O meu perfil
ramboiaperiferica@gmail.com
 Ramboianos Periféricos
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

festival-laboratorio

O dobre obxetivo das ramboias e, dunha, facer de cada vila unha especie de laboratorio-residencia onde os diversos colectivos tanto do lugar como de fora que convivan durante a semán, a parte de mostrar parte dos seus traballos, teñan a posibilidade de crear espazos o situacións artístico-sociais in situ , tendo como ponto principal de partida o entorno e as xentes da zona. Crearáse un arquivo con todo o material audiovisual resultante, que será posto a disposición da vila nun sitio web para a xestión, uso, disfrute e continuidade da vila e do público en xeral.

Deste xeito apostamos por unha menor cantidade de citas no programa de accións do festival e deixar así aberta as posibilidades tanto de que os propios artistas e colectivos sigan creando o programa durante toda a estancia destes na vila coma de que os espectadores dispoñan do necesario tempo para coñecer dun xeito máis cercano ó lugar, ás súas xentes e por suposto participar noutras actividades paralelas ( procesións, verbenas, tertulias, botellóns, etc.)

Por outra banda, este formato de encontro-residencia tenta fuxir dos habituais mega-festivais onde o nivel de interactuación dos espectadores co lugar e sobre todo coas xentes soe ser bastante superficial e limitado.

Cremos que as ofertas tradicionales de ocio e lecer (gastronomía, tradicións, festas, turismo rural, balnearios, praias, etc) non son incompatibles cun achegamento á realidade social e cultural dos sitios, normalmente esquencida en favor de outras actividades non exentas as veces dun certo conformismo ou comodidade ( referímonos as xa coñecidas prácticas habituais dos turistas-prototipo...), que por outra banda soen favorecer un desenrrolo moi limitado ( cando non un desenrrolo a duras penas sostible: presión urbanística, exceso de oferta na hostelería, falla de infraestucturas ecolóxicamente sostibles, desequilibrio na habilitación de infraestructuras coas datas limitadas onde concéntrase a actividade turística, etc) en detrimento do potencial humán e creativo que poideran ter esta e outras zonas de Galicia.

Daquela, invitamos a toda a xente que o desexe a participar neste experimento e a mergullarse no máxico, misterioso e moitas veces surrealista e divertido universo da Costa da Morte.

Comentarios (0) - Categoría: alg-a.org - Publicado o 03-04-2007 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Escoitar.org, paseo sonoro por Corme

Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes.

Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saudable.

Atopar o equilibrio bioacústico dun lugar, crear retratos o “Postaís Sonoras”, e construir un mapa de situación (online) e unha descripción destes lugares a través da sua paisaxe sonora contribue á construcción da identidad dunha zona xeográfica; o son como patrimonio, o son como documento histórico. Todo gracias ás posibilidades que ofrece a rede como sistema horizontal e democrático.

O equipo escoitar.org viaxa a Corme para gravar o paseo sonoro do luns día 2.
Asociación Alg-a
Artesonoro.org
Escoitar.org
Comentarios (0) - Categoría: escoitar.org - Publicado o 31-03-2007 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Radio Roncudo
Radio Roncudo xurde no ano 2004 como iniciativa da Asociación de Veciños “Eduardo Pondal” de Corme coa intención de que se oiga unha voz alternativa e libre dentro da Costa da Morte.
A iniciativa non podería ser posible sen axuda da emigración, concretamente da Asociación “Suiza-Prestige”, que nos apoiou económicamente, e fixo posible que o proxecto da Radio cormelán se poidera levar a cabo.

Radio Roncudo escóitase nos concellos de Malpica, Cabana, Ponteceso, Laxe, Camariñas, Vimianzo e Zas no 106.1 da FM.

A participación na radio está aberta a todos aqueles que amedes a radio e sintades interese por ela. Se queres facer un programa en Radio Roncudo só tés que poñerte en contacto con nós en www.corme.net
Comentarios (0) - Categoría: Radio Roncudo - Publicado o 28-03-2007 02:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OBRADOIRO DE RECICLAXE E EXPERIMENTACIÓN SONORA

Este taller-laboratorio autorreplicante de experimentación
sonora coordinado polo organismo alg-a madamme cell (nacho
muñoz) e Mig nace como resposta ó actual contexto cultural- educativo
no que interactúan normalmente os rapaces-as de hoxe en día,
baseado case exclusivamente na información e a súa xestión a
partires da palabra e a imaxe, esquecendo a importancia do
concepto do son e marxinándoo case totalmente da súa realidade e
presencia cotiá .
Sen exclusións nen pedanterías de ningún tipo, creemos que
este obradoiro pode axudar a activar esa insustituible e visionaria
fonte de emocións, sensacións, delirios, percepcións e
interactuacións co entorno que afloran no contacto co son.(moi
interesante ó respecto a iniciativa dos organismos alg-a Chiu
Longina e Berio Molina escoitar.org
Neste caso e dado o carácter colectivo e participativo a nivel
de toda a vila nestas xornadas, vos propoñemos un obradoiro
aberto e se é posible na rúa dirixido a todas as idades, inda que
interésanos especialmente deixar un pouquiño de poso entre os
máis novos.
Este obradoiro consiste básicamente nunha aproximación ó
son partindo primeiro da escoita de múltiples elementos
xeneradores sonoros que conviven diariamente con nós sen que lle
prestemos case a máis mínima atención. É coma unha lavada de
orellas e un novo despertar á realidade máxica do inframundo do
son.
A partires de ahí, todo tipo de interactuación con eses sons:
melismeos con roncos de aire acondicionado, polifonías con sereas,
loops industriais cunha perforadora, bases tribais con contenedores,
o rap dunha peixeira e demáis lixos variados.
Comentarios (0) - Categoría: alg-a.org - Publicado o 28-03-2007 02:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OLHO LIVRE
OLHOLIVRE é un grupo de trabalho paraa creación audiovisual nos seus
diferentes aspectos (vídeo, instalacións, música, montaxes...) desde
unha óptica crítica e autónoma respecto a industria e as institucións
públicas. entre os obxetivos principais está o da creación desde Galiza
(e máis aló), construindo un suxeito político plural e claramente
trasgresor desde a creación e os contidos.
Realizamos obradoiros formativos, e estamos a desenrolar unha
plataforma de difusión telemática para as nosas creacións, tanto no
plano artístico coma documental, así coma incorporarnos a outras de
ámbito internacional sempre cunha clara orientación crítica e de
plantexamentos alternativos.
Comentarios (0) - Categoría: Olho livre - Publicado o 28-03-2007 02:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Presentación da comunidade Alg-a ( Artistas libres de Galiza)

A comunidade Alg-a (Artistas Libres de Galiza) naceu no 2003 coa necesidade de aglutinar, nun
espazo de creación común, a artistas e colectivos espallad@s tanto na Galiza coma fora dela.
Actualmente, Alg-a constitúese como asociación sen ánimo de lucro. A comunidade conta
actualmente con 188 membros rexistrados.
Os perfís da xente que compón alg-a son moi diversos: músicos, artistas visuais, inxeñeiros
informáticos, artistas plásticos, performers, profesionais da pedagoxía, etc.
Nos comezos este espazo foi forzasamente virtual, xa que as distancias e as disponibilidades
eran, moitas veces, insalvables para xuntarnos nun lugar físico determinado.
www.alg-a.org
Así naceu a primeira comunidade virtual de arte e acción libre de Galizia:
www.alg-a.org significou principalmente, tres cousas:
1º: mante-lo contacto artístico a tempo real entre os creador@s que xa coñeciamos,
individuos e colectivos con ampla vagaxe na cultura e o arte galego (festival IFI, festival LOU
Parade, colectivo LUDD, MediaTeletipos, etc). Á vez que, coma unha especie de corresponsais
artísticos, compartiamos públicamente impresións culturais e sociais, eventos pasados ou por
vir, ideias...dende os máis diversos pontos xeográficos, tanto na Galiza, España ou Europa,
creando así, e dentro das nosas posibilidades, unha rede de acción artística a “tempo real”, sen
alfándegas.
2º: crear novos vínculos con outr@s artistas e agrupacións de acción socio-cultural.
Dende o seu nacemento, alg-a serve coma lugar de encontro entre cread@res e voces
espalladas que, en moitas ocasións, se mantiñan illadas, sen ter conciencia da posibilidade dun
contexto artístico común e independente en Galiza.
Alg-a traballa pola consolidación dun eixo Atlántico continuado e fluído: mantén contactos con
proxectos colectivos como Maus Hábitos (Porto) e Binauralia (Lisboa). Creemos no intercambio
artístico con Portugal, como unha forma de nutrición social e cultural común.
Esta rede é extensible a outros movementos colectivos da Península: Aula Abierta (Granada),
Antimuseo (Prosperidad- Madrid), el Labo (Lavapies- Madrid), La Fabrika (Cádiz), Mil Viviendas
(barcelona), La Fragua (Murcia), Zemos98 (Sevilla), etc.
Tamén destacan as colaboracións de Alg-a coa Facultade de Belas Artes, tanto coa institución
coma cos grupos de traballo onde participan alumnos e profesorado, como o seminario de Arte
Pública organizado por Javier Tudela (Facultade de Belas Artes).
Alg-a colabora activamente na creación dunha malla nodal de información que permete tender
pontes entre estes “illotes creativos”, dando coma resultado unha plataforma de creación
multidisciplinar cada vez máis sólida e nutrida, aportando un fato de graos de area na
construcción dunha nova identidade artística galega, acorde realmente co lugar e mai-lo tempo
no que nos movemos, lonxe do retardo coas que, tradicionalmente, as institucións ofertan arte
ó público, arte comedido e pulcramente vangardista, o que nós chamamos “composto
petroartístico”. Alg-a é eiquí. Agora. Tempo real.
3º: aglutinar información específica sobre arte libre e sociedade para un público xeral, que
doutro xeito tería menos acceso (ou ningún) a determinados eidos socioartísticos.
Nutríndose destes pontos crave, Alg-a conforma un organismo vivo en continuo aumento e
movilidade. Proba delo son os case 200 rexistrados na web de alg-a; ou os xa tres Encontros
Alg-a feitos ata agora, dende aquela primeira xuntanza de grupo nunha paraxe afastada na
Serra de Outes con apenas 15 persoas, á recente e exitosa presentación da Comunidade Alg-a
na Universidade, concretamente na Facultade de Belas Artes, con dúas xornadas de
conferencias, concertos e accións artísticas.
Alg-a está tendo un crecente peso na actividade socioartística galega: é invitada a participar
en simposios e conferencias como as recentes intervencións de Isaac Cordal en Enblogs2006
(Santiago de Compostela), de berio Molina en Universium (MARCO de Vigo), ou a próxima
intervención no ciclo “preguntas reais, preguntas imaxinarias” sobre ensinanza artística
(Centre Cívic Sant Andreu, Barcelona).
imaxes do III Encontros ALG-A na facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Con este fluír de pensamentos híbridos créase unha nova necesidade: a aparición dun lugar
físico de experimentación creativa; un espazo á vez para artistas libres como para a
participación d@ cidadán nas tarefas creativas. Un laboratorio.
Comentarios (0) - Categoría: alg-a.org - Publicado o 28-03-2007 02:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PARTICIPACIÓN DO COLECTIVO ALG-A NA RAMBOIA PERIFÉRICA

Dende alg-a apoiamos (na medida das nosas posibilidades)
todo tipo de iniciativas que favorezan a participación e movilización
dos cidadáns nas tarefas creativas, todo o que teña que ver coa
solidariedade con outros colectivos artísticos ou non (neste caso
coa xente do mar da Costa da Morte), todo o que teña que ver coa
cultura cotiá e popular e que se afaste da cultura petrificada e
retardada que nos propoñen xeralmente as institucións e todo o
que aporte información específica sobre arte e sociedade para un
público xeral que moitas veces non ten acceso a este tipo de
información.
A nosa aportación concrétase eiquí nun seguimiento de todo o
proceso na sección de novas da páxina, compartir toda a
documentación xenerada durante dito proceso co fin de compilar un
arquivo da Costa da Morte con historias, lugares, imaxes, sonidos,
etc a disposición do público en xeral, na participación activa de
organismos alga nos contidos do proxecto, obradoiros e a
realización e representación en tempo real dunha montaxe
audiovisual feita con material “autóctono” por organismos alg-a
coordinados por madamme cell e por suposto todo o que vaia
xurdindo a maiores no desenrrolo do proceso.
Esperemos que os concellos e instituciones da zona estén á altura
da envergadura social deste fermoso proxecto.
Comentarios (0) - Categoría: alg-a.org - Publicado o 28-03-2007 02:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ramboias Periféricas presenta:
Comentarios (0) - Categoría: Ramboia Periférica - Publicado o 26-03-2007 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Progama do Xarabal do Roncudo
Ramboias Periféricas presentase en Corme na que se espera que sexa a primeira ramboia de moitas que esperamos facer na Costa da Morte.

O noso propósito é que este traballo sirva coma proxecto de dinamización cultural ao mesmo tempo que instrumento revindicativo ao servicio das preocupacións da xente da Costa da Morte.

Desta forma colectivos socio-culturais da Costa da Morte e doutros puntos de Galiza celebraremos en Corme, do 2 de Abril ó 7, unha semana de actos culturais co nome O Xarabal do Roncudo.

Nestas primeiras xornadas participan:
Asociación de Veciños de Corme, Radio Roncudo, Cofradía de pescadores de Corme, Comisión de festas de Corme, Asociación de veciños Campo da Feira de Paiosaco, Batallón literario, Axvalso, Ollo livre, ALG-A.org, Polvo Máxico, Periodico Diagonal, Norte sur solidaria, As Sircopatas, Caritas Parroquial de Corme e Escoitar.org.

Se queres unirte a este proxecto deixa o teu comentario ou manda un e_mail a ramboiaperiferica@gmail.com

Con todo esto, pasamos a presentar as actividades destas xornadas:

Programa

Luns 2 de Abril

Coñece como se extraen os percebes.
(ás 9:00h na Lonxa)
Visita guiada ós puntos de extracción de percebe. Explicación práctica por un profesional nun roteiro polo Roncudo e o seu entorno.
Acompañando o roteiro ira escoita.org nun proxecto de reciclaxe músical encamiñado a elaboración dun mapa sonoro de galicia.

Subasta en vivo.
(ás 17:00h na Lonxa)
Visita guiada as intalacións da lonxa de Corme. Demostración e explicación práctica dunha subasta.

Ciclo de cine da costa da morte.
(as 20:30h Bar Lista)
Películas filmadas na costa da morte, en especial as que tiveron lugar en Corme.

Martes 3 de Abril

Obradoiros-acción: intervención sonora. Sons de Corme.
(ás 10:30h Praza da Ribeira)
Igmig (alg-a.org) + Xurxotron (festicultores).

Mesa Redonda. Precariedade laboral dos percebeiros/as.
(ás 18:00h Cofradía de Pescadores)
Entres os poñentes confirmados: Bieito Lobeira (BNG), Paolo Carril (CIG), Teresa Novo (Delegada da Xunta) e Manolo Caamaño (CUT).



Ciclo de cine da costa da morte.

(as 20:30h no bar O Roncudo)
Películas filmadas na costa da morte, en especial as que tiveron lugar en Corme.

Mércores 4 de Abril

Obradoiros-acción: intervención sonora e visual.
(ás 10:30h Praza da Ribeira)
Igmig (alg-a.org) + Xurxotron (festicultores).
Mr Misto. Obradoiro de elaboración de curtas co movil.

Palillada en vivo.
(ás 16:00h Cofradía de Pescadores)
Demostración en vivo de encaixe tradicional, coa conferencia de Mario Gallego Rey sobre os orixes do encaixe.

Desarollo sostible e Calidade de Vida.
(ás 18:00h Cofradía de Pescadores)
Entre os poñentes confirmados: Paloma Tomé, Luis Astrai e Juán Freire.
Emisión en directo por parte de Rádio Roncudo.

Ciclo de cine da costa da morte.

(as 20:30h Bar Biscoiteiro)
Películas filmadas na costa da morte, en especial as que tiveron lugar en Corme.

Xoves 5 de Abril

Obradoiro de Radio. Fai Radio en directo.

(ás 10:00h Cofradía de Pescadores)
Radio Roncudo escóitase nos concellos de Malpica, Cabana, Ponteceso, Laxe, Camariñas, Vimianzo e Zas no 106.1 da FM.
A participación na radio está aberta a todos aqueles que amedes a radio e sintades interese por ela. Se queres facer un programa en Radio Roncudo só tés que poñerte en contacto con nós.

Mesa redonda sobre “Mourelle da Rúa”.
(as 18:00h na Casa do Mar)
Debate aberto sobre o persoeiro ilustre de Corme. Emisión en directo por parte de Rádio Roncudo.



Ciclo de cine da costa da morte.

(ás 20:30h Cofradía de Pescadores)
Películas filmadas na costa da morte, en especial as que tiveron lugar en Corme.

Venres 6 de Abril

Obradoiro de artes plásticas. Polvo Máxico.
(ás 10:30h Casa do Mar)
Aprende técnicas de pintura. Colores, efectos, etc...

Concertos musicais.
(ás 22:30h Praza da Ribeira)
Grupos que comezan na comarca:
Os Justicieiros
Blizzar
E ademáis:
Igmig: poesia documental (audio+video en tempo real). Os organismos alg-a madamme cell + mig exporán unha selección do material visual e sonoro recollido durante varios días de viaxe pola Costa da Morte e cuia primeira versión foi mostrada no pasado festival “Rexoubeu 07” en Vimianso.
As imaxes son montadas en tempo real co programa “perrogato” (software creado por mig) e da banda sonora ao vivo faráse cargo madamme cell.


Mig: ice vinci (ilusións sonoras).
Ao remate dos concertos actuacións visuais dos Vjs acompañados con djs de todos os puntos do pais.

Sábado 7 de Abril


Obradorio de malabares. Assircópatas.

(ás 10:00h Pavillón Polideportivo)
Aprende malabrismo e outros entresixos do mundo circense

Proxección de documental.
(ás 16:00h Cofradía de Pescadores)
Documental filmado por Ollo Livre que tenta reflexar a situación socio-económica de Corme.

Perfomance literario e musical.
(ás 18:00h Praza da Ribeira)
Actuación de poetas e artistas.Paco Souto, Suso Bahamonde, Estevo e Davide Creus e Maria Lado, presentado por Víctor Mosqueira,Madamme Cell ao piano e a intervención visual de Mig.

Orquesta de música.
(ás 22:00h Praza da Ribeira)
A cargo da Comisión de Festas de Corme.
Comentarios (1) - Categoría: Ramboia Periférica - Publicado o 26-03-2007 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal