Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACTUACIÓN DE MIRO CASABELLA NO PAZO DA CULTURA
Presentación de Miro Casabella no Pazo da Cultura de Carballo da partitura que fixo do poema escrito en galego por Alfredo Brañas titulado LEMBRANZAS a o cal lle puxo música Miro.
Esta poesía de costumes galegas,foi premeada coa rosa de prata e ouro no Certáme galego Literario que se celebrou en Pontevedra no día 9 de agosto do ano 1886. Dicia así:
---¿Quén pode esquencer de vello
---os seus tempos de rapás?
---¿Quen pode esquencer a noite
---a noitiña de San Xoán
---co seu séquito de bruxas,
---fogueiras,baños no mar,
---augas de rosas,parrandas,
---troulas,bailes..i ainda máis?
---¡Si hasta vellos como somos
---ós fogos imos brincar !...
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2019 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
XOCALOMA Y CASABELLA,CON BRAÑAS

Parte de Xocoloma asistiu a Roda de Prensa na presentación do Concerto musical no Pazo da Cultura de Carballo,que se celebrará adicado a figura de Alfredo Brañas Menéndez. O autor do Rexionalismo farase presente como poeta nostálgico do San Xoán,a festa carballesa por excelencia.
Miro Casabella escribiu unha partitura pra LEMBRANZAS e dese traballo saliu o tema A VÉSPERA DE SAN XOÁN.Non é a primeira vez que a música se funde coa vea poética de Brañas,máis coñecido na súa versión política.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2019 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
MIRO CASABELLA NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

Fotografia onde ollamos a foto de MIRO CASABELLA na súa actuación no Pazo da Cultura en Carballo onde recita unha cantiga. Esa mesma xornada presentou co grupo carballés Xocaloma a partitura que musicou de Alfredo Brañas Menéndez,nominada LEMBRANZAS( A VÉSPERA DE SAN XOÁN )na data do 11 de maio do ano 2019.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
GRUPO XOCALOMA NO PAZO DA CULTURA

MIRO CASABELLA E XOCALOMA,estrean o poema en galego,escrito por ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ " A VÉSPERA DE SAN XOÁN" no Pazo de Cultura de Carballo o día 11 de maio do ano 2019.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DA PARTITURA DE BRAÑAS NO PAZO DA CULTURA

Presentación no Pazo da Cultura de Carballo da PARTITURA MUSICAL do poema en galego de LEMBRANZAS de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ que levou a cabo o cantautor e compositor MIRO CASABELLA que lle puxo musico a ese poema acompañado na presentación polo grupo musical carballés XOCALOMA . O acto foi presentado o día 11 de maio do ano 2019.
Na foto ollamos os participantes no evento ao final do mesmo.
Pola esquerda a presentadora do evento Veronica Couto(Radio-voz)-Jorge Campos(Xocaloma)-Miro Casabella-Juan Carlos Díaz(Xocaloma)-Dani García(pianista)-Loly Platas(Xocaloma)-Joaquina Avila(Xocaloma)-Cerviño (Xocaloma)-Cancela(Xocaloma)-Cabana(bateria)-Alfonso(contrabaixo)-e as cantareiras de Verdillo.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2019 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal