Lembranza dos alumnos de Carballo da promoción dos anos 60.



O meu perfil
jocameanvazquez@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CIRCULO MERCANTÍL NO TOURAL(Agora Pazo de Bendaña)
Círculo Mercantíl de Santiago de Compostela onde se excusou Alfredo Brañas de asistir a el por encontrarse enfermo dende un día antes cunha forte gripe. Poucos días despóis dese acto,exactamente o día 21 de febreiro de 1900,Brañas morría na súa casa da Acibechería nº 5.
O periódico EL ECO DE SANTIAGO do día seguinte (22.2-1900)inserta esta noticia que firma Máximo de la Riva,Vicepresidente do Mercantíl:"Poucos días antes de que le acometiese la enfermedad que le llevó al sepulcro,me comunicó que pensaba dar outras conferencias..."

O Círculo Mercantíl (na fotografía) actual Pazo de Bendaña na Praza do Toural de Santiago,a finales do século XIX,acollia unha sala de dominó,de cartas,biblioteca e bingo.Foi comprado polo concello fai bastantes años.Agora forma parte da Fundación Eugenio Granell.
Antigamente cando pertencia ao Circulo Mercantíl a finales do século XIX,este fermoso edificio estaba moito máis "vivido" coa Cafetería do Mercantíl,os seus xogos,e os bailes que se organizaban... https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172633886643/circulo-mercantíl-no-toural-agora-pazo-de align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-04-2018 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
AGUSTÍN SIXTO SECO
Fotografía de Agustín Sixto Seco,nado en Mugardos en 1926 e finado en Santiago no ano 2004.Foi médico especialista en traumatoloxía na Rosaleda de Santiago,ademáis foi galardonado coa Medalla de Ouro de Galiza no ano 2005.
Elexido presidente da Fundación Rosalía de Castro en 1970,daquela empeñado na restauración da derruída vivenda na que morrera a poetisa.
É tamén interesado,ainda que de xeito menos notorio pero coa mesma ilusión de axuda,o Patronato da Fundación Alfredo Brañas Menéndez.

Según contaba el,o ser médico e saberme especialmente vinculado ás figuras de Rosalía e Brañas-porque supoño que eso foi o que animóu ó Profesor Francisco Puy Muñoz,como Presidente da Fundación Alfredo Brañas,a encargarme da delicada misión de pescudar na patobiografía da figura humana de Alfredo Brañas,unha perspectiva apenas explorada na vida deste ilustre home.Aceptéi o reto e contribuin ó ilusionado esforzo co que a Fundación Alfredo Brañas,co patrocinio da Consellería de Cultura,organizóu estas Xornadas coas que celebra-lo centenario do pasamento de Alfredo Brañas Menéndez. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172616261343/agustín-sixto-seco align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

O profesor Francisco Puy Muñoz encargoume o traballo de falar de Brañas como enfermo,porque coñecia os traballos sobre Rosalía que habia feito,o malo é que así como de Rosalía existe unha copiosa literatura médica que a estudia dende que nace en Santiago,ata que morre,víctima dun cáncro de útero en Padrón,mentres que á figura de Alfredo Brañas está inexplorada.

Busquéi nos Balnearios de Cuntis e Caldas de Reis por se quedaban pegadas das frecuentes visitas do noso autor,sen conseguir outra cousa que algúns artigos de prensa referindo a presencia de Brañas entre os auguistas.
Do sambenito de Tísico de Brañas,atopei tres categóricas afirmacións sobre a causa da súa morte en traballos de Fraga Iribarne,Puy Muñoz e Milagros Otero que o dan por víctima da tuberculose pulmonar,ainda que Puy,nun recente traballo volve sobre o asunto e dubida:unha doenza descoñecida,que ben puido ser unha tuberculose pulmonar,un enfisema ou un cancro.O propio Brañas,en carta que dirixe a Saturnino Rementería o 20 de xaneiro de 1900 dille que"desde cama,en convalecencia de la gripe que me atacó duranto ocho días,le escribo la presente. E don Paulino Pedret en "Datos para unha biografía de Alfredo Brañas",referíndose a un banquete celebrado o 2 de febreiro do 1900 no Círculo Mercantíl de Santiago,escribe:"Brañas se excusó de asistir a el por encontrarse enfermo desde un día antes con una fuerte gripe". Poucos días despòis dese acto,exactamente o día 21 de febreiro de 1900,Brañas morría na súa casa da Acibechería nº 5 en Santiago de Compostela. O Correo de Galicia o 7-06-1893 inserta esta noticia:"Desde el sábado último se encuentra enfermo en Santiago el ilustre Catedrático de aquella Universidad Don Alfredo Brañas. La enfermedad que le aqueja es un cólico.Por fortuna cedió el mal estado,de lo que nos alegramos.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 05-04-2018 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
RÚA DE MAZARELOS (Casa nº 7 onde residiu Brañas)
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172597951378/rúa-mazarelos
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 04-04-2018 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
MILAGROS MARÍA OTERO PARGA

ALGUNS DATOS MÁIS EN TORNO A ALFREDO BRAÑAS.

Conclusións de Milagros Otero Parga,nada en Santiago en 1960 é abogada e xurista galega; na actualidade " Valedora do Pobo" elixida polo Parlamento de Galicia. Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago,é catedrática de Filosofía do Dereito da que foi decana.

CONCLUSIÓNS.- Una vez expuesto el contenido del expediente sobre el profesor Alfredo Brañas Menéndez que se custodia actualmente en el Archivo histórico de la Universidade de Santiago,con el número de legajo 155 es posible extraer las siguientes conclusiones:

1.- Resulta no por lógico menos encomiable el hecho de que la Universidad guarde memoria fiel de todos los asuntos referidos a la vida académica de quienes dedicaron su vida al servicio de la Institución.
2º.- El expediente de Alfredo Brañas está asequible y fácilmente localizable. Se encuentra en buen estado de conservación si bien es difícil de leer en algunos de sus documentos. Indudablemente este hecho sólo puede ser debido a quienes lo escribieron y no a quienes lo conservan. De la misma manera lamento profundamente el terrible desorden en el que se encuentra,fruto también muy posiblemente,de las distintas personas que lo han consultado y no se han ocupado de dejarlo en el orden cronólogico que supongo,estaba inicialmente. El hecho dificulta notablemente,al menos en un principio,la búsqueda del estudioso del tema.
3.- El investigador echa en falta algunos documentos importantes en el conjunto del expediente. Sobre todo,el Proyecto de Reglamento de Ordenación que realizó en el corto período de tiempo en que fue Secretario General de la Universidad. A este proyecto se refiere el expediente,pero no he podido hallarlo,ni en este lugar,ni en ningún otro.Creo que sería muy importante localizarlo. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172557970568/milagros-otero-parga align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Creo que sería muy útil y enriquecedor para la Facultad de Derecho,la Universidad de Santiago y toda la sociedad gallega,que se produjera un estudio serio y detallado sobre toda la etapa universitaria del profesor Brañas.Yo he intentado hacerlo,tanto en este estudio como en el que lleva por título Alfredo Brañas universitario,publicado en Santiago,en 1999 con el nº 7 de la Colección Brañiana editada por la Fundación Alfredo Brañas. No obstante invito a cualquier otra persona,a que lo mejore,porque el resultado lejos de mermar la labor individual de cada uno de nosotros contribuiría,sin duda,a engrandecernos a todos y con ello a nuestra "alma mater ",tal y como al mismo Brañas le hubiese gustado.
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-04-2018 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
RÚA DE MAZARELOS EN SANTIAGO

Solicitude de matrícula na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. É para o curso 1877 a 1878. Ten a firma de Alfredo Brañas e a data de 27 de setembro de 1877. O formato é distinto do ollado nas outras solicitudes de matrícula das que xa sé falou anteriormente.
As asignaturas ás que se refiere son: Ampliación de Dereito Civil e Códigos e Práctica Forense. A solicitude presenta o selo da Universidade de Santiago e do Instituto de Segunda Enseñanza.Nela notase o pago das 50 pesetas que están sinaladas " polos dereitos do título e integrado tamén un selo de oito pesetas que se acompaña polo que a fin de que se le expide aquel". Ten data de 10 de xuño de 1878.Creo que se trata do pago de tasas para que se lle expida o título de Bacharelato,o cal o interesado non debiu solicita-lo antes.

COMO CURIOSIDADE PODE RESALTARSE QUE NESA SOLICITUDE FIGURA O DATO DE QUE EN ESE INTRE ALFREDO BRAÑAS VIVÍA NA RÚA DE MAZARELOS nº 7 en Santiago.
https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172552137868/praza-de-mazarelos-en-santiago align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-04-2018 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
RETRATO POST-MORTE DE ANTONIO LÓPEZ FERREIRO
D. ANTONIO LÓPEZ FERREIRO,foi historiador,cóengo,arqueólogo e novelista de Santiago de Compostela,morreu no seu casal de Galegos(un pazo que hoxe é fermoso hotel no Val do Ulla).

Foi un personaxe único na Galiza do século XIX,el atopou os restos do Apóstolo Santiago no ano 1879,cando levaban desaparecidos máis de tres séculos e deixou escrita a crónica deste achado nun texto realmente interesante e moi pouco divulgado hoxe.Foi colaborador e amigo de Alfredo Brañas no periódico EL PORVENIR ". https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172549511043/retrato-post-morte-de-antonio-lópez-ferreiro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 03-04-2018 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
ALFREDO BRAÑAS E ROSALÍA,UNIDOS PARA SEMPRE
Rosalía e Brañas son coetáneos:ela nace en Santiago no 1837 e el en Carballo no 1859,e as súas vidas desenvólvense enteiramente no século XIX pois apenas contan os dous escasos meses que Brañas alenta no XX. Ela morre en Padrón o 15 de xullo do 1885. El fallece en Santiago o 21 de febreiro do 1900. A adolescente Rosalía vive as apreturas da súa anómala situación: encóntrase coa nai;pero sigue orfa de pai por moito que coñeza o sacerdote que a enxendróu.Brañas,tamén na adolescencia,queda orfo de pai;e cando mozo vive na escaseza,aínda que algúen o axuda,pois "quixo o destino que unha nobre señora,nai dun compañeiro de estudios,se cruzara no seu camiño para axudalo a saír adiante. Rosalía,que casa con Murguía e chega a ter seis fillos vivos,malia a precariedade da súa saúde anda dun lado para outro seguindo os destinos profesionáis do seu esposo. Brañas casa tardíamente con Dª Ramona Casulleras Galiano,quince anos maior ca el,e non teñen fillos. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172529217503/alfredo-brañas-menéndez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Cando ela morre,Brañas é un mozo de 26 anos que a coñece e trata,pois é amigo de Murguía,o seu esposo. Que Brañas admira a Rosalía,patentízase nestes dous feitos:

Primeiro. Sendo Concelleiro de Santiago,na sesión do 9 de marzo de 1891,según conta Baldomero Cores na E.G. elevóu "un ruego a la Corporación para que cooperase(..) de la traslación de Rosalía de Castro",conseguindo que o Concello aportara mil pesetas.

Segundo. Brañas,ademáis,integróu-con Rueda Neira,Diaz de Rábago e Cabeza de León-a Comisión para o traslado do cadaleito de Rosalía dende Adina,en Padrón,ata Bonabal,en Santiago,para ser definitivamente depositada nun "monumento sepulcral,labrado por gallegas manos,no indigno por su magnificencia de la grandeza de la insigne muerta",que se erixíu por suscripción popular iniciada na Habana.
Ese sería o xerme do famoso Panteón de Galegos Ilustres ó que,curiosamente e como se o destino quixera mantelos unidos,ós poucos anos da súa morte tamén sería trasladado o propio Alfredo Brañas para ser definitivamente honrado nun mausoleo situado fronte ó de Rosalía. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172529372968/rosalía-de-castro align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-04-2018 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
ASINA DO DUQUE DE TERRANOVA
Firma do Duque de Terranova. D. Alfonso Osorio de Moscoso,amigo e compañeiro de estudios de ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172528030793/firma-do-duque-de-terranova align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-04-2018 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
JOAQUÍN DÍAZ DE RÁBAGO-DÍAZ DE MIER

Fotografía de Joaquín Díaz de Rábago-Díaz de Mier eminente sociólogo gallego,nado en Muros en 1837 e finado na Pobra do Caramiñal en 1898.
Foi xurista,sociólogo e económista galego.Era fillo de Joaquín Díaz de Rábago Gutierrez de Terán coronel do Batallón Literario de Santiago de Compostela.
Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do Banco de España(1886) e director da
(Real Sociedade Económica de Amigos do Pais de Santiago) 1887-1890,sede onde introduce para dar a coñocerse ao seu amigo ALFREDO BRAÑAS MENÉNDEZ. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172525857493/joaquín-díaz-de-rábago align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Libro de ensaio de SUSANA MARTÍNEZ RODRÍGUEZ sobre a súa obra.https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172526141148/libro-de-ensaio-de-susana-martínez align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-04-2018 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
D.Alfonso Osorio de Moscoso(Duque de Terranova)
Magdalena Brañas Menéndez(Medalla Alfonso X el Sabio) era a irmán máis nova de Alfredo Brañas,foi participe das súas enseñanzas e formación. Que tamén pasado o tempo fixose cargo do sustento da familia ao morrer Alfredo Brañas. Na foto ollamos ao Duque de Terranova,coñecido co nome de D. Alonso Osorio de Moscoso(amigo intimo de Alfredo Brañas): foi senador dende 1894 a 1901 ano en que finou en Villagarcia o 24 de novembro. A súa partida de nacemento é (Madríd 25 maio 1858).

Será a nai do duque de Terranova que axuda económicamente ao casamento de Teresa (irman de Alfredo e Magdalena)con Tomás González,do que nace o médico e poeta Alfredo González Brañas que foi quen cedeu o cadro pintado por José María Fenollera coñecido pola MECEDORA que está instalado no Instituto Padre Sarmiento en Santiago. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172517527573/duque-alfonso-osorio-de-moscoso-amigo-de-brañas align=left vspace=5 hspace=5 border=0>

Recordaba Doña Magdalena Brañas de que o Duque de Terranova,D.Alfonso Osorio de Moscoso,habia sido compañeiro de estudios de Brañas e de que cando era adolescente e perdeu a seu pai,foi o duque quen o presentou a súa nai,a Duquesa de Medina de las Torres Dña Maria Eulalia Osorio de Moscoso y Carbajal,que sé constitui en protectora del.

Sus amigos como Barcia Caballero e Antonio Toledo os que lle fan un sitio no seu periódico,unha vez que non triunfara en Madríd periodísticamente. É o seu amigo POU Y ORDINAS quen o empuxa a publicar O REXIONALISMO. https://josemanuelcameanvazquez.tumblr.com/post/172517690903/duquesa-de-medina-de-las-torres align=left vspace=5 hspace=5 border=0>
Comentarios (0) - Categoría: Fundación Alfredo Brañas - Publicado o 02-04-2018 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal