Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DEUS FRATESQUE GALLAECIA

Suso Vaamonde Polo, coñecido como Suso Vaamonde (1950-2000) foi un cantautor galego,compositor dende os dezaseis anos,onde nos anos setenta pasa a formar parte do grupo musical VOCES CEIBES, xunto con Miro Casabella, onde pon música aos poemas galegos. Cantou o poema de Alfredo Brañas " DEUS FRATESQUE GALLAECIA " que significa Deus eos irmáns galegos, obra que fora musicada no ano 1911 por Luís Taibo García.
As xuventudes galeguistas de Santiago tomárono como o seu himno( mocedades de Ultreia ). Foi un poema candidato a concertarse oficialmente como himno galego. Durante o século XV tamén fora un dos lemas das revoltas Irmandiñas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 10-06-2020 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA EXTRACTO DE LITERATURA

Na foto ollamos o retrato de Enrique Labarta Pose que acompañaba ao poema que está colocado de forma invertida, coa cabeza cara abaixo,representando así a debacle da revista.
O merito principal de EXTRACTO DE LITERATURA, personificado na figura do seu director, Enrique Labarta Pose, foi o feito de incorporar por vez primeira unha imaxen fotográfica nunha revista ilustrada gallega.
Como sabédes Labarta Pose, era coñecido como o Quevedo galego, ademáis de ser íntimo amigo de Alfredo Brañas Menéndez; que lle fixo o limiar na obra Bálsamo de Fierabrás escrita polo poeta de Baio.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-06-2020 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal