Actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega
Volvemos a actualizar o blogue para dar conta das cidades onde está prevista a lectura do Manifesto no día de Rosalía de Castro que a AELG programou para este mércores 24:
- A Coruña, 18.00 h. no Monumento a Curros Enríquez.
- Lugo, 18.00 h. na rúa Nóreas, a carón da casa que fai esquina con Rúa San Pedro, onde viviu Rosalía de Castro entre 1864 e 1868.
- Santiago de Compostela, 17.30 h. Onde a estatua de Rosalía na Ferradura da Alameda.
- Vigo, 19.00 h. no nº 12 da rúa Real, onde a tipografía de Juan Compañel.
- Ferrol, 18.00 h. na Praza do Himno Galego.
- Pontevedra, 17.30 h Monumento a Castelao
(perto do Museo de Pontevedra).
No contexto actual de loita e defensa dos dereitos lingüísticos do pobo galego, consideramos necesario darlle todo o apoio a este tipo de actividades.
Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego
<object width="400" height="225"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="movie" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=9626263&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" /><embed src="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=9626263&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" width="400" height="225"></embed></object>
Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.
Unha ollada ao Anllóns desde A Laracha
O río que nos une,unha ollada ao Anllóns desde A Laracha<object style="margin:0px" width="425" height="355"><param name="movie" value="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oroquenosune-100111090843-phpapp01&stripped_title=o-ro-que-nos-uneunha-ollada-ao-anllns-desde-a-laracha" /><param name="allowFullScreen" value="true"/><param name="allowScriptAccess" value="always"/><embed src="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oroquenosune-100111090843-phpapp01&stripped_title=o-ro-que-nos-uneunha-ollada-ao-anllns-desde-a-laracha" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="355"></embed></object>
View more presentations from MARIAREI.
Paremos o decretazo antigalego
Por que rexeitamos este decretazo?
Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.
Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.
Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.
Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.
Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.
Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.
Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz.
O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.
O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO
EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO
Queremos Galego nunha mobilización masiva histórica en defensa da lingua, a igualdade e a convivencia
Informa a Mesa que 75.000 folletos, 50.000 cartaces e 100.000 adhesivos en contra da imposición do decreto  serán distribuídos en toda a rede de centros entre hoxe e o propio día do paro xeral. O deseño, elaborado en exclusiva para a ocasión polo deseñador Pepe Carreiro, está protagonizado polos seus coñecidos personaxes de banda deseñada infantil “Os Bolechas”. A imaxe ilustra unha sociedade e unha comunidade educativa –desde a xente máis nova até a adulta –unidas en defensa do noso idioma propio.
A guerra do coltán ou como os móbiles se converten en cadaleitos
A Guerra Do Coltán<object style="margin:0px" width="425" height="355"><param name="movie" value="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=aguerradocoltn-091212165018-phpapp02&stripped_title=a-guerra-do-coltn" /><param name="allowFullScreen" value="true"/><param name="allowScriptAccess" value="always"/><embed src="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=aguerradocoltn-091212165018-phpapp02&stripped_title=a-guerra-do-coltn" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="355"></embed></object>
View more presentations from A LARACHA.
AchegArte á Coruña
A pesar de Feijoo e o seu "goberno", o Concello da Coruña, centos de persoas voluntarias e o traballo desinteresado das xentes do mundo da cultura poñen a dispor de todos o AchegArte, unha oferta máis humilde, pero semellante no fondo e na forma, que debemos respaldar para demostrarlle ao goberno galego que hai cultura en Galiza e que ten o apoio de toda a xente do país.
Cea de Quinta Feira
A asociación Cultural Quinta Feira celebra hoxe, venres 6 de novembro, a súa reunión anual, que continuará ás 22:00 horas coa cea de peche de actividades deste ano. A presidenta relatará as actividades rematadas e as pendentes de realizar até final de ano e exporá os proxectos a desenvolver no ano seguinte.
Para calquera dúbida podes contactar coa presidenta a través do correo electrónico da asociación (quintafeira@telefonica.net) ou no número telefónico que aparece neste blogue.
Un saúdo
A directiva
Rematou a festa do Samaín
Estade atentos para o vindeiro Samaín que volverán con máis espectros.
Nesta noite pasada, un pobo con fondas crenzas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación:  Preparar alimentos e agasallos para os parentes vivos e   para os parentes mortos que viñeron visitar ás nosas familias para comer nas mesas que colocou a asociación veciñal A Cutareira e para quentarse ao carón do lume do local que se alugou para a reunión.
SON TEMPOS DE SAMAÍN
Na Laracha, o venres 30 de outubro no baixo do bar Mariño, fronte á praza do concello, a partir das 6 da tarde, as asociación cultural Quinta Feira e a asociación de veciñ@s  A Cutareira celebran conxuntamente o SAMAÍN acompañado dun magosto.
En tempos en que a publicidade o domina todo, e  semella non existir máis que o Halloueen, reconvertido nun carnaval de consumo, queremos recuperar o SAMAÍN na Laracha como parte de nosa cultura milenaria.
Foi o SAMAÍN, levado a Norteamérica polos emigrantes europeos, o que dou orixe ao Halloueen.
Prepararemos as cabazas, imitando aos nosos antepasados que poñían as caveiras iluminadas dos seus inimigos sobre os muros dos castros para alonxar ás ánimas defuntas e errantes que no tempo do samaín voltaban do outro mundo.
Para visitantes tan especiais, xunto cos vivos que queiran compartir a noite con elas, a asociación de veciños A Cutareira prepara o magosto.
Quen queira acompañarnos nesta noite, é necesario apuntarse chamando aos teléfonos: 981605030 ou 625686787 (María Rei) ou  653618955 (Xosé Cotelo).
A Laracha,  23 de outubro de 2009
María Rei Vilas
Presidenta da Asociación Cultural Quinta Feira