Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ZONA DO BALNEARIO
Según JERONIMO DEL HOYO a principios do século XVII a parroquia de San Xoán do Carballo,seguía sendo anexa de Ardaña,tiña sobre uns 120 habitantes,estaba menos poboada cas de Sofán e Rus
--A mediados do século XVIII según datos do Catastro do Marqués da Ensenada contaba con 250 habitantes.
--No Redescubrimento das augas mineiro-medicinais levado a cabo no ano 1716 podemos afirmar que se dá o rexurdimento do novo pobo de Carballo ao construírense as primeiras casas nas inmediacións dos baños para dar acollida a estes primeiros bañistas.
--Este incipiente núcleo que estaba a crearse arredor dos baños,incluíase dentro da LAGOA,única entidade de poboación da parroquia que había na banda dereita do Anllóns.Nun principio estas augas chamabanse BAÑOS DA LAGOA.
---No ano 1928 a parroquia de Tordoia denominada Santa Mariña de Anxeriz,quixo ser parroquia de Carballo.
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 25-07-2018 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
INTERIOR DA IGLESIA DE CARBALLO
O párroco José Carballeira Pérez,en 1927,solicitalle ao Arcebispo(Martín Herrera)que se lle dea canto antes remate á obra,xa que a falta de tellado,pode levar a ruina a construcción como así pasaría.
--Este segundo templo era de estilo neomedieval,no que se combinaban elementos do románico e do gótico.Tiña a planta de cruz latina con dúas capelas laterais que partian do Cruceiro,adicadas a San José e á Virxe do Carme.Tiñas unhas dimensións de 45 metros de longo,por 16 de ancho que aumentaban a 25 nas capelas laterais.En 1974,decidese derrubala e levantar un novo templo;os planos encárganselle ao arquitecto carballés Xosé Manuel Rey Pichel.Dentro do adro do novo templo atopase o cruceiro do ano 1811,procedente da antiga igrexa de Cernide.
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 24-07-2018 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
O RETABLO MAIOR DA IGREXA DE CARBALLO
A fachada da igrexa era lisa,con porta adintelada e unha fiestra a cada lado,e outra acabada en arco enriba da porta;e como remate,un frontón triangular.Nos laterais da fachada,elevábanse dúas torres.Ao pouco de ser inaugurada,xa presentou problemas de construcción derivados da baixa calidade dos materiais empregados e pola inadecuada execución do proxecto que fixo o mestre de obras MANUEL VILAS.Despois dun informe do arquitecto Domingo Rodriguez Sesmeros,e visto as graves deficiencias que presentaba o edificio,en 1890 decidiuse pechala ao culto.
-De aí que se tivera que habilitar un templo provisional na rúa San Xosé(nela estivo a capela provisional dende 1897 ata 1923,ano en que se rematou o novo templo.Este local provisional de culto levantouse na horta que había a carón da casa reitoral.
-Finalmente adxudicaselle a obra a XOSÉ FIGUEIRAS ROZAS,veciño de Conxo(Santiago) en 1899,e actuaba como arquitecto director Manuel Hernández y Álvarez Reyero.A obra vai a un ritmo lento e pasa por varios contratistas.Por fín inaugúrase o 24 de xuño,nas festas do San Xoán de 1924 despois de 25 anos de comenzadas as obras,pero ainda sen estar totalmente rematadas,xa que faltaba o tellado.
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 24-07-2018 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
IGREXA ANTIGA DE CARBALLO (No agro dos Campos)
Construíuse a primeira igrexa no ano 1864 cando a vila comenzaba a ter importancia como centro viario,comercial e administrativo;a anterior párroquial,era un sinxelo templo barroco do ano 1716,situado no lugar de Cernide en Carballo de Arriba.
--O primeiro templo construido na vila,na zona dos baños,é decir en Carballo de Abaixo,tiña como misión dar acollida aos fies que se trasladaron a vivir ao novo núcleo,posto que a vella igrexa era de pequenas dimensións,e ademais,estaba moi afastada do asentamento acabado de crear,próximo aos baños.
--A vila nova e moderna,na que vivian as autoridades xudiciais e administrativas do partido xudicial,cunha puxante vida económica e comercial,precisaba dunha nova igrexa.Foi esta proxectada polo arquitecto Faustino Dominguez Dominguez,de orixe leonés,arquitecto da Deputación da Coruña.Tamén fará os planos das igrexas de Ordes e Ribeira.O novo templo podémolo encadrar no posneoclásico.
--Por mor dos recursos escasos,o arquitecto viuse na obriga de modificar o proxecto orixinal para abaratar custos. As obras rematarán en 1864.Tratábase dunha edificación de cruz latina,cunha cúpula que se elevaba no cruceiro das naves.
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 24-07-2018 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
PLAN ANTIGO DO SAN XOÁN DO CARBALLO (En Cernide)
Contruíuse a primeira igrexa en CERNIDE que era un sinxelo templo barroco no ano 1716,coñecido mais tarde como Carballo de Arriba.Este templo foi derruido ao construirse na zona dos baños a nova igrexa. Naqueles tempos no era concello ainda, era a parroquia de SAN XOÁN DO CARBALLO,con igrexa e cemiterio propio(como se olla na foto) xa que non se fixera a división provincial nin os concellos ata 1821 que se realiza a primeira división territorial en provincias e concellos.É nesa data o territorio que ocupa o actual municipio de Carballo repartiuse en tres concellos:SISAMO,REBORDELOS e SOFÁN,o primeiro deles foi cabeza do partido xudicial.No ano 1835,créase xa o concello de Carballo coas 18 parroquias actuais e o partido xudicial.Aínda que Pascual Madoz,aínda non cita a Carballo como núcleo ata despois do ano 1845,senón que canda fala da parroquia carballesa,dise que está formada polas seguintes entidades:BARREIRO,CERNIDE,LAGOA,GRELA,MONTE,OUTEIRO,LOUREIROS,QUINTÁNS e A BREA.
---O orixe do nome da vila de Carballo e do concello,parte da parroquia de San Xoán do Carballo(chamada así por ter plantado no adro da igrexa un" carballo" Quercus robur),que tivo o seu núcleo no lugar de CERNIDE,onde se atopaba a primitiva igrexa parroquial e o vello cemiterio.Está situado sobre un outeiro,nun posible castro cerca do rio Rosende.As primeiras novas que temos desta parroquia son relativamente tardías,datan de comenzos do século XV,cando o Arcebispo LOPE DE MENDOZA a anexa ao mosteiro de San Pedro de Soandres,concedéndolle a metade dos dereitos de sinecura. En 1540 o abade do mosteiro leva a cabo a presentación do crego da parroquia carballesa.
--Logo da reforma dos mosteiros feita polos Reis Católicos a finais do século XV,Soandres quedará baixo o dominio de San Martiño Pinario,e Carballo pasará a ser anexa de Santa María de Ardaña.
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 24-07-2018 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
EDUARDO MARÍA GONZALEZ-PONDAL Y ABENTE(1835-1917)
Eduardo Pondal expón con emoción os achados,nos apuntes.
--Sorprende que un dos espazos poéticos pondalianos o poema amoroso "Out,rosa de Corcoesto".sexa o que maior número de dolmens presenta :No monte Cudeiro,axiña de Corcoesto 46 dólmenes célticos arruinados.Seguindo nesta párroquia de Cabana,atopa un,cerca da ponte de Cardezo. Dous en Borneiro,camiño de Vilaseco a Fontefría;outro cerca de Iñaño.Supoñemos que un deles sería o de Dombate.Despois Pondal viaxa ás terras da Ponteceso,e na ladeira do monte Faro:no camiño de Corme a Brantuas uns seis ou sete,ademais de outro no camiño de Brantuas a Carballido.
--No pinal de Tella,localiza oito ou dez no monte de Tella,chamado da Mina e no de Seixos de Angame,e no camiño que vai de Tella a Tallo sobre uns oito.
--Por Carballo tamén bate con pegadas celtas:
" un, nunha chousa chamada de Labarta e outra en Mirón".Nas terras de Gonzalo López Abente considera" a pedra vacilante de Muxia como un fenómeno enteiramente natural" non un resto arqueolóxico célta.
--Destaca que non atopou "menhires,barros,cromlhechs nín outro xénero de monumentos célticos,a non ser os CASTROS,nas terras de Bergantiños,e clasifica a PEDRA DA SERPE como unha "ARA" sospeita que sea un altar céltico á chamada SERPENTE,que está na baixada da costa de Gondomil,párroquia de San Andrián de Corme.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 23-07-2018 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
EDUARDO PONDAL (1835-1917)
O bardo pontecesán Eduardo Pondal,como investigador célta.
--Unha faceta de Eduardo Pondal que escapa ao público é a de investigador de campo para o seu amigo Manuel Murguía,para a R.A.G.(Real Academia Galega) ou mesmo para a construcción do seu mundo poético,ademais dunha colleita de léxico que preparon para o diccionario da R.A.G.e toponimias do val de Ponteceso.
--Localizouse fai pouco un artigo que Pondal publicou no DIARIO DE SANTIAGO con título de "APUNTES ACERCA DE LA ÉPOCA CÉLTICA DE GALICIA"que data do martes 21 de xullo do ano 1874.Onde é a nova principal da portada.Nela anticipa o seu interese polos elementos arqueoloxicos tan presentes en "QUEIXUMES DOS PINOS"(1886).Está asinado coas siglas E.P.,aínda que a redacción é dun xornalista do periódico.
--Iníciase amosando como chega a información ao xornal "NUESTRO BARDO PONDAL TUVO A BEN CONFIARNOS A SÚA CARTEIRA"da cal extraemos alguns datos acerca dos monumentos dunha raza que case podemos chamar prehistórica.Aquí mencionase unha pertenza coñecida a "maleta pondaliana" e a "carteira" onde posiblemente levase os apuntamentos de campo e os bosquexos de poemas.Expón con emoción os achados,nos apuntes.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 23-07-2018 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ(O REXIONALISMO TRADICIONALISTA)
--b) O REXIONALISMO TRADICIONALISTA

O seu teórico principal é ALFREDO BRAÑAS(1859-1900),ó que secundan outros autores como SALVADOR CABEZA DE LEÓN (1864-1934)ou JUAN BARCIA CABALLERO(1852-1926).Constitúe a segunda corrente en importancia da Asociación Regionalista.Tras a escisión desta,forma a efémera e moi feble LIGA GALLEGA de Santiago(1898),esta tendencia eclípsase durante uns anos para rexurdir na época da Solidariedade da man do neocarlismo de JUAN VÁZQUEZ DE MELLA(1861-1928).Recuperará todo o seu vigor en 1916,no principio da fase nacionalista.
En xullo de 1892,Murguía foi nomeado bibliotecario da Universidade de Santiago e os seus amigos decidiron celebralo cunha excursión a Portomouro.Era unha ocasión para procurar a reconciliación.Ala foron Murguía,Brañas,Alvarez Insúa,Cabeza,Tarrío e outros.BRAÑAS redactou efectivamente un proxecto pero ninguén o discutiu nin o aprobou.Eran as BASES GENERALES DEL REGIONALISMO Y SU APLICACIÓN A GALICIA,das que incluíu unha síntese ó final do texto publicado da súa celebre lección inaugural do Curso 1892-1893.Se ben Brañas esbozaba aquí,ó contrario que no seu libro de 1889.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 20-07-2018 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
VALENTÍN LAMAS CARVAJAL (1849-1906)
No centro ideolóxico sitúase o groso da tendencia,o grupo propiamente murguiano que se identifica totalmente coas posturas do mestre,xa expostas.Hainos tamén cunhas actitudes ideoloxicamente flutuantes,aínda que sempre máis próximas ó rexionalismo liberal. Tal pode ser o caso da variable personalidade de VALENTÍN LAMAS CARVAJAL,que principia en Santiago como republicano federal;abandona o federalismo para abrazar,un provincialismo folclorista dende o que ataca o caciquismo e o centralismo da Restauración cunha inspiración preagrarista;deriva despois ó liberalismo sagastino e acaba colaborando cos conservadores,sen renunciar por iso a un rexionalismo populista.
--En 1875-1885 o expoñente máis sobresaínte deste provincialismo moderado e etnicista é sen dúbida VALENTÍN LAMAS CARVAJAL.Disfrazado do Tio Marcos da Portela preséntasenos(7-11-1876)como un gallego enxebre,dono dalgús eidos e defendedor do noso lenguaxe como ninguen.
--Coa chegada da Restauración aumenta algo o ton crítico.Waldo A.Insua denuncia que os gobernos só se lembran de Galicia para lle pedir sangue e diñeiro.VALENTÍN LAMAS CARVAJAL pon en primeiro plano a condena do caciquismo rural,da incompetencia e alleidade de funcionarios e deputados,pero as súas críticas desembocan nun populismo apolítico.
--No horizonte da dominación castellana,a teocracia,como un principio,e o feudalismo militar,como o seu mantedor.Nesta perspectiva empeza a agromar a mitificación protonacional dalgúns persoeiros,como Pedro Pardo de Cela,a quen LAMAS CARVAJAL(1874)presenta xa como campión das libertades galaicas fronte a represión exterior.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 20-07-2018 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
CURROS ENRÍQUEZ (1851-1908)REXIONALISMO LIBERAL
Na esquerda están,por último,os que,procedentes do republicanismo,acaban ideoloxicamente identificados co rexionalismo liberal,como ANDRÉS MARTÍNEZ SALAZAR e,sobre todo,MANUEL CURROS ENRÍQUEZ(1851-1908),un dos tres grandes puntais,xunto con Rosalía e Pondal,do rexurdimento literario. Como tantos outros galegos da súa xeración,Curros entra en política nas ringleiras do republicanismo federalista,despois de 1875 evoluciona cara ó republicanismo unitario de RUIZ ZORRILLA; este republicanismo militante de Curros non admite compoñendas antes da súa conversión ó rexionalismo liberal,que se inicia en Cuba.Dende a súa chegada a Cuba en 1894 ata a súa morte en 1908 curros vai temperando o seu republicanismo e en 1895 asume publicamente o esencial do pensamento de MURGUÍA e os seus eloxios a ALFREDO BRAÑAS chegan ata declararse "soldado de la legión que él acaudilla",que realmente son palabras maiores nos seus beizos cando se dedican a tan esgrevio e confeso tradicionalista como o filocarlista ALFREDO BRAÑAS.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 19-07-2018 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal