Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EDUARDO PONDAL ( O REXIONALISMO LIBERAL)
A evolución política de Pondal é paralela á de Murguía.O demócrata de 1856 que quería enardecer ós obreiros composteláns coa súa brinde poética,o home que en 1868 aconsellaba a Murguía que se presentase candidato polos demócratas e lle prometía o apoio de toda a súa influencia de fidalgo rural no seu distrito,mantense agora afastado da política,cada vez máis mergullado no seu labor de dotar a Galicia dun mito fundacional céltico en forma de epopea poética,na que latexa claramente a aplicación dun concepto de nación centrado na raza.
Pero o grupo máis numeroso está formado polos integrantes das xeracións seguintes,incorporados no tardoprovincialismo ou formados xa no rexionalismo grazas ás ensinanzas de MURGUÍA e ALFREDO BRAÑAS.
--En ton grandilocuente e mesmo con acentos democráticos,o brinde de EDUARDO PONDAL no famoso Banquete de Conxo de 1856(Y brindo por el pueblo soberano).
--Dende unha postura democrática e transformadora,os primeiros en adentrarse por esta vía (Murguía,Rosalía,Pondal)encadrábanse na esquerda do provincialismo,por máis que despois moderados e tradicionalistas enxalzasen tamén ó campesiñado pero,como comprobaremos,con intencións sociopolíticas diametralmente opostas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
ANDRÉS MARTINEZ SALAZAR(1846-1926) COVA CÉLTICA
Andrés Martínez Salazar integrante do tardoprovincialismo ou formado xa no rexionalismo grazas ás ensinanzas de Murguía e Brañas,contituiu parte do núcleo da LIGA GALLEGA da Coruña e da chamada COVA CÉLTICA.
-Na esquerda están,por último,os que,procedentes do republicanismo,acaban ideoloxicamente identificados co rexionalismo liberal,como Andrés e,sobre todo Manuel Curros.
-- En 1887 a ARG (Academia Gallega) como tal morre e xa non haberá quen a resucite.En consecuencia,os sinais de vida do rexionalismo redúcense a pouca cousa:as publicacións e a tertulia da Libreria Regional do galeguista e masón Eugenio Carré na Coruña(quen a inaugurara en maio de 1891,logo de mercarlle o establecemento da rúa Real a ANDRÉS MARTÍNEZ SALAZAR.
--En abril ten lugar o triunfo electoral da Solidaritat Catalana e isto acelera o proceso.A Revista Gallega teima na súa campaña a prol de seguir o exemplo catalán(26-maio 1907).Galicia non pode seguir conformándose con ser un feudo duns cuantos políticos,sempre os mesmos,quen mangonean alternándose según o partido de turno no poder:Galiza ten que regenerarse e grabar na súa génesis o concepto que expresa o significado de esta trioloxía:REGIONALISMO=SOLIDARIDADE=GALLEGUISMOO certo é que as adhesións e a actividade se multiplican.En abril,os impulsores do nacente agrarismo da zona de Betanzos,de tendencia entre conservadores e tradicionalista,sumáranse ó proceso,movidos ademais por un reflexo defensiso perante os ataques que reciben do caciquismo local.En maio,invitado por ANDRÉS MARTÍNEZ SALAZAR,chega Rodrigo Sanz dende Madrid para pronunciar na Reunión de Artesanos unha conferencia.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
AURELIANO J. PEREIRA 1855-1906 (O REXIONALISMO FEDERALISTA)
En Galicia.o rexionalismo federalista non se xesta dentro do provincialismo senón que aparece como resultado do achegamento ó galeguismo dun pequeno grupo de federalistas inicialmente de referente español.Este pequeno grupo,descuberto e estudado por Xan Moreno e Ramón Maiz,estaba encabezado por AURELIANO J. PEREIRA(1855-1906) e o seu voceiro maior era o xornal lugués EL REGIONAL.Participa na Asociación Regionalista pero non nas Ligas Gallegas.
A finais de 1892 Aureliano Pereira saiu do partido federal para ingresar no liberal.Aínda que xa estaba marxinado de abondo dentro da Asociación,este desprazamento seu á dereita acentou o seu afastamento do rexionalismo.
-O rexionalismo sin sequera tivo capacidade para poñer en marcha o vello proxecto de crear unha Academia Galega,idea formulada por PEREIRA en 1887.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
SALVADOR CABEZA DE LEON (O REXIONALISMO TRADICIONALISTA)
No mes de novembro de 1890 constitúese en Santiago o Comité Central Regionalista,primeiro núcleo da Asociación Regionalista Gallega.Segundo a GACETA DE GALICIA (23-12-1890)estaba composto polos residentes en Santiago:MANUEL MURGUÍA,presidente;SALVADOR CABEZA DE LEÓN(profesor da Facultade de Dereito),secretario;e os vocais ALFREDO BRAÑAS(Catedrático da Facultade de Dereito e concelleiro de Santiago,JOSÉ TARRIO(médico),JUAN BARCIA CABALLERO(médico)etc.
-A necesidade dun voceiro rexionalista,fixo nacer.o 30 de marzo de 1891,LA PATRIA GALLEGA.Alfredo Brañas solicitou o 2 de marzo o permiso para imprimilo no establecemento de Diéguez Otero.Dirixido por Manuel Murguía,o periódico tiña a redacción no mesmo domicilio de BRAÑAS(rúa Azabacharía,nº 5.A nómina de colaboradores era de 25.Os textos maís importantes en cantidade e calidade corresponden,como era de esperar,a MURGUÍA,BRAÑAS e SALVADOR CABEZA DE LEÓN,que tamen permítese,co gallo da polémica entre José María Pereda e Emilia Pardo Bazán,criticar a esta polo seu madrileñismo confeso.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN BARCIA CABALLERO (O REXIONALISMO TRADICIONALISTA)
--O movemento galeguista adquiere un novo aliado dende o outro extremo do espectro ideolóxico,cando EL LIBREDÓN de Santiago empeza a defendelo,especialmente a partir da chegada de Alfredo Brañas á súa dirección en 1885.En realidade,isto non eran senón a deriba cara ó galeguismo dun grupo de mozos católicos composteláns que se agrupaban en 1881 na Academia Cientifica de la Juventud Católica.Nese grupo figuraba,a parte de Alfredo Brañas,Juan Barcia Caballero,e outros.Coñecemos o acto que tivo lugar o día 24 de xuño no Teatro con discursos en galego do alcalde,Rafael M.Ruibal,o cóengo Lago González,Manuel Murguía e ALFREDO BRAÑAS,así como a lectura da memoria polo secretario CABEZA DE LEÓN,quen informou que se presentaran 52 composicións.Premiáronse as de JUAN BARCIA CABALLERO entre outros.Non sabemos os sintomas paralizantes da prensa LA PATRIA GALLEGA,,pero o feito é que a revista trasladou a súa sede dende Azabacharía,5(domicilio de BRAÑAS)a outro na rúa do Vilar,e que no sucesivo desapareceron da revista as sinaturas de BRAÑAS,TARRÍO e JUAN BARCIA CABALLERO.O mesmo acontece cos escasos representantes da tendencia tradicionalista que publican algo como JUAN BARCIA.En suma A NOSA TERRA comportabáse como un voceiro moi exclusivo dunha parte do rexionalismo liberal coruñés.
r
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MURGUÍA (O REXIONALISMO LIBERAL)
io--- a) O REXIONALISMO LIBERAL
O máis claro continuador do provincialismo,mesmo nos seus individuos.O seu teórico maior,MANUEL MURGUÍA,formará escola. Algúns imitarán o mestre no seu crecente moderantismo e outros,en cambio,confluirán co republicanismo de principios de século ou liderarán en 1906-1912 a corrente agrario-rexionalista da SOLIDARIDAD GALLEGA.Os máis novos farán de ponte co nacionalismo propiamente dito en 1916-18.Como veremos o rexionalismo liberal é unha das dúas tendencias principais da primeira organización da historia do galeguismo,a Asociación Regionalista Gallega (1890-94),e logo da escisión desta primeira experiencia unitaria,formará unha organización propia,a LIGA GALLEGA DA CORUÑA.(1897-1906).
-As aportacións doutras figuras significativas desta tendencia; están en primeiro lugar,os que como Murguía,proceden da vella garda do provincialismo da época Isabelina.Tales como LEANDRO SARALEGUI e EDUARDO PONDAL.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
AS IDEOLOXÍAS REXIONALISTAS
Nos anos 1885-1892 prodúcese no galeguismo un conxunto de cambios que nos permiten falar dunha nova fase no seu desenvolvemento histórico,a rexionalista,que rematará en 1916-18.No plano estritamente ideolóxico,cómpre sinalarmos dúas novidades maiores:a influencia do republicanismo español,especialmente na súa variante federalista,e a irrupción do tradicionalismo,que antes estivera practicamente ausente do galeguismo.Á parte disto,o primitivo tronco liberal-progresista mantén a súa importancia e experimenta variacións menores pero significativas que convén non menosprezar. En consecuencia,observamos no rexionalismo,especialmente no periodo 1885-1900,tres tendencias ideolóxicas que difiren entre si. Tales tendencias son :
a) O REXIONALISMO LIBERAL--b) O REXIONALISMO TRADICIONALISTA--c) O REXIONALISMO FEDERALISTA.
Na foto sentados no centro MANUEL MURGUÍA e CURROS ENRIQUEZ.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
A Lliga catalana (BASES DE MANRESA)

A Lliga catalana lanzou unha proposta aglutinadora,a Unión Catalanista,que se puxo en marcha en 1891 coa adhesión de numerosas entidades,periódicos e particulares. A primeira asamblea da UNIÓ(Manresa,1892),á que asistiron 250 delegados de 160 localidades,aprobou as BASES para a CONSTITUCIÓN REGIONAL CATALANA,máis coñecidas como BASES DE MANRESA. Eran un proxecto de autonomía política de inspiración conservadora,que previa unhas Cortes catalás soberanas nos asuntos internos e formadas por elección corporativa,un Tribunal Superior en última instancia,a oficialidade exclusiva do catalán,que todos os oficios públicos fosen ocupados por cataláns,incluidos os militares,a comarcalización da administración local a autonomia municipal,un servizo militar voluntario,a catalanización do ensino e unha policía e unha moeda propias.
Como veremos,estas Bases foron un modelo para o rexionalismo galego,vía ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-07-2018 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MURGUÍA (HISTORIA DO GALEGUISMO)
Murguía na transixencia que amosa co rexionalismo tradicionalista,co que non romperá abertamente ata que as manifestacións neocarlistas de ALFREDO BRAÑAS e compañía o poñan no dilema de repudialas,cousa que fará,ou avalalas;e no seu progresivo distanciamento da dirección do rexionalismo liberal cando esta,xa na primeira década do século XX,se achégue algo ó republicanismo da man de discipulos seus como LUGRIS FREIRE.
O concepto Murguiano de GALICIA-NACIÓN se organiza nunha articulación específica e dende logo diferente da que encontraremos no concepto de GALICIA-REXIÓN pertencente tamén á familia orgánico-historicista,que desenvolve polos mesmos anos o rexionalismo tradicionalista,e moi especialmente ALFREDO BRAÑAS.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-07-2018 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ( O IDEARIO EDUCATIVO DO GALEGUISMO)

Según Brañas en cada Rexión podería haber unha Universidade oficial custeada con fondos da mesma Rexión.Cada unha contaría con oito facultades:Dereito,Medicina,Farmacia,Ciencias Naturais,Ciencias Físicas,Ciencias físico-matemáticas,filosofía e Letras e Teoloxía. As Escolas profesionais e Institutos terían un número limitado e estarían radicadas as primeiras nas cabeceiras de circunscripción e os segundos nas capitais de provincia.A instrucción primaria debería ser obrigatoria e gratuita,dividíndose as escolas en elementales e superiores; as primeiras estableceríanse nas poboacións menores de douscentos habitantes,as segundas nos demais pobos,vilas ou cidades.
--Para o corpo de mestres de instrucción primaria o noso autor propón que deberían acceder ao corpo despois de pasar por unha oposición directa cun soldo aproximado de 1250 pesetas anuais con aumentos por cada dez anos de adicación á docencia.Por outra parte,a lingua representa para BRAÑAS un dos elementos máis importantes constituidos da identidade diferencial dos pobos polo que vai reivindicar o estudio do galego nas escolas.
--Entre a súa extensa e variada obra destaca: FUNDAMENTOS DEL DERECHO DE PROPIEDAD(Oviedo,1887);EL PRINCIPIO FUNDAMENTAL DEL DERECHO.LECCIONES FUNDAMENTALES DE HISTORIA DE LA FILOSOFÍA DEL DERECHO(Santiago,1887);LA CRISIS ECONÓMICA EN LA ÉPOCA PRESENTE Y LA DESCENTRALIZACIÓN REGIONAL(Santiago,1892);LA VOZ DE LA SANGRE Y LA VOZ DE LA PATRIA(Santiago,1896);EL REGIONALISMO (Barcelona,Jaime Molina Editor,1889).
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-07-2018 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal