañás nas oficinas (de 9:00 a 13:00 horas) e polas tardes na conserxería (de 15:15 a 23:00 horas).

A relación de actividades propostas é a seguinte: Tenis de mesa, Tiro con arco, Natación (imprescindible saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas), Judo, Balonmán, Voleibol, Fútbol-sala, Baloncesto e Padel. Os participantes deberán traer ropa axeitada para a práctica deportiva (tenis, chandal, ?).

Cada día realizaranse dúas actividades diferentes. Os grupos e reparto de actividades poderanse consultar na páxina web do Concello de Narón e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón, a partir do 19 de decembro. O xoves día 3 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 horas, realizarase a actividade de Padel no School Padel Center e no San Mateo Centro de Padel.


Comentarios (0) - Categoría: OCIO NA COMARCA - Publicado o 04-12-2012 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

IMPORTANTE!!!
Todos os materiais aquí expostos teñen propósito educativo, e están elaborados sen ánimo de lucro. Se algún deles inclúe recursos alleos, só foi para proceder á realización deste material. Os propietarios destes recursos que se sintan perxudicados pola súa inclusión, non dubiden en poñerse en contacto connosco para proceder á súa rectificación.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0