Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONDE DE CASA SEDANO
A labor xornalista de Alfredo Brañas foi breve porque o periódico desaparece a finais de febreiro de 1881,polas desavenencias xurdidas entre os propietarios do xornal.o Marqués de Villamantilla e o Conde de Casa Sedano,que nese intre era o director. Brañas regresa a Galiza,acompañado doutro compostelán co que se fixera amigo en Madrid,JUAN BARCIA CABALLERO,que o chama maís tarde para participar nos proxectos xornalisticos composteláns do Cardeal PAYÁ Y RICO,que rexía o Arcebispado dende o ano 1875.Payá y Rico foi o que promoveu as obras de excavación no interior da Catedral que propiciaron a aparición dos restos humanos que a bula do Papa León XIII de 1884 recoñecen como auténticos do Apóstolo Santiago o Maior e dos seus dous discípulos Atanasio e Teodoro,poñendo fín desde o catolicismo ás distintas atribucións historicas sobre eses enterramentos. O arcebispo,que ostentaba o privilexio de Capelán Real e bautizou ó novo Rei ALFONSO XIII.Así Brañas é chamado para integrarse na redacción dos xornaís EL PORVENIR e EL LIBREDÓN,onde chega a ostentar a dirección. Ámbolos xornais naceron e viviron ó amparo do Pazo episcopal e,polo tanto,para a defensa das ideas e das causas católicas dese tempo. A partir dese momento Brañas cásase ,cousa que sucede no ano 1885.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
PEDRO ANTONIO DE ALARCÓN Y ARIZA (1833-1891)
BRAÑAS XORNALISTA,UN LABOR DESCOÑECIDO.

A faceta xornalística na vida e obra de Alfredo Brañas é a máis completa e extensa pero ó mesmo tempo a máis descoñecida e menos considerada,foi un gran xornalista de vocación e dedicación.
--A dispersión dalgunhas coleccións e a non conservación doutras moitas impídenos agora dispoñer das fontes suficientes para completa-la recuperación e reconstrucción dunha parte da súa producción intelectual cen anos despois do seu pasamento.
--O mercores 21 de febreiro de 1900 falecía ás once e media da mañá,na súa casa da Rùa Azabacheria,número 5,de Santiago de Compostela,ós 41 anos de idade recén estreados. Foi enterrado no cemiterio da NOSA SEÑORA DO ROSARIO e en 1905 os seus restos foron trasladados a un mausoleo custeado por subscripción popular en SAN DOMINGOS DE BONAVAL,onde repousan preto dos de Rosalía de Castro e doutros galegos ilustres.
--A súa primeira actividade xornalísta continuada comeza en Madrid en 1880 e principios de 1881,no xornal canovista "LA POLITICA" fundado en 1863 por PEDRO ANTONIO DE ALARCÓN.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
MAUSOLEO DE ALFREDO BRAÑAS
Alfredo Brañas era un acérrimo defensor da teoría do poder indirecto da Igrexa sobre o Estado. Preocúpalle a orixe das persoas que ocupan cargos públicos en Galicia. E así determina" los cargos y empleos públicos,beneficios y honores deben otorgarse con preferencia y en igualdad de circunstancias a los naturales de la región;a falta de éstos,a los que hayan arraigado en ella y por último a los extraños. Esto no debe entenderse de los beneficios eclesiasticos y de aquellos cargos y empleos que exijen conocimiento perfecto de la lengua,de las costumbres,y del régimen económico del país,los cuales deben otorgarse sólo a los naturales.
Se vivise hoxe Alfredo Brañas non se sentiría a gusto,xa que dos prelados con cargo pastoral en Galicia tres non son galegos. Este pensamento de Alfredo Brañas de os cargos eclesiásticos sexan desempeñados por persoas orixinarias da rexión debe ser un desexo pero nunca unha imposición xa que iso sería un empobrecemento para a Igrexa.
De todos os elexios fúnebres adicados a ALFREDO BRAÑAS,que foron moitos,quizais o máis emotivo é o do seu contemporáneo e amigo LÓPEZ FERREIRO.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-06-2018 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
Alfredo Brañas afirma que a igrexa é unha sociedade perfecta porque lle corresponden os tres poderes(lexislativo,coactivo e xudicial) que exerce e exerceu sempre sen ningún impedimento e obrando con absoluta independencia. Brañas afirma que o Estado non pode permanecer indiferente ante a Igrexa. A fórmula da " Igrexa libre no Estado libre" é outro invento da política moderna que non se propón outro obxecto que deprimir e envilece-la Igrexa. Pero o Estado non pode conte-la Igrexa católica,nin dun modo formal nin dun modo material. E así a división da Igrexa en arcebispados,bispados,arciprestados,e parroquias,non é máis que unha distribución puramente modal para facilitárlle-la administración das cousas espirituais ós fieis.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
VICTORIANO GUISASOLA RODRÍGUEZ
Victoriano Guisasola Rodríguez no confundir con Guisasola Menendez en tempos do seu arcebispado publicou Alfredo Brañas Menéndez o seu primeiro ensaio sobre Regionalismo (1886)antecedente do seu libro EL REGIONALISMO (Barcelona,1889). Brañas mantivo ademais excelentes relacións de amizade cos tres arcebispos composteláns cos que tivo ocasión de colaborar,MIGUEL PAYÁ,VICTORIANO GUISASOLA RODRÍGUEZ,E JOSÉ MARTÍN DE HERRERA.
A igrexa galega nestes anos(1860-1900) pasou por tres crises: económica,ideoloxica e política.

--Crise económica. A desamortización foi un dos golpes máis fortes que recibia a igrexa galega no século XIX,a consecuencia da cal non quedou pobre,pero si deixou de ser rica.
--Crise política. A principios do século XIX o clero galego optou polo absolutismo,a partire do 1834 polo carlismo,achegando cartos e homes máis de 200 sacerdotes morreron nas guerrillas-e en 1865 o clero pásase na súa meirande parte,ó integrismo,fórmula entre política e relixión.Pero será a través de Alfredo Brañas,a partire de 1885,cando o Rexionalismo penetrará no clero galego,atopando a comprensión e a entrega de moitos intelectuais-Lopez Ferreiro,LAGO LÓPEZ e de amplos sectores da Igrexa oficial,sentimentos de rexionalismo que tamén asoma,nesta época,nas igrexas vascas e cataláns.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
CARDEAL PAYÁ Y RICO
O culto divino,desenvolvíase no medio de abusos que os bispos se atrevían a cortar por medo a reacción popular,e así,mesturábanse tradicións e costumes pagáns con ritos sagrados.
En materia canónica a situación era moito peor,os acontecementos políticos do século XIX que obligaron ao clero a comprometerse militarmente cos carlistas e os liberais durante o conflicto armado;ás tensións ideoloxicas;á supresión das órdes relixiosas;á desbandada dos exclaustrados etc.
--Durante a vida de Alfredo Brañas a Sé de Santiago estivo ocupada por catro prelados: GARCÍA CUESTA,PAYÁ Y RICO,GUISASOLA RODRÍGUEZ e MARTÍN HERRERA.Ningún deles era galego.
Miguel García Cuesta conseguiu de Isabel II o Mosteiro de San Martiño Pinario,que refixo e habilitou totalmente para seminario,tiña Brañas neses intres 14 anos,posiblemente foi García Cuesta o bispo que lle administrou a ALFREDO BRAÑAS O SACRAMENTO DA CONFIRMACIÓN.
Miguel Payá y Rico fundou o hospital de Conxo para enfermos mentais. Tras unha laboriosa exploración arqueoloxica conseguiu que se descubrira a furna cos restos do Apóstolo Santiago; En 1884 o Papa LEÓN XIII confirmaría a veracidade do dito achado e así Alfredo Brañas dedicaríalle a León XIII un artigo eloxioso na GACETA DE GALICIA(1897).Anteriormente Brañas dedicaríalle un eloxio fúnebre no seu artigo "EL CARDENAL PAYÁ HA MUERTO" tamen na GACETA DE GALICIA no ano 1891.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
PAPA LEÓN XIII
A Santa Sé opúxose,dende o principio,á mencionada minitolerancia e así o secretario de Estado de Pio IX,non cesaba de manifestarlle ó embaixador de España . As relacións entre España e a Santa Sé estabilizáronse unha vez superada a crise do artigo de 1876,e polo demais,o pontificado de Pio IX concluía ó cabo de tres anos. A calma prevaleceu ó longo do novo pontificado de LEÓN XIII(1879-1903).
O pontificado de LEÓN XIII nas súas relacións con España estivo caracterizado,dende o seu abrente ata o seu ocaso,por unha intensa actividade persoal do Papa a prol da unidade do espiscopado,do clero e dos católicos.A actividade dos sacerdotes en lineas xerais era moi pobre. Descoidábanse a predicación e os sermóns,no canto de edificar,escandalizaban o pobo porque eran pezas oratorias carentes de sólida doutrina teolóxica,cargadas de contidos políticos e de adulacións inútiles e prexudiciais.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ ANGEL FERNÁNDEZ ARRUTY
A IGRESA E OS CATÓLICOS NOS ESCRITOS DE BRAÑAS.

--A etapa de madurez intelectual de Alfredo Brañas abarca un espacio moi curto de vinte anos,poucos anos para ler e escribir,pero que Brañas aproveitou ata o máximo se temos en conta a súa gran producción intelectual e cientifica. En toda a obra de Alfredo Brañas hai un gran compoñente relixioso,xa que dí que é esencial en todo e tamén na súa concepción do rexionalismo,pois as crenzas relixiosas son unha compoñente do sentimento rexional.
No Concordato entre Isabel II e Pío IX asinado o 16 de marzo de 1851,onde a relixión católica era a única da nación española. Os novos bispos xa non serían de tendencias carlistas e isto tería unha repercusión notable na andaina da Igrexa durante a segunda metade do século XIX.
A partire de 1876 cando Brañas tiña 16 anos,promulgabase a tolerancia,ainda que conservabase a relixión oficial. Nadie será molestado polas súas opinións relixiosas ni polo exercicio do seu respectivo culto,salvo o respeto debido a moral cristián.Non se permitirán,sin embargo,otras ceremonias ni manifestaciones públicas que las de la relixión del Estado.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ (A HORA FINAL)
A hora final,o día 21 de febreiro de 1900 falecía en Santiago. Xoán Barcia Caballero atribuía a súa morte a "unha fiebre infecciosa"sen que faltase quen a atribuía a unha crise derivada dunha hipotética e vella tise,outros a un exceso de traballo. A febre infecciosa á que se refiere o médico íntimo amigo seu Xoán Barcia,non era outra que unha gripe,coñecida naquel tempo como o "grippo",que vulgarmente,tamén era coñecida como dengue,non principio fixo confiar na súa recuperación,pero que logo se agravou. Alfredo Brañas era un home enfermo fisicamente debil,en moitas ocasións tivo que recoñecer o seu mal estado físico nas intervencións públicas.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
BALDOMERO CORES TRASMONTE
No Ateneo León XIII,mesmo no momento en que se velaba o cadáver de Alfredo Brañas Menéndez,falouse de lle adicar un monumento o que se sumou o Círculo Mercantíl de Santiago.Dende un xornal santiagués,dicíase que debían publicarse as súas obras completas,coa súa biografía e o seu retrato. Non tardou en ter mausoleo no Panteón de Galegos Ilustres,deseñado por Xosé María Fenollera Ibañez e construido por RAFAEL DE LA TORRE,de sobrias líneas e pertence ao estilo románico,baixo a amplia curva de un arco dorado,que sosten catro lindas columnitas,duas en cada manchón,atopase a urna.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-06-2018 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal