Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COLEGAS NO BOSQUE
Fotografía onde se atopan colegas no bosque.En primeira fila pola esquerda está CHITO,O CERERO,e SUSO,detrás no medio CARBALLIDO.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162310085728/colegas-no-bosque align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 27-06-2017 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
COMPAÑEIROS DA PROMOCIÓN DA LEUS
Fotografía dos compañeiros do Colexio Leus de Carballo. Carballido de camisa roxa,detrás súa O Cerero,a dereita da foto está Chito,e detrás súa Suso Periscal.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162309905133/compañeiros align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Alumnos - Publicado o 27-06-2017 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
SANTIAGO FRANCO MONTEAGUDO
Fotografía do compañeiro de estudios do Colexio Leus de Carballo,Santi Franco Monteagudo,nado en Carballo o 5 de abríl do ano 1953, que despois de facer os primeiros catro cursos de bacharelato no Colexio dos Salesianos da Coruña,realizou 5º e 6º de bacharelato ademáis de COU,no Colexio Leus de Carballo. Logo ficou para A Coruña para facer Maxisterio.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162214300508/santiago-franco-monteagudo align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Libros de calificación - Publicado o 25-06-2017 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ RAMÓN SAN LUÍS DÍAZ
Fotografía do compañeiro de estudios do Colexio Leus de Carballo,José Ramón San Luís Díaz,nado en Carballo no ano 1952,que cursou estudios de bacharelato coa nosa Promoción do 1963. A foto foí sacada no bar do Mexillón o día de San Xoán do ano 2017.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162214005313/josé-ramón-san-luís-díaz align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Libros de calificación - Publicado o 25-06-2017 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEO BARCELONISTA
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162134506692 align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 22-06-2017 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
JESÚS OUTEIRO VILLAR
Fotografía do compañeiro de estudios de bacharelato do Colexio Leus de Carballo,Jesús Outeiro Villar,nado na parroquia de Bertoa,Concello de Carballo o 10 de maio do ano 1953.Os primeiros catro cursos de bacharelato fixos no Colexio Leus,logo os cursos 5º e 6º na Coruña,é regresou a Carballo a facer COU. Máis tarde ficou para A Coruña de novo para realizar maxisterio.Ao día de hoxe está xubilado,logo de traballar moitos anos na Factoria Calvo de Carballo,no departamento de Recursos Humanos.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162121912043/jesús-outeiro-villar align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Libros de calificación - Publicado o 22-06-2017 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL SIERRA ÁLVAREZ
Fotografía do noso compañeiro do Colexio Leus de Carballo, MANOLÍN SIERRA ÁLVAREZ,fillo da profesora da nosa Promoción Dña. Isabel Álvarez.
Manolín é pintor e muralista,ten o seu estudio en Simancas(Valladolid),onde reside.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162116308463/manuel-sierra-álvarez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Pintada en homenaxe de Manolín Sierra,aos mestres represaliados durante o franquismo.
750 euros,é a cantidade que terá que pagar o artista Manuel Sierra por pintar un mural repúblicano na tapia da Universidade de Valladolid(como se ve na foto.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162116440883/pintada-de-manuel-sierra-álvarez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Cuadro de Manuel Sierra Álvarez,coa súa firma abaixo a dereita.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162116566913/cuadro-de-manuel-sierra align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Reseñas de prensa - Publicado o 22-06-2017 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
CARMEN RAMA CASTRO
Os da nosa Promoción do 1963 do Colexio Leus de Carballo,queremos lembrar a unha das profesoras que nos impartiu asinaturas durante o bacharelato.
Doña Carmen nada na parroquia de Goiáns,concello de Carballo o 30 de novembro do ano 1931,morreu o 17 de decembro do 1998,aos 67 anos de idade,estuvo casada con Manuel Mariño,tios do noso compañeiro de Promoción Josechu Mariño Cotelo e María Mariño.
Desde eiquí o noso agarimo a súa familia,e que Dios a teña na gloria,recordamola como unha persoa traballadora e atenta. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162002671723/carmen-rama-castro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Profesores - Publicado o 19-06-2017 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
BENIGNO RODRÍGUEZ DÍAZ
Fotografía do libro de Calificación do Colexio Leus de Carballo,do noso compañeiro da Promoción do 1963 Benigno Rodríguez Díaz,nado no lugar de Lestón,parroquia de Valencia,concello de Coristanco. O libro pertence ao curso 1963-64,do primeiro de bacharelato.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/162002457373/benigno-rodríguez-díaz align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Libros de calificación - Publicado o 19-06-2017 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ SUAREZ CAMBÓN
Fotografía do compañeiro do Colexio Leus de Carballo,que estudiou un curso do bacharelato coas nosas promocións José Suarez Cambón(coñecido como Pepe de Silvestre),nado na parroquia de Sofán,Concello de Carballo o 25 de Xaneiro do ano 1950.
Logo de facer o bachiller,ficou para A Coruña,onde estudiou maxisterio,máis tarde fixo uns cursos en Madrid de enseñanza infantil,é coa súa dona Encarna,fundou no ano 1981 a primeira Escola Infantíl da Costa da Morte.Con case trinta anos de profesión,xubilouse en Xaneiro do 2015.
Na foto,xa en tempo de lecer,agatuñado a unha figueira,apallando figos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/161862974423/josé-suarez-cambón align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Libros de calificación - Publicado o 15-06-2017 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal