Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IRMANDADES DA FALA -GRUPO NÓS
O 18 de maio do ano 1916,fúndase no local da Real Academia Galega a primeira IRMANDADE DA FALA,(con ANTÓN VILAR PONTE á cabeza)constituída por CARRÉ ALDAO,LUGRÍS FREIRE e FRANCISCO TETTAMANCY,entre outros rexionalistas,ca tarefa de extender o galego que foi levada a cabo pola xeneración dos homes que crearon as IRMANDADES DA FALA;que foi unha organización galega de ideoloxía nacionalista activa entre os anos 1916 e 1931,que desenrolou actividades políticas e culturais en Galiza.
Políticamente representou a superación do rexionalismo como ideoloxía reivindicativa, e adoptando o nacionalismo como a única via posible para o desenrolo da identidade de Galicia. E culturalmente asumiron por primeira ves o monolinguismo en gallego e iniciaron a normalización do mesmo. No ano 1916 uns cuantos homes de letras,reclamaron a necesidade de crear unha "LIGA DE AMIGOS DO IDIOMA GALEGO".

-- "GRUPO NÓS" é un conxunto de escritores e literatos galegos,coetáneos das Irmandades da Fala,chamado GRUPO NÓS polo título da revista que publicaron(NÓS),estaba composto o grupo entre outros por VICENTE RISCO,RAMÓN OTERO PEDRAYO,CASTELAO,ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ e FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS. En 1920 salía en Ourense o primeiro número da Revista NÓS(Boletín mensual cultural Galego)neste intre é a entrada da cultura galega na modernidade.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-07-2018 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA
A NOSA TERRA foi un periódico galego creado o 4 de agosto do ano 1907 como reclamo da solidaridade galega e editado na Coruña.
Axiña foi o órgano de expresión das IRMANDADES DA FALA (1916-1932) e do partido galeguista(1932-1936).
Ao principio foi unha publicación bilingue,pero logo editouse integramente en galego e foi fundamental para o desenrolo dos ideais galeguistas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-07-2018 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
AS IRMANDADES DA FALA 1916
Unamuno aplaude a axitación agraria,maís ou menos socialista,que provocan as "IRMANDADES".Pero pregunta a seguido: ¿Por qué lle dar a unha causa universal un sentido aldeano? o exrector de Salamanca atópao ben todo,menos o do nacionalismo,sempre que este seña universalista,como o de Irlanda.Para falar no campo,para inspirar confianza no campo,para que se nos entenda ben no campo temos que falar,sentir e pensar en galego,xa que a inmensa maioría dos habitantes de Galicia non domina outro idioma nin se expresa máis que no seu propio.Por outra banda a lingua é o sangue do espírito e que nun idioma vibra fortemente un certo xeito de concebir e sentir a vida.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-07-2018 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE AO POETA CURROS ENRÍQUEZ
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-07-2018 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL BANET FONTENLA
Fotografía do abogado e escritor MANUEL BANET FONTELA(1871-1962),foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Leiu o discurso de MANUEL MURGUÍA na sesión inaugural da REAL ACADEMIA GALLEGA,o día 30 de setembre de 1906.
Manuel Murguia era o presidente;o texto decia:

--Señoras y señores:
De cuantos actos públicos he tomado parte en mi ya larga vida,ninguno fue tan grato a mi corazón como lo es el presente,tanto por lo que representa como por lo que importa a nuestro país.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-07-2018 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL ANTONIO MARTÍNEZ MURGUÍA (XOGOS FRORÁIS TUY)
Miñas señoras,meus señores:
---Se noutros tempos me houberan dito que había de chegar este día,se me dixeran que había de ser o que dende a cima desta tarima habia de pronunciar este discurso,non o creería.
--Pro antes que fale dela,deixade,meus señores,deixade que saúde á vella cidade en que ten lugar por primeira ves,a que de hoxe en diante,será a festa da nosa nacionalidade.Ca festa deste día pónselle o sello á victoria acadada,do 24 de XUNIO do ano 1891 na cidade de TUY.
--Sobre da aira da antiga acrópolis,no medio da colina dúas veces sagrada onde os nosos pais oraron e combatiron pola pátrea.
--¡ O noso idioma! o que falaron nosos pais e vamos esquencendo,o que falan os aldeáns e nos hachamos a ponto de non entendelo;aquel en que cantaron reis e trovadores;o galego,en fin,que é o que nos dá dereito á enteira posesión da terra en que fomos nados,que nos dí que pois somos un pobo distinto debemos selo.
--Eio tanto,meus señores,que naqueles tempos en que a hexemonía castelán imperaba sobre as diversas nacións do Estado español,a poesía gallega tan poderosa e estensiva nos sigros XII e XIV,enmudecéu do todo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 06-07-2018 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
BISPO MANUEL LAGO GONZÁLEZ ( XOGOS FRORÁIS TUY)
Foi un dos que pronunciou un discurso nos Xogos Froráis de Tuy.
(Acrópolis Tyde,antigamente)xunto con Alfredo Brañas,Murguía e Cabeza de León en 1891.
Nado en Tuy no ano 1865 e finado en Santiago de Compostela en 1925,eclesiástico e escritor español en lengua galega,foi arzobispo de Compostela onde publicou unha gran cantidade de poesias.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-07-2018 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA Y MEIN (XOGOS FRORÁIS TUY)
Augusto González Besada formaba parte da ASOCIACIÓN REGIONALISTA GALLEGA, xunto con MANUEL MURGUÍA,ALFREDO BRAÑAS e SALVADOR CABEZA DE LEÓN.
---Foi avogado,político,e ministro de Facenda durante o reinado de ALFONSO XIII. Nado no ano 1865 en TUY e finado en 1919 en Madríd;foi proposto como membro da Real Academia Española.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-07-2018 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ( OS XOGOS FRORÁIS TUY)
Dentro da línea de celebración de Xogos Froráis do século XIX(os primeiros foron os da Cruña,en 1861).
-- O día 24 de xunio de 1891 tiveron lugar os de Tuy,organizados pola " ASOCIACIÓN REGIONALISTA GALLEGA". Esta entidade,da que formaban parte entre outros MANUEL MURGUÍA,ALFREDO BRAÑAS,AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA e SALVADOR CABEZA DE LEÓN,decidíu que os ditos xogos tiveran carácter estrictamente galego e que se celebraran anualmente na localidade que fora designada por sorteo.Corresponderon os primeiros e únicos a TUY,e foi efectivamente ésta a primeira vez que unha festa deste tipo tivo carácter galego:o galego foi a lingua oficial dos xogos,en galego estaban escritos os poemas premiados e en galego se pronunciaron tódolos discursos:o do bispo LAGO GONZÁLEZ,o de MURGUÍA como presidente,o de CABEZA DE LEÓN como secretario e o de ALFREDO BRAÑAS como manteñedor.
Como se poderá comprobar,a produción en galego de Murguía e Alfredo Brañas é escasísima.Escribiron a cáseque totalidade da súa obra en castelán.E si ben non ignoraban a lingua do seu pobo que exaltaban e cuio uso literario promoveron,como escritores prescindiron dela prácticamente. A explicación de contradición semellante haberá que buscala no feito de que no século XIX o galego foi fundamentalmente unha lingua lírica,e as súas obras son científicas e didácticas.
--Alfredo Brañas eloxia os Xogos Froraes gallegos,chamados como noutros países,a fortalecer o caráuter popular,a facer revivir as antigas libertades,a conservar as costumes.etc
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-07-2018 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
FREI MARTÍN SARMIENTO
--No tempo de Plinio aínda habitaban alí pobos celtas ou célticos e pobos distintos dos enxebres,e diferénciaos Plinio dos pobos daquelas terras e dos romanos que tamén habitaban alí.
De todo isto temos mostras nos nomes dos pobos deste país.Encontramos o arciprestado de Céltegos e outros nomes idénticos cos pobos dos antigos celtas en Francia.O nome de Bergantiños debe a súa orixe ós brigantinos que o ocuparon.
De todo o dito concluímos que houbo un tempo no que habitaban en Galicia diferentes nacións e que por tanto se falaban distintas linguas.Os antigos eran gregos e os celtas e cada un por un territorio.Pero os romanos aproveitáronse moito de Galicia e estiveron moitos anos é por iso que sucedeu o que pasou noutros lugares.
Como dominadores do territorio foron borrando as nacións que non eran romanas e desterrando as linguas que non eran latinas. Por outra parte,os suevos e os godos,que dominaron a Galicia,como eran bárbaros,non pensaron introducir a súa lingua e suprimir a romana,senón que se adaptaron a falala e escribila.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 01-07-2018 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal