Asociación para o desenvolvemento social e cultural na Laracha
a Asociación Quinta Feira nace con vocación de contribuír á recuperación, difusión e valorización da cultura e o patrimonio etnográfico e natural galegos e potenciar a educación en valores no seu ámbito de actuación.

quintafeira@telefonica.net
 ESPAZOS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDAMOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ARTIGOS ANTERIORES
 ARTIGOS DESTACADOS

Máis de 50.000 persoas participamos na maior manifestación da historia en defensa do galego.
Como publicou a Mesa, fomos moitas e moi diversas as asociacións e colectivos que acudimos con pancartas propias e da Mesa á manifestación pola defensa do idioma propio de Galiza. Percorríamos Compostela berrando “aínda que se molle, o galego non encolle”, “sempre en Galiza, sempre en Galego” ou “vaia molladura por culpa dun caradura” até chegar á Praza da Quintana. Alí, despois da intervención do presidente da Mesa, Carlos Callón , chamando á mobilización continuada da sociedade na defensa do noso idioma, Yolanda Castaño, Nemésio Barxa, Teresa Moure e Avelino Pousa Antelo deron lectura ao manifesto a prol da convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego.

Lembra a Mesa, con toda a razón, que na manifestación escoitouse falar moito galego mais tamén castelán, deixando patente que non só os galegofalantes queren a igualdade de dereitos para o galego, senón que a maioría da poboación galega está en contra da desmantelación da protección xurídica do galego que pretende o goberno do Partido Popular.

Para acceder á galería de fotos clica aquí
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-05-2009 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego