Asociación para o desenvolvemento social e cultural na Laracha
a Asociación Quinta Feira nace con vocación de contribuír á recuperación, difusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación.

quintafeira@telefonica.net
 ESPAZOS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ARTIGOS ANTERIORES
 ARTIGOS DESTACADOS

A máis grande manifestación na defensa da nosa lingua na historia de Galiza.
O domingo participaremos na que será a máis grande manifestación na defensa da nosa lingua na historia de Galiza.


Desde Quinta Feira e A Cutareira convidámoste a asistir á manifestación na defensa da nosa lingua. A política do goberno tardo-franquista da Xunta de Galiza pretende reducir a xa precaria presenza do noso idioma en todos os ámbitos, nunha planificada campaña de agresión contra o galego. Campaña contra a que diversos colectivos, integrados na plataforma Queremos Galego, mobilizámonos co propósito de paralizar os ataques linguísticos deste goberno antigalego e ultraconservador.


Estás decidid@ a participar nesta marcha para evitar que o PP a consuma a súa planificada agresión contra o idioma e a cultura do noso país?

Pois vente o domingo a Compostela, para facilitar o desprazamento poñemos un autobús á disposición das persoas que desexen asistir e que sairá dA Laracha ás 10:30h do mesmo día (prezo: 5€ por adulto, nenas e nenos non pagan).

A manifestación sairá da Alameda ás 12 en dirección á praza da Quintana.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-10-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego