Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FRANCISCO AÑÓN PAZ ( casa natal en Outes)
O século XIX foi un período convulso en toda Europa. Un dos fenómenos que tuvo un auxe importante foi o dos nacionalismos,que en moitos casos levaron anexa unha reivindicación dos patrimonios culturales e linguisticos dos pobos.En Galiza,o fenómeno do REXURDIMENTO,que supuxo que un número importante de escritores e intelectuais abanderasen a recuperación do galego para o seu uso na literatura e en outros espacios públicos de prestixio. Rosalía de Castro é a súa figura máis representativa.
A metade de século e polo estimulo da obra e das ideas de MARTÍN SARMIENTO,producese unha utilización do idioma galego con miras cultas,via que probou XOÁN MANUEL PINTOS que pronto quedou limitada.Rosalía de Castro con un texto folclorízante "CANTARES GALLEGOS"(1863),acada un pouco éxito.Enche unhas páxinas consagradas por completo á descripción do pais e á ser fiel expresión das costumes e sentimentos da súa xente,conta as penas que aflixen á Galiza e a súa xente campesiña.O éxito acadado por CANTARES foi grande en especial fora do país,todavia dura,pero máis que en ningún outro sitio en Cataluña,os seus poetas traduciron a maior parte das composicións.
Hasta á década 1880-90 non cala un movemento claro de reivindicación da lengua e da promoción do seu uso literario,é o Rexurdimento pleno na que destacan poetas como Rosalía,Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Alfredo Brañas xornalista e catedrático e historiadores como Manuel Murguía e Antonio López Ferreiro.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 30-06-2018 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
XOÁN MANUEL PINTOS VILLAR (1811-1876)
REXIONALISMO E A CULTURA

A orixe do movemento rexionalista debemos buscala dende as coordenadas culturais e non dende continuidades políticas co PROVINCIALISMO.Así,o labor literario de XOÀN MANUEL PINTOS VILLAR ou FRANCISCO AÑÓN na recuperación da lingua galega na escritura e o desenvolvemento deste mesmo fenómeno por parte dos tres integrantes dun histórico REXURDIMENTO,Rosalía,Curros e Pondal,que devolvían ó galego a súa dignidade,serían os auténticos elementos,decisivos,no asentamento dos alicerces políticos e ideolóxicos do REXIONALISMO.Pensemos que naquela xeración devandita,entre os anos cincuenta e sesenta,salientaremos:a publicación de CANTARES GALLEGOS(1863),sen esquencelo elemento da raza,o CELTA,evidenciábase,pois,unha diferenciación na organización política do resto do Estado español.Partindo dos CELTAS xorde a idea básica da nacionalidade galega.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 30-06-2018 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
MIRO CASABELLA E XÁN FRAGA
Unha das voces máis representativas do que no seu día se denominou a NOVA CANCIÓN GALEGA,o único membro de VOCES CEIBES que sigue cantando MIRO CASABELLA,lembra cando os recitais de VOCES CEIBES eran prohibidos ou so lle autorizaban tres cancións,durante a ditadura de Franco.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 23-06-2018 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
MIRO CASABELLA
Foto no Casino de Carballo fai uns anos da presentación do libro de Xan Fraga sobre MIRO CASABELLA,editado por Galaxia.

--ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ como sabemos cultivou outros xéneros coma o da poesia,ben sexa en galego,ben sexa en castelán.As aportacións ó galego son varias e podemos salientar:A víspora de San Xuan(1886)polo que se lle concedeu unha rosa de prata e ouro no Certamen Gallego Literario. ¡ Lembranza!(1889),publicado na Gaceta de Galicia e dedicado a Rosalía de Castro.
LEMBRANZA.-está sendo musicado nesta tempada por Miro Casabella e algúns compoñentes do grupo musical Xocaloma.
Algúns dos poemas de Alfredo Brañas xa foron músicados fai tempo como HIMNO GALLEGO (partitura músical con letra de Alfredo Brañas e música de L.TAIBO).
---AIRE GALLEGO(partitura músical con letra de Alfredo Brañas e música de M.Chaves).
Na foto no Casino de Carballo,pola esquerda Carlos González de Lema,Xan Fraga,Miro Casabella e Farruco Fraga.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 23-06-2018 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
O TIO MARCOS DA PORTELA
Tanto Muguía como Lamas Carvajal teñen publicado abondosas páxinas sobre o xornalismo,o seu papel para Galicia e os profesionais que a tal menester se adican. As opinións de Murguía e Lamas non son,precisamente,coincidentes,senón ás veces todo o contrario.
Lamas Carvajal crea tamén en 1876 " O TIO MARCOS DA PORTELA",(na foto);folla periódica popular distribuida con éxito espectacular polas feiras,festas e romarias galegas,que o leva en 1888 á publicación de "O CATECISMO DO LABREGO",auténtico best-seller da literatura galega.
A morte do patriarca dos Brañas(Vicente-María)deixa a familia en dificultades,con Alfredo sen remata-la carreira,a súa viúva e catro irmás. Para remata-la carreira de Dereito,Alfredo Brañas recibe o apoio da Duquesa de Medina de las Torres,que era nai dun compañeiro de Facultade. Esas dificultades económicas da familia abrigan a Brañas a pensar de novo na emigración,pero esta vez cara a Madrid,a onde chega en 1880,"alí viuse obligado a baixarse ós oficios máis homildes;tres reás diarios gañou primeiro repartindo entregas.¡verdadeiramente asombra,como con tal miseria puido vivir,como o seu corpo,non afeito a privacións tales,perdeu a salú i a súa ialma o tempré.Logo empezou a publicar artigos no xornal "LA POLITICA"e logo entrou a formar parte da súa redacción.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-06-2018 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ
--Os sublevados,antes de entregarse ó xeneral Manuel Concha Gutierre,despois da derrota de Cacheiras,refuxiáronse no Pazo Arcebispal ata que se entregaron. Uns foron fusilados en Carral e outros fuxiron a Portugal. Os Xogos Florais,de importancia decisiva para o rexurdimento literario e de influencia para o xornalismo polo material informatico e creativo que achegan,registran o seu máximo explendor na segunda metade do século XIX,aínda que en Cataluña a súa exaltación se reactiva a partir de 1859 a través de LA VIOLETA DE ORO,que promove a RENAIXENCA,na que escribiría Brañas a partir de finais da década dos 90.Este movemento cultural ten tamén moita trascendencia en Galicia.
Fracasada a experiencia militar e política do levantamento do 46,os pregaleguistas teñen que toma-la literatura e a prensa como plataforma de actuación. As ideas rexionalistas de Murguía e Brañas comenza a calar no espectro sociopolítico. Brañas publica en 1889 EL REGIONALISMO mentres Murguía e outros escritores contestan desde a prensa ós ataques que contra o rexionalismo,e mesmo contra o idioma galego,espallan autores como NUÑEZ DE ARCE,JUAN VALERA ou SÁNCHEZ MOGUEL.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-06-2018 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
REAL ACADEMIA GALEGA na CORUÑA
O seminario rexionalista A MONTEIRA,editado integramente en galego en Lugo,publicaba en agosto de 1890: ¿Non sería ben que os entusiastas da nosa lingua pensasen e determinasen entre eles unha ducia dos máis entendidos para formar así unha ACADEMIA DA LINGUA GALEGA ?.
A historía do noso primeiro xornalismo ó de heroes e pioneiros; comenza coa desaparición dalgúns xornais coa cadea do impresor Sebatián de Iguereta e Antonio Fandiño é condenado a traballos forzados no Canal de Castilla,onde morreu en 1831.
-Durante o reinado de Isabel II entrase na etapa conservadora que vai dende 1845 a 1854.A rebelión xorde en Galicia,en 1846,protagonizada polo levantamento militar encabezado dendo Lugo polo coronel MIGUEL SOLÍS e CUETOS,que remataría fusilado en Carral,tras ser vencido polo xeneral Concha na batalla de Cacheiras,despois de 24 días de sublevación.Unha revolta alentada por un pequeno grupo de intelectuais e universitarios,entre os que se atopaba Antolín Faraldo. A personalidade de Brañas para Xavier Castro,"está integrada dunha enorme carga de contradiccións e rodeada dun proceso persoal e literario difícil de interpretar.Aínda así,admitindo que estamos diante dun Brañas que por veces semella mudar noutros,que é un católico convencido á vez que intelectual e galeguista,núcleo dunhas teorías e dunha concepción chamada rexionalismo,debemos considera-la riqueza deste carballés,comprometido coa Terra,coma un dos alicerces máis representativos do que,co tempo,sería o movemento nacionalista.
Para Ramón Piñeiro,na vida e na obra de Brañas están presentes sempre dous ideais:o relixioso e o galeguista. Brañas foi animador do Ateneo León XIII e da Xuventude Católica,colaborou no Manicomio de Conxo e no Hospital de San Roque.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
PAZO DE BENDAÑA na PRAZA DO TOURAL
Pazo de Bendaña,onde na antiguidade pertencia ao CÍRCULO MERCANTÍL OBREIRO,de Santiago de Compostela,onde en tempos de Alfredo Brañas estaba máis activo con cafetería sala de xogos e salón de baile,que se organizaba de vez en cando.Mandado construir polos marqueses de Bendaña a mediados do século XVIII, destacando na cornisa do edificio a figura de Hercules (Atlas).
Alfredo Brañas canso,xa seguramente dos esforzos de integración,dedícase con intensidade neses últimos cinco anos do século e da súa vida á docencia,á organización do Ateneo León XIII e do CÍRCULO CATÓLICO DE OBREROS(Edificio da foto)de Santiago,a impartir conferencias e a colaborar coa prensa de Cataluña e Madríd,onde recibe aprecio e boa acollida. Unida a prensa galega,non para facer política senon para defendela,os intereses da rexión,dende o pobo a os concellos e para iso nada mellor que a prensa e os periodistas encargados de recoller a opinión do pobo para trasmitila ao concello,calculamos nese tempo en corenta o número dos xornais rexionales.Non podemos esquecer a aparición do primeiro xornal galego EL CATÓN COMPOSTELANO(1800). A prensa xogou un papel importante no século XIX como plataforma de creación e propagación e afírmación da personalidade galega da nosa lingua e cultura. Se hai cen anos Alfredo Brañas albiscaba con clarividencia e esperanza o futuro da nosa terra,e entendia no século XIX a Prensa como un instrumento para a unión de tódolos galegos,hoxe en día proclamaría a urxente necesidade de estar e intervenir en INTERNET a través da nosa lingua e cultura para non quedar illados do proceso de globalización.Alfredo Brañas alzaría tamén agora,sen dúbida,a voz do galeguismo diante da globalización.
Quizais pola importantisima herdanza dos nosos devanceiros,de Brañas e Murguía,poidamos dicir hoxe que o galeguismo tamén ten futuro en Internet na globalización.Case 600 millóns de persoas no mundo enteiro falan o español e o portugués,frente a 630 millóns anglófonos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
CAPITANIA XERÁL DA CORUÑA
A xunta de Defensa de Galicia creada en 1893 na Coruña para loitar contra a supresión da Capitanía Xeral ubicada nesta cidade dende 1480 esténdese e volta a ser unha oportunidade aglutinadora que cingue a tódolos rexionalistas,ocupados uns e outros en diversas formulacións teóricas.
Como se anticipara en 1889 a través da formulación de EL REGIONALISMO,en setembro de 1893 volta a propoñer inspirándose nas BASES DE MANRESA(1892) e coincidindo coa visita a Galicia do catalanista ALSINA,a celebración dunha asamblea para redactar unha Constitución Rexionalista Galega. Os intentos de creación dunha Academia Galega-idea lanzada por Pereira en el Regional en 1887 e reactivada por A MONTEIRA en 1890,motivan de novo á Xunta de Defensa,perosen resultados prácticos.
Cando a prensa carlista (EL PENSAMIENTO GALAICO DE SANTIAGO,EL ECO DE VIVEIRO, LA INTEGRIDAD DE TUI)se pronuncia a favor das Ligas,a condición de que se marxine ós liberais.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS (Actividade xornalísta)
A actividade xornalísta de Brañas é constante entre os anos 1880 a 1887 a súa dedicación é practicamente en exclusiva,e dende esa fecha a 1892 a súa dedicación é complementada coa formación e enseñanza na Universidade,e a partir de ese ano de 1892 ata fin dos seus días,proxectase no exterior fundamentalmente en Cataluña,onde acada gran sona e consideración tanto política como intélectualmente.
-Colaborou con ásiduidade en tres ducias de publicacións e hai localizados actualmente arredor de 100 artigos de prensa asinados co seu nome,sen contar aqueles que forman parte das súas obras publicadas en formato de libro.
--Alfredo Brañas dominaba con vocación e oficio as técnicas de comunicación escrito e oral-era un gran orador. Aporta para Galiza unha obra intelectual (EL REGIONALISMO,1889)de profundo calado político que os seus contemporáneos dentro e fóra de Galiza,especialmente en Cataluña,recibiron coa máxima consideración.
Nos rexionalistas as tres grandes preocupacións políticas coincidentes son as denuncias contra o centralismo,o caciquismo e o cunerismo. Las diferencias ideolóxicas de fondo de cada un dos tres grupos dese galeguismo da Restauración: os "tradicionalistas" católicos conservadores do compostelán Alfredo Brañas,moi próximos ó estamento relixioso e o "carlismo" reconvertido de Vázquez de Mella; os "liberais" continuadores do provincialismo aglutinados arredor de Murguía, e do círculo coruñés;e os de bandeira radicalista democrática e republicana(homes da masonería galega) e formulación federalista,que lideraba o lugués AURELIANO J. PEREIRA. O clericalismo dos primeiros e o anticlericalismo dos outros,máis moderado e suave nos segundos e radical nos terceiros,abondaba tamén para os receos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-06-2018 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal