Asociación para o desenvolvemento social e cultural na Laracha
a Asociación Quinta Feira nace con vocación de contribuír á recuperación, difusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación.

quintafeira@telefonica.net
 ESPAZOS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ARTIGOS ANTERIORES
 ARTIGOS DESTACADOS

Habemus ghit: O Fillo do Mar, d'A Banda de Balbina!
A Banda Da Balbina, que nace nos Ánxeles (concello de Brión) a finais do ano 2007 é o gañador do A Polo Ghit 2009


Os grupos finalistas, ordenados segundo a puntuación recibida polo xurado, foron:

1. O Fillo do Mar, de A Banda Balbina
2. Tirapalá, de Faneca Brava
3. Astronauta, de Sínefres
4. A Festa Total, de Festicultores Troupe
5 Xoán, de Alumetes
6. Ponme unha birriña, de Rumbongo Band
7.Don Quixote 2009, de Fachenda Galega
8. Perfecta, de As Garotas
9. Un día puideches reinar, de Labazada
10. Lonxe da praia, de Lolo Arincón

Esta última foi elixida maioritariamente como o tema favorito dos internautas.

Noraboa a tod@s!

Clica aquí para coñocer a nova completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2009 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo-resposta ao goberno do PP da Laracha .



O PP da Laracha protestara por unha pegada de cartaces en distintos puntos da localidade na que se criticaba as políticas de exterminio do galego que practica o actual goberno da Xunta de Galiza.
Semella que o goberno conservador da Laracha quere aniquilar a nosa lingua e aínda por enriba que as persoas concienciadas calen a boca.
O noso compañeiro da asociación e presidente da A. VV. A Cutareira, Xosé María Cotelo, responde con este vídeo a tanta mentira emitida polo PP nos medios informativos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2009 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición da Praza dos Libros no concello de Carballo
O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, organiza un ano máis a Praza dos Libros, que terá lugar desde o xoves 27 (ás 10.30 h é a inauguración e ás 13.00 horas comeza o pregón do contador, actor e director teatral Quico Cadaval) ao domingo 30 de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá.

Dese xeito, o noso concello viciño comeza unha nova edición da Praza dos Libros que cada ano pretende promocionar a lectura e achegarlle á cidadanía o libro e os produtos culturais galegos.

A Mesa tamén vai ter un espazo propio na Praza dos Libros de Carballo para a difusión das novas campañas e de material.

Anímate, pasea pola Praza dos Libros e pásate pola caseta da Mesa, serás benvid@. Os seus horarios de apertura e peche son
-quinta feira: de 10:30 a 14:30 e de 17:30 a 22:00
-sexta feira: de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:30


Adiante xa coa Cultura Galega!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2009 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
A Organización hondureña FRH denunciou que mulleres foron violadas por policías golpistas
A organización Feministas en Resistencia de Honduras (FRH) denunciou este pasado xoves violacións de diversa índole a mulleres durante a crise desatada no país, tras o golpe militar do pasado 28 de xuño.

En conferencia de prensa, a coordinadora do Centro de Dereitos de Mulleres, Gilda Rivera, precisou que hai 19 casos documentados desas agresiones cometidas por axentes policiais en varias partes da nación centroamericana.

Asegurou que existen outros moitos feitos desa natureza ilegal, pero as vítimas non os denuncian por temor ás represalias, apuntou Prensa Latina.

Os informes presentados foron corroborados por unha Misión de Observación Internacional Feminista, integrada por representantes de Canadá, Costa Rica, O Salvador, Estados Unidos e Guatemala.

Un documento, entregado pola misión, indicou recibir testemuños de mulleres abusadas sexualmente e golpeadas polos policías, principalmente no busto e nos glúteos.

Pola súa banda, a deputada hondureña do partido Unificación Democrática (UD) Silvia Ayala denunciou desde México o incremento da represión e criminalidade no seu país por parte do réxime de facto, encabezado polo empresario Roberto Micheletti.

A lexisladora, quen participa no Foro de Sao Paulo que se celebra na capital mexicana, destacou que todas as accións dos golpistas teñen como obxectivo garantir a súa estadía no poder e evitar a volta do presidente lexítimo, Manuel Zelaya.

Ayala resaltou que en Honduras a fronte de resistencia contra o golpe incorporou novos actores, intelectuais, escritores e artistas, ademais de que se constituíu a fronte de avogados en resistencia, equipo de profesionais do dereito que está asumindo gratuitamente a defensa dos procesados criminalmente pola súa participación nas manifestacións pacíficas.

A deputada tamén denunciou que varias persoas foron despedidas dos seus traballos por estar vinculados cos manifestantes contra o golpe de estado.

A pesar da represión activada polo goberno golpista en Honduras, o pobo hondureño continúa manifestándose con valentía contra da asonada oligarquico – militar e a favor da restitución do presidente constitucional, Manuel Zelaya.

As mulleres, neste golpe de estado permitido polos EE.UU. son doblemente represaliadas, vítimas de todas as formas de violación dos dereitos humanos cometidas polos golpistas. Ademais da violencia armada sofren brutais formas específicas de violencia de xénero.

As violacións documentadas pola Comisión esténdense a ultraxes sexuais, xa que está o caso dunha muller na zona norte a quen os militares perseguírona logo de disolver unha manifestación e aproveitando que a alcanzaron nun lugar solitario abusaron sexualmente dela. A outra muller deixárona espida do embigo cara arriba e despois golpeárona.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 24-08-2009 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Para que serve o Galego?
Subimos este fermoso vídeo feito polo compañeiro da directiva desta asociación e presidente da A.VV. A Cutareira, Xosé María Cotelo, que, atendendo ao que está a pasar na Galiza coa actitude da brigada de demolición dos TUCSIM, enche de agradábeis sensacións os sentidos, despois de escoitar tanto exterminador do noso idioma nas distintas consellarías do goberno (anti)galego da Xunta.

object width="425" height="344">
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-08-2009 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
A nova Lei de Educación (LOE) garante á sociedade venezolana o dereito universal á educación como un dereito humano a pesar das mentiras do irresponsable latifundo mediático
Escribe Duarte Correa en GZ Nación que estes días estamos a asistir a un novo capítulo da cruzada de determinados medios de comunicación contra a República Bolivariana de Venezuela, ao aprobar ou seu parlamento a nova Lei Orgánica de Educación

A Lei Orgánica de Educación(LOE), sancionada e aprobada o día 13 de agosto pola Asemblea Nacional da República Bolivariana de Venezuela despois dun longo proceso, sementa os valores da nova sociedade necesaria para a consolidación da verdadeira democracia incluínte e participativa.

Unha vez sexa publicada en Gaceta Oficial (igual que en Galiza o DOG ou en España o BOE) garantirá á sociedade venezolana unha formación plural, onde queda incluída a igualdade de condicións dos dereitos de estudantes, persoal docente e PAS das institucións universitarias. Ademais, engade artigos que protexen aos cidadáns, evitando a discriminación de acceso e consolidando o dereito universal á educación como un dereito humano.

Dese xeito, o estado venezolano pasa a ser o responsable da educación desde o nivel inicial ao universitario e non os donos das empresas privadas do sector.

Democracia universitaria

A nova lexislación agrega artigos que abren a participación dentro das universidades autónomas, como na elección e nomeamento das súas autoridades.
No artigo 33, numeral 3, a lei establece a igualdade de condicións dos dereitos políticos das e os integrantes da comunidade universitaria (docentes, estudantes e PAS) para elixir e nomear ás súas autoridades. Dese modo establécese o dereito á participación establecido na Constitución do país.

Garantir os necesarios recursos

Tamén, na súa responsabilidade do estado garantir a regulación dos recursos que ingresan ás universidades públicas e a administración destes para protexer o dereito dos cidadáns a estudar

Queres coñecer a nova LOE, ou chégache coa visión en sentido único da prensa? Podes descargala aquí

Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 17-08-2009 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Onde están as subvencións da Xunta aos colectivos e agrupacións culturais?
As asociacións culturais xa temos menos cousas de que preocuparnos: as subvencións terán moi poucas posibilidades de ingresar nas contas dos colectivos e agrupacións culturais. Para comprobalo chega con ver as noticias sobre as xestións do goberno da Xunta. Puxeron como director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a Xoán Carlos Fernández Fasero. Era o 3 de Xullo e só 20 días despois, o organismo emitía a primeira orde de axudas desta nova etapa co PP á fronte da Xunta: tres das partidas de subvencións foron reservadas á empresa do propio director. Para que sigamos agardando polas subvencións das diversas actividades
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2009 02:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración en Coristanco contra a violencia machista

Outra muller asasinada na Galiza: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa

A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.

Non importa a idade, crenzas relixiosas, situación económica, formación ou estrato social. As mulleres seguimos a ser vítimas dos que se din "os nosos compañeiros" mais que non ven en nós a unhas iguais senon a seres que deben ser dominados e controlados ata chegar á morte.

Todas e todos temos que lembrar que debemos implicarnos na loita contra a violencia sobre as mulleres
É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista

concentración en Coristanco, diante da Casa do Concello.
luns 10 de Agosto ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-08-2009 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Presentados os resultados da enquisa para derrogar o Decreto da Galego no ensino
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou onte os resultados da enquisa que recolle as preferencias dos pais e nais sobre a lingua na que desexan que os seus cativos reciban a súa educación.

O cualificativos que recibe esa consulta por parte de diversas organizacións galegas é de consulta trampa contra o uso do galego no ensino ou Pseudoencuesta irresponsábel cuns resultados que non teñen credibilidade ao non reunir as garantías científicas mínimas que puidesen avalar este proceso.

Contradicións:

O responsábel de Política Lingüística afirmou que a empresa Obradoiro de Socioloxía participou no proceso de reconto. Esta firma subcontratou a súa vez a outra empresa. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, negara anteriormente ter contratado ningunha firma privada para o proceso.

Segundo Anxo Lorenzo o custe que tivo a consulta ascendeu finalmente a 160.995 euros, un montante económico que se repartiu entre a impresión da enquisa, a dixitalización dos datos ou a publicidade.

A Mesa mantén, así mesmo, a estimación de que o custo total deste operativo ronda os 400.000 €. A asociación lembra que, hai dous meses, a Xunta orzamentara publicamente en 198.000 € a consulta e que agora reduce a cantidade a 160.995, “sen que se saiba tampouco o motivo desta redución, cando a última hora decidiron contratar servizos externos inicialmente non previstos”.

“Ademais, se imprimir e distribuír 330.000 formularios por todos e cada un dos centros de ensino e recoller e tratar –supostamente– 190.000 respostas durante cinco semanas custa ese diñeiro, teremos ao menos dereito a saber o nome das empresas, porque teñen unhas ofertas moi especiais que pagan a pena”, sinalan con ironía, para exixiren de novo “que os contribuíntes saibamos que empresas, con que funcións e canto custaron ás arcas públicas”.

Outras declaracións:

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
A MESA
BNG
PSOE
Confapa
CIG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego