| Asociación para o desenvolvemento social e cultural na Laracha |
|
a Asociación Quinta Feira nace con vocación de contribuír á recuperación, difusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación.
|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| SON TEMPOS DE SAMAÍN |
|

Na Laracha, o venres 30 de outubro no baixo do bar Mariño, fronte á praza do concello, a partir das 6 da tarde, as asociación cultural Quinta Feira e a asociación de veciñ@s A Cutareira celebran conxuntamente o SAMAÍN acompañado dun magosto.
En tempos en que a publicidade o domina todo, e semella non existir máis que o Halloueen, reconvertido nun carnaval de consumo, queremos recuperar o SAMAÍN na Laracha como parte de nosa cultura milenaria.
Foi o SAMAÍN, levado a Norteamérica polos emigrantes europeos, o que dou orixe ao Halloueen.
Prepararemos as cabazas, imitando aos nosos antepasados que poñían as caveiras iluminadas dos seus inimigos sobre os muros dos castros para alonxar ás ánimas defuntas e errantes que no tempo do samaín voltaban do outro mundo.
Para visitantes tan especiais, xunto cos vivos que queiran compartir a noite con elas, a asociación de veciños A Cutareira prepara o magosto.
Quen queira acompañarnos nesta noite, é necesario apuntarse chamando aos teléfonos: 981605030 ou 625686787 (María Rei) ou 653618955 (Xosé Cotelo).
A Laracha, 23 de outubro de 2009
María Rei Vilas
Presidenta da Asociación Cultural Quinta Feira
|
|
|
|
|
| Participamos na maior manifestación na defensa do galego |
|
Galería de fotos de Quinta Feira e A Cutareira na manifestación
No bus da asociación Quinta Feira e A Cutareira saímos da Laracha ás 10:40 horas, pasamos por Carballo e chegamos uns minutos antes do comezo da maior manifestación en defensa do idioma galego que coñece Galiza. Participamos nunha histórica manifestación en Compostela!
Ateigouse a praza da Quintana e obrigou a una parte considerábel das persoas integrantes da marcha a desprazarse ao Obradoiro, diante da imposibilidade de acceder á Quintana. Ao redor de 100.000 asistentes fixeron que esta manifestación duplicara á do Día das Letras Galegas.
Aínda había xente na Alameda cando o acto xa estaba iniciado na Quintana (punto final do percorrido). Tal é así que unha parte das persoas integrantes das asociacións Quinta Feira e A Cutareira estaban entrando na praza cando outras aínda estaban saíndo da alameda compostelá. Moitas persoas tiveron que agardar á segunda quenda para entrar, eran ás 14.30 e aínda estaban en pleno percorrido.
Ao remate todas as persoas que nos achegamos no noso bus, e outras que viñeron da nosa localidade en coches particulares, participamos nun xantar de confraternidade para repoñer forzas e comentar nun agradábel ambiente o éxito da marcha a prol da nosa lingua. Un éxito do que se alegran a inmensa maioría de galegas e galegos que consideramos o noso idioma un dos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos do noso pobo. Porque Queremos Galego!
|
|
|
|
|
| A máis grande manifestación na defensa da nosa lingua na historia de Galiza. |
|
O domingo participaremos na que será a máis grande manifestación na defensa da nosa lingua na historia de Galiza.
Desde Quinta Feira e A Cutareira convidámoste a asistir á manifestación na defensa da nosa lingua. A política do goberno tardo-franquista da Xunta de Galiza pretende reducir a xa precaria presenza do noso idioma en todos os ámbitos, nunha planificada campaña de agresión contra o galego. Campaña contra a que diversos colectivos, integrados na plataforma Queremos Galego, mobilizámonos co propósito de paralizar os ataques linguísticos deste goberno antigalego e ultraconservador.
Estás decidid@ a participar nesta marcha para evitar que o PP a consuma a súa planificada agresión contra o idioma e a cultura do noso país?
Pois vente o domingo a Compostela, para facilitar o desprazamento poñemos un autobús á disposición das persoas que desexen asistir e que sairá dA Laracha ás 10:30h do mesmo día (prezo: 5€ por adulto, nenas e nenos non pagan).
A manifestación sairá da Alameda ás 12 en dirección á praza da Quintana. |
|
|
|
|
| A crise económica. Cal é a orixe? |
|
-O martes 13 de outubro ás 20:30 horas celébrase un acto informativo organizado pola Asociación veciñal A Cutareira da Laracha sobre a crise económica que estamos a padecer tod@s.
Conta a asociación A Cutareira coa presencia de dous pesos pesados da política e do sindicalismo: Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego polo BNG, e Suso Seixo, Secretario Xeral do sindicato CIG.
Explicase no Mundo que Vexo que esta é una boa ocasión para coñecermos directamente a súa opinión e escoitar unha visión distinta á que ofrecen acotío os medios de comunicación, que a pesar de que algunhas veces “falan” de inxustizas sociais, NUNCA cuestionan o sistema socioeconómico capitalista que propicia a desigualdade. De onde ven esta crise, quen a creou, que medidas están a tomar os gobernos para corrixir esta situación?
Se queres estar máis e mellor informada/o non debes faltar.
|
|
|
|
|
| 18 de outubro: tod@s a Compostela, Queremos Galego |
|
A Asociación Quinta Feira participará na marcha (organizada pola plataforma Queremos Galego) en defensa do idioma galego o día 18 de outubro en Compostela.
Na asociación contamos que se sumen bastantes persoas da Laracha, que irán á manifestación en defensa do idioma propio das galegas e galegos.
Para o desprazamento á capital galega agardamos fretar un autobús que cubra as prazas das persoas interesadas.
O punto de partida do autobús é a praza do Instituto IES Agra de Leborís ás 10:30 horas (o prezo é de 5€ por adulto, nenas e nenos non pagan).
Desde a asociación Quinta Feira animamos a toda a sociedade a manifestarse o domingo 18 de outubro contra a discriminación do noso idioma que pretende o actual goberno na Xunta de Galiza.
As dificultades para vivir en galego son constantes, e agora o PP quere impedir que as xeracións futuras de galegas e galegos poidan medrar en galego.
Porque Queremos Galego, o domingo 18 acudamos todas e todos a Compostela para defender a obra máis prezada do pobo galego: a nosa lingua! |
|
|
|
|
| Quinta Feira no Teatro do Oprimido |
|
Varios membros da nosa asociación estamos participando nun obradoiro de do Teatro do Oprimido de Augusto Boal organizado por Acsur-Galiza e que constitúe a base do teatro social actual. Esta metodoloxía permite crear un espazo de traballo no que as persoas darán forma aos conflictos que viven coa sociedade e partindo deste material construírase unha obra de Teatro Forum.
- Primeiro obradoiro: 2,3 e 4 de outubro. (Inscrición ate o 25 de setembro)
- Segundo obradoiro: 23,24 e 25 de outubro (Inscrición ate o 9 de outubro)
Nunha segunda fase, as persoas que teñan interese e que realizaron o obradoiro, poderán participar na produción dunha obra de Teatro Forum.
|
|
|
|
|
|
|