Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

50 aniversario dos alumnos da Leus
Publicado en La Voz de Galicia, Edición Carballo o 28 de Agosto do 2017
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164721048723/evencio-ferrero-rodríguez


As recurrentes afirmacións de Carré Aldao, alá polos anos vinte do pasado século, quen describía a Carballo nun ton idílico e optimista e como reafirma Xelasio Nogueira, é posible que así fose na realidade, márcanos o punto do partida a unha transformación que destruíu, un a un, os nosos símbolos urbanos.Falaba Carré Aldao da vila de Carballo como progresiva e alegre: «Reúne Carballo os elementos precisos para a vida e atencións da fértil e riquísima comarca, da que ven a ser como capital, e aínda cando a súa poboación non era moi crecida [lembremos que en aquela altura o caso urbano apenas superaba os mil habitantes] non carece de todo o preciso, levando nesto avantaxe a pobos de maior veciñanza... O casarío é moderno e de boa aparencia e gusto, estendéndose ao longo das estradas que atravesan a vila e que forman as súas rúas principais, trazadas a cordel e con boas beirarrúas... presentando a poboación un aspecto alegre e culto». Citaba os antigos edificios da igrexa e concello (desaparecidos os dous a comezos dos anos 70) afirmando que «honran a Carballo, que pode envenecerse de contar con dous soberbios edificios, que para sí quixeran capitais importantes». Este último parágrafo con referencia a Carré Aldao non deixa dúbidas sobre a súa visión optimista de aquel pasado Carballo afirmando que «prospera e embelécese: auméntanse e urbanizan os seus edificios, trázanse fermosos xardíns e dotase ao pobo de outras melloras que o converterán en núcleo importante de grande porvir». Foi este o Carballo que herdamos 50 anos despois? Desde logo no modelo urbano pódese afirmar con rotundidade que non. Esa mesma resposta tamén a dan varias persoas que teñen reflexionado sobre este pobo onde nacemos e tamén escollemos vivir, e dende logo voces autorizadas que foron interpretando tamén a nosa realidade entre as que sobresae o historiador e cronista Xan Fraga Rodríguez.
A historia de Carballo, como a de calquera outro lugar, ten aínda moitas páxinas en branco. «Cada época, tamén a presente, está destinada a se converter en pasado; como todo espazo, tamén o noso, acabará por ser terra de outros». Pero sempre debemos procurar transformar para mellorar o pasado. Tranformación constanteCarballo sufriu transformacións e vaise convertendo en pequena cidade. Desde finais dos anos 60 tivo cambios profundos; algúns, ao meu modesto entender, moi atinados, e outros sen dúbida claramente desafortunados e foron estes coincidentes con un período político do tardofranquismo, nun clima de clara represión, quen precipitaron moitos novos compromisos militantes naquela altura arredor de dous proxectos, un nucleado polo nacionalismo e outro arredor do socialismo de Tierno Galván, proxectos novos para facer frente á dereita destructora.

Lembro que o meu primeiro documento de indentidade foi sacado un xoves de feira no edificio concello vello que pouco despois vin desaparecer. Borrouse tamén da imaxe urbana a igrexa, os baños da condesa, o campo da feira, Pedras Brancas… todos eles espazos nos que convivimos na nosa infancia, todos eles espazos arrebatados.A locomotora de Bergantiños


Carballo precisa no futuro continuar sendo motor de crecemento territorial con especial atención á capacidade de atraer traballo, actividade, investimentos e mellora de infraestructuras. Foron as xentes de Carballo as que apostaron por un crecemento que fixo posible a nosa conversión en locomotora territorial de Bergantiños. Hai que ser moi carballés para que unha fábrica de conservas se converta en líder mundial cando naceu a quilómetros do mar. A implicación das xentes foi un gran activo nun pobo que naceu sendo un aluvión de xente vida de fóra: maragatos, ourensáns, moitos deles innovadores e que forman parte das elites locais. Eles tamén transformaron a política local. En 1910 a parroquia de Sofán tiña máis habitantes que toda a de San Xoán de Carballo (1.801 fronte a 1789). De coller os datos no libro Crónica fotográfica de Carballo e referidos só ao casco urbano a diferencia aínda sería maior en beneficio de Sofán. Tivemos que chegar ata o 1996 para ver por vez primeira como Carballo casco urbano superaba ao sumatorio das parroquias carballesas e unicamente por 242 habitantes. O concello rexistraba nese ano un total de 26.864, dos que 13311 vivían nas 17 parroquias restantes. O crecemento dos pobos non é unha liña en continua evolución. Hai decisións que favorecen, retardan ou impulsan ese crecemento. Os términos municipais, salvo contadas excepcións, manteñen os límites e superficies deseñados hai 150 anos cando a parroquia era o elemento vertebrador porque a vida xiraba no eixo vivenda-traballo-relacións. O traballo estaba nas fincas ou montes próximos e as relacións eran de veciñanza. No último tercio do século pasado Carballo dou pasos importantes para reforzar o casco urbano. En momentos de apartheid dicía Luther King que tivera un soño para a raza negra. Décadas despois ver a Obama como presidente dos EE.UU. demostra que algúns soños poden facerse realidade, aínda que agora parece que algún soños poden converterse en pesadelo.
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 28-08-2017 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
GRUPO MUSICAL XOCALOMA
Fotografía do Grupo Musical de Carballo XOCALOMA
onde se atopa o noso compañeiro de Promoción do 63, JOSÉ MANUEL HURTADO DE MENDOZA ANIDO.
Na foto está situado a dereita,de arriba abaixo o segundo de barba.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164670601663/grupo-musical-xocaloma align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 27-08-2017 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
AMIGOS DOS SETENTA
Fotografía dos amigos de Carballo e de Colexio,nos anos setenta.
Pola esquerda Guillermo Cabezas,Pili Álvarez,Teresa Dosíl Parafita e José Manuel Hurtado de Mendoza Anido.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164670461183/amigos-dos-setenta align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 27-08-2017 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ MANUEL GARCÍA PALLAS
Fotografía do compañeiro de estudios do bacharelato no Colexio Leus de Carballo,JOSÉ MANUEL GARCÍA PÁLLAS,nado na Ponteceso o 13 de xaneiro do ano 1954. Cursou na Leus ata 6º curso e Reválida,logo COU no Instituto. Máis tarde ficou para Santiago a Facultade de Medicina comenzando no curso 1972,ata acadar a licenciatura no curso 1978.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164632382828/josé-manuel-garcía-pallas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 26-08-2017 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
EQUIPO DE FUTBOL DO PEÑAROL DA CALLE DO SOL
Equipo de futbol da calle do Sol,dos anos corenta onde atopamos o segundo de pé pola esquerda,ao noso profesor de matemáticas MANUEL GARCÍA MARTINEZ,coñecido polo nome de MANOLO ZAFURRO.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164627424948/peñarol-cf-da-calle-do-sol-carballo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (1) - Categoría: Futbol - Publicado o 26-08-2017 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
GEMA PAZ BELLO
Fotografía da compañeira da Promoción do 1963 GEMA PAZ BELLO,que cursou estudios de bacharelato no Colexio Leus de Carballo,nada en Carballo.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164598143428/gema-paz-bello align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 25-08-2017 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
JESÚS RODRÍGUEZ ALDAO
Fotografía do compañeiro xa finado JESÚS RODRÍGUEZ ALDAO,cos seus compañeiros da Promoción do Colexio Leus de Carballo nunha excursión de fín de curso.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164597579958/jesús-rodríguez-aldao align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 25-08-2017 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
JESUS RODRÍGUEZ ALDAO
Fotografía dos compañeiros de estudios do Colexio Leus de Carballo,xa finados JESÚS RODRÍGUEZ ALDAO e RAFAEL RODRÍGUEZ PEREIRA,que eran veciños da parroquia de Montemaior do Concello da Laracha.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164597406598/jesús-rodriguez-aldao align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 25-08-2017 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
JESÚS RODRÍGUEZ ALDAO
Fotografía do compañeiro do Colexio Leus de Carballo JESÚS RODRÍGUEZ ALDAO,finado no ano 2009,aos 55 anos de idade. DEUS O BENDIGA D.E.P
EN RECORDO DOS COMPAÑEIROS/AS QUE NOS DEIXÁRON PARA SEMPRE. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164597032528/jesús-rodríguez-aldao-1 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Lembranzas - Publicado o 25-08-2017 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
MARI CARMEN ESTEBAN CANCELA
Retrato da compañeira do Colexio Leus de Carballo que cursou o bacharelato nos anos sesenta Mari Carmen Esteban Cancela,nada na Silva,parroquia de Rodís,Concello de Cerceda. Ao día de hoxe reside e traballa en Portugalete(Vizcaia),en quirófanos do Hospital da localidade.

Un bico e unha aperta de toda a Promoción do 1963 pola perdida da súa nai Balbina Cancela Vázquez,finada fai pouco,concretamente o 20 de xuño de este ano 2017,aos 88 anos,foi enterrada na súa terra natal da Silva.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/164596194543/mari-carmen-esteban-cancela align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 25-08-2017 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal