Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EVARISTO MARTELO PAUMÁN DEL NERO
A pouco de arribar á Coruña en 1896 Manuel Lugrís Freire,comenzou a participar no faladoiro da " COVA CÉLTICA" onde fixo migas con Murguía,Eduardo Pondal e EVARISTO MARTELO PAUMÁN.Tampouco foron alleos á polémica que a Liga Gallega mantivo con ALFREDO BRAÑAS,defendendo as teses oficiais e seguindo claramente as teses de Manuel Murguía.
A "COVA CÉLTICA" tiña a súa sede na trastenda da libreria rexional de Euxenio Carré,na rúa Real.
Evaristo Martelo,nado na Coruña en 1853,foi un escritor e avogado galego. A vida transcurreu entre a casa do Arco en Laxe,o pazo dos Andeiro en Rianxo,o Castelo de Vimianzo(que mercou) e o pazo de Ombre.Era membro da nobleza,foi Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro.

Evaristo Martelo era un dos contertulios da Cova Céltica Coruñesa,na que participaba con Eduardo Pondal con quen trabou unha grande amizade,influindo na súa obra.
Autores a priori tan diversos como ROSALIA,EVARISTO MARTELO,ALFREDO BRAÑAS,EMILIA PARDO BAZÁN O RAMÓN VALLE-INCLÁN se atopen rasgos tan semellantes en canto a confluencia da capacidade lirica,polo amor da súa terra e os caracteres intimos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-05-2018 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
O XORNALISTA ALFREDO BRAÑAS
La Renaixensa foi un xornal catalán,surxido dun movemento cultural para facer renacer o catalán,como lingua literaria e de cultura; é paralelo ao Rexurdimento Galego de finales do século XIX.
Alfredo Brañas foi un colaborador deste xornal,polos xogos Florais,nas Bases de Manresa no ano 1892 están moi presentes no carballés que tivo un forte impacto en Cataluña,e foi moi loubado polo xornal La Renaixensa.
Gracias aos Xogos Florais a poesia é un dos xeneros máis cultivados do momento,chega a un público máis amplo. Están adicados a diosa Flora(orixinales de Roma),celebranse entre o 28 abril ao 3 de maio.

Brañas foi xornalista moi novo,colaborou en varios medios galegos(EL PORVENIR.-EL ECO DE SANTIAGO.-EL LIBREDÓN-(do que foi director.)-LA GACETA DE GALICIA.-EL PAIS GALLEGO.-LA PATRIA GALLEGA.-GALICIA.-REVISTA REGIONAL e cataláns LA RENAIXENCA.-LA ESPAÑA REXIONAL.etc

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-05-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS EMITIDOS POLA FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS(Editorial Galaxia)
JESÚS PRECEDO LAFUENTE

JACOBO GARCÍA ÁLVAREZ





Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2018 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS EMITIDOS POLA FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS (Editorial Galaxia)
LIBROS EMITIDOS POLA FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS (Editorial Galaxia)

Libro de ensaio escrito
por Javier Sanjiao Otero
imprimido en novembro do
ano 1999,sobre a economía
galega.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2018 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS EMITIDOS POLA FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS(Editorial Galaxia)
FRANCISCO CAMPOS FREIRE.

Libro de ensaio escrito por Francisco Campos Freire sobre o papel que desenrolou ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ no xornalismo.
Editado pola Fundación Alfredo Brañas,
rematouse de imprimir en Tórculo,Artes Gráficas de Santiago de Compostela no mes de xuño do ano 2000. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173827725318/libros-editados-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

BALDOMERO CORES TRASMONTEhttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173827790653/libros-emitidos-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

ANDRÉS POCIÑAhttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173827829408/libros-emitidos-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

MILAGROS OTERO PARGAhttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173827877528/libros-editados-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

JOSÉ M. DE BERNARDO AREShttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173827927443/libros-emitidos-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2018 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
O PENSAMENTO RELIXIOSO DO PROFESOR ALFREDO BRAÑAS POR JESÚS PRECEDO LAFUENTE
FOTOGRAFIA DO PAPA PIO IX.O primeiro papa na vida de Alfredo Brañas é Pio IX.Un home próximo a toda idea conservadora;pero aberto,o mesmo tempo,á modernidade.
Tiña Brañas,cando morreu Pio IX,no ano 1878,dezanove anos,unha idade suficiente para facerse conta da situación da Igrexa e do que podía costarlle manterse confesional e publicamente católico. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797275703/papa-pio-ix align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

FOTOGRAFIA DO PAPA LEÓN XIII. Que sucedeu a Pio IX,que duraría tres anos máis do que ía vivir Alfredo Brañas,excepcional diplomático,como o acreditou no seu oficio de árbitro entre Alemaña e España pola disputa das illas Malvinas. Home que saiu ó paso do Comunismo,do Socialismo e do Liberalismo,propoñendo a doutrina secular da Igrexa Católica,promovida por Cristo,da igualdade de dereitos de todolos homes. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797327238/papa-león-xiii align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

CARDENAL MIGUEL GARCIA CUESTA.
Dos papas pasamos ós bispos,os arcebispos,que rexiron a sede compostelá durante a vida de Alfredo Brañas foron tres.
O arcebispo que rexía a sede compostelá cando naceu Brañas era D. Miguel García Cuesta,que morrería no 1873,considerado como pensador profundo e de fonda preparación teolóxica. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797381053/cardenal-miguel-garcía-cuesta align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

CARDENA PAYA Y RICO.
A García Cuesta sucédeo outro Miguel-Cardeal Payá y Rico que estaría inseparablemente xunguido ó redescubrimento das reliquias do Apostol Santiago o Maior e dos seus discípulos Atanasio e Teodoro,agochados no século XVI,por medo ó inglés Francis Drake. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797418328/cardenal-payá-y-rico align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

CARDENAL JOSÉ MARÍA MARTÍN DE HERRERA.
Da illa de Cuba,chegou a Compostela en 1889,o salmantino D.José María Martín de Herrera y de la Iglesia.A pobreza de tantas xentes e a propaganda anticatólica foron algúns dos males que,como pastor,debeu denunciar e contribuir a remediar.
Existían publicacións de inspiración anticristiá.Sabemos que condenou algúns xornais,procurando deste xeito arredar da súa lectura os diocesáns. Entre eles estiveron LA UNIÓN REPUBLICANA,de Pontevedra;LA REPÚBLICA,de Vigo;LA EMANCIPACIÓN,de Pontevedra;e,no mesmo ano da morte de Alfredo Brañas,condenou Martín de Herrera o libro Faro de la niñez de Francisco Pais,filoprotestante que editou a súa obra en Pontevedra.
No seu tempo de arzobispado colaborou e axudou a construcción da Igrexa de Carballo co párroco da mesma José Carballeira,adicandoselle o seu nome a rúa situada enfrente da mesma igrexa. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797461168/cardenal-josé-maría-martín-de-herrera align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

PROFESOR JESUS PRECEDO LAFUENTE.- O Pensamento relixioso do Profesor Alfredo Brañas. Vou facer un comentario do espírito relixioso do profesor Alfredo Brañas.Trátase dun aspecto da personalidade de Brañas que algúns silencian intencionadamente;que a outros lles produce incomodidade,porque desexarían que este verdadeiro precursor e teorizante da Galicia de hoxe non fora tan claramente católico;pero que tamén a moitisimos nos resulta altamente satisfactorio.
Alfredo nace no seo dunha familia católica.Non o coñecín persoalmente,pero si coñecín a súa irmá dona Magdalena,que educou na plaza de Cervantes,no seu colexio,a tanta xente,ó sobriño doutor González Brañas e a tódolos seus fillos,amizade da que me gabo. Brañas,católico polemista.Non resulta extraño que Brañas se confese intransixente en materia relixiosa.Para el a fidelidade ten que ser absoluta.Baste mencionar os puntos nos que el fixa a loita que o critián verdadeiro ten que levar a cabo.Atopamos este programa no seu discurso de Burgos. Podemos resumir en tres apartados os movementos ideolóxicos que caracterizan o tempo no que viviu Brañas.
O primeiro deles é o LIBERALISMO,a exaltación da liberdade do individuo fronte a calquera autoridade,tanto estatal como eclesiastica.Só cabián para un cristián dúas reaccións: ou a de rebelarse contra o maxisterio da Igrexa,ou a da pecha-los ollos e segui-lo cegamente.
O segundo deles é o RACIONALISMO que se define como un sistema filosófico e unha orientación antiteolóxica.Ten dúas consecuencias importantes:unha,positiva,en canto se opón ó agnosticismo,ó escepticismo,ó sensualismo e outras correntes que diminúen a capacidade do ser humano;e outra negativa,xa que se opón á Teoloxía. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173797500693/profesor-jesús-precedo-lafuente align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

O terceiro deles .-e o ANTICLERICALISMO .Hoxe existe unha distinción mais clara entre clero e Igrexa.Hai a conciencia de que Igrexa somos todos e,polo tanto,distínguimos perfectamente entre clero e Igrexa.
Naqueles tempos non estaban tan diferenciados os lindeiros,e as sospeitas de adhesión ou de repudio eran moito máis fáciles.

Precedo Lafuente foi profesor de relixión da nosa promoción de Preuniversitario no ano 1970 no Instituto Arzobispo Gelmirez de San Caetano en Santiago. Antes do seu pasamento foi nomeado Deán,e ao dia de hoxe está soterrado no claustro da Catedral .
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 11-05-2018 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL LUGRÍS FREIRE ( Periódico A GAITA GALLEGA)
Manuel Lugrís Freire foi un autor que botou man,en numerosas ocasións ao longo da súa vida de diversas estratexias para ocultar o seu nome.Así,ten empregado o pseudónimo de Roque das Mariñas.

Ese Roque das Mariñas é o pseudónimo que empregou Manuel Lugrís e Ramón Armada Teixeiro(o de Chumín de Céltegos), para botar a andar a primeira publicación americana na Habana,monolingue en galego.A Gaita Gallega chegou á rúa por primeira vez o 5 de xullo de 1885 e cesou o 30 de setembro de 1889,despois de ter publicados unha trintena de números cunha periodicidade irregular,malia a que tiña como primeiro subtitulo"Repenica muiñeiras,fandangos y alboradas,unha vez ó mes".Cada entrega recibia o nome de "tocata",e Lugrís só colaborou nas cinco primeiras.ademais dunha especial adicada á figura de Rosalía de Castro con motivo do seu pasamento. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173773925668/manuel-lugrís-freire align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

A lingua de Galicia,a que acadou máis axiña cultura literaria entre os idiomas hispánicos,ten caracteristicas propias,vernáculas,que fan dela un instrumento orixinal.Galiza é un territorio atlántico e europeo,na que os rios son nosos e fillos dun sistema orográfico somente galego.O noso rio Miño nasce e morre no territorio patrio,despois de regar as terras dende o norte ata o sur de Pontevedra.A el van a se xuntar,en estreita aperta,os rios de segundo orde,entre os que figuran o Sil,que vén de terras irredentas.Despois vén o segundo sistema orográfico,tamén atlántico.O Xallas,o Tambre,O Ulla,etc.son somente galegos,e fan a vertente oucidental compretamente allea aos demais territorios peninsulares. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173774027498/periódico-a-gaita-gallega align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 10-05-2018 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL LUGRÍS FREIRE ( 2ª parte)
O Espírito de loita de Manuel Lugrís constrúese en gran medida na súa etapa da Habana,entre 1883 e 1896. Foron anos decisivos na súa formación,onde nacen os seus primeiros versos.

Lingua e irmandade foron leccións que aprendeu na Habana. Alí descubriu o valor da solidariedade galega capaz de asumir grandes empeños e alí descubriu tamén que é a lingua a única forza que nos pode unir,porque nos identifica,e nos distingue dos demais e nos personaliza.
En Cuba atópase co rexionalismo,fórmula ideolóxica e plataforma política que acababa de chegar importada de Galiza.E diso encargouse o rexionalismo a partire do ano 1885. O movemento rexionalista,impulsado dende as páxinas de EL ECO DE GALICIA,por Waldo Álvarez Ínsua,en epistolar conexión con Murguía,foi captado de inmediato,entre outros,por Ramón Armada Teixeiro e por Manuel Lugrís Freire,que fundaron neste ano de 1885 A GAITA GALLEGA,integramente escrita na nosa lingua.Da cal ao ano seguinte recibe acedas críticas ao seu estilo poético;escribe asiduamente en Galicia Moderna.No ano 1899,xa de volta da Habana,pronuncia un discurso en galego na homenaxe que a Liga Gallega lles rende aos Mártires de Carral o 23 de abríl. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173711830693/manuel-lugrís-freire align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

O pesadelo da Guerra de Cuba que levou a non poucos galegos da Illa a desentenderse dun ideario rexionalista.Manuel Lugrís seguiu mantendo a súa radical fidelidade ao ideario rexionalista para o noso país.
Cando retornou a Galiza no ano 1896 sentiuse decepcionado. O rexionalismo que suscitara tantas esperanzas,que se presentara como unha alternativa moderada.Notaba no ambiente como Murguía ,tan capaz doutrinalmente como inútil para exercer un liderado,retirárase da dirección en 1893 ao ser expedientado polas autoridades académicas de Santiago de Compostela e o Goberno. ALFREDO BRAÑAS con evidente capacidade de liderado,non ofrecia garantía doutrinal ningunha pola súa inmoderada propensión ao teocraticismo e pola súa profesión antiliberal.
Resistiuse Lugrís a tal fatalidade.Cun grupo de galeguistas da Coruña foi capaz de manter por algún tempo a ilusión. Os intentos desta Liga para constituir unha nova Asamblea Rexionalista chocou cos celos da Liga de Santiago e,sobre todo,coa indiferencia e a decepción dos distintos grupos rexionalistas.
A Liga da Coruña,depositaria da ortodoxia galeguista,ten que rectificar publicamente a Alfredo Brañas quen ,en varios artigos publicados no xornal EL CORREO ESPAÑOL,pretende conducir o rexionalismo cara ao teocraticismo carlista. A morte de Brañas no ano 1900 foi,en certa maneira,unha liberación para os rexionalistas da Coruña.
A Liga da Coruña inicia unha subscrición no ano 1898 para erguer o monumento aos Mártires de Carral;o 23 de abril de 1899 celebran o acto de colocación da primeira pedra do monumento e o 22 de maio de 1904 inauguran o monumento. Lugrís foi o animador principal destos feitos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 08-05-2018 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal