Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AVELINO RODRÍGUEZ ELÍAS (1872-1958)
Avelino Rodríguez Elías,traballou no Faro de Vigo e no Eco de Ponteareas,foi director da publicación EL PUERTO DE VIGO(1928) e da Revista ECOS da mesma cidade.Era o cronista oficial da cidade de Vigo.
---Naqueles tempos a actividade nos concellos era pouca,xa habia poucos.É de mencionar que Avelino Rodríguez Elías propuxo no de Vigo en xullo de 1920 que se desen os nomes de MARTÍN CÓDAX,OS IRMANDIÑOS e ALFREDO BRAÑAS a tres rúas da cidade,inofensiva moción que,naturalmente,foi aceptada.Non aconteceu o mesmo ao ano seguinte cando solicitouse que a bandeira galega ondease xunto coa española na Casa Consistorial os días festivos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-08-2018 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
ALEXANDRE BOVEDA IGLESIAS ( 1903-1936)
Alexandre Bóveda,nacionalista galego,fusilado polos sublevados ao estallar a guerra civil española,foi o motor do pardido Galeguista según Castelao. Asiduo lector da Revista NÓS,axiña escribiu en ZARPA de Basilio Álvarez.
--A revista NÓS foi fundamental para a normalización do uso do galego.Bóveda foi un dos redactores do primeiro ESTATUTO DE AUTONOMÍA de Galicia.
---A sinatura da acta fundacional de GALEUZCA,foi escrita en galego por ALEXANDRE BÓVEDA IGLESIAS,e que se mantivo en segredo.A acta fundacional encomendaba a GALEUZCA as relacións entre as tres nacionalidades(Galiza-Euskadi e Cataluña), relacións que se entendían como substantivamente "internacionais".
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-08-2018 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
ANAGRAMA DE GALEUZCA--1924
GALEUZCA (é unha palabra que restrinxe en siglas os nomes de Galiza,Euskadi e Cataluña),e abarca un movemento de solidaridade e reivindicación dos partidos nacionalistas das tres nacións co fín de acadar, maiores cotas de autogoberno e autonomía,e articular un Estado federal ou confederal, encamiñado a independencia.
O nome de GALEUZCA foi utilizado por primeira vez polo lider catalanista Josep Conangla i Fontanilles,o 31 de agosto de 1924 na Habana.
--A TRIPLE ALIANZA,tiña un carácter netamente independentista,con apelacións a via armada no caso,de que o Estado español obstruise calquera posibilidade de sendeiro pacifico.A implantación da Dictadura de Primo de Rivera,fixo cinzas a Triple Alianza.
--A acta fundacional encomendaba a GALEUZCA as relacións entre as tres nacionalidades,relacións que se entendían como substantivamente "internacionales".
--Castelao intentou arranxar esta desfeita engadindo o seguinte parágrafo á nota de prensa que se difundiu ó remate da viaxe en Barcelona o 11 de agosto:
--La unión actual de vascos,gallegos y catalanes representa,pues,un intento para hacer revivir el auténtico espíritu originario de la República.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-08-2018 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO DE GALEUZCA
-O 24 de xullo chegaron a Pontevedra os vascos e cataláns.Houbo visita ó Concello,discursos na sede do PG,vermouth no Casino,xantar no Palace e excursión á illa da Toxa.E na xornada seguinte,día grande de Galiza e do nacionalismo,fíxose en Compostela unha procesión cívica,actos de homenaxe a ROSALIA e ALFREDO BRAÑAS no monumento da Alameda e no panteón de Bonaval,e o máis importante: a sinatura da acta fundacional de GALEUZCA,escrita en galego por ALEXANDRE BÓVEDA e que mantivo en secreto. Os asinantes foron o Partido Nacionalista Vasco (Manuel Irujo),Acció Catalana Republicana ( Pau Vila),Unió Democrática de Catalunya(Pich Salarich),Palestra (Batista i Roca),Partido Galeguista(Bóveda)e Ultreya(Álvaro das Casas).Unha semana despois sumáronse ó pacto en Bilbao Acción Nacionalista Vasca (Perea),Esquerra Republicana de Catalunya(Josep Riera)e Lliga Catalana(Estelrich).
--Deste modo,a diferenza do ocorrido coa Triple Alianza de 1923,o pacto abranguía a todas as organizacións nacionalistas importantes das tres nacións,pois só ficaron fóra dúas pequenas formacións independentistas catalás:o Partit Nacionalista Catalá e Nosaltres Sols.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-08-2018 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal