Blogue de Primeiro A e B da Cia. de María Ferrol
Este blogue pretende ser un recurso para os pais/nais e especialmente para os nenos de primeiro e segundo de primaria. Nel atoparedes unha ampla selección de recursos educativos para imprimir e para xogar online.
Ademais na entrada de "AXENDA..." atoparedes exercicios especificos sobre a materia que estamos a dar en 1º de primaria.

Silvia e Consuelo
 CONTIDOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PAUTAS PARA LER NA CASA COS VOSOS/AS FILLOS/AS
PAUTAS PARA LER NA CASA COS VOSOS/AS FILLOS/AS


Todos os nenos e nenas deben ler na casa, dá igual o curso no que se atopen. Cada día media hora de lectura é o mínimo que se debería facer.

No caso dos vosos fillos e fillas que están en 2º de Educación Primaria, non vai ser distinto, pero si é importante ter en conta algunhas pautas de lectura para que vós, pais e nais, podades ser partícipes da actividade e ao mesmo tempo lles axudedes a mellorar cada día.

O primeiro paso que imos seguir para unha lectura apropiada é buscar un sitio tranquilo onde sentarnos cos vosos fillos e fillas, non debería haber televisión, radio ou outros nenos ou nenas xogando mentres eles/as len.

Unha vez acomodados, o noso fillo ou filla vai ler en alto para nós. Ler en alto axuda tanto a unha mellor concentración por parte do neno/a como a unha atención pola nosa parte dos erros que pode cometer e ao mesmo tempo atendendo nós, non necesitamos ter a lectura feita con anterioridade, el/ela van ser os lectores, nós os que imos escoitar.

O tempo mínimo de lectura en alto debería ser media hora, despois, e xa según o neno/a, poden seguir lendo eles sós en baixo, en alto ou mesmo descansar.

Imos procurar que o momento de lectura sexa sempre o mesmo, ou polo menos como norma, aínda que de cando en vez a teñamos que variar. Eleximos unha hora na que o neno ou nena esté máis receptivo e tranquilo, pode ser un pouquiño antes da merenda, antes de ir as actividades extraescolares ou mesmo antes de durmir.

Unha vez que xa comezou a lectura imos fixarnos nos seguintes puntos:

1.- O neno/a debe ler nun tono normal, nin moi alto, nin susurrando.

2.- Cando unha palabra é moi difícil por descoñecida ou longa, non se le silabeando, mellor a lemos na cabeciña e a dicimos despois, unha vez que no pensamento xa a entendimos. Non importa en principio, o tempo que se tarde, pouco a pouco se lerá co pensamento moito máis rápido.

3.- Cando lean mal unha palabra, non llo pasedes, decímoslle ?non? e que a lean ben, xa sabedes, primeiro co pensamento e despois coa boca.

4.- Os puntos e as comas son pausas e hai que facelas, doutro xeito, non entenderemos ben a frase. Ao principio, se non son capaces de facer e diferenciar as pausas podemos facelo con palmadas na mesa. Deste xeito, comezamos xa a lectura cunha man apoiada, pola palma, na mesa.

No momento que hai unha coma, damos unha palmada na mesa, momento no que se descansa, e seguimos. Se a pausa é un punto, damos dous palmadas e seguimos. Podemos continuar con este método todo o tempo que queiramos, pronto os nosos fillos/as non necesitarán a palmada e farán as pautas eles sós.

Cando acabemos a lectura, faremos algunha pregunta sobre o que leron, preguntas sinxelas que simplemente nos orienten sobre o que entenderon ou non.

Cada neno/a ten o seu ritmo, o que un pode ler en media hora, outro pode que tarde 15 minutos. Agora mesmo non nos importa a cantidade senón a calidade, que lean ben, seguros, sen silabear, facendo pausas e entendendo o que len. Máis adiante, cando xa teñan un bo ritmo e unha velocidade boa, faremos outro tipo de exercicios.

LEMBRADE:

Media hora de lectura diaria, sempre diante dun adulto. Os nenos/as se sentirán importantes, acompañados/as, escoitados/as e vós seguiredes dunha forma directa os progresos dos vosos/as fillos/as.

A lectura é a base para calquera materia, habendo unha boa lectura, non ten porque haber problemas no resto das materias.

BOA LECTURA!

As titoras.
Comentarios (0) - Categoría: INFORMACIÓN PARA OS PAIS E NAIS - Publicado o 19-11-2012 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
WEB DE INTERESE PARA DOCENTES E PAIS/NAIS: LEER.ES
leer.es pretende transmitir o entusiasmo pola lectura e animar á súa práctica, así como achegar materiais e consellos para os docentes e as familias:


Comentarios (0) - Categoría: INFORMACIÓN PARA OS PAIS E NAIS - Publicado o 22-05-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
A AUTOESTIMA, un xogo de póker
Proverbio chino que ?la vida de un niño es como un trozo de papel en el que todos los que pasan dejan una señal?


Mar Martín, responsable do ámbito pedagóxico da Compañía de María, ven de publicar un artigo moi interesante no seu blogue. Dado á importancia que presenta o tema da Autoestima dos vosos fillos, poñemos ao voso alcance este magnífico artígo:


"Para reflexionar sobre que estamos haciendo para fortalecer la auoestima de nuestros alumnos, de nuestros hijos, me ha encantado este video. Os recomiendo que lo veais."





"Ser padre, madre o profesor es fácil, sólo tenemos que conseguir que ese muchacho con el que liamos tenga más fichas de póker cuando se fue a dormir que cuando se despertó por la mañana. Dale todas las fichas de póker que puedas y quítale las menos posibles".


Para saber más:

- Cómo fomentar la autoestima en los niños. Sapex.

- Cómo desarrollar la autoestima en niños y adolescentes. Potencia la personalidad y el bienestar emocional de tu hijo ayudándole a confiar en sí mismo. Gael Lindenfield

- ESTIMA-TE 1. Programa de autoestima. Programa de refuerzo. Cuaderno de recuperación y refuerzo de planos psicoafectivos. Antonio Valles Arandiga, Consol Vallés Tortosa

- Autoconcepto y autoestima en adolescentes. Programa de autoconcepto y autoestima ESO Antonio Valles Arandiga

- Hijos felices. Alicia Banderas

- ¡Eres genial tal como eres! 100 consejos para que tu hijo desarrolle su autoestima Elizabeth Hartley-Brewer

- Un niño seguro de sí mismo. Cómo reforzar la autoestima de su hijo. Paola Santagostino
Comentarios (1) - Categoría: INFORMACIÓN PARA OS PAIS E NAIS - Publicado o 11-12-2011 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
AS HORAS DE SONO INFLUEN NO RENDEMENTO ESCOLAR
A cantidade de horas de sono que un neno en idade preescolar necesita por noite, entre 10 e 12 horas, é fundamental para o seu rendemento escolar. Unha soa hora de déficit de sono impacta negativamente nas súas capacidades cognitivas e de conduta, o cal o afectará ao momento de ingresar a escola de nivel primario.
Vexamos cales son algúns dos aspectos que nos explican como o sono afecta o rendemento escolar.

Problemas de atención
A falta de descanso axeitado produce no preescolar dificultade para atender a instrucións e actividades específicas e para reaccionar ante unha pregunta. Así como a alteración da capacidade de incorporar información.

Función cognitiva reducida
Cando un neno non dorme o suficiente presenta dificultades para contar o que fixo no día, desenvolver a súa creatividade verbal e os inicios do pensamento abstracto. Tambien vese afectada a capacidade de tomar a iniciativa para facer relatos orais.

Memoria debilitada
O bo sono é o responsable de poder reter información no cerebro. Cando o neno non dorme ben e non alcanza a etapa de REM, non soña axeitadamente. Os sonos xogan un rol primordial no proceso de solidificación da memoria.
Comentarios (0) - Categoría: INFORMACIÓN PARA OS PAIS E NAIS - Publicado o 10-11-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

IMPORTANTE!!!
Todos os materiais aquí expostos teñen propósito educativo, e están elaborados sen ánimo de lucro. Se algún deles inclúe recursos alleos, só foi para proceder á realización deste material. Os propietarios destes recursos que se sintan perxudicados pola súa inclusión, non dubiden en poñerse en contacto connosco para proceder á súa rectificación.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0