Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REAL ACADEMIA GALEGA na Coruña--2018
REUNIÓN QUE TIVEMOS A COMISIÓN NO MES DE XUÑO CO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA : VÍCTOR FERNÁNDEZ FREIXANES,e o Secretario da mesma XOSÉ HENRIQUE MONTEAGUDO ROMERO,para informarnos da posibilidades e dos pasos a seguir para que ALFREDO BRAÑAS fose nomeado candidato ao día DAS LETRAS GALEGAS.
Na foto antes de entrar a R.A.G. a comisión:
pola esquerda- JOSÉ M.HURTADO DE MENDOZA,PACO PRADO VALIÑO,JOSÉ M.CAMEÁN e ANTONIO PICHEL LORENZO.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 31-07-2018 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
INSTITUTO ALFREDO BRAÑAS DE CARBALLO
Instituto ALFREDO BRAÑAS de Carballo en homenaxe ao seu fillo predilecto ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ,nado en Carballo en xaneiro do ano 1859.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 31-07-2018 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL CHAVES RODRÍGUEZ
Escrito do colaborador ENRIQUE LABARTA POSE(Baio) ao seu amigo compositor MANUEL CHAVES na revista
" GALICIA HUMORISTICA".
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 30-07-2018 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL CHAVES RODRÍGUEZ-(Compositor 1839-1897)
Fotografía do compositor santiagués MANUEL CHAVES RODRÍGUEZ,nado en Santiago en 1839 e finado en Pontevedra no ano 1897.
--A súa formación musical está marcada pola tradición familiar,foi músico e compositor.Inducido polos pais ingresou no Seminario de Santiago,aínda que non rematou a carreira eclesiástica,e con 10 anos comenza a dar os primeiros concertos de piano.Marchou a París e Milán,onde foi discipulo de Lauro Rossi.
--De retorno de París,instalase na Coruña onde contrae matrimonio coa pianista ISOLITA GONZÁLEZ PÉREZ e funda unha academia.
En 1892 designárono para reorganizar a Banda de música de Santiago de Compostela,onde no ano 1894 presenta a renuncia.Instalouse no número 5 da rúa das Hortas coa súa dona e tres fillas pequenas,ata que no ano 1894 pon fín a súa estadía en Santiago de Compostela e decide facer as Américas en Bos Aires.Un ano máis tarde regresa a Pontevedra onde fallece acompañado de seu irmán.
--Entre as súas composicións musicais atopasen obras como O VALS EL GEMIDO,LA AURORA DE GALICIA,O ZAPATEADO. E no ano 1888 a composición da letra de ALFREDO BRAÑAS --" AIRE GALLEGO ".composto de propósito para Galicia Humoristica .
Foi galardonado coa CRUZ DE CARLOS III.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 29-07-2018 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
LUÍS TAIBO GARCIA ( Compositor)-1877-1954
Luís Taibo García naceu en Santiago de Compostela o 29 abríl do ano 1877.Durante os anos universitarios desenrola unha importante tarea na dirección do Orfeón Vasco-Navarro,ao mesmo tempo destacar no campo da composición. Nesa época recibe varios agasallos no concurso organizado polo Círculo Católico de Pontevedra en 1900.
--Semellante que outros moitos artistas e intelectuales galegos,a súa vida quedará marcada pola emigración. Desembarcou no porto de Veracruz un 26 de maio de 1908,alí na capital mexicana traballará como médico onde abrirá unha clínica privada.
--Máis a que a maior parte da súa vida transcorre en México,o compromiso con Galiza permanecerá latente na súa obra compositiva,con partituras tán simbólicas como o himno "DEUS FRATESQUE GALLAECIAE" (1911),con letra de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ .
--Trás unha longa enfermidade e sín poder cumprir os desexos de pasar os seus últimos dias na súa Galiza natal,falleceu na capital mexicana o 17 abríl do ano 1954.
Desgraciadamente o seu legado,que debería haber sido depositado na Real Academia Galega,tal e como habia disposto no seu testamento e donde seu irmán o escritor Victoriano Taibo,se encargaría de defendelo e difundilo.Nunca foi devolto a súa terra,permanecendo ao día de hoxe ignorado totalmente.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 28-07-2018 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
LUÍS TAIBO GARCIA
Luís Taibo Garcia dende o seu paso como neno cantor da Catedral,co mestre de capela Juán Trallero,antes de coñecer a docencia de Santiago Tafall no seminario ata que abandona a carreira eclesiástica para adentrarse nos estudios de medicina que remata satisfactoriamente en 1906.Merece mencionarse ó himno "DEUS FRATESQUE GALLAECIAE" sobre texto de ALFREDO BRAÑAS.
--En 1995,co motivo do 150 Aniversario da Fundación e Instituto I.E.S. Arzebispo Gelmirez de Santiago de Compostela,nun homenaxe a antigos e ilustres alumnos,unha copia da particula procedente de Bos Aires,caiu en máns de GLORIA TAIBO,filla do escritor Victoriano Taibo,e sobriña do compositor.
--No ano 2017 extrenouse en España La suite sinfónica "GALAICA" do compositor compostelán LUÍS TAIBO GARCÍA. A obra da que se conmemora o primeiro centenario da súa composición. O autor Taibo inspirouse no poema "AROMAS DE LEYENDA" de Valle-Inclán para compoñer esta partítura,que escribiu en Mexico no ano 1917,reflexando nela a súa morriña pola súa Galiza natal.
Comentarios (1) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 28-07-2018 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
A LIGA GALLEGA DE SANTIAGO
Fotografía de SALVADOR CABEZA DE LEÓN(sentado no centro,de pelo blanco e co sombreiro na mán).
-Alfredo Brañas e os seus decidiran imitar os coruñeses fundando o 18 de xullo de 1898 a LIGA GALLEGA DE SANTIAGO,tamén legalizada mediante a presentación duns estatutos-que non atopamos-e a súa aprobación polo goberno civil.A súa primeira xunta directiva estaba presidida polo catedrático do instituto N.RÍOS RIAL.Por falta de documentación non coñecemos a súa nómina de afiliados,pero non debían ser moitos a xulgarmos pola inactividade case total deste grupo durante a súa brevisima existencia.
--Monoliticamente tradicionalista e socialmente situado entre os persoeiros de alto status da cidade(fundamentalmente profesores da Universidade),necesitou máis dun ano para producir o único manifiesto de que temos noticia,"Al pueblo gallego"de 24 de xuño,no que por certo a directiva aparece renovada,pois figura SALVADOR CABEZA como presidente e ALFREDO BRAÑAS como secretario.E despois disto non volveu dar sinais de vida.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 28-07-2018 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
A LIGA GALLEGA DA CORUÑA
Fotografía de Manuel Murguía.
- Na primavera de 1897 algúns integrantes da Cova Céltica deciden que cómpre saír da inoperancia.Convócase unha reunión para o día 30 de abríl.Como pode verse na relación de asistentes,hai unha continuidade básica respecto do núcleo da Cova. Non obstante,observamos algunhas novidades de interese.En primeiro lugar,non está MURGUÍA.Isto podería deberse a que fose el o remitente da convocatoria,pero non é así,porque tampouco figurará como asistente nas actas das reunións seguintes,nin será membro efectivo de ningún órgano directivo. Por primeira vez en catro décadas,Murguía non está na primeira liña.Dada a ausencia de discrepancias de fondo neste momento no galeguismo coruñés,temos que deducir que foi el quen,con 64 anos,decidiu retirarse ó papel de mentor en segundo plano e dedicarse case en exclusiva á erudición e ó labor cultural.Este é o indicio maior do relevo xeracional máis amplo que culmina neste momento no rexionalismo.Tampouco aparecen outros destacados da Cova Céltica como EDUARDO PONDAL ou ó párroco RAMÓN BERNÁRDEZ GONZÁLEZ.
--En cambio,consolídase o pequeno grupo dirixente forxado nos primeiros anos noventa(os Carré,Golpe,Salinas,Insúa) e incorpóranse outros novos que terán un gran protagonismo na primeira década do século XX e farán de ponte na transición ó nacionalismo:MANUEL LUGRÍS,os irmáns VAAMONDE,MANUEL BANET,etc.En todo caso,parece claro que as convulsións da Xunta de Defensa provocaron unha fonda renovación no rexionalismo da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 28-07-2018 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
AL LIGAS GALLEGAS--A LIGA GALLEGA DA CORUÑA
Na fotografía WALDO A.INSÚA(1856-1938),Avogado,escritor e xornalista galego foi bautizado co nome de Ubaldo Modesto Álvarez e Insúa.A liga gallega xurdiu a imitación da Lliga Catalana en novembro de 1897.
---En efecto ese grupo coruñes mantén a súa cohesión na tertulia que se celebraba na Libreria Regional,alcumada de "Cueva Céltica",pero os tertulianos asumiron decontado con orgullo o alcume e galeguizárono como COVA CÉLTICA.A esas reunións,que supliron durante un tempo a ausencia dunha verdadeira organización,asistían tamén con maior ou menor asiduidade,amén de rexionalistas doutros lugares que estaban de paso na cidade,persoas non rexionalistas como os republicanos Pérez Costales ou mesmo EMILIA PARDO BAZÁN.Deste xeito chegou a ser o foco intelectual continuo máis vivo da Coruña e del naceron as iniciativas maís importantes do galeguismo nese momento:a creación da REVISTA GALLEGA,O HIMNO GALEGO,A ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN e,por suposto, a LIGA GALLEGA.
--En febreiro de 1895,Waldo A.Insúa propuxo dende EL ECO DE GALICIA da Habana a celebración dun congreso en Lugo,aproveitando o certame rexional previsto alí para 1896,onde se discutirían as solucións máis axeitadas para os problemas do pais.No primeiro semestre de 1898,a xunta directiva reúnese cinco veces.Pero dende xullo non temos constancia de ningunha outra sesión ata a preceptiva asemblea xeral de xaneiro de 1899,na que se renova a directiva,que pasa a estar presidida por WALDO A.INSÚA,recentemente chegado de Cuba.
---ALFREDO BRAÑAS avogou pola reorganización do rexionalismo con ese espírito suprapartidario.Pero,como tantas outras veces,todas estas boas intencións ficaron en meras palabras.
No resto de Galicia,case nada.Alfredo Brañas segue escribindo e dando conferencias que demostran a súa acelerada evolución ideolóxica cara ó carlismo.E xunto con Cabeza de León dedica bastantes enerxías a poñer en pé os instrumentos do emerxente socialcatolicismo na cidade:o Ateneo León XIII e o Círculo Católico de Obreiros.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 27-07-2018 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
CASA DE SISAMO ONDE ESTIVO O ANTIGO CONCELLO DE CARBALLO
Fotografía da casa do concello en Sisamo.Despois da reforma no ano 1835,figurá Carballo como único concello.A primeira corporación carballesa constituíuse o 2 de setembro de 1836,encabezada por Antonio Rodríguez Carracedo,durante a primeira guerra carlista(1833-1839);nesa data producíronse dous ataques sorpresa por parte da facción de Ramos á vila de Carballo.Un primeiro o 14 de xaneiro de 1838 en compañia de 300 homes no que se apoderaron sobre todo de cartos;e un segundo,de consecuencias máis graves,o 7 de maio dese mesmo ano no que houbo 13 mortos e o secuestro e posterior asasinato do xuíz Vázquez de Parga.
--Ainda ata o ano 1845 non se cita a Carballo como núcleo urbano.
En 1851 e 1852 foi construido o novo Balneario polo seu propietario Carlos Luís de Puga y Valvuena(Marqués de Torre Penela),é cando se proxecta a carretera ata A Coruña.Naquel momento o único camiño de entrada e saida era o que atravesaba pola LAGOA,e despois de cruzar o Anllóns,enlazaba co CAMIÑO REAL que dende BERTOA,pasaba pola FEIRA DE VERDILLO,a BREA e logo pola parroquia do San Xoán do Carballo en CERNIDE en dirección a PONTE LUBIANS camiño de Fisterra. Será finalmente cando no ano 1856 a vila carballesa quede comunicada coa capital herculina a través de carruaxe de cabalos.
Comentarios (0) - Categoría: Carballo de Arriba - Cernide - Publicado o 26-07-2018 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0