Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ

.- O periodo cronolóxico preferido por Brañas abarca desde a Antiguidade ata finais da Idade Media.Chega concretamente ata os Reis Católicos. Tan só sobrepasa este longo tramo histórico para mencionar a fazaña de María Pita en 1589 e aludir algunhas cuestións puntuais na época dos Austrias.
---Hai un esquecemento moi relevante nos traballos de Brañas :
- a romanización de Galicia que influíu decisivamente en todos os ámbitos da vida,pero de maneira noi significativa como soporte linguístico do galego.
-- Brañas acepta a defende plenamente as teorías celtista e suevista,como explicación histórica irrebatible da galeguidade,de ser un pobo autónomo e distinto,que pode e debe desenvolver unha actividade independista e propia. Pero a cultura castrexa,nas coordenadas socioeconómicas da cal actuou o pobo celta,sobrepasou os límites territoriales da actual Galicia. E a monarquía sueva tivo a capítal en Braga.

Para Alfredo Brañas amosa ás claras que a historia é para el unha excelente ferramenta política.
align=left
vspace=5 hspace=5 border=0> align=left vspace=5 hspace=5 border=0>




Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 18-05-2018 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
JOSÉ MANUEL DE BERNARDO ARES (Opina de Alfredo Brañas)
José Manuel de Bernardo Ares,nado en pontedeume no ano 1945,historiador;relata a Historia de Galicia vista por Alfredo Brañas(libro de ensaio da Fundación Alfredo Brañas).A visión historica de Brañas a visión da historia de Galicia.
-----Brañas destaca a suma importancia que para Galicia tivo o pobo celta. O país galego constituiu dende os tempos máis remotos,un circulo social independiente dentro da nacionalidade española:dominado por celtas,suevos,romanos,godos y árabes. Celtas e Suevos foron os que máis afondaron no carácter dos habitantes de Galicia. A historia proba que sempre foi así a independencia da rexión galega.
Para Brañas o periodo de asentamento e dominación celta foi moi longo,dominaron en Galicia cerca de doce séculos,dende o ano 1600 antes de cristo,ata mediados do século V(450 anos antes). As analoxias entre os galegos da segunda metade do século XIX e os celtas primitivos agrúpaos Brañas en tres bloques.
a).- as semellanzas na constitución fisica. b).-as costumes,como o magosto,a muiñeira,o arrolo,o mantelo etc. c).- a linguaxe.
.--- Para Brañas,despois do gran período celta,o outro momento estelar para Galicia foi protagonizado pola monarquía sueva: habia sonado otra vez la hora de la libertad y de la independencia para Galicia. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173995186198/josé-manuel-de-bernardo-ares align=left vspace=5 hspace=5 border=0>Los suevos,acaudillados por el feroz Hermanrico,toman posesión de toda la parte noroeste de España y Galicia goza,desde ese momento,das consideracións e da importancia dun reino independiente.
Desde que Galicia deixou de ser reino independiente e entrou a formar parte da monarquía visigótica,aínda cando coservou certo grado de autonomía e continuo vivindo no aislamento ,no pudo librarse das influencias que sobre ela empezou a exercer a raza dominadora.
Os Condes galegos en loita contra a monarquia astur-leonesa a que Brañas chama "loita rexionalista"na que comete Brañas consciente ou inconscientemente un anacronismo historico ó confundir o rexionalismo que el predicaba na segunda metade do XIX coa Galicia feudal da segunda metade do século décimo.Tanto os condes,como os bispos e abades galegos eran señores feudales,unidos-ou desunidos na maioría dos casos-entre si e co propio rei astur-leonés. Así,pois se ben é certo que o "rexionalismo"e o "feudalismo" defenderon ambos os dous o particular,o especifico e o local como un sinal de identidade,a naturaleza dos movementos,desenvolvidos en tempos moi dispares,é totalmente distintos.
--Alfonso V el Noble,al dictar su célebre Fuero de León inició un sistema legislativo particular que se cimentaba sobre la independenica de las localidades y la concesión de privilegios y franquicias a los pueblos,con el fin de interesarlos en la obra fecunda y grandiosa de la unidad nacional. A promulgación do FUERO DE LEÓN(1017)apoia,por unha parte,a "independencia"dos pobos e,por outra,vincular coa "unidade nacional".Esa defensa a ultranza do binomio da organización política da España finisecular,no que un polo daquel binomio é o especifico de cada rexión e o outro a unidade nacional,vólvenlle a xogar a Brañas a mala pasada de incorrer historiograficamente nunha flagrante contradicción.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173995274018/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>A gobernación da terra chá ao norte do rio Douro mantivose ata o século XIII en máns de condes. Á chegada dos Reis Católicos supuxo un xiro,xa que á monarquia feudal sucedeuna unha monarquia absolutista,na que o poder político non estaría nin disgregado nin compartido.
--¿Como interpretou Brañas este susbtancial cambio xurídico-político?,permítome adiantar desde agora que a súa valoración deste periodo da historia é bastante negativo desde a súa perspectiva "rexionalista".Para el os Reis Católicos,que non dubidaron en cercenar as liberdades galegas para satisfacer as súas ambicións ó trono,crearían a "monarquia castelá"e a longa etapa dos Austrias,de case dos séculos de duración,caracterizouse por un "centralismo avasalador".
--- En relación coa transformadora etapa de Isabel e Fernando,é pertinente traer a colación este substancioso texto de Brañas:
-"El mariscal Pedro Pardo de Cela opuso a las exigencias del trono y a las intrusiones de su poder los derechos y las franquicias y los usos recibidos de los pueblos y villas de Galicia,y encerrado en el Castillo da Frouxeira,situado en el Valodouro,resistió valientemente con sus hijos el cerco que le puso el capitán Luís Mudarra,fué ajusticiado en el mes de diciembre del indicado año de 1483 en la plaza pública de Mondoñedo,sin duda por el crimen de haber defendido contra las ambiciones del trono las libertades gallegas. Sometida Galicia al poder soberano de la monarquia castellana,como llegaron a estarlo todas las demás regiones constituidas antes también en reinos independientes,no dejó sin embargo de manifestarse independiente y libre en todas las ocasiones,contribuyendo a su vez a la libertad e independencia de la patria,que en eso estriba la verdadera noción del regionalismo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173995274018/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
O Mariscal Pedro Pardo de Cela,aliñado coa poderosa casa de Andrade,xa tivera un papel destacado na guerra contra os irmandiños. Con motivo da loita dinástica entre as infantas Dona Juana a "Beltraneja",filla de Enrique IV e casada con Alfonso V de Portugal,e Dona Isabel,irmá daquel rei,decantouse a favor da primeira,xuntamente co conde de Camiña,Pedro Álvarez de Sotomayor(PEDRO MADRUGA).Despois de tres anos de loita (1480-1483) o brazo militar executor foi Luís Mudarra,primeiro o de Pedro Pardo de Cela(1483) e máis tarde o de Álvarez de Sotomayor en (1486).
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 17-05-2018 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ(Según Milagros Otero Parga)
Alfredo Brañas foi un personaxe ilustre cunha obra que merece ser coñecida e memoria do cal debe ser recordada.

OS TRAZOS MÁIS SOBRESAINTES da súa obra creo que se centran no seu catolicismo e no seu amor a Galicia.
--- Ningún destes dous amores era excluinte. Ó revés. O seu catolicismo impregnaba toda a súa vida e a súa obra ata o punto de influir cientificamente nas súas construccións académicas.
--- Así mesmo,o seu amor pola patria galega era profundo e sen condicións,pero non excluía a unidade de España.Non foi un federalista,senón que entendía o rexionalismo como unha forma de ser,como unha maneira de identificarse,de coñecer e protexer todo o galego.
--- Tamén foi un home profundamente universitario,que quería a Universidade como sede do saber,pero especialmente a Universidade de Santiago,á cal lle dedicou toda a súa vida (aínda que non de forma exclusiva). https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173960837848/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

MILAGROS OTERO PARGA (Fundación Alfredo Brañas)segue opinando sobre Brañas.

--- As suás ansias de coñecemento unidas a este cariño que sentía pola a alma mater compostelá "levárono a escribir en dous capítulos da súa obra EL REGIONALISMO,unha moi interesante e,ó meu xuízo,completa historia da Universidade de Santiago,que creo debería ser coñecida e xustamente valorada.

--- Tamén foi un home de acción,que xamais se contentou con "deixar pasar" aquilo que puidera considerar inxusto. Este risco do seu carácter traeríalle sucesivos problemas na súa vida.
--- Creo que posuia un espíritu verdadeiramente universitario,que se manifestaba na continua busca. A Universidade,segundo el,deber servir á sociedade e intentar solucionar os seus problemas,e non andar en desquisicións puramente teóricas.

--- Os que o coñeceron opinaron del que ademais foi unha gran persoa,amigo dos seus amigos(aínda que ó parecer todos o eran),que nunca quixo enriquecerse a costa de ninguén,senón traballou duro a favor de Galicia. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173960909408/milagros-otero-parga align=left vspace=5 hspace=5 border=0>https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173960909408/milagros-otero-parga align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Non sei se as súas ideas sobre todo no ámbito da Economía política,foron ou non acertadas ou novidosas,pero si foron coherentes,serias e apaixonadas.
--- En canto á Filosofía do dereito,foi un pensador de corrente iusnaturalista e fundamentalmente aristotélico-tomista.
--- Polo que ó seu amor a Galicia se refiere,concibiu un sistema,o rexionalismo,que probablemente ten moito que ver coa actual estructuración das autonomías recollida no art,2 da nosa actual Constitución.
--- Considero moi apropiado que exista unha fundación galega que leve o seu nome e que se ocupe,entre outras cousas,de sacar á luz pública a súa obra.
--- En resumen,creo que Alfredo Brañas foi un home de ben,entusiasta e traballador,que o fixo o mellor que soubo e puido en todas aquelas labores que emprendeu. Que defendia a súa relixión a súa Universidade e a súa terra.Todos nós, lle debemos recoñecemento por isto e oxalá sexamos capaces,na medida das forzas de cada un,de continuar mantendo acendido o facho que foi o seu mellor legado.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 16-05-2018 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS UNIVERSITARIO (Fundación Alfredo Brañas) Ed. Galaxia
Libro de ensaio escrito por MILAGROS OTERO PARGA sobre a andaina de Alfredo Brañas como universitario.
No ano 1893 un 12 de marzo,a prensa anuncia o proxecto dunha nova división territorial do exército. Nela desaparecía a Capitanía Xeral da Coruña,existente nesa cidade desde a época dos Reis Católicos. Galicia enteira mobilízase e a esta mobilización únense os rexionalistas,que estaban pasando un mal momento ideolóxico,o incidente da Coruña deulles novas forzas e empeñáronse por primeira vez,desde había tempo,nunha causa común que lles interesaba defender. Brañas,tal e como era o seu talante,presentou batalla,aínda que só fora con escritos,que era á fin e ó cabo a súa profesión,e a mallor maneira en que podia facelo. Esto custoulle a el e a Murguía a apertura dun expediente,aínda que ó final estes foron sobresidos,ocasionoulle en numerosas ocasións problemas na Universidade. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173928859093/alfredo-brañas-universitario align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

De feito,no seu expediente figuran cartas do director xeral de Instrucción Pública pedíndolle informes ó rector de Santiago sobre a "supuesta actividade agitadora y antigubernamental" deste profesor.
Estos feitos non denigraron,e supoño que nalgúns círculos incluso ergueron,a figura de D. Alfredo e así,en 1894,foi nomeado socio de honor do Círculo Mercantíl de Santiago,creado ese mesmo ano. Tamén foi vicepresidente e secretario do Ateneo León XIII e desde alí traballou incansablemente para a creación dun Círculo Católico de obreiros en Ferrol,ós actos e certames do cal asitiría en distintas ocasións.
O 18 de xuño de 1898 fundou a LIGA GALEGA de Santiago,pero non tivo éxito nesta empresa,xa que a súa duración foi moi breve.

Non obstante permítaseme a licencia de estudiar,dunha forma un pouco máis ampla as dúas obras que considero máis significativas no pensamento deste autor.
Refírome a EL PRINCIPIO FUNDAMENTAL DEL DERECHO .Lecciones elementales de Historia de la Filosofía del Derecho (1887),por tratarse dun manual de Filosofía do Dereito,materia coa cal estou moito máis familiarizada e da cal me gustaría aprender, e EL REGIONALISMO pola importancia que tivo nese momento e sobre todo por ter dous capítulos dedicados á Universidade de Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
A ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA EN EL REGIONALISMO DE ALFREDO BRAÑAS (Fundaciòn Alfredo Brañas) Ed-Galaxia
A Organización administrativa no Regionalismo de Brañas según DOMINGO BELLO JANEIRO.
-. A provincia. Brañas propón,nun país dividido en rexións,substituí-la división provincial pola rexional. A provincia xa non dependerá directamente da soberanía central ou autoridade común,senón da rexión á que pertenza,e á fronte de cada unha habería un gobernador e unha Deputación.
Entre as competencias do gobernador destaca a de presidi-la Deputación. As Deputacións serían corpos consultivos que se reúnen en Pleno e teñen dereito a elixir a " Dieta provincial " composta por cinco individuos,encargados do réxime e goberno.
Os distritos.- constitúen o último nivel da división administrativa rexional,ainda que non por iso o menos importante. Á fronte de cada distrito haberá un alcalde ou corrixidor,un secretario e tres edís,que formarán o poder executivo municipal;os concelleiros serían elixidos polos compromisarios dos gremios.( que son constituidos polos ciudadáns de cada rexión)e procederán polo método indirecto da designación de compromisarios no sistema de votación ideado por Brañas,para elixi-lo alcalde e os concelleiros do municipio.

A Dieta municipal gozaría de plena independencia dentro do seu territorio para dictar regulamentos,circulares,bandos da policia etc. A autonomía municipal equipararíase á autonomía da rexión con respecto ó poder central do Estado. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173924165343/domingo-bello-janeiro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Barcelona,cidade desde a que lle presentou a súa grande obra "EL REGIONALISMO" á comunidade intelectual,sería a cidade elixida como sede de dito centro directivo por ser,a máis populosa e nomeada do Estado entre outras cousas. De forma que cada rexión teria a súa xunta e todas elas funcionarían baixo a dirección do Centro Superior de Barcelona. Os fondos recadados a través da achega dos seus afiliados serían custodiados e administrados polas xuntas rexionais e pola Central,ditos fondos costearían os gastos derivados da propaganda rexionalista. Desde a perspectiva galega e nacional,o rexionalismo como fórmula política ten en Brañas o seu grande ideólogo. Outros,ademáis del,deron e adiantaron fórmulas mais ou menos concretas do que deberia se-lo galeguismo,pero ninguén co acerto deste ilustre carballés de finais do século XIX.

Tódo-los estudiosos da súa figura coinciden en que a súa temperá morte constituíu,sen dubida,unha gran perda para todo o galeguismo e implicou a eclipse do rexionalismo compostelán durante moitos anos.
BRAÑAS NON É SEPARATISTA SENÓN QUE APOSTA POR DÚAS SOBERANÍAS,A REXIONAL E A NACIONAL.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 15-05-2018 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
ANDRÉS POCIÑA PÉREZ
Fotografía de Andrés Pociña Pérez,nado en Lugo en 1947, escritor e profesor universitario.Escribiu un libro de ensaio sobre Alfredro Brañas "AS LETRAS GALEGAS NA OBRA DE ALFREDO BRAÑAS",en 1999 pola Fundación Alfredo Brañas. Ed.-Galaxia.

Alfredo Brañas non foi un estudiante aplicado nin no bacharelato(1869-1873)nin na carreira universitaria;cousa que non impediu que chegase a doutorarse na Universidade Central en 1885,e que gañase a cátedra de Dereito Natural da Universidade de Oviedo en 1887,cando tiña só vinteoito anos,e a de Economía Política de Santiago un ano despois.
Un dos aspectos da formación de Brañas destaca na súa presencia nos circulos culturais de Santiago,dato que evidentemente presupón unha boa formación literaria e o seu amplisimo coñecemento de todo tipo de escritores,de todos os tempos e cultivadores dos xéneros mais variados. Non se trata dun coñecemento superficial,nin de citas de nomes de prestixio,como tantas veces se fai mesmo sen lelos: cando Brañas recorre ós clásicos,a referencia non é gratuíta,non é por ostentación de cultura,senón por razóns de máis peso,como pode ser a de fundamentados.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173902538338/andrés-pociña-pérez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

É recurrente o que menciona na obra EL REGIONALISMO,que non deixa de ser unha obra sobre teoria e praxe política,redactada en prosa " GALICIA Y CATALUÑA" son las dos regiones que más se afanan por su independencia y libertad,aunque con diversos resultados: Galicia,pobre y desdichada se yergue del polvo de su humillación y dirige clamorosas protestas á sus verdugos por medio de tiernísimos poetas.

En cambio Cataluña rica y poderosa,no suplica ni llora: exige y manda;no emigra y se empobrece:se puebla y atesora;y formando en la vanguardia de los ejercitos regionales,empieza á ser la preocupación diaria y la pesadilla eterna del unitarismo que le atiende y respeta porque le teme y considera(SE ESTÁ VIVIENDO EN ESTE TIEMPO PRESENTE DEL 2018).

Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-05-2018 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
DISCURSO DE BRAÑAS NO 5º CONGRESO CATÓLICO DE BURGOS 1899
A presencia de Brañas en Burgos foi unha verdadeira mostra da súa condición de cristián convencido. Ó comenzo do seu discurso déixao ben claro: " Vengo a este Congreso haciendo un verdadero sacrificio,vengo por obediencia y respecto a un sabio Prelado-érao,naquel intre o franciscano Gregorio María Aguirre García (na foto),o que fora bispo de Lugo-,vengo a esta gran solemnidad,porque creo que ha sonado en el reloj de los tiempos la hora en que los cruzados de la fe se aprestan al combate y se organicen otra vez nuevas legiones de Constantino contra el Maxencio de la democracia impía y de la revolución social que amenazan destruir el imperio de Cristo en todas las naciones del mundo". Se a súa saúde e os seus traballos lle fixeran difícil presentarse en Burgos,non lle faltaron críticas acedas nos medios de comunicación despois da súa intervención burgalesa. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173892026793/gregorio-maría-aguirre-garcía align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

El mesmo nolo dí na nota que lle engadiu ó texto da súa conferencia :" La prensa liberal y democrática de Madríd ha interpretado y desfigurado algunos párrofos de nuestro discurso con la mala fe y peor intención que caracterizan a los sectarios.Nuestro pensamiento no ha sido combatir directa ni indirectamente al Gobierno actual ni a las llamadas Instituciones.Hablamos solamente en términos generales contra el liberalismo,el parlamentarismo y la masonería.

Morre xoven cando ainda resonan os aplausos dos católicos e as inxurias dos liberais,provocados pola súa participación no Congreso Católico de Burgos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173892096003/texto-do-5º-congreso-católico-español-de-burgos align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 14-05-2018 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
EVARISTO MARTELO PAUMÁN DEL NERO
A pouco de arribar á Coruña en 1896 Manuel Lugrís Freire,comenzou a participar no faladoiro da " COVA CÉLTICA" onde fixo migas con Murguía,Eduardo Pondal e EVARISTO MARTELO PAUMÁN.Tampouco foron alleos á polémica que a Liga Gallega mantivo con ALFREDO BRAÑAS,defendendo as teses oficiais e seguindo claramente as teses de Manuel Murguía.
A "COVA CÉLTICA" tiña a súa sede na trastenda da libreria rexional de Euxenio Carré,na rúa Real.
Evaristo Martelo,nado na Coruña en 1853,foi un escritor e avogado galego. A vida transcurreu entre a casa do Arco en Laxe,o pazo dos Andeiro en Rianxo,o Castelo de Vimianzo(que mercou) e o pazo de Ombre.Era membro da nobleza,foi Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173868553478/evaristo-martelo-paumán-del-nero align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Evaristo Martelo era un dos contertulios da Cova Céltica Coruñesa,na que participaba con Eduardo Pondal con quen trabou unha grande amizade,influindo na súa obra.
Autores a priori tan diversos como ROSALIA,EVARISTO MARTELO,ALFREDO BRAÑAS,EMILIA PARDO BAZÁN O RAMÓN VALLE-INCLÁN se atopen rasgos tan semellantes en canto a confluencia da capacidade lirica,polo amor da súa terra e os caracteres intimos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-05-2018 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
O XORNALISTA ALFREDO BRAÑAS
La Renaixensa foi un xornal catalán,surxido dun movemento cultural para facer renacer o catalán,como lingua literaria e de cultura; é paralelo ao Rexurdimento Galego de finales do século XIX.
Alfredo Brañas foi un colaborador deste xornal,polos xogos Florais,nas Bases de Manresa no ano 1892 están moi presentes no carballés que tivo un forte impacto en Cataluña,e foi moi loubado polo xornal La Renaixensa. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173863549078/xornal-catalán-la-renaixensa align=leftnull border=0>

Gracias aos Xogos Florais a poesia é un dos xeneros máis cultivados do momento,chega a un público máis amplo. Están adicados a diosa Flora(orixinales de Roma),celebranse entre o 28 abril ao 3 de maio.

Brañas foi xornalista moi novo,colaborou en varios medios galegos(EL PORVENIR.-EL ECO DE SANTIAGO.-EL LIBREDÓN-(do que foi director.)-LA GACETA DE GALICIA.-EL PAIS GALLEGO.-LA PATRIA GALLEGA.-GALICIA.-REVISTA REGIONAL e cataláns LA RENAIXENCA.-LA ESPAÑA REXIONAL.etc https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173863549078/xornal-catalán-la-renaixensa align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 13-05-2018 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS EMITIDOS POLA FUNDACIÓN ALFREDO BRAÑAS(Editorial Galaxia)

M.Jesús Precedo Lafuentehttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173828565688/libros-emitidos-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

JACOBO GARCÍA ÁLVAREZhttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173828644463/libros-emitidos-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

HENRIQUE RABUÑALhttps://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/173828644463/libros-emitidos-pola-fundación-alfredo-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 12-05-2018 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal