Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FREI MARTÍN SARMIENTO
--Disto conclúo que as linguas que se falan e se escriben non conservan tan ben as súas primitivas raíces como as linguas que só se falan;e sendo puras raíces latinas as primitivas da lingua galega,non se debe extrañar que os galegos falen un idioma que parece latín,sería por tanto tempo perdido querer sinalarlle á lingua galega unha orixe máis antiga que a latina.Non se pode negar que antes de que a lingua latina se apoderase do territorio galego estes falarían distintas linguas. Antes de que os romanos se fixesen co territorio galego non se gobernaba o país por medio de monarcas ou reis.Estaba repartido entre diferentes pobos o poder e cada poboación gobernábase por si mesma,e non se sabe se en Galiza se utilizaba a escritura.
Deixando a parte os primeiros poboadores de Galicia que viñeron do Oriente,os fenicios e os cartaxineses,que sen dúbida aportaron moito hai que sacarlle dúas famosas nacións que viñeron a Galicia e se instalaron nela.Trátase dos gregos e dos celtas.Dos gregos non temos moitos restos exceptuando algún monte,río ou lugar.Dos celtas temos moitas noticias.Estes entraron por Cataluña e Aragón pasaron por Andalucía ata Portugal,e desde alí camiñando sempre ó norte entraron en Galicia e chegaron ata as Mariñas de Betanzos,asentáronse alí e nos arredores de Finisterra,e foron ata ó que hoxe se coñece co nome de Bergantiños e asentáronse alí.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-07-2018 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
FREI MARTÍN SARMIENTO ( 1695-1772)
" SOBRE O ORIXEN DA LINGUA GALEGA "

-- É verdade que a lingua castelá está chea de voces forasteiras,que usa o vulgo,e en especial o das partes orientais e meridionaias de España,é necesario precaución para afirmar a primeira orixe que se ofrece. Para fuxir desta carga,reflexiono antes na antiguidade da voz.
--- A lingua galega,a que hoxe se fala,e a que antigamente se escribía está inmune daqueles obstáculos. Non sei exactamente cando se comenzou a escribir;pero sei que durou escribila ata os tempos de Carlos V nos instrumentos públicos;e cotexando o idioma falado naquel entón,co de hoxe,é moi notable a diferencia.
Isto non sucede na lingua castelá,é esta razón porque se continúa escribindo,e cada día máis e máis vaise enchendo de voces alleas e vanse apartando as antigas.Ó contrario,como a lingua galega xa non se escribe,é a que antes se escribia non tiña voces foráneas,é continuación daquela a que hoxe se fala,e por tanto conservarase máis pura e máis parecida a súa lingua nai,a lingua latina.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-07-2018 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO AÑÓN PAZ
u
Periodista e poeta galego,escribiu poesía en castelán,galego e portugués.Nado no pobo de Outes no ano 1812 e finado en Madríd en 1878.
Os libros (Poesías Galegas),ademáis colaborou con periódico EL PORVENIR. Morreu de cancro e na miseria,enterrarono no Cemiterio Norte de Madríd,pero os seus restos co tempo pasarón a outra fosa común.
--Moitas das súas poesías perderonse o andan espalladas por periódicos.Foi coñecido polo poeta dos himnos(himno a agricultura, etc)
No seu pobo natal ten un busto na súa memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-07-2018 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal